José Caeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Nacido en [[Hondarribia]],<ref>{{Cita novas|data=21 de xullo de 1967|título=Caeiro, nuevo entrenador del Club Deportivo Lugo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1282527&posicion=6&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]|páxina=6}}</ref> xogou no [[Real Unión Club|Real Unión]] antes de fichar en [[1944]] polo [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]]. Debutou co club departamental o 19 de xuño, nun partido da [[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] contra o [[Deportivo da Coruña]] no Inferniño. Marcou naquel partido dous dos cinco goles do seu equipo, que venceu por 5-3.<ref>{{Cita novas|data=20 de xuño de 1944|título=Un buen triunfo del Ferrol sobre el Deportivo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1274673&posicion=3&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|xornal=[[El Correo Gallego]]|páxina=3|lingua=es|número=22553}}</ref>
Nacido en [[Hondarribia]],<ref>{{Cita novas|data=21 de xullo de 1967|título=Caeiro, nuevo entrenador del Club Deportivo Lugo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1282527&posicion=6&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]|páxina=6}}</ref> xogou no [[Real Unión Club|Real Unión]] antes de fichar en [[1944]] polo [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]], que militaba na [[Segunda división española de fútbol|Segunda División]]. Debutou co club departamental o 19 de xuño, nun partido da [[Copa Galicia de fútbol|Copa Galicia]] contra o [[Deportivo da Coruña]] no Inferniño. Marcou naquel partido dous dos cinco goles do seu equipo, que venceu por 5-3.<ref>{{Cita novas|data=20 de xuño de 1944|título=Un buen triunfo del Ferrol sobre el Deportivo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1274673&posicion=3&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|xornal=[[El Correo Gallego]]|páxina=3|lingua=es|número=22553}}</ref>

Excelente goleador, en só catro tempadas en [[Ferrol]] marcou 72 goles en liga e [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Xeneralísimo]], converténdose no máximo anotador da historia do club naquel momento. Destacou especialmente na tempada [[Segunda división española 1947/48|1947/48]], na que marcou 26 goles en liga, sendo o terceiro máximo goleador da competición (só por detrás de [[José Serratusell|Serratusell]] e [[Pedro Bazán|Bazán]]), e seis en Copa. Durante esa tempada logrou ata en tres ocasións marcar catro goles nun mesmo partido, contra [[Valencia Club de Fútbol Mestalla|Valencia Mestalla]], [[Real Murcia Club de Fútbol|Real Murcia]] e [[Real Sporting de Gijón|Sporting de Gijón]], sendo o segundo deles contra o Murcia a maior goleada da historia do club (9-0).<ref>{{Cita novas|data=24 de febreiro de 1948|título=Aplastante victoria del Club Ferrol sobre el Murcia (9-0)|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1276960&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|páxina=4|xornal=[[El Correo Gallego]]|número=23673}}</ref>

En agosto de 1948 foi traspasado á [[Real Sociedad de Fútbol|Real Sociedad]] por 425.000 pesetas.<ref>{{Cita novas|data=22 de agosto de 1948|título=Ferrol deportivo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1276490&posicion=2&presentacion=pagina|data-acceso=5 de decembro de 2021|lingua=es|número=23828|páxina=2|xornal=[[El Correo Gallego]]}}</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2021 ás 19:28

José Valentín Caeiro Igós, nado en Hondarribia o 14 de febreiro de 1925 e finado en Ferrol o 14 de xaneiro de 1981, foi un futbolista e adestrador español. Como futbolista destacou principalmente no Racing de Ferrol e na Real Sociedad, mentres que como adestrador dirixiu a varios equipos, a maioría galegos, entre eles o propio Racing, o Lugo, o Pontevedra ou o Arousa.

Traxectoria

Nacido en Hondarribia,[1] xogou no Real Unión antes de fichar en 1944 polo Racing de Ferrol, que militaba na Segunda División. Debutou co club departamental o 19 de xuño, nun partido da Copa Galicia contra o Deportivo da Coruña no Inferniño. Marcou naquel partido dous dos cinco goles do seu equipo, que venceu por 5-3.[2]

Excelente goleador, en só catro tempadas en Ferrol marcou 72 goles en liga e Copa do Xeneralísimo, converténdose no máximo anotador da historia do club naquel momento. Destacou especialmente na tempada 1947/48, na que marcou 26 goles en liga, sendo o terceiro máximo goleador da competición (só por detrás de Serratusell e Bazán), e seis en Copa. Durante esa tempada logrou ata en tres ocasións marcar catro goles nun mesmo partido, contra Valencia Mestalla, Real Murcia e Sporting de Gijón, sendo o segundo deles contra o Murcia a maior goleada da historia do club (9-0).[3]

En agosto de 1948 foi traspasado á Real Sociedad por 425.000 pesetas.[4]

Notas

  1. "Caeiro, nuevo entrenador del Club Deportivo Lugo". El Progreso (en castelán). 21 de xullo de 1967. p. 6. Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  2. "Un buen triunfo del Ferrol sobre el Deportivo". El Correo Gallego (en castelán) (22553). 20 de xuño de 1944. p. 3. Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  3. "Aplastante victoria del Club Ferrol sobre el Murcia (9-0)". El Correo Gallego (en castelán) (23673). 24 de febreiro de 1948. p. 4. Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  4. "Ferrol deportivo". El Correo Gallego (en castelán) (23828). 22 de agosto de 1948. p. 2. Consultado o 5 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas