Universidade de Lisboa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 25: Liña 25:
| valign="top" |
| valign="top" |
* Premio Nobel
* Premio Nobel
** [[Egas Moniz]]
** [[António Egas Moniz]]


* Poetas e escritores
* Poetas e escritores

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2021 ás 01:55

Coordenadas: 38°45′09″N 9°09′32″O / 38.75250, -9.15889

Logotipo da Universidade de Lisboa

A Universidade de Lisboa (ULisboa) é unha universidade pública portuguesa, con sede na Alameda da Universidade, en Alvalade, Lisboa, con varios centros disribuídos por toda a cidade e os municipios limítrofes de Loures, Oeiras e Cascais.

Historia e actualidade

A súa historia comeza no ano 1290, cando unha bula papal recoñece a súa existencia baixo o nome de Estudo Xeral de Lisboa. Este Estudo Xeral en 1308 trasladouse a Coímbra dando orixe á Universidade de Coímbra.

A actual Universidade de Lisboa, a maior universidade do país en número de estudantes,[1] e en orzamento,[2] resultou da fusión da antiga Universidade de Lisboa,[3] creada por decreto do 22 de marzo de 1911,[4] coa Universidade Técnica de Lisboa, creada por decreto do 2 de decembro de 1930,[5] incluíndo tamén o Estadio Universitario de Lisboa (até entón unha estrutura directamente dependente do Ministerio de Educación e Ciencia).

A fusión foi aprobada polo Decreto-Lei no 266-E/2012, do 31 de decembro de 2012,[6] e levouse a cabo coa toma de posesión do seu primeiro reitor, António Cruz Serra, o 25 de xullo de 2013.

Na edición de 2017 do Ranking de Shanghai, a institución situouse no rango 151-200, sendo a universidade portuguesa mellor situada nese ranking.[7]

Na actualidade conta con 3 513 docentes, 47 884 alumnos e 3 494 funcionarios técnico-administrativos.[8]

Está afiliada ao Grupo Compostela e a UNICA (Institutional Network of the Universities from the Capitals of Europe).

Ten como lema a máxima latina ad lucem (cara á luz). Seu reitor actual é António Nóvoa.

O reitorado e as facultades, coa excepción da facultade de Belas Artes, encóntranse cerca do Chiado, na Cidade Universitária de Lisboa, o maior campus universitario do país, que comparte co ISCTE (Instituto Universitario de Lisboa).

Estudantes e profesores notábeis

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

  1. Diário de Notícias (28 de decembro de 2011). "Fusão em Lisboa cria quarta maior universidade ibérica". Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  2. "Universidade de Lisboa tem buraco de meio milhão de euros". Jornal i. 1 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  3. Frequentemente identificada como «Universidade Clássica de Lisboa».
  4. Cf. Decreto de 22 de março de 1911, publicado no Diário do Governo de 24 de março de 1911. Ver tamén o Decreto de 19 de abril de 1911, publicado no Diário do Governo de 22 de abril de 1911, que cria as faculdades primitivas da nova universidade.
  5. Cf. Decreto n.º 19 081, de 2 de dezembro de 1930.
  6. Decreto-Lei n.º 266-E/2012, de 31 de dezembro de 2012
  7. Silva, Samuel. "Ranking de Xangai: cinco universidades portuguesas nas 500 melhores do mundo". PÚBLICO. Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  8. Universidade de Lisboa. Factos e Números.