Milton Friedman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xabade (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 55: Liña 55:
[[Ficheiro:Chile and Latin America GDP Average.png|miniatura|[[Renda per cápita|PIB per cápita]] en [[Chile]] (azul) e en [[América Latina]] (laranxa) entre 1950 e 2017.]]
[[Ficheiro:Chile and Latin America GDP Average.png|miniatura|[[Renda per cápita|PIB per cápita]] en [[Chile]] (azul) e en [[América Latina]] (laranxa) entre 1950 e 2017.]]
[[Ficheiro:Economic growth of Chile.PNG|miniatura|Taxa de [[crecemento económico]] do [[PIB]] en Chile (laranxa) e en [[América do Sur]] (azul) entre 1971 e 2007.]]
[[Ficheiro:Economic growth of Chile.PNG|miniatura|Taxa de [[crecemento económico]] do [[PIB]] en Chile (laranxa) e en [[América do Sur]] (azul) entre 1971 e 2007.]]
Friedman influíu nos asistentes económicos da ditadura militar do xeneral [[Augusto Pinochet]] mesmo desde antes do golpe de estado. Dous anos despois deste, en 1975, visitou Chile como convidado especial da [[Escola de Negocios de Valparaíso]], polos seus exalumnos chilenos da Escola de Chicago (''[[Chicago Boys]]''). O programa económico posto en práctica en Chile polo réxime de Pinochet por un grupo de economistas chilenos, tiña un forte sinal de Friedman, a maioría deles formados na [[Universidade de Chicago]] por Milton Friedman e [[Arnoldo Harberger]].
Friedman influíu nos asistentes económicos da ditadura militar do xeneral [[Augusto Pinochet]] mesmo desde antes do golpe de estado. Dous anos despois deste, en 1975, visitou Chile como convidado especial da [[Escola de Negocios de Valparaíso]], polos seus exalumnos chilenos da Escola de Chicago (''[[Chicago Boys]]'').<ref>{{Cita web|título=Instalación del modelo: El día que Milton Friedman visitó Chile por primera vez : Museo de la Memoria y los Derechos Humanos|url=https://web.museodelamemoria.cl/informate/instalacion-del-modelo-el-dia-que-milton-friedman-visito-chile-por-primera-vez/|páxina-web=web.museodelamemoria.cl|data-acceso=2022-01-06}}</ref> O programa económico posto en práctica en Chile polo réxime de Pinochet por un grupo de economistas chilenos, tiña un forte sinal de Friedman, a maioría deles formados na [[Universidade de Chicago]] por Milton Friedman e [[Arnoldo Harberger]]. Varios dos chamados ''Chicago Boys'' ocuparon responsabilidades políticas durante o réxime de Pinochet (1973-1990) e despregaron as reformas que foron os alicerces do modelo neoliberal chileno.<ref>{{Cita web|título=El ladrillo - Memoria Chilena, Biblioteca Nacional de Chile|url=http://www.memoriachilena.gob.cl/602/w3-article-98021.html|páxina-web=www.memoriachilena.gob.cl|data-acceso=2022-01-06}}</ref>


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2022 ás 00:45

Infotaula de personaMilton Friedman

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Milton Friedman Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1912 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte16 de novembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBaía de São Francisco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRahway (pt) Traducir (1912–)
Brooklyn (1912–1912) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo ortodoxo e agnostic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago - economía (–1933)
Universidade Rutgers (pt) Traducir - matemáticas (–1932)
Rahway High School (en) Traducir (–1928)
Universidade de Columbia - economía
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Director de teseSimon Kuznets (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía e Macroeconomía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesor universitario , estatístico , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresSimon Kuznets (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGary Becker e Philip Cagan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoPhilip Cagan (pt) Traducir, Harry Max Markowitz (pt) Traducir, Lester G. Telser (pt) Traducir, David I. Meiselman (en) Traducir, Neil Wallace (pt) Traducir, Miguel Sidrauski (pt) Traducir, Edgar L. Feige (pt) Traducir, Michael R. Darby (pt) Traducir, Edi Karni (pt) Traducir, Michael D. Bordo (pt) Traducir, Gerald P., jun. Dwyer (pt) Traducir, George Herbert Borts (pt) Traducir e John J. McCall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRose Friedman (1938–2006), morte da persoa Editar o valor em Wikidata
FillosDavid D. Friedman, Jan Martel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0295313 Dialnet: 557910 WikiTree: Friedman-1216 Find a Grave: 16673483 Editar o valor em Wikidata

Milton Friedman nado en Brooklyn (Nova York) o 31 de xullo de 1912 e finado en San Francisco (California) o 16 de novembro de 2006 foi un estatístico, economista e intelectual estadounidense de orixe xudía que se desempeñou como profesor da Universidade de Chicago. Liberal e defensor da súa doutrina sobre o libre mercado, Friedman realizou contribucións importantes nos campos de macroeconomía, microeconomía, historia económica e estatística. En 1976 foi galardoado co Premio Nobel de Economía polos seus logros nos campos de análise de consumo, historia e teoría monetaria, e pola súa demostración da complexidade da política de estabilización.[1]

Traxectoria

Friedman naceu no barrio neoiorquino de Brooklyn foi o cuarto e último fillo dunha familia xudía humilde formada por Sarah Ethel e Jeno Saul Friedman, inmigrantes xudeus procedentes do centro de Europa.[2] O seu pai morreu tendo Friedman a idade de 15 anos. A pesar diso, e debido ao grande esforzo económico realizado pola súa familia e el mesmo custeándose os seus estudos, Friedman cursou Economía na Universidade Rutgers e obtivo o doutoramento na Universidade de Columbia en 1946.

Tras unha breve estancia en Columbia, onde mellorou a súa formación matemática, Friedman regresou a Chicago para colaborar como investigador con Henry Schultz en medicións da demanda. En 1935 empezou a traballar para a Asociación Económica do Comité de Recursos Naturais e en 1937 deixou o posto para incorporarse á Oficina Nacional de Investigación Económica, na que estudou as estruturas de ingresos das profesións liberais.

Foi alumno de Simon Kuznetzs e Arthur Burns. Traballou como economista para varias axencias federais na cidade de Washington de 1935 a 1940 e de 1941 a 1943. En 1968 presentou a súa tese. Profesor da Universidade de Chicago desde 1946 a 1976. Tamén deu clases nas universidades de Wisconsin, Princeton, Columbia e Stanford. En 1977 xubilouse do seu labor docente.

Investigador do National Bureau of Economic Research, de 1937 a 1981. Membro activo do Partido Republicano, foi asesor económico especial, entre outros, de Richard Nixon, Ronald Reagan, Margaret Tatcher e George W. Bush. Presidente da American Economic Association en 1967. En 1947 funda xunto a Hayek e outros a sociedade "Mont Pèlerin", da que foi elixido presidente en 1972.

Foi consultor na posta en marcha do plan de axuda económica a Europa Plan Marshall. Desde 1977 ata a súa morte, foi Senior Reserarch Fellow no Instituto Hoover da Universidade de Stanford. Tamén pertenceu á American Philosophical Society e a National Academy of Sciences.[3]

En 1938 casou coa tamén economista Rose Director Friedman, á que coñeceu cando ambos estudaban na Universidade de Chicago nunha clase impartida por Jacob Viner. Xuntos crearon a Milton and Rose D. Friedman Foundation for Educational Choice. Tamén asinaron conxuntamente varios libros.[4]

En 1941, coa entrada estadounidense na segunda guerra mundial, foi destinado ao Departamento do Tesouro, onde se encargou da política fiscal durante o período de guerra. En 1943 foi nomeado director da Asociación Estatística da Universidade de Columbia, na que se ocupou de problemas relacionados coa produción militar. En 1953 obtivo unha bolsa Fullbright, que lle permitiu unha estancia na Universidade de Cambridge, onde existía entón un amplo debate ao redor das ideas keynesianas.

Asesorou a multitude de gobernos, moitos dos cales aplicaron as súas propostas económicas liberais. Tan popular como polémico, mantivo diversas aparicións en multitude de medios de comunicación orais e escritos ata o final dos seus días. Escribiu na prestixiosa revista Newsweek (1966-1984).

Pensamento

Milton Friedman nunha conferencia.

Unha das contribucións máis importantes de Friedman á economía é o seu estudo da función de consumo. A diferenza de Keynes, que dicía que o consumo dun período dependía exclusivamente do ingreso do mesmo período, Friedman postulou que este dependía do ingreso permanente, é dicir, do ingreso a longo prazo.

Este novo enfoque tiña unha énfase nas expectativas e proxeccións dos consumidores. Xunto a Edmund Phelps, corrixiu a curva de Philips. Introduciu o rol das expectativas neste modelo, o cal permitía a posibilidade de elevada inflación e desemprego alto a longo prazo. Esta predición foi comprobada empiricamente nos anos setenta pola estanflación nos países desenvolvidos.

Contribucións académicas

Milton Friedman foi un monetarista. Propuxo resolver os problemas de inflación limitando o crecemento da oferta monetaria a unha taxa constante e moderada. Economista empírico, era especialista en estatística e econometría. Defensor do libre mercado, foi o máis coñecido líder da Escola de Chicago debido, en parte, a que os seus escritos son moi fáciles de ler polo home da rúa. Opúxose ao keynesianismo no momento de máximo apoxeo deste, nos anos cincuenta e sesenta.

A súa explicación da demanda de diñeiro (1956) é bastante máis elegante, completa e contrastable que moitas anteriores. Para Friedman, a demanda de diñeiro é función da proporción entre a riqueza humana e non humana, o tipo de interese nominal, a inflación esperada, o nivel de prezos real, a función de preferencia do diñeiro ante outros bens e, naturalmente, da renda. Pero a diferenza de Keynes, Friedman, máis centrado en dar unha explicación a longo prazo, considera a renda permanente; é dicir, o valor actualizado a data actual dos capitais futuros orixinados dun stock de riqueza dado que engloba non só aspectos cuantitativos ou materiais.

Outra grande achega de Friedman é a revisión de curva de Phillips, de inspiración keynesiana, que relaciona inversamente niveis de paro e inflación. Considera Friedman que o paro sería voluntario de non ser pola existencia dunha taxa de paro natural, a NAIRU (non accelerating inflation rate of unemployment), consecuencia das limitacións impostas por gobernos e outras institucións públicas. Un exemplo diso é a prohibición de certos tipos de contratos.

Cando un goberno tenta diminuír o paro por baixo desa taxa natural mediante políticas monetarias moi expansivas, a curto prazo pode conseguilo. Pero os axentes económicos acábanse dando conta de que, se con iguais salarios hai inflación, ven minguada a súa capacidade de adquisición de bens e servizos. De tal modo que descontan ese efecto, e na próxima revisión dos seus contratos elevarán os seus salarios á alza, o que incita a un nivel de paro maior. Por tanto, non se logra reducir a taxa de paro de partida, e ademais prodúcese unha variación maior do nivel de prezos. Así, todo intento sistemático por parte dos gobernos de reducir o paro acaba creando inflación sen resolver o desemprego. Mesmo pode haber un punto para partir do cal a curva de Phillips se convirta nunha curva de pendente positiva, de tal modo que paro e incremento de inflación estean ligados. Iso sucedeu nas crises do petróleo dos anos 70, situación que a teoría keynesiana era incapaz de explicar.

En consecuencia, o éxito da intervención dos gobernos é moi limitado, e o que deben de facer é eliminar as restricións que impiden que a taxa de paro natural se instale nunha cota máis reducida. Con esta análise Friedman conseguiu tres importantes logros. O primeiro deles, dar unha explicación anticipada ao que despois sucedería coas crises do petróleo.

O segundo, demostrar que a política monetaria ten efectos reais sobre o emprego a curto prazo, pero a longo prazo só ten efectos nominais sobre os prezos.

O terceiro, sentar as bases de posteriores desenvolvementos baseados na hipótese de expectativas racionais, e non adaptativas como ata entón. Este tema é algo no que traballou moito o seu colaborador Edmun S. Phelps que, trinta anos despois de Friedman, tamén foi premiado co Nobel. De maneira que, a pesar do tempo transcorrido, a validez do razoamento de Friedman segue estando moi vixente.

Friedman consideraba que, do mesmo xeito que unha política monetaria expansiva pode crear crises económicas, unha política restritiva tamén pode ser prexudicial, mediante unha deflación de prezos. Así o puxo de manifesto en 1963 cando publicou, xunto a Anna Schwartz, un voluminoso tomo chamado "A Monetary History of the United States, 1897-1958". Onde argumenta que a Gran Depresión foi consecuencia da implantación de políticas equivocadas por parte da Reserva Federal.

Propostas para as políticas públicas

Defensor da liberdade individual, propugnou medidas de corte liberal. Unha delas foi o establecemento do bono educativo, na idea de incentivar a demanda educativa segundo as preferencias dos pais. Propuxo a flexibilización de prezos, desregulacións e privatizacións, sistemas de pensións individualizadas, a legalización do consumo de drogas e ata da prostitución.

Defendeu a abolición do servizo militar obrigatorio, dos salarios mínimos e do seguro social. No terreo fiscal ideou o imposto sobre a renda negativa, de tal modo que se subvencionase ás rendas máis baixas. Friedman dixo unha vez: «Se queren ver capitalismo en acción, vaian a Hong Kong». Sostiña que a economía de Hong Kong era o mellor exemplo dunha economía de capitalismo laissez faire.[5][6]

En 1980, a cadea pública de televisión estadounidense PBS emitiu unha serie de dez capítulos, escrita polo propio Friedman, chamada "Free to choose" (Libre para elixir). Tivo grande éxito e foi traducida e emitida en español. Existe publicación impresa dun libro co mesmo nome, escrito por Milton e Rose.

En 1991, Friedman afirmou que Colombia non debía seguir pagando o prezo da ineptitude das leis norteamericanas co tema das drogas. Consideraba que a legalización da droga, transformaría a situación de Colombia, pois consideraba que por ser ilegal o vicio e non poder executar a lei, créase un ambiente de crime, de guerras, de cuadrillas. Tamén afirmou que non só se debería legalizar a droga, senón, que sería necesario introducila no campo industrial, de maneira que con ela se produzan medicinas que axuden a aliviar enfermidades como o glaucoma. Tamén considera que se deben procesar as substancias alucinóxenas en farmacias para así garantir a súa calidade.[7]

Influencia en Chile

PIB per cápita en Chile (azul) e en América Latina (laranxa) entre 1950 e 2017.
Taxa de crecemento económico do PIB en Chile (laranxa) e en América do Sur (azul) entre 1971 e 2007.

Friedman influíu nos asistentes económicos da ditadura militar do xeneral Augusto Pinochet mesmo desde antes do golpe de estado. Dous anos despois deste, en 1975, visitou Chile como convidado especial da Escola de Negocios de Valparaíso, polos seus exalumnos chilenos da Escola de Chicago (Chicago Boys).[8] O programa económico posto en práctica en Chile polo réxime de Pinochet por un grupo de economistas chilenos, tiña un forte sinal de Friedman, a maioría deles formados na Universidade de Chicago por Milton Friedman e Arnoldo Harberger. Varios dos chamados Chicago Boys ocuparon responsabilidades políticas durante o réxime de Pinochet (1973-1990) e despregaron as reformas que foron os alicerces do modelo neoliberal chileno.[9]

Notas

  1. "Grandes eonomistas-Milton Friedman" (en castelán). eumed.net. Consultado o 15 de abril do 2018. 
  2. "Milton Friedman - Facts". www.nobelprize.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de abril do 2018. 
  3. "Biografía de Milton Friedman". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 15 de abril do 2018. 
  4. "Economistas - Enciclopedia Emvi - Milton Friedman". www.eumed.net. Consultado o 15 de abril do 2018. 
  5. Hong Kong igual a libertad y prosperidad, por Ricardo Valenzuela
  6. Hong Kong: fue bonito mientras duró, por Milton Friedman
  7. "El pensamiento del Nobel Milton Friedman sobre las drogas en Colombia". www.copolitica.co. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 12 de maio do 2018. 
  8. "Instalación del modelo: El día que Milton Friedman visitó Chile por primera vez : Museo de la Memoria y los Derechos Humanos". web.museodelamemoria.cl. Consultado o 2022-01-06. 
  9. "El ladrillo - Memoria Chilena, Biblioteca Nacional de Chile". www.memoriachilena.gob.cl. Consultado o 2022-01-06.