Alexandre Dumas (fillo): Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: fonte para o título en galego Etiqueta: edición de código 2017 |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.5 |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.dominiopublico.gov.br/pesquisa/PesquisaObraForm.do?select_action=&co_autor=143 Dominio Público] {{pt}} |
* [http://www.dominiopublico.gov.br/pesquisa/PesquisaObraForm.do?select_action=&co_autor=143 Dominio Público] {{pt}} |
||
* [http://www.dominiopublico.nom.es/autor.php?r=r&id=143 Dominio Público]{{ |
* [http://www.dominiopublico.nom.es/autor.php?r=r&id=143 Dominio Público] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070322123500/http://www.dominiopublico.nom.es/autor.php?r=r&id=143 |date=22 de marzo de 2007 }} {{es}} |
||
* [http://www.gutenberg.org/author/Alexandre_Dumas_fils proxecto Gutenberg] {{En}} |
* [http://www.gutenberg.org/author/Alexandre_Dumas_fils proxecto Gutenberg] {{En}} |
||
* [http://www.ebooksgratuits.com/ebooks.php?id_categorie=1&id_genre=1&id_auteur=47 eBooks] {{En}} |
* [http://www.ebooksgratuits.com/ebooks.php?id_categorie=1&id_genre=1&id_auteur=47 eBooks] {{En}} |
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2021 ás 18:52
Alexandre Dumas, nado en París o 27 de xullo de 1824 e falecido o 27 de novembro de 1895 en Marly-lle-Roi, foi un novelista e dramaturgo francés.
Traxectoria
Fillo natural de Alexandre Dumas e Marie-Catherine Labay, costureira, foi, como o seu pai, un autor mundialmente recoñecido. En 1831, o seu pai recoñeceuno legalmente e procuroulle a mellor educación posible na institución Goubaux e a academia Bourbon. As leis, por aquela época, permitíronlle a Dumas pai separar o fillo da súa nai e a agonía desta inspirou a Dumas fillo nos seus escritos sobre caracteres femininos e tráxicos. En case toda a súa obra enfatizou o propósito moral da literatura e, na súa novela O fillo natural (1858), expuxo a teoría de que aquel que trae un fillo ilexítimo ao mundo, ten a obrigación moral de lexitimizalo e casar coa muller.
Ademais de soportar o estigma da ilexitimidade, Dumas fillo levaba sangue negro. O seu pai era un cuarterón descendente dun nobre francés e unha negra haitiana. Nos internados escolares, Dumas fillo foi sempre vituperado polos seus compañeiros. Todas estas experiencias determinaron os seus pensamentos, comportamento e escritos. No seu primeiro libro de poemas, Pecados de mocidade (1847) denunciaba, dalgunha forma, a vida disipada que levou na súa mocidade, renegando dela.
En 1844, Dumas trasladouse a Saint-Germain-en-Laye para vivir co seu pai. Alí coñeceu a Marie Duplessis, unha moza cortesá que inspiraría a súa novela romántica A dama das camelias (1848)[1]. Adaptada como obra teatral, alcanzou tal éxito que animou a Dumas a proseguir coa súa carreira de dramaturgo. Titulouse, en inglés Camille e constituíu a base para a ópera de Verdi, La traviata (1853). Nas súas obras teatrais, cargadas de ensinos morais, denuncia os prexuízos sociais da época e aboga polos dereitos da muller e os nenos.
En 1864, Alexandre Dumas casou con Nadeja Naryschkine, con quen tería unha filla. Tralo falecemento desta, contraeu matrimonio con Henriette Régnier.
No transcurso da súa vida, Dumas escribiu outras doce novelas e varias obras teatrais. En 1867 publicou a súa novela semi-autobiográfica "L'affaire Clemenceau", considerada por moitos como un dos seus mellores traballos literarios.
Foi elixido membro da Academia francesa en 1874 pese á oposición pertinaz de Victor Hugo. En 1894 concedéuselle a Lexión de Honor.
Foi enterrado no cemiterio de Montmartre, en París.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alexandre Dumas |
Ligazóns externas
- Dominio Público (en portugués)
- Dominio Público Arquivado 22 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
- proxecto Gutenberg (en inglés)
- eBooks (en inglés)
- ↑ "Ficha en Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 26 de outubro de 2021.