Xenebreiro: Diferenzas entre revisións
better pic |
→Usos e curiosidades: quito curiosidade q non ven a conto |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
</gallery> |
</gallery> |
||
== Usos |
== Usos == |
||
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na [[horticultura]] como [[planta ornamental]], xa que é demasiado pequeno para ser aproveitado como madeireiro. Porén, en [[Escandinavia]] a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para [[produtos lácteos]], como a [[manteiga]], o [[queixo]] e tamén para facer [[Mango|cabos]] de [[Coitelo|coitelos]]. |
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na [[horticultura]] como [[planta ornamental]], xa que é demasiado pequeno para ser aproveitado como madeireiro. Porén, en [[Escandinavia]] a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para [[produtos lácteos]], como a [[manteiga]], o [[queixo]] e tamén para facer [[Mango|cabos]] de [[Coitelo|coitelos]]. |
||
As súas bagas teñen propiedades [[adstrinxente]]s mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para preparar [[Salsa (gastronomía)|mollos]] e [[Recheo|recheos]] cos que adubar [[carne]]s. Adóitanse cascar antes de utilizalas para así liberar o aroma. |
As súas bagas teñen propiedades [[adstrinxente]]s mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para preparar [[Salsa (gastronomía)|mollos]] e [[Recheo|recheos]] cos que adubar [[carne]]s. Adóitanse cascar antes de utilizalas para así liberar o aroma. |
||
Tamén é frecuente usalas para aromatizar a [[xenebra (bebida)|xenebra]]. De feito, a denominación da propia árbore en [[Lingua francesa|francés]], ''genévrier'', foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da bebida, ''gin'', a través dun [[apócope]] da palabra francesa pero pronunciada á inglesa (o nome [[Lingua inglesa|inglés]] da planta é ''juniper'', que en ningún modo soaría ''"gin"'') |
Tamén é frecuente usalas para aromatizar a [[xenebra (bebida)|xenebra]]. De feito, a denominación da propia árbore en [[Lingua francesa|francés]], ''genévrier'', foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da bebida, ''gin'', a través dun [[apócope]] da palabra francesa pero pronunciada á inglesa (o nome [[Lingua inglesa|inglés]] da planta é ''juniper'', que en ningún modo soaría ''"gin"''). |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión actual feita o 15 de decembro de 2021 ás 13:44
Cimbro, xenebreiro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Juniperus communis L., 1753 |
O xenebreiro ou cimbro (Juniperus communis L.) é unha árbore ou arbusto dioico da familia das cupresáceas.
Características[editar | editar a fonte]
Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, desde un arbusto mediano até superar os 10 metros.
Ten un tronco con moitas pólas e copa espesa. As follas son lineais, verdes, ríxidas, punzantes, cunha única banda de estomas branca na cara exterior (polo envés e polas marxes é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de esparexer o pole entre marzo e abril.
Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negra purpúrea cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se coñece simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.
Subespecies[editar | editar a fonte]
- Juniperus communis subsp. communis. Normalmente un arbusto ou pequena árbore, cun porte estreito e piramidal. Os verticilos están separados por entrenós xeralmente de maior tamaño cás follas. Atópase en lugares temperados, a baixa ou media altitude, moitas veces en bosques doutras especies, sobre todo caducifolias. É a subespecie de Juniperus communis máis espallada por Europa.
- Juniperus communis subsp. alpina (Suter) Čelak (=Juniperus communis subsp. nana Syme, Juniperus alpina Gray, Juniperus sibirica Burgsd.). Chamada xenebreiro rastreiro, é un arbusto rastreiro que non chega a un metro e cuxas pólas fican a rente do chan. As follas miden de 5 a 15 mm, están curvadas cara ó ápice e reviradas cara a dentro agochando a cara. Os entrenós adoitan ser máis pequenos cás follas. Os gálbulos miden de 6 a 10 mm. É unha planta de zonas alpinas e subalpinas en climas temperados atopada tamén en áreas subárticas. En Galiza áchase nas maiores alturas (os Ancares, Pena Trevinca).
- Juniperus communis subsp. hemisphaerica (J.Presl & C.Presl) Nyman (=Juniperus depressa Steven) é un arbusto de 3 ou 4 metros, aínda que tamén pode ter un porte deitado.
-
Juniperus communis subsp. communis.
-
Xenebreiro rastreiro (Juniperus communis subsp. alpina) en Francia.
-
Juniperus communis subsp. hemisphaerica, nos Estados Unidos de América.
Usos[editar | editar a fonte]
O xenebreiro é frecuentemente utilizado na horticultura como planta ornamental, xa que é demasiado pequeno para ser aproveitado como madeireiro. Porén, en Escandinavia a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para produtos lácteos, como a manteiga, o queixo e tamén para facer cabos de coitelos.
As súas bagas teñen propiedades adstrinxentes mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para preparar mollos e recheos cos que adubar carnes. Adóitanse cascar antes de utilizalas para así liberar o aroma.
Tamén é frecuente usalas para aromatizar a xenebra. De feito, a denominación da propia árbore en francés, genévrier, foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da bebida, gin, a través dun apócope da palabra francesa pero pronunciada á inglesa (o nome inglés da planta é juniper, que en ningún modo soaría "gin").
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xenebreiro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xenebreiro |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García, Xosé Ramón (2008). Guía das plantas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-939-7