José Antonio Kast: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Xabade (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 28: Liña 28:
Durante a campaña da segunda volta fixo unha viaxe a Estados Unidos mantendo unha reunión co senador estadounidense [[Marco Rubio]] e fixo fronte ás revelación de que seu pai, Michael Kast, fora militante [[Nazismo|nazi]].<ref name=":2" /> Aínda que durante anos, José Antonio Kast negara esa vinculación, a principios de decembro varios medios publicaron o carnet de afiliación do proxenitor de Kast no que se sinalaba que se integrara en 1942 no [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores|Partido Nacionalsocialista Alemán]].<ref>{{Cita web|título=Chilean presidential candidate’s father was member of Nazi party|url=https://www.theguardian.com/world/2021/dec/08/chile-jose-antonio-kast-father-nazi-party|páxina-web=the Guardian|data=2021-12-08|data-acceso=2021-12-11|lingua=en|nome=|apelidos=}}</ref>
Durante a campaña da segunda volta fixo unha viaxe a Estados Unidos mantendo unha reunión co senador estadounidense [[Marco Rubio]] e fixo fronte ás revelación de que seu pai, Michael Kast, fora militante [[Nazismo|nazi]].<ref name=":2" /> Aínda que durante anos, José Antonio Kast negara esa vinculación, a principios de decembro varios medios publicaron o carnet de afiliación do proxenitor de Kast no que se sinalaba que se integrara en 1942 no [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores|Partido Nacionalsocialista Alemán]].<ref>{{Cita web|título=Chilean presidential candidate’s father was member of Nazi party|url=https://www.theguardian.com/world/2021/dec/08/chile-jose-antonio-kast-father-nazi-party|páxina-web=the Guardian|data=2021-12-08|data-acceso=2021-12-11|lingua=en|nome=|apelidos=}}</ref>


No serán do 19 de decembro de 2021, antes dunha hora e media logo do peche dos colexios electorais, José Antonio Kast recoñeceu a súa derrota fronte [[Gabriel Boric]].<ref>{{Cita web|título=Chío de José Antonio Kast no que felicita a Gabriel Boric polo seu triunfo electoral (19-12-2021)|url=https://twitter.com/joseantoniokast/status/1472692985598910467|páxina-web=Twitter|data-acceso=2021-12-19|lingua=gl}}</ref><ref>{{Cita web|título=Boric se impone a Kast en la elección presidencial|url=https://www.latercera.com/politica/noticia/boric-se-impone-a-kast-en-la-eleccion-presidencial/S22F6Z6D7JAMPI5MNNSV4MD334/|páxina-web=La Tercera|data=2021-12-19|data-acceso=2021-12-19|nome=José|apelidos=Navarrete}}</ref> Kast sumou o 44,13% dos votos fronte o 55,87 de Gabriel Boric, que foi electo xefe do Estado co maior número de votos ata ese momento.<ref>{{Cita web|título=Boric es el Presidente electo con más votos en la historia y la segunda vuelta se convierte en la elección con mayor participación|url=https://www.latercera.com/politica/noticia/boric-es-el-presidente-electo-con-mas-votos-en-la-historia-y-la-segunda-vuelta-se-convierte-en-la-eleccion-con-mayor-participacion/AK7UTEBE6JGCPK5U5OMDV76H3I/|páxina-web=La Tercera|data=2021-12-20|data-acceso=2021-12-20|nome=Pedro Astaburuaga y Sebastián|apelidos=Labrín}}</ref>
No serán do 19 de decembro de 2021, antes dunha hora e media logo do peche dos colexios electorais, José Antonio Kast recoñeceu a súa derrota fronte [[Gabriel Boric]].<ref>{{Cita web|título=Chío de José Antonio Kast no que felicita a Gabriel Boric polo seu triunfo electoral (19-12-2021)|url=https://twitter.com/joseantoniokast/status/1472692985598910467|páxina-web=Twitter|data-acceso=2021-12-19|lingua=gl}}</ref><ref>{{Cita web|título=Boric se impone a Kast en la elección presidencial|url=https://www.latercera.com/politica/noticia/boric-se-impone-a-kast-en-la-eleccion-presidencial/S22F6Z6D7JAMPI5MNNSV4MD334/|páxina-web=La Tercera|data=2021-12-19|data-acceso=2021-12-19|nome=José|apelidos=Navarrete}}</ref> Kast sumou o 44,13% dos votos fronte o 55,87 de Gabriel Boric, que foi electo xefe do Estado co maior número de votos ata ese momento.<ref>{{Cita web|título=Boric es el Presidente electo con más votos en la historia y la segunda vuelta se convierte en la elección con mayor participación|url=https://www.latercera.com/politica/noticia/boric-es-el-presidente-electo-con-mas-votos-en-la-historia-y-la-segunda-vuelta-se-convierte-en-la-eleccion-con-mayor-participacion/AK7UTEBE6JGCPK5U5OMDV76H3I/|páxina-web=La Tercera|data=2021-12-20|data-acceso=2021-12-20|nome=Pedro Astaburuaga y Sebastián|apelidos=Labrín}}</ref> En xaneiro de 2022 comunicou a súa renuncia á presidencia do Partido Republicano, anunciando que centraría o seu traballo na Acción Republicana, unha plataforma aliñada con posicións políticas e sociais de dereitas.<ref>{{Cita web|título=José Antonio Kast renunció a la presidencia del Partido Republicano: “Llegó la hora de que un nuevo liderazgo asuma la conducción del partido”|url=https://www.latercera.com/politica/noticia/jose-antonio-kast-renuncio-a-la-presidencia-del-partido-republicano-llego-la-hora-de-que-un-nuevo-liderazgo-asuma-la-conduccion-del-partido/FK64VOJMBBAH7AE5K7YIESEK7Q/|páxina-web=La Tercera|data=2022-01-02|data-acceso=2022-01-03|nome=Roberto|apelidos=Martínez}}</ref>


=== Posicións políticas ===
=== Posicións políticas ===

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2022 ás 14:49

José Antonio Kast
Nome completoJosé Antonio Kast Rist
Nacemento18 de xaneiro de 1966
Lugar de nacementoSantiago de Chile
NacionalidadeChile
Relixióncatolicismo
Alma máterGerman School Santiago e Pontificia Universidade Católica de Chile
Ocupaciónavogado e político
IrmánsMiguel Kast
Na rede
IMDB: nm9751215 Facebook: joseantoniokast Twitter: joseantoniokast Instagram: joseantoniokast Youtube: UCGLRRRKMp4K1AKJabf8OeEg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Kast Rist, nado en Santiago de Chile o 18 de xaneiro de 1966, é un avogado e político chileno. Militante da Unión Demócrata Independente, primeiro, e, logo fundador do Partido Republicano, foi concelleiro, deputado e candidato á Presidencia de Chile en 2017 e 2021.

Traxectoria

Familia e mocidade

Os seus pais, Miguel Kast Schindele, veterano da Segunda Guerra Mundial e membro do Partido Nazi,[1] e Olga Rist Hagspiel, emigraron a Chile dende Alemaña logo da Segunda Guerra Mundial.[2] É o menor dos dez fillos da parella, a familia falaba en alemán no fogar.[3][4] Estudou no Colexio Alemán de Santiago e logo Dereito na Pontificia Universidade Católica de Chile, conseguindo ser avogado en 1990.[5] Fundou o bufete Kast, Pinochet, De la Cuadra y cia. en 1989, no que se mantivo ata 2002, e dende 1991 é avogado ante a Corte Suprema. Ademais, foi docente de dereito civil e comercial na Facultade de Ciencias Económicas e Administrativas da Universidade Católica de Chile.[6]

Varios dos seus irmáns ocuparon responsabilidades políticas. Destacan Miguel (1948-1983, ministro de Planificación e de Traballo, así como presidente do Banco Central de Chile durante o réxime de Pinochet) e Bárbara (concelleira en Paine).[7] Tamén é tío de Felipe e Pablo Kast, deputados da formación Evolución Política.

Declárase católico practicante e percente ao Movemento Apostólico de Schönstatt, como varios dos seus familiares.[3] Casou en 1991 con María Pía Adriasola, con quen tivo nove fillos.[8]

Inicios políticos

Sendo alumno universitario comezou a súa militancia política: candidato á presidencia da Federación de Estudantes, foi membro do Centro de Alumnos da Escola de Dereito, onde coñeceu a Jaime Guzmán, asesor do réxime de Augusto Pinochet, quen o convidou a militar na Unión Demócrata Independente (UDI). En 1988 participou nun anuncio de televisión da campaña polo "si" de cara ao plebiscito dese ano sobre a continuidade do xeneral Augusto Pinochet á fronte da xefatura do Estado.[9] O seu primeiro cargo público foi de concelleiro entre 1996 e 2000 na municipalidade de Buin na Rexión Metropolitana.

En 2001 foi electo por primeira vez deputado pola UDI representando o distrito 30 da Rexión Metropolitana de Santiago, sendo escollido sucesivamente ata 2014. Nesa convocatoria cambiou de distrito para ser electo por La Reina e Peñalolén, na cidade de Santiago de Chile. Durante estes anos, ademais de ser xefe do grupo da UDI en 2007, 2008 e 2011, logrou ser o secretario xeral do partido entre 2012 e 2014. En 2015 anunciou a súa intención de competir nas primarias do centro dereita contra Sebastián Piñera nas seguintes eleccións.[10] Finalmente acabou por deixar a UDI en 2016 alegando diferenzas coa dirección do partido, manténdose na Cámara de Deputados como independente.[11]

Campaña presidencial 2017

Presentouse ás eleccións presidenciais de 2017 sen o apoio dun partido político. Nun dos actos de campaña dixo defender "con orgullo a obra do goberno militar", en referencia ao réxime de Augusto Pinochet, e afirmou que as forzas de seguridade do Estado estaban sendo vítimas de persecucións.[12] Tamén se pronunciou contra o aborto e o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.[13] Presentándose como o candidato máis á dereita do espectro político, logrou reunir o 7,9% dos votos,[14] aínda que pediu o voto por Sebastián Piñera na segunda volta.[15] O seu resultado foi o dobre do que estimaban as enquisas previas o que fixo que gañase grande notoriedade pública dende entón, sendo coñecido como "fenómeno Kast".[16][17]

2018-2021

Logo disto, en abril de 2018 fundou unha plataforma política, Acción Republicana,[18] e en decembro confesou a idea de presentarse ás eleccións presidenciais de 2021.[19] En 2019, fundou o Partido Republicano e en xullo de 2021 proclamou a súa candidatura á xefatura do Estado.[20][21] Foi moi crítico coa xestión do presidente Piñera en xeral e no relativo ás multitudinarias protestas de 2019 e o aumento da inseguridade na Araucanía en particular.[22][23] Tamén votou contra a reforma da Constitución que se someteu a plebiscito en outubro de 2020, opción que sería derrotada.[24][25]

Foi gañando apoios ata ser un dos favoritos para as eleccións de novembro de 2021, cando tivo lugar a primeira volta. Presentouse pola Fronte Social Cristiá, unha coalición formada polo seu Partido Republicano e o Partido Conservador Cristián. Durante a campaña, Kast incidiu na súa defensa da orde pública e dos valores tradicionais, así como no endurecemento da política de inmigración e un programa económico centrado no control da inflación e redución do peso do Estado.[26][27][28] Acadou a primeira posición co 27,92% dos votos, mentres que o candidato da esquerda, Gabriel Boric, logrou quedar na segunda posición co 25,83%.[29] José Antonio Kast triunfou tamén na maior parte das rexións, ao gañar en Arica e Parinacota, Tarapacá, O'Higgins, Maule, Ñuble, Biobío, A Araucanía, Los Ríos, Los Lagos e Aysén.[30] Destaca entre elas o resultado da Araucanía onde sumou o 42,6% dos votos fronte o 16,6% de Boric, onde se considera que rentabilizou a súa retórica dura contra a conflitividade mapuche.[31]

Os resultados supuxeron un troco importante en Chile, pois por primeira vez dende a fin do réxime de Pinochet os candidatos de centro dereita e centro esquerda non foron quen de pasar á segunda volta.[32] De cara a ela, que se celebrará o 19 de decembro, Kast obtivo o apoio das forzas do centro-dereita chileno.[33][34][35]

Durante a campaña da segunda volta fixo unha viaxe a Estados Unidos mantendo unha reunión co senador estadounidense Marco Rubio e fixo fronte ás revelación de que seu pai, Michael Kast, fora militante nazi.[1] Aínda que durante anos, José Antonio Kast negara esa vinculación, a principios de decembro varios medios publicaron o carnet de afiliación do proxenitor de Kast no que se sinalaba que se integrara en 1942 no Partido Nacionalsocialista Alemán.[36]

No serán do 19 de decembro de 2021, antes dunha hora e media logo do peche dos colexios electorais, José Antonio Kast recoñeceu a súa derrota fronte Gabriel Boric.[37][38] Kast sumou o 44,13% dos votos fronte o 55,87 de Gabriel Boric, que foi electo xefe do Estado co maior número de votos ata ese momento.[39] En xaneiro de 2022 comunicou a súa renuncia á presidencia do Partido Republicano, anunciando que centraría o seu traballo na Acción Republicana, unha plataforma aliñada con posicións políticas e sociais de dereitas.[40]

Posicións políticas

A súa formación política, o Partido Republicano é cualificado como "populista".[41] Malia a que el se autodefine como de "dereitas",[42] José Antonio Kast é catalogado como "ultradereitista" e de "extrema dereita" pola maioría de analistas.[26][43][44] Cualificou a vitoria de Jair Bolsonaro como "a esperanza" do Brasil,[45] tamén aprobou o indulto a Alberto Fujimori no Perú.[46] Cultivou relacións cordiais con forzas ultraconservadoras como Vox en España e outros membros do partido de Conservadores e Reformistas Europeos.[47][48]

É considerado como moi próximo ao pinochetismo,[49][50] ao que algúns dos membros do seu movemento están moi vencellados ou sobre o que se manifestaron a favor.[51][52][53] José Antonio Kast non se considera pinochetista, aínda que valora positivamente o goberno militar entre 1973 e 1990, e tamén en, 2020, aprobou o golpe de Estado do 11 de setembro de 1973 contra Salvador Allende.[54] Aínda así, non nega a existencia de violacións de dereitos humanos durante ese período.[55] Por estas posicións, durante a campaña da segunda volta de 2021, un grupo de persoeiros políticos e intelectuais de todo o mundo asinaron unha proclama na que cuestionaban a relación de José Antonio Kast co pinochetismo. Entre os asinantes destacan Noam Chomsky, Naomi Klein, Yanis Varoufakis, Ada Colau e o galego Antón Gómez-Reino.[56]

Acusado de homofobia en diversas ocasións, rexeita esa cualificación,[57] aínda que afirma que existe unha "ditadura gai" que intenta dirixir Chile.[58] Tampouco é favorable ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo, algo que si apoian algúns partidos do centro dereita chileno, razón polo que na campaña da segunda volta afirmou que se é aprobado polo parlamento, non impediría a súa ratificación.[59] Tamén, como deputado, expresou as súas reservas coa a lexislación sobre persoas transxénero e os anticonceptivos.[60] Ademais, é contrario ao aborto e á súa autorización parcial en Chile.[61][62]

Durante a campaña de 2021 tamén houbo controversia por se Kast era negacionista do cambio climático e sobre as súas propostas enerxéticas e medioambientais.[63] Posteriormente, afirmou que non nega o cambio climático e que está en contra da construción de novas centrais termoeléctricas, contradicindo o seu propio programa electoral.[64][65]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Father's Nazi past haunts Chilean presidential frontrunner". AP NEWS (en inglés). 2021-12-08. Consultado o 2021-12-11. 
  2. "El origen del clan de los Kast en Chile". Interferencia (en castelán). 2019-06-15. Consultado o 2021-11-26. 
  3. 3,0 3,1 "EyN: Historia del clan Kast mezcla negocios, política y religión". www.economiaynegocios.cl. Consultado o 2021-11-27. 
  4. Tercera, La (2011-10-30). "Mi Manifiesto: José Antonio Kast". La Tercera. Consultado o 2021-11-27. 
  5. Chile, BCN Biblioteca del Congreso Nacional de (2020). "José Antonio Kast Rist. Reseñas biográficas parlamentarias". bcn.cl. Consultado o 2021-11-26. 
  6. "Perfil presidencial: #2 José Antonio Kast Rist (independiente)". El Marino (en castelán). 2017-11-19. Consultado o 2021-11-26. 
  7. "La historia oculta de la familia Kast". The Clinic - Reportajes, columnas, entrevistas y humor (en castelán). 2018-08-28. Consultado o 2021-11-27. 
  8. "Pía Adriasola: Las posturas ultraconservadoras de la esposa de José Antonio Kast". The Clinic - Reportajes, columnas, entrevistas y humor (en castelán). 2017-10-28. Consultado o 2021-11-27. 
  9. "Un Kast veinteañero aparece en franja del Sí junto a dato que afirma que niños pesaban más en dictadura". The Clinic - Reportajes, columnas, entrevistas y humor (en castelán). 2018-09-11. Consultado o 2021-11-26. 
  10. "El Líbero - José Antonio Kast y su candidatura presidencial: "Estoy dispuesto a competir con Sebastián Piñera" - #NoticiasdelDía". web.archive.org. 2017-09-13. Consultado o 2021-11-26. 
  11. Núñez, María Paz (2016-05-31). "José Antonio Kast renuncia a la UDI". La Tercera. Consultado o 2021-11-26. 
  12. "Kast tras proclamación del 'mundo FF.AA.': "Yo si defiendo con orgullo la obra del Gobierno Militar"". 24Horas.cl (en castelán). 2017-08-10. Consultado o 2021-12-19. 
  13. "José Antonio Kast: La trayectoria del ex diputado UDI en su segundo intento por llegar a La Moneda". Emol (en castelán). 2021-12-18. Consultado o 2021-12-19. 
  14. "Una sorpresa llamada Kast". Revista Qué Pasa. 2017-11-20. Consultado o 2021-11-26. 
  15. "José Antonio Kast se reúne con Piñera y confirma su respaldo para la segunda vuelta". Emol. 2017-11-19. Consultado o 2021-11-26. 
  16. "El fenómeno Kast: algunas interpretaciones". eldinamo.cl (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  17. "El fenómeno Kast". IES Chile (en castelán). 2019-01-07. Consultado o 2021-11-27. 
  18. Redacción (20 de abril de 2018). "latercera.com". latercera.com (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  19. Asencio, Sebastián (16 de decembro de 2018). "Kast anuncia carrera presidencial para elecciones de 2021 en seminario llamado "Marxismo Cultural"". biobiochile.cl (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  20. "Se lanzó el nuevo Partido Republicano de José Antonio Kast". Consultado o 2021-11-26. 
  21. Meganoticias (2021-07-18). "José Antonio Kast lanza su candidatura presidencial en medio de las primarias de este domingo". meganoticias.cl (en castelán). Consultado o 2021-11-26. 
  22. "José Antonio Kast: “Piñera ya no gobierna, sino que administra y administra mal”". eldinamo.cl (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  23. "José Antonio Kast: Araucanía en llamas". El Líbero (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  24. FM, Oasis. "J.A. Kast anuncia que votará Convención Constitucional pese a que va por el Rechazo". oasisfm (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  25. Mostrador, El (2020-10-26). "José Antonio Kast criticó a Piñera tras el plebiscito: “El Presidente ha tratado de atribuirse un triunfo, ¿dónde? Si él fue parte del problema”". El Mostrador (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  26. 26,0 26,1 Castro, Blanca (2021-11-17). "El ascenso de José Antonio Kast, la contrarrevolución de Chile". euronews (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  27. Miranda, Natalia A. Ramos (2021-11-22). "Chile's Bolsonaro? Hard-right Kast rises, targeting 'crime and violence'". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-11-27. 
  28. "The Rise of José Antonio Kast in Chile". Americas Quarterly (en inglés). Consultado o 2021-11-27. 
  29. horas, 24. "Resultados". 24 horas (en castelán). Consultado o 2021-11-26. 
  30. "Elecciones 2021: ¿En qué regiones ganó Kast y en cuáles Boric?". Rock&Pop (en castelán). 2021-11-22. Consultado o 2021-11-27. 
  31. Gálvez, Roberto (2021-11-23). "Por qué Kast triplicó la votación de Boric (y la suya de 2017) en La Araucanía". La Tercera. Consultado o 2021-11-27. 
  32. "A ultradereita e a esquerda disputarán a presidencia de Chile". G24. Consultado o 2021-11-26. 
  33. "UDI oficializa su apoyo “sin condiciones” a José Antonio Kast « Diario y Radio Universidad Chile". radio.uchile.cl (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  34. "RN le entrega su apoyo a José Antonio Kast en la segunda vuelta presidencial". Renovación Nacional (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  35. Garrido, Mónica (2021-11-24). "Kast agradece apoyo de Evópoli, asegura que el partido “tiene importantes propuestas para Chile que vamos a sumar” y llama también al PR y la DC a dialogar". La Tercera. Consultado o 2021-11-27. 
  36. "Chilean presidential candidate’s father was member of Nazi party". the Guardian (en inglés). 2021-12-08. Consultado o 2021-12-11. 
  37. "Chío de José Antonio Kast no que felicita a Gabriel Boric polo seu triunfo electoral (19-12-2021)". Twitter. Consultado o 2021-12-19. 
  38. Navarrete, José (2021-12-19). "Boric se impone a Kast en la elección presidencial". La Tercera. Consultado o 2021-12-19. 
  39. Labrín, Pedro Astaburuaga y Sebastián (2021-12-20). "Boric es el Presidente electo con más votos en la historia y la segunda vuelta se convierte en la elección con mayor participación". La Tercera. Consultado o 2021-12-20. 
  40. Martínez, Roberto (2022-01-02). "José Antonio Kast renunció a la presidencia del Partido Republicano: “Llegó la hora de que un nuevo liderazgo asuma la conducción del partido”". La Tercera. Consultado o 2022-01-03. 
  41. Campos Campos, Consuelo (1-6-2021). "El Partido Republicano: el proyecto populista de la derecha radical chilena". Revista Uruguaya de Ciencia Política 30 (1): 105–134. ISSN 1688-499X. doi:10.26851/rucp.30.1.5. 
  42. "[Video] José Antonio Kast: “No me siento de extrema derecha”.". El Líbero (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  43. "Far-right candidate through to Chile presidential run-off". BBC News (en inglés). 2021-11-22. Consultado o 2021-11-27. 
  44. Bonnefoy, Pascale; Londoño, Ernesto (2021-11-21). "José Antonio Kast, Far-Right Candidate, Leads After First Round of Chile’s Presidential Election". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-11-27. 
  45. Labra, A. (2018-09-17). "José Antonio Kast sobre Bolsonaro: "Representa la esperanza de Brasil"". La Tercera. Consultado o 2021-11-27. 
  46. "El apoyo del ultraderechista Kast al indulto de Fujimori genera críticas en Chile". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  47. Alejandra Jara (2019-06-24). "José Antonio Kast se reúne con líderes de Vox e intercambian ideas para "frenar el marxismo cultural"". La Tercera. Consultado o 2021-11-27. 
  48. "Cile: Meloni a Kast, Ecr è con te, 'adelante' - Ultima Ora". Agenzia ANSA (en italiano). 2021-11-23. Consultado o 2021-11-27. 
  49. "Ultraderecha inscribe nuevo Partido Republicano - Chile". ANSA.it (en castelán). 2019-06-10. Consultado o 2021-11-27. 
  50. "Kast reinvindica a Pinochet y quiere devolver el orden a Chile". France 24. 2021-11-18. Consultado o 2021-11-27. 
  51. "[Video] Diputado de Kast ostentó su pinochetismo en sesión telemática". Cooperativa.cl (en Spanish). Consultado o 2021-11-27. 
  52. "Senador RD: El movimiento de José Antonio Kast reivindica las violaciones a los DD.HH.". Cooperativa.cl (en Spanish). Consultado o 2021-11-27. 
  53. "El colaborador de José Antonio Kast que está acusado por el “caso Quemados”". El Mostrador (en castelán). 2018-05-15. Consultado o 2021-11-27. 
  54. "José Antonio Kast: “Yo no soy pinochetista, pero sí valoro todo lo que hizo”". Publimetro Chile (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  55. "Kast: “Nunca he negado que se cometieron violaciones a los derechos humanos”". Radio Agricultura (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  56. ""International solidarity once failed the people of Chile. It must not fail today."". Progressive International (en inglés). Consultado o 2021-12-19. 
  57. "José Antonio Kast: "Muchos del mundo homosexual van a votar por mí"". tele13. Consultado o 2021-11-27. 
  58. "José Antonio Kast asegura que existe una "dictadura gay" que "arrincona a ciertos líderes políticos como Lavín"". Emol (en Spanish). 2017-07-16. Consultado o 2021-11-27. 
  59. "José Antonio Kast y matrimonio igualitario: "Aunque a mí no me guste, si el Parlamento se pronuncia a favor, va a ser ley"". sonarfm (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  60. "José Antonio Kast sobre ley de identidad de género: “Los niños no tienen criterio para cambiar identidad”". Radio Duna (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  61. "¿Qué dicen los candidatos presidenciales sobre las mujeres en sus programas de gobierno?". Fast Check CL (en castelán). 2021-11-19. Consultado o 2021-11-27. 
  62. Mostrador, El (2021-11-19). "«Es una maquinación intelectual decir que la mujer tiene derecho sobre su cuerpo»: las frases de oro de Kast en su paso como diputado". El Mostrador (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  63. "Ciencia, medioambiente y educación centran el debate presidencial en Chile". France 24. 2021-11-02. Consultado o 2021-11-27. 
  64. "El programa de Kast no menciona la crisis climática ni es el que más propuestas medioambientales tiene". Fact Checking UC (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  65. "Kast en jaque por termoeléctricas: muestra dudas respecto a polémicos puntos de su programa". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2021-11-15. Consultado o 2021-11-27. 

Véxase tamén

Ligazón externa