Lago das Encrobas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con información da wiki en castelán e das referencias.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2022 ás 15:54

Coordenadas: 43°11′37″N 8°25′19″O / 43.19361, -8.42194

Lago das Encrobas
ContinenteEuropa
PaísEspaña
RexiónGalicia
ProvinciaA Coruña
LocalizaciónCerdeda
Coordenadas43° 11′ 37″ N
8° 25′ 19″ O
Superficie171 ha
Lonxitude2,2 km
Ancho1 km
Profundidade205 m
TipoEncoro
AfluentesRío Barcés

O lago das Encrobas, ou lago de Meirama é un encoro situado no val das Encrobas, no concello de Cerceda.

No seu interior alberga unha antiga mina de lignito, carbón mineral que abasteceu á central térmica de Meirama.

Antecedentes

En 1976 Fenosa iniciou a construcción da central térmica de Meirama, no concello de Cerceda. O proxecto conlevou a expropiación dos terreoss de centos de campesiños para permitir a apertura da mina de lignito en As Encrobas, que alimentaría a central.[1]

A mina explotou o lignito deste fértil val desde 1980, extraendo 94 millóns de toneladas. Esa intensa actividade «que contribuiu á riqueza da rexión pero que tamén comportou inconvenientes propios dunha mina», como dixo un exmineiro, orixinou un gran oco de 300 m de profundidade.

En 1985 a compañía explotadora (Unión Fenosa) lanzou o primeiro proxecto de rehabilitación medioambiental. «Unha mina ten que ser sustentábel e pode selo como o demostra esta paisaxe, pero para iso fai falta unha actuación planificada desde o primeiro momento», explicou Roberto González, subdirector de Operacións de Recursos Naturais de Gas Natural Fenosa.

Noutras palabras: en paralelo á explotación da mina comezouse a traballar na súa futura restauración. Así, mentres as máquinas extraían eo lignito, planificábase a reconversión ambiental das zonas exteriores onde se almacenaban os refugallos, é dicir, as zonas onde se depositaban a terra e as cinzas. As árbores que rodean o lago das Encrobas, con vinte anos de vida, constatan como natureza e industria creceron xuntas desde o principio no val das Encrobas.

El 2007 a mina cesou a explotación tras agotárense as reservas do mineral.[2]

Datos

O lago mide 2,2 km de longo, 1 km de largo, e ten unha profundidade máxima de 205 m. O volume de auga é de 148 hm3. A súa superficie é de 171 ha de lámina de auga e ten unha beira-praia de 400 m. As áreas rehabilitadas (que inclúen a aldea de Santo André) suman 730 ha. A rehabilitación custou 60 millóns de euros.[3]

Contorno natural

O lago das Encrobas (esa é a parroquia que ocupa, aínda que a conca mineira sexa a de Meirama), é hoxe un enorme ecosistema de algo máis de mil hectáreas rodeadas do verde das aproximadamente 800 000 árbores que hai ao seu redor (medio millón foron plantadas nos últimos anos): bosques de carballos, castiñeiros, ameneiros, salgueiros... que se reproducen polos seus extremos. Están catalogadas actualmente 862 especies de animais e vexetales, segundo o estudo da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, da Universidade de Santiago.[4]

Nunha excursión de pouco máis de unha hora é posíbel cruzarse (máis ben cruzan eles diante) cunha manda de xabarís, varias aves rapaces, lebres... Tamén hai lobos, raposos, coellos, troitas de gran tamaño, aves migratorias cando é a súa época, e gaivotas.[4]

Corredor ecolóxico do río Barcés

Na actualidade a Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e a Universidade da Coruña, colaboran nun estudo financiado pola "Cátedra de Desenvolvemento Sostíbel Hijos de Rivera-UDC", que ten como obxectivo que o río Barcés e o seu bosque de ribeira funcionen como un corredor ecolóxico que conecte o encoro de Abegondo-Cecebre co lago das Encrobas, contribuíndo á calidade da auga que se consuma na ára da Coruña. Neste raballo, dirixido polos doutores da UDC María José Servia e Jaima Fagúndez, propóñense medidas de mellora do bosque, incluíndo a restauración pasiva por rexeneración natural nas áreas cun nivel medio de degradación, e medidas de reforestación nas áreas moi degradadas. No traballo avalíase o estado ecolóxico do bosque de ribera do Barcés sobre a base de que existe unha relación directa entre o estado do bosque e o do medio fluvial, a calidade da auga e as comuniadades faunísticas, empregando o concepto «o bosque como indicador da saúde do río», establecendo indicadofres específicos, así como unha calsificación dos impactos sobre o ecosistema do bosque, definindo medidas para a súa conservación. Os autores, ademais, indican que «a cola<broación cos propietarios, a educación e a impolicación da sociedade serán indispensábeis nas seguites fases do proxecto».[5]

Notas

  1. Rodríguez, Julián (29 de abril de 2009). "De Fenosa ya no quedará ni el nombre". El País. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  2. "Así se transforma una mina en el mayor lago artificial del mundo.". La Vanguardia. 
  3. "El lago de As Encrobas ya rebosa vida.". La Voz de Galicia. 
  4. 4,0 4,1 "El lago azul de Cerceda.". La Voz de Galicia. 
  5. Abegondo, La Voz (7 de xaneiro de 2022). "La Reserva y la UCD analizan el bosque de ribera del río Barcés". La Voz de Galicia. Consultado o 7 de xaneiro de 2022.