Constantino II de Grecia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
+ 5 categorías mediante HotCat
Xabade (conversa | contribucións)
m Referencia nova residencia en Grecia
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 45: Liña 45:
En xuño de [[1973]], o goberno militar depúxoo como rei, feito confirmado por un referendo nacional tras a restauración do goberno civil en [[1974]], significando isto a fin da monarquía en [[Grecia]], aínda que Constantino xamais renunciou aos seus dereitos dinásticos ao trono.
En xuño de [[1973]], o goberno militar depúxoo como rei, feito confirmado por un referendo nacional tras a restauración do goberno civil en [[1974]], significando isto a fin da monarquía en [[Grecia]], aínda que Constantino xamais renunciou aos seus dereitos dinásticos ao trono.


Realiza frecuentes viaxes ao país para xestións inmobiliarias e familiares, estivo en litixio co goberno grego sobre a compensación a percibir despois de que este incautara as propiedades da familia real. Ten unha presenza destacada en todos os actos oficiais da realeza europea coa que está estreitamente emparentado. Na actualidade reside en [[Londres]].
Realiza frecuentes viaxes ao país para xestións inmobiliarias e familiares, estivo en litixio co goberno grego sobre a compensación a percibir despois de que este incautara as propiedades da familia real. Ten unha presenza destacada en todos os actos oficiais da realeza europea coa que está estreitamente emparentado. Durante o seu exilio de 46 anos fixou a súa residencia en [[Londres]] pero en 2013 volveu morar en Grecia.<ref>{{Cita web|título=Greece's former king goes home after 46-year exile|url=http://www.theguardian.com/world/2013/dec/15/greece-former-king-exile-constantine-ii-anne-marie|páxina-web=the Guardian|data=2013-12-15|data-acceso=2022-01-12|lingua=en}}</ref>


== Na ficción ==
== Na ficción ==

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2022 ás 20:36

Constantino II de Grecia
Rei dos Helenos
Constantino II de Grecia.

Reinado6 de marzo de 1964 - 29 de xuño de 1973 (no exilio)
Outros títulos
Nacemento2 de xuño de 1940
Psykhikó, Atenas Grecia Grecia
PredecesorPaulo I
SucesorFin da monarquía
ConsorteAna María de Dinamarca
Descendencia
  • Casa realSchleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg
    ProxenitoresPaulo I de Grecia
    Federica de Hannover

    Na rede
    http://www.greekroyalfamily.gr/en/king-konstantinos.html
    IMDB: nm1354704 Olympic.org: hm-king-constantine WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-59 Find a Grave: 248255441 Editar o valor em Wikidata

    Constantino II de Grecia, príncipe de Dinamarca (en grego, Κωνσταντίνος B', Βασιλεύς των Ελλήνων, Konstantinos II, Vasileus ton Ellinon), nado en Atenas, Grecia, o 2 de xuño de 1940, foi rei dos helenos entre 1964 e 1973.

    Traxectoria

    Constantino é fillo do rei Pablo I e Federica de Hannover. Pertence á Casa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, tamén chamada Casa de Glücksburg, unha rama da dinastía danesa de Oldemburg. Está casado coa princesa Ana María de Dinamarca.

    Na actualidade é coñecido como Constantino de Grecia, nome oficial que figura en español no seu pasaporte diplomático danés. Porén utiliza o título de xeito oficial en Dinamarca, ou por cortesía nalgúns países, de Súa Maxestade o Rei Constantino II de Grecia, Príncipe de Dinamarca. Cabe anotar que os títulos reais da familia real grega non son recoñecidos en Grecia, onde non hai títulos nobiliarios, pero son recoñecidos oficialmente en Dinamarca xa que todos os seus membros son príncipes de Dinamarca por ser descendentes do rei Cristian IX. É irmán da raíña Sofía de España e da princesa Irene de Grecia e Dinamarca.

    O seu breve reinado estivo marcado pola inestabilidade política e pola Ditadura dos Conoreis. A comezos de 1967 un golpe de Estado militar depuxo ao goberno e estableceu unha xunta militar gobernamental. O xuramento de fidelidade que Constantino, como Rei e Xefe do Estado, tomou a xunta militar granxeoulle un forte resentimento popular. En decembro dese ano o rei fracasou no seu intento de derrocar a xunta cun contragolpe militar, e el e a súa familia marcharon ao exilio.

    En xuño de 1973, o goberno militar depúxoo como rei, feito confirmado por un referendo nacional tras a restauración do goberno civil en 1974, significando isto a fin da monarquía en Grecia, aínda que Constantino xamais renunciou aos seus dereitos dinásticos ao trono.

    Realiza frecuentes viaxes ao país para xestións inmobiliarias e familiares, estivo en litixio co goberno grego sobre a compensación a percibir despois de que este incautara as propiedades da familia real. Ten unha presenza destacada en todos os actos oficiais da realeza europea coa que está estreitamente emparentado. Durante o seu exilio de 46 anos fixou a súa residencia en Londres pero en 2013 volveu morar en Grecia.[1]

    Na ficción

    Constantino II de Grecia, no telefilme adicado á vida da súa irmá, a raíña Sofia, titulado Sofía (2010), foi interpretado na ficción polo actor Yon González.[2]

    Notas

    1. "Greece's former king goes home after 46-year exile". the Guardian (en inglés). 2013-12-15. Consultado o 2022-01-12. 
    2. Yon González
    Predecesor:
    Paulo I

    Rei dos Helenos

    1964 - 1973 (exiliado desde 1967)
    Sucesor:
    Georgios Zoitakis

    Rexente (1967-1972)