Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Gioachino Rossini: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xabade (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 11: Liña 11:
#{{Concordo}}. --[[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 10 de xaneiro de 2022 ás 17:40 (UTC)
#{{Concordo}}. --[[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 10 de xaneiro de 2022 ás 17:40 (UTC)
#{{Concordo}}. --[[Usuario:RubenWGA|RubenWGA]] ([[Conversa usuario:RubenWGA|conversa]]) 14 de xaneiro de 2022 ás 16:45 (UTC)
#{{Concordo}}. --[[Usuario:RubenWGA|RubenWGA]] ([[Conversa usuario:RubenWGA|conversa]]) 14 de xaneiro de 2022 ás 16:45 (UTC)
#{{Concordo}}. --[[Usuario:Xabade|Xabade]] ([[Conversa usuario:Xabade|conversa]]) 15 de xaneiro de 2022 ás 21:28 (UTC)


;En contra
;En contra

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2022 ás 21:27

Gioachino Rossini

Proposto por: Piquito (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 17:40 (UTC)[responder]
Período de votación: dende o 10-01-2022 ata o 09-02-2022.
  • Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo extenso e completo sobre un dos compositores máis salientados da historia da ópera. Traducido (e revisado) dende a Wikipedia en lingua castelá (onde é artigo de calidade traducido da Wikipedia en lingua inglesa), conta con numerosa bibliografía, imaxes, amplamente referenciado, categorizado, notas aclaratorias... engadín algunha cousiña máis sobre a súa relación coa cociña, incluída unha ligazón a unha das receitas (por se a alguén lle interesa facela na casa :) ). Ademais todas as súas óperas teñen artigo na Galipedia (máis ou menos grandes). Considero que cumpre cos criterios para ser artigo de calidade na nosa Wikipedia, ademais que axudaría a manternos con máis artigos desta temática que a Wikipedia en castelán (que á espera do que pase co artigo das óperas de Monteverdi podería igualarnos). --Piquito (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 17:40 (UTC)[responder]
A favor
  1. Concordo. --Piquito (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 17:40 (UTC)[responder]
  2. Concordo. --RubenWGA (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 16:45 (UTC)[responder]
  3. Concordo. --Xabade (conversa) 15 de xaneiro de 2022 ás 21:28 (UTC)[responder]
En contra
  1. Discordo Moitos erros, mesmo de ortografía. O artigo non foi revisado antes da proposta. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2022 ás 22:06 (UTC)[responder]
Neutros
Comentarios
Ola HombreDHojalata. Vin o comentario que fixeches na votación de Rossini, revisarei o artigo nestes días, mais a miña mensaxe non vai por ese comentario senón polo outro. Podo entender que non te guste que poña o da Galipedia e a Wikipedia en lingua castelá, e se te sintes incómodo participando nunha votación plantexada non sei de que xeito pensas ti (a votación está plantexada polo exposto, isto é, completo, ben referenciado, e trátase dunha personalidade relevante da historia da música, como é sabido) é tan fácil como non participar (de feito case nunca participas nas votación que abro eu)... contéstoche na túa páxina porque esa mensaxe non ten absolutamente nada que ver coa votación en si, e se o pensas que esa frase sobra (xa apareceu noutras) podes expoñerme os motivos na miña páxina de conversa e se os considero coherentes a retirarei. Sei que non tes simpatía por min nin valoras o meu traballo na Galipedia (iso polo menos é o que parece polo trato que recibo habitualmente de ti), pero non é necesario que o fagas público, con sabelo eu creo que é abondo. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de xaneiro de 2022 ás 15:54 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────HombreDHojalata, pediríache por favor que centres o debate no importante, que é o artigo. Non quería tratar este tema publicamente aquí, porque os trapos sucios límpanse na casae as liortas que podamos ter nos son cousa nosa (non dá comunidades), pero como parece que ti si queres, simplemente direi que os teus actos e palabras me dan a razón na última parte da exposición, que compartas a mensaxe privada, acompañada dese texto, ben se pode interpretar como un intento por menoscabar a miña imaxe ante a comunidade... non vou entrar niso, eu non teño ningún interese en que a túa imaxe ante a comunidade se vexa afectada porque sei que estamos no mesmo barco, e que danar a imaxe dun compañeiro non é bo para o proxecto. Se queres seguir por ese camiño, segue, pero por favor faino na túa conversa, na miña, ou na taberna se che apetece, pero non nesta votación, grazas. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 17:26 (UTC)[responder]

Ola HombreDHojalata e Piquito. Non participo en xeral en votacións sobre artigos nin imaxes, e non vou facelo agora. Só veño aquí pra pedirvos un pouco de calma. Dunha banda, as propostas, por moi benintencionadas que sexan, ás veces non van adiante: hai xente que discrepa e ten que poder facelo. Se non nos gusta que critiquen un artigo en que metimos esforzo, quizais non debemos sometelo nós mesmos ao exame público. É moi san, para nós, para o proxecto, e para os demais, que nos digan que o noso traballo está mal feito [Con isto non entro nin saio na calidade do artigo; non o lin. Botei un ollo así ao chou e corrixín unha ligazón, pero non sei se está ben ou mal]. Por outra parte, aínda que teñamos razón nas cousas, temos que levar conta que llelas dicimos a outros seres humanos que fixeron un esforzo. As nosas opinións negativas serán mellor acollidas se somos quen de valorar tamén a parte positiva ou se, polo menos, somos capaces de criticar desde unha postura empática e xenerosa: se hai que dicir que un artigo non ten calidade abonda, hai que dicilo, claro, pero pódese ser máis suave e humano (creo). E moitas grazas aos dos polo voso traballo, e polo tempo que botades coidando de todo. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de xaneiro de 2022 ás 16:24 (UTC)[responder]
Xabier Cid, vaia por diante que a min o feito de que HombreDHojalata diga que o artigo ten moitos erros ortográficos non me molesta, me pode parecer precipitado que vote en contra quedando trinta días para revisalo, pero non me molesta porque é algo factible. O que me molesta é que se empecen discusións sobre cousas que non teñen que ver co artigo, que logo lle escriba a alguén na súa páxina de conversa por ese motivo e esa persoa copie aquí a mensaxe con a saber que intención. O tema estaba finalizado pola miña parte, e parece que pola súa tamén, agradécese que tentes mediar, pero a estas alturas (e visto que ambos deixamos o tema) non ten sentido, e o único que se está a conseguir con todo isto é desviar a atención do artigo, o que segundo a miña experiencia seguramente se traduza nunha escasísima participación (se é que a votación non queda como está agora) e que o artigo non saia elixido mesmo solucionando todas as posibles eivas que poida ter. Un saúdo, Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 22:22 (UTC)[responder]
Home, Piquito, se deixei a mensaxe é porque me parece máis importante manter a civilidade nos debates ca se Rossini é artigo de calidade agora ou dentro de tres meses. Entendo que a ti non, pero a min si: intenta comprender o punto de vista dos demais, que non facemos as cousas por maldade, senón por ben :) Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xaneiro de 2022 ás 08:41 (UTC)[responder]