Walter Kohn: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Categoría.
Liña 59: Liña 59:
[[Categoría:Nados en Viena]]
[[Categoría:Nados en Viena]]
[[Categoría:Finados en 2016]]
[[Categoría:Finados en 2016]]
[[Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias]]
[[Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Premios Nobel de Austria]]
[[Categoría:Premios Nobel de Austria]]

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2021 ás 19:44

Walter Kohn
Walter Kohn.
Datos persoais
Nacemento9 de marzo de 1923
LugarViena Austria Austria
Falecemento19 de abril de 2016
LugarSanta Barbara, California Estados Unidos de América Estados Unidos
Causacancro de larinxe
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeaustriaco/estadounidense
Cónxuxe
  • Lois Kohn
  • Mara Schiff
  • Actividade
    Campo
  • Física
  • Alma máter
  • Universidade de Toronto
  • Universidade Harvard
  • Director de teseJulian Schwinger
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Teoría funcional da densidade
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1998)
  • Premio Oliver E. Buckley da Materia Condensada (1961)
  • editar datos en Wikidata ]

    Walter Kohn, nado o 9 de marzo de 1923 en Viena (Austria) e finado en Santa Barbara (California), o 19 de abril de 2016, foi un físico teórico austríaco nacionalizado estadounidense que foi premiado, xunto con John Pople, co Premio Nobel de Química en 1998.

    Traxectoria

    Kohn graduouse en matemáticas e física pola Universidade de Toronto en 1945 e realizou unha especialidade en matemática aplicada tamén en Toronto, que terminou en 1946. Doutorouse en física pola Universidade Harvard en 1948, baixo a supervisión de Julian Schwinger. Foi profesor na Universidade Carnegie Mellon durante 1950-1960, onde realizou gran parte da súa investigación sobre física de semiconductores. Trasladouse máis tarde á recentemente fundada Universidade de California en San Diego en 1960, onde permaneceu ata 1979. Entón aceptou o cargo de primeiro director do Instituto Kavli de Física Teórica, Santa Bárbara. Tomou posesión do cargo de profesor da Universidade de California, Santa Bárbara en 1984, onde continuou dando clase como profesor emérito.

    En 1957 recibiu a cidadanía estadounidense, pasando a ter a dobre nacionalidade austríaca-estadounidense.

    Investigacións científicas

    Un cartel nun poste eléctrico na Universidade de California conmemora a entrega a Walter Kohn do Premio Nobel de Química en 1998.

    Durante a súa estancia na Universidade Carnegie Mellon realizou investigacións na física dos semiconductores, materia que posteriormente cambiou pola investigación das características electrónicas de diversos materiais. En particular, Kohn desempeñou un papel importante no desenvolvemento da teoría funcional da densidade, que posibilitou o incorporar os efectos da mecánica cuántica na densidade electrónica (en lugar de mediante a función de onda). Esta simplificación computacional foi moi frutífera e pasou a ser unha ferramenta esencial da electrónica de materiais, atómica e molecular.

    En 1998 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da teoría funcional da densidade. A outra metade do premio recaeu en John Pople polo desenvolvemento de métodos teóricos mediante os cales podíanse investigar as propiedades das moléculas nos procesos químicos.

    En 1961 obtivo o Premio Buckley da American Pyhsical Society pola súa obra.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Paul D. Boyer,
    John E. Walker
    e
    Jens Christian Skou
    Premio Nobel de Química

    1998
    con
    John Pople
    Sucesor:
    Ahmed H. Zewail