Cyanocorax affinis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 45: Liña 45:
== Bioloxía ==
== Bioloxía ==
=== Alimentación ===
=== Alimentación ===
A súa [[dieta]] adoita consistir en [[froita]] e [[invertebrados]]. Ocasionalmente consome pequenos [[vertebrados]], como ras, geckos ou lagartos. É común que siga ás formigas lexionarias para alimentarse doutros [[insectos]] que fuxen ao seu paso.<ref>dos Anjos, L. (2020): "Black-chested Jay (''Cyanocorax affinis''), version 1.0". En ''Birds of the World ''(J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie e E. de Juana, Editores). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA. [https://doi.org/10.2173/bow.blcjay1.01]. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.</ref>
A súa [[dieta]] adoita consistir en [[froita]] e [[invertebrados]]. Ocasionalmente consome pequenos [[vertebrados]], como ras, geckos ou lagartos. É común que siga ás formigas lexionarias para alimentarse doutros [[insectos]] que fuxen ao seu paso.<ref>dos Anjos, L. (2020): "Black-chested Jay. ''Cyanocorax affinis''. En ''Birds of the World ''(J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie e E. de Juana, Editores). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA.</ref>


=== Comportamento ===
=== Comportamento ===

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2022 ás 17:08

Cyanocorax affinis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. affinis
Nome binomial
Cyanocorax affinis
Pelzeln, 1856
Área de distribución de Cyanocorax affinis
Área de distribución de Cyanocorax affinis

Área de distribución de Cyanocorax affinis
Subespecies
Véxase o texto
En voo

Cyanocorax affinis é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax.[2][3]

Propia de América Central e do noroeste de América do Sur, encóntrase en Colombia, Costa Rica, Panamá e Venezuela, por debaixo dos 2 700 msnm. O seu hábitat natural son os bosques tropicais, aída que tamén vive en bosques moi degradados.[1]

Taxonomía

Descrición

A esoecie foi descrita en 1856 polo ornitólogo austríaco August von Pelzeln.[2][3]

Subespecies

Recoñécense dúas subespecies:[2][3]

  • Cyanocorax affinis affinis Pelzeln, 1856
  • Cyanocorax affinis zeledoni , 1899

Características

É unha pega que mide 34 cm de lonxitude. Distínguese facilmente polo seu patrón facial e o seu ollo amarelo. A cabeza e o peito son, na maioría dos espécimes, de cor negra con manchas da violeta a azul por encima e por debaixo do ollo, así como por unha franxa malar violeta azulada. Os xuvenís non posúen estas manchas. As partes inferiores son brancas, así como a punta da cola, mentres que as partes superiores e as ás son principalmente de color azul violáceo escura.[4][5]

Bioloxía

Alimentación

A súa dieta adoita consistir en froita e invertebrados. Ocasionalmente consome pequenos vertebrados, como ras, geckos ou lagartos. É común que siga ás formigas lexionarias para alimentarse doutros insectos que fuxen ao seu paso.[6]

Comportamento

Caracterízase por ser unha especie ruidosa e gregaria, aínda que discreta e tímida, sobre todo en contacto cos humanos. Adoita alimentarse en grupos de entre 3 a 8 individuos, a nivel do solo e rara vez ao descuberto. Aliméntase en todos os niveis dos bosques, movéndose entre as árbores e sobre a terra mediante saltos longos e áxiles. Suele esconderse entre el follaje y rara vez vuela sobre espacios abiertos.[7]

Reprodución

A reprodución efectúase entre xaneiro e maio. É unha especie monógama, e presúmese que é un reprodutor social. Tanto o macho como a femia participan na elección do sitio e a construción do niño, aínda que esta toma un papel predominante na incubación, que dura 17 días. O tamaño medio de cada posta é de catro ovos, que son de cor gris fume.[8][9]

Notas

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2020): Cyanocorax affinis na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de xaneiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856 no GBIF. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856 no ITIS. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
  4. Angehr, George R.; Dean, Robert (2010). The Birds of Panama. Ithaca: Cornell University Press. p. 280. ISBN 978-0-8014-7674-7. 
  5. "Overview – Black-chested Jay (Cyanocorax affinis)". Neotropical Birds Online. Ithaca, NY, USA. Cornell Lab of Ornithology. 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  6. dos Anjos, L. (2020): "Black-chested Jay. Cyanocorax affinis. En Birds of the World (J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie e E. de Juana, Editores). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA.
  7. Wiki Aves de Colombia, Universidad ICESI. Carriquí Pechiblanco - Cyanocorax affinis. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
  8. Zoológico de Barranquilla (S.d). [1]. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
  9. Martínez et al. (2008): "Primer registro del nido y huevos de la urraca pechinegra (Cyanocorax affinis, Aves: Corvidae) para Costa Rica y notas sobre ampliación de su ámbito de distribución". Research Gate. Consultado el 12 de xaneiro de 2022.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bird, J.P., Martin, R., Akçakaya, H. R., Gilroy, J., Burfield, I. J., Garnett, S. G., Symes, A., Taylor, J., Şekercioğlu, Ç. H. and Butchart, S. H. M. (2020): "Generation lengths of the world’s birds and their implications for extinction risk". Conservation Biology 34 (5): 1252-1261.
  • Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7630-1.

Outros artigos

Ligazóns externas