Saor Éire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Revertida
Liña 56: Liña 56:
[[Categoría:1931]]
[[Categoría:1931]]
[[Categoría:Partidos políticos de Irlanda]]
[[Categoría:Partidos políticos de Irlanda]]
[[Categoría:PArtidos nacionalistas de Irlanda]]

Revisión como estaba o 2 de decembro de 2021 ás 15:55

Saor Éire
(en galego, Irlanda Ceibe)
Dirixentes e organización
LíderPeadar O'Donnell
Historia
Fundación1931
Disolución1931
Posicións políticas
IdeoloxíaRepublicanismo irlandés
Socialismo
Comunismo soviético

Saor Éire (en galego: Irlanda Ceibe) foi unha organización política de extrema esquerda creada en setembro 1931 por membros de tendencia comunista do Exército Republicano Irlandés, co apoio da dirección do IRA. Destaca entre os seus fundadores Peadar O'Donnell, antigo director de An Phoblacht e figura destacada da extrema esquerda do IRA. Saor Éire describiuse como "unha organización de traballadores e agricultores traballadores", e parece ser que o apoio do entón xefe de gabinete do IRA, Moss (Maurice) Twomey, foi fundamental para a creación da organización.[1] Porén, Tim Pat Coogan afirmou que Twomey dubidaba sobre a organización, preocupado pola participación na política electoral e pola posible influencia comunista.[2]

Durante a súa curta existencia, Saor Éire utilizou a publicación republicana An Phoblacht, baixo a dirección de Frank Ryan, para informar sobre o seu progreso e promover os seus puntos de vista republicanos de extrema esquerda.

Historia

Na fin de semana do 26 ao 27 de setembro de 1931, Saor Éire celebrou a súa primeira conferencia en Dublín no Iona Hall. Asistiron cento cincuenta delegados tanto do Estado Libre de Irlanda como de Irlanda do Norte nun contexto de redadas policiais nas casas e oficinas conectadas con Saor Éire e An Phoblacht.[3] Seán Hayes foi o presidente, mentres que David Fitzgerald actuou como secretario.

A conferencia elixiu un executivo de Hayes, Fitzgerald, Sean McGuinness, May Laverty, Helena Molony, Sheila Dowling, Sheila Humphreys, D. McGinley, Mick Fitzpatrick, Seán MacBride, Michael Price, Peadar O'Donnell, Mick Hallissey, M. O' Donnell, Patrick McCormack, Tom Kenny, L. Brady, Nicholas Boran, John Mulgrew e Tom Maguire.[2] George Gilmore e Frank Ryan tamén estiveron implicados.

Elaboraron un programa no que os obxectivos se dividían en dúas fases. A primeira fase foi descrita como de organización e propaganda para organizar unha fronte sólida de resistencia masiva aos opresores. Isto construiríase sobre a resistencia e a actividade do día a día cara referido a "alugueres, anualidades, desafiuzamentos, embargos, vendas bancarias, peches patronais, folgas e recortes salariais". Este desafío, pensaban, levaría a que o poder pasase das mans dos imperialistas ás masas. A segunda fase foi a de consolidación do poder mediante a organización da economía e unha república obreira e labrega.[4]

Ideoloxicamente, Saor Éire, adheriuse ao republicanismo socialista irlandés desenvolvido por James Connolly e Peadar O'Donnell. Como consecuencia da gran influencia de O'Donnell, Saor Éire avogou firmemente polo renacemento da cultura gaélica e a implicación das comunidades obreiras rurais máis pobres en calquera levantamento contra as institucións capitalistas irlandesas e o imperialismo británico.

Sean McBride describiu a organización no seu lanzamento do seguinte xeito:[3]

Saor Eire fora fundada para organizar e consolidar a República de Irlanda sobre a base da posesión e administración por parte dos traballadores e agricultores, da terra, dos instrumentos de produción, distribución e intercambio, e para restaurar e fomentar a lingua e a cultura irlandesas. Os medios polos que se podían conseguir estes obxectivos eran organizando comités de acción entre os traballadores industriais e agrícolas para liderar a loita diaria da clase obreira e dos agricultores traballadores e mobilizar á masa do pobo irlandés detrás dun goberno revolucionario para o derrocamento do imperialismo británico en Irlanda e a organización dunha República Obreira e Labrega

A organización foi atacada pola prensa de centro dereita e a Igrexa Católica como un perigoso grupo comunista, e foi rapidamente prohibida polo goberno do Estado Libre.[5][6] A forza da reacción contra ela impediu que se convertese nunha organización política eficaz. O'Donnell e os seus partidarios intentarían unha iniciativa similar dous anos máis tarde coa creación do Congreso Republicano en 1933.

Políticas

A constitución enumera os obxectivos da organización como son:

  1. Conseguir un liderado revolucionario independente para a clase traballadora e os agricultores traballadores cara ao derrocamento do imperialismo británico e do seu aliado, o capitalismo irlandés.
  2. Organizar e consolidar a República de Irlanda sobre a base da posesión e administración por parte dos traballadores e agricultores, da terra, dos instrumentos de produción, distribución e intercambio.
  3. Restaurar e fomentar a lingua, a cultura e os xogos irlandeses.[7]

Notas

  1. Hanley 2001, p. 53
  2. 2,0 2,1 Coogan, 1970, pp. 59–60.
  3. 3,0 3,1 Coffey, Danny (30 de abril de 2019). "THE RED SCARE – SEAN MULGREW, THE FIRST MAN SENTENCED UNDER THE MILITARY TRIBUNAL". mayorevolutionaryhistoryproject.wordpress.com (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  4. An Phoblacht, 10 October 1931
  5. Dáil Éireann (14 de outubro de 1931). "Constitution (Amendment No. 17) Bill, 1931—Allocation of Time Motion.". oireachtas.ie (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  6. "S.I. No. 73/1931 - Constitution (Declaration of Unlawful Associations) Order, 1931.". irishstatutebook.ie (en inglés). 20 de outubro de 1931. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  7. An Phoblacht, 17 outubro de 1931

Véxase tamén

Bibliografía

  • Coogan, Tim Pat (1970). The IRA (en inglés). Santa Barbara, CA: Praeger Publishers Inc. 
  • Hanley, Brian (2001). Irish Labour History Society, ed. "Moss Twomey, radicalism, and the IRA, 1931-33: a reassessment". Saothar (en inglés) 26: 53–60. JSTOR 23198999. 

Outros artigos