Rápido Bahía Club de Fútbol: Diferenzas entre revisións
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
Sen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
||
Liña 94: | Liña 94: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Equipos de fútbol de |
[[Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra|Rapido Bahia]] |
||
[[Categoría:Deporte en Cangas|Rapido]] |
[[Categoría:Deporte en Cangas|Rapido]] |
||
[[Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes]] |
[[Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes]] |
Revisión como estaba o 10 de novembro de 2021 ás 13:50
Rápido Bahía | |||
---|---|---|---|
Nome | Rápido Bahía Club de Fútbol | ||
Fundación | 1962 | ||
Estadio | San Amaro, Aldán, Cangas, Galicia | ||
Presidente | Carlos Bacelar | ||
Adestrador | Miguel Freijeiro | ||
Liga | Preferente – Grupo Sur | ||
2012–13 | 3º (1ª Auton. – Grupo 5) | ||
Na rede | |||
http://clubrapidobahia.leaguerepublic.com | |||
| |||
O Rápido Bahía Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que naceu en 1962 na parroquia canguesa de Aldán.
Historia
Foi fundado por algúns membros do lugar de Gandón (Aldán), como Agustín da Costa ou José Novas Herbello, que nos albores dos anos 60 se encargaron de enviar a primeira solicitude á Federación Española de Fútbol. Polo tanto, a historia do club é máis longa do que algúns cren, xa que a documentación existente fala dunha petición para a súa fundación no ano 1960. Nos seus inicios estes primeiros membros encargáronse de arranxar o campo e de equipalo con certas dotacións, como bancos ou un marcador feitos a man por José Novas. A pesar do escaso presuposto co que se contaba o equipo saíu adiante, e os membros unirónse en fraternidade con actos congregativos como eran as comedelas na casa do citado José Novas.
Na temporada 2017/18 xogou en Primeira Galicia. Ese ano agravouse a crise institucional, económica e deportiva que arrastraba, chegando a que durante boa parte da temporada os xogadores sénior non fosen abondos para compoñer un once inicial, polo que houbo que completar as alineacións con xuvenís. Todo isto derivou en resultados deportivos pésimos. O Rápido non se presentou no último partido de liga, que se debería xogar no campo do UVCD Candeán alegando que xa estaba descendido e que non tiñan xogadores suficientes. Debido a isto, foi multado pola FGF e descendido administrativamente, de modo que xuntou dous descensos: administrativo e deportivo. Por tanto, na temporada 2018/19 compite no grupo 12ª da derradeira división, a Terceira Galicia.
Datos do club
Historial na liga
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2011/12 | 1ª Autonómica | 9º |
2012/13 | 1ª Autonómica | 3º |
2013/14 | Preferente | — |
2014/15 | Preferente | — |
2015/16 | 1ª Autonómica | — |
2016/17 | 2ª Autonómica | |
2017/18 | Primeira Galicia | 17º |
2018/19 | Terceira Galicia |