David Sassoli: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''David Sassoli''', nado en Florencia, o 30 de maio de 1956, e falecido en Aviano, o 11 de xaneiro de 2022, foi un xornalista e político italiano que entre 2019 e 2022 foi Presidente do Parlamento Europeo. == Traxectoria == Durante a súa mocidade participou en diferentes asociacións de estudantes católicos e foi membro do movemento scout. Profesionalmente comezou a súa anda..."
 
Xabade (conversa | contribucións)
Liña 11: Liña 11:


== Notas ==
== Notas ==
<references />

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==



Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2022 ás 14:25

David Sassoli, nado en Florencia, o 30 de maio de 1956, e falecido en Aviano, o 11 de xaneiro de 2022, foi un xornalista e político italiano que entre 2019 e 2022 foi Presidente do Parlamento Europeo.

Traxectoria

Durante a súa mocidade participou en diferentes asociacións de estudantes católicos e foi membro do movemento scout. Profesionalmente comezou a súa andaina en medios rexionais e axencias de prensa antes de traballar no xornal milanés Il Giorno durante sete anos.

En 1993 pasou a traballar como reporteiro do telexornal da canle de televisión RAI 3, TG3. Posteriormente, formou parte da redacción informativa de Rai 1 e RAI 2. Entre 1999 e 2009 foi o presentador do telexornal principal da RAI 1, cubrindo tamén acontecementos de especial relevancia a nivel italiano e internacional para esta televisión.

Militante do Partido Democrático dende a súa fundación en 2007, en 2009 foi electo membro do Parlamento Europeo polo distrito de Italia Central. Entre 2009 e 2014 foi o responsable da delegación do Partido Democrático na Eurocámara. Reelecto en 2014 e 2019. Foi durante a lexislatura de 2014-2019 vicepresidente do Parlamento e membro do Comité de Transporte e Turismo.

En maio de 2019 foi electo presidente da Eurocámara. O 26 de decembro de 2021 foi ingresado nunha clínica oncolóxica en Aviano (provincia de Pordenone) por mor dunha recaída nunha pulmonía que sufrira en setembro de 2021. Faleceu alí o 11 de xaneiro de 2022 polas disfuncións provocadas no seu sistema inmunolóxico.[1] Foi o primeiro presidente do Parlamento Europeo en falecer durante o seu exercicio.

Notas

  1. Online, Laura Zangarini e redazione (2022-11-01). "È morto David Sassoli, il presidente del Parlamento europeo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-11. 

Véxase tamén

Ligazón externa