Santiago Sanz Fraile: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 54: Liña 54:
|manageryears12 = 1969–1971
|manageryears12 = 1969–1971
|managerclubs12 = [[Unión Popular de Langreo|Langreo]]
|managerclubs12 = [[Unión Popular de Langreo|Langreo]]
|manageryears13 = 1971–1973
|managerclubs13 = [[Gran Peña Fútbol Club|Gran Peña]]
|manageryears14 = 1973–1974
|managerclubs14 = [[Sociedade Deportiva Compostela|Compostela]]
|manageryears15 = 1974–1980
|managerclubs15 = [[Gran Peña Fútbol Club|Gran Peña]]
}}
}}
'''Santiago Sanz Fraile''', máis coñecido como '''Yayo''', nado en [[Santander]] o [[15 de maio]] de [[1914]], foi un [[futbolista]] [[Cantabria|cántabro]], que xogaba na demarcación de [[centrocampista]].
'''Santiago Sanz Fraile''', máis coñecido como '''Yayo''', nado en [[Santander]] o [[15 de maio]] de [[1914]], foi un [[futbolista]] [[Cantabria|cántabro]], que xogaba na demarcación de [[centrocampista]].
Liña 79: Liña 85:
En 1962 colleu as rendas da [[Sociedade Deportiva Compostela|SD Compostela]], na Terceira División, sucedendo a [[Dagoberto Moll]].<ref>{{Cita novas|data=13 de xullo de 1963|título=Yayo fichó por la S. D. Compostela|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1238664&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|páxina=4|número=12977}}</ref> Adestrou dous anos o equipo santiagués, clasificándoo no primeiro e no segundo posto da táboa, pero fallando na fase de ascenso ámbolos dous anos, no primeiro contra o [[Andorra Club de Fútbol|Andorra]] turolense, e no segundo contra o [[Club Deportivo Béjar Industrial|Béjar Industrial]]. Deixou o Compostela en 1965, pasando a dirixir o [[Celta de Vigo B|Club Turista]],<ref>{{Cita novas|data=27 de agosto de 1965|título=Yayo y el Turista|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1239323&posicion=5&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|xornal=[[La Noche]]|número=13647|páxina=5|lingua=es}}</ref> pero regresou ao club santiagués pouco despois como secretario técnico.<ref>{{Cita novas|data=2 de novembro de 1965|título=Yayo, secretario técnico del Compostela|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1239400&posicion=6&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|número=13744|páxina=6}}</ref> A comezos de 1966 pasou a exercer como adestrador, e continuou nesta función ata 1969.
En 1962 colleu as rendas da [[Sociedade Deportiva Compostela|SD Compostela]], na Terceira División, sucedendo a [[Dagoberto Moll]].<ref>{{Cita novas|data=13 de xullo de 1963|título=Yayo fichó por la S. D. Compostela|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1238664&posicion=4&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|páxina=4|número=12977}}</ref> Adestrou dous anos o equipo santiagués, clasificándoo no primeiro e no segundo posto da táboa, pero fallando na fase de ascenso ámbolos dous anos, no primeiro contra o [[Andorra Club de Fútbol|Andorra]] turolense, e no segundo contra o [[Club Deportivo Béjar Industrial|Béjar Industrial]]. Deixou o Compostela en 1965, pasando a dirixir o [[Celta de Vigo B|Club Turista]],<ref>{{Cita novas|data=27 de agosto de 1965|título=Yayo y el Turista|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1239323&posicion=5&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|xornal=[[La Noche]]|número=13647|páxina=5|lingua=es}}</ref> pero regresou ao club santiagués pouco despois como secretario técnico.<ref>{{Cita novas|data=2 de novembro de 1965|título=Yayo, secretario técnico del Compostela|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1239400&posicion=6&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[La Noche]]|número=13744|páxina=6}}</ref> A comezos de 1966 pasou a exercer como adestrador, e continuou nesta función ata 1969.


En 1969 fichou polo [[Unión Popular de Langreo|UP Langreo]],<ref>{{Cita novas|data=27 de xullo de 1969|título=Yayo, entrenador del U. P. Langreo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1117432&posicion=17&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|lingua=es|páxina=17}}</ref> co que conseguiu o ascenso á [[Segunda división española de fútbol|Segunda División]] na súa primeira tempada.
En 1969 fichou polo [[Unión Popular de Langreo|UP Langreo]],<ref>{{Cita novas|data=27 de xullo de 1969|título=Yayo, entrenador del U. P. Langreo|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1117432&posicion=17&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|lingua=es|páxina=17}}</ref> co que conseguiu o ascenso á [[Segunda división española de fútbol|Segunda División]] na súa primeira tempada. Na segunda tempada foi destituído a falta de cinco xornadas, co equipo no posto 17º, sendo substituído por [[Fernando Bouso]]. A continuación regresou ao [[Gran Peña Fútbol Club|Gran Peña]], co que ascendeu a Terceira na campaña 1971/72, grazas en boa parte aos 53 goles de [[Waldo Otero|Waldo]].<ref>{{Cita novas|data=16 de xuño de 1972|título=Yayo, el hombre que devolvió la categoría al Gran Peña|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1263608&posicion=14&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|páxina=14}}</ref>

En 1973 comezou a súa terceira etapa á fronte do Compostela.<ref>{{Cita novas|data=5 de xuño de 1973|título=Yayo, presentado a los jugadores del Compostela|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1263905&posicion=12&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|número=18119|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|páxina=12}}</ref> Acadou a segunda posición da Terceira División e xogou sen éxito a fase de ascenso, deixando o club ao remate da competición.<ref>{{Cita novas|data=30 de maio de 1974|título=Yayo se vinculará al Celta|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1263905&posicion=12&presentacion=pagina|data-acceso=3 de decembro de 2021|lingua=es|xornal=[[El Pueblo Gallego]]|páxina=15|número=18425}}</ref> Regresou outra vez ao Gran Peña, ao que adestrou durante seis anos ata 1980.


Os méritos contraídos por Santiago ao servizo do Celta foron premiados coa imposición da Medalla ao Mérito da [[Federación Española de Fútbol]] e a insignia de ouro e brillantes do Celta.
Os méritos contraídos por Santiago ao servizo do Celta foron premiados coa imposición da Medalla ao Mérito da [[Federación Española de Fútbol]] e a insignia de ouro e brillantes do Celta.
Liña 86: Liña 94:


== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref|30em}}


{{Adestradores do Celta de Vigo}}
{{Adestradores do Celta de Vigo}}

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2021 ás 20:03

Yayo
Información persoal
Nome Santiago Sanz Fraile
Nacemento 15 de maio de 1914
Lugar de nacemento Santander
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Rayo Cantabria 0 (0)
1935–1936 Racing de Santander 3 (2)
1940–1941 Malacitano 0 (0)
1940–1942 Salamanca 42 (15)
1942–1952 Celta de Vigo 172 (12)
Adestrador
1949–1953 Casablanca
1951 Pontevedra
1954–1957 Gran Peña
1957 Racing de Ferrol
1957–1959 Gran Peña
1960 Zeltia
1960–1961 Celta de Vigo
1961–1963 Calvo Sotelo
1963–1965 Compostela
1965 Turista
1966–1969 Compostela
1969–1971 Langreo
1971–1973 Gran Peña
1973–1974 Compostela
1974–1980 Gran Peña
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Santiago Sanz Fraile, máis coñecido como Yayo, nado en Santander o 15 de maio de 1914, foi un futbolista cántabro, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

Como xogador

A súa xuventude estivo marcada pola estancia de tres anos no penal de El Dueso, en espera dun xuízo que finalmente o condenou a só un ano de cárcere. Comezou a xogar ao fútbol no Rayo Cantabria, pasando logo ao Racing de Santander,[1] co que debutou en Primeira División o 3 de febreiro de 1935, nun encontro fronte ao Arenas de Getxo. Foi o seu único encontro en liga esa tempada, mentres que na campaña seguinte, xa co coruñés Paco González no banco, disputou outros dous partidos, marcando dous goles.

Trala guerra civil militou brevemente no Malacitano, aínda que non chegou a debutar, fichando logo polo Salamanca. Con este equipo disputou as tempadas 1940/41 e 1941/42 da Segunda División, disputando 42 partidos de liga, nos que anotou 15 goles, incluídos dous tripletes fronte a Barakaldo e Sporting de Gijón.

No ano 1942 tanto o Real Zaragoza coma o Celta de Vigo apostaron forte por fichalo, recalando finalmente en Vigo. Militou no club celeste durante dez tempadas, formando no centro do campo con xogadores como Aretio, Fuentes ou Miguel Muñoz. Disputou co Celta a primeira final de Copa do Xeneralísimo do club no ano 1948, fronte ao Sevilla en Chamartín, onde ocupou o centro do campo celeste xunto con Gaitos e Alonso. Alonso tivo que ocupar a portería trala lesión de Francisco Simón e o Celta acabou perdendo por 1-4 e con só oito xogadores no campo, trala expulsión de Pahiño e a lesión tamén de Aretio.[2]

Despois de 10 anos no Celta Yayo retirouse aos 38 anos de idade, sendo na última tempada xogador-adestrador axudando a Roberto Ozores trala substitución de Luís Casas Pasarín,[3] e na que só xogou un encontro, lesionándose ante o Racing en Santander, a súa vila natal.

Como adestrador

Comezou a súa carreira como adestrador cando aínda era xogador do Celta, dirixindo o Club Deportivo Casablanca ata a súa desparición en 1953.[4] Tamén foi adestrador do Pontevedra, ao que dirixiu uns meses en 1951.[5][6] En 1954 pasou a adestrar o Gran Peña.[7] Co equipo de Lavadores conseguiu o ascenso á Terceira División na tempada 1955/56.

En abril de 1957, a raíz do falecemento do adestrador do Racing de Ferrol e antigo compañeiro de Yayo no Celta, Juan Vázquez Tenreiro, o club ferrolán recorreu a el para substitulo á fronte do equipo, que militaba na Segunda División.[8] Colleu o equipo en postos de descenso a falta de oito xornadas para o remate da tempada 1956/57, e conseguiu salvar o equipo na promoción de permanencia, derrotando o Turista de Vigo. Ao remate da campaña regresou ao Gran Peña,[9] no que estivo ata o seu cese en outubro de 1959.[10]

A continuación pasou brevemente polo Zeltia,[11] ata que se fixo cargo do Celta de Vigo a finais da tempada 1959-60 en Segunda División, unha tempada na que pasaron polo banco do Celta catro adestradores. Primeiro foi o arxentino Enrique Lúpiz o que tivo que deixar o posto por problemas coa homologación do titulo de adestrador, sendo substituído por Baltasar Albéniz, que dirixiu o equipo a maior parte da tempada clasificándoo para a fase de ascenso. Pero a directiva do club tentou contratar a Helenio Herrera para os encontros de fase de ascenso ás costas de Albéniz, polo que este dimitiu. Finalmente fíxose cargo Yayo do equipo que ao final acabou compartindo a dirección con Ricardo Zamora. Yayo permaneceu como adestrador tamén a tempada seguinte, na que clasificou o equipo na segunda posición, só por detras do Osasuna, perdendo a promoción de ascenso contra o Oviedo.

Na tempada seguinte marchou a Puertollano, onde se puxo á fronte do Calvo Sotelo durante dúas tempadas, alcanzando dous primeiros postos, pero sen conseguir o ascenso.[12][13]

En 1962 colleu as rendas da SD Compostela, na Terceira División, sucedendo a Dagoberto Moll.[14] Adestrou dous anos o equipo santiagués, clasificándoo no primeiro e no segundo posto da táboa, pero fallando na fase de ascenso ámbolos dous anos, no primeiro contra o Andorra turolense, e no segundo contra o Béjar Industrial. Deixou o Compostela en 1965, pasando a dirixir o Club Turista,[15] pero regresou ao club santiagués pouco despois como secretario técnico.[16] A comezos de 1966 pasou a exercer como adestrador, e continuou nesta función ata 1969.

En 1969 fichou polo UP Langreo,[17] co que conseguiu o ascenso á Segunda División na súa primeira tempada. Na segunda tempada foi destituído a falta de cinco xornadas, co equipo no posto 17º, sendo substituído por Fernando Bouso. A continuación regresou ao Gran Peña, co que ascendeu a Terceira na campaña 1971/72, grazas en boa parte aos 53 goles de Waldo.[18]

En 1973 comezou a súa terceira etapa á fronte do Compostela.[19] Acadou a segunda posición da Terceira División e xogou sen éxito a fase de ascenso, deixando o club ao remate da competición.[20] Regresou outra vez ao Gran Peña, ao que adestrou durante seis anos ata 1980.

Os méritos contraídos por Santiago ao servizo do Celta foron premiados coa imposición da Medalla ao Mérito da Federación Española de Fútbol e a insignia de ouro e brillantes do Celta.

O seu fillo Quecho tamén xogou no Celta a comezos dos anos 80.

Notas

  1. "Historial de los jugadores celestes". El Progreso (en castelán) (12719). 4 de xullo de 1948. p. 4. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  2. "El Sevilla vence al Celta por 4-1". Hoja oficial del lunes (en castelán) (680). 5 de xullo de 1948. p. 4. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  3. "Ayer salió el Celta para Tetuán". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de setembro de 1951. p. 3. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  4. "Deportes". El Pueblo Gallego (en castelán) (8228). 16 de novembro de 1949. p. 2. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  5. "Antena deportiva". La Noche (en castelán). 11 de agosto de 1951. p. 4. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  6. "La Serie A". El Pueblo Gallego (en castelán) (4289). 12 de setembro de 1951. p. 3. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  7. "La lista grande del Gran Peña". El Pueblo Gallego (en castelán) (10153). 21 de agosto de 1954. p. 7. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  8. "Yayo entrenará al Club Ferrol". La Noche (en castelán) (11263). 25 de abril de 1957. p. 2. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  9. "El Gran Peña iniciará la competición con un equipo muy remozado". La Noche (en castelán) (11374). 2 de setembro de 1957. p. 6. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  10. "Miguel, jugador y entrenador del Gran Peña". El Pueblo Gallego (en castelán) (11787). 25 de outubro de 1959. p. 10. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  11. "Zeltia 2 Gran Peña, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (11960). 8 de marzo de 1960. p. 14. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  12. "Yayo en Vigo". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de decembro de 1961. p. 9. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  13. "Declaraciones del ex-céltico Yayo". La Noche (en castelán). 22 de abril de 1963. p. 7. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  14. "Yayo fichó por la S. D. Compostela" (en castelán) (12977). 13 de xullo de 1963. p. 4. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  15. "Yayo y el Turista". La Noche (en castelán) (13647). 27 de agosto de 1965. p. 5. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  16. "Yayo, secretario técnico del Compostela". La Noche (en castelán) (13744). 2 de novembro de 1965. p. 6. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  17. "Yayo, entrenador del U. P. Langreo". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de xullo de 1969. p. 17. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  18. "Yayo, el hombre que devolvió la categoría al Gran Peña". El Pueblo Gallego (en castelán). 16 de xuño de 1972. p. 14. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  19. "Yayo, presentado a los jugadores del Compostela". El Pueblo Gallego (en castelán) (18119). 5 de xuño de 1973. p. 12. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  20. "Yayo se vinculará al Celta". El Pueblo Gallego (en castelán) (18425). 30 de maio de 1974. p. 15. Consultado o 3 de decembro de 2021.