Estreito de Taiwán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:


== Historia ==
== Historia ==
O estreito separou a [[cultura da China|cultura]] [[Han]] da China continental dos aborixes de Taiwán durante milenios, aínda que os [[pobo hakka|hakka]] e os [[pbo hoklo|hoklo]] comerciaron e migraron por el.
O estreito separou a [[cultura da China|cultura]] [[Pobo han|han]] da China continental dos aborixes de Taiwán durante milenios, aínda que os [[pobo hakka|hakka]] e os [[pbo hoklo|hoklo]] comerciaron e migraron por el.


Dende 1949 cando o goberno chinés do [[Kuomintang]], liderado por [[Chiang Kai-shek]], se refuxiou en Taiwán trala derrota na [[guerra civil chinesa]] fronte aos [[Partido Comunista da China|comunistas]] de [[Mao Tse Tung]], o estreito foi escenario dunha forte tensión política, e mesmo de bombardeos nas illas de Quemoy e Matsu, entre os réximes enfrontados da [[República Popular da China]] e a [[Taiwán|República da China]].
Dende 1949 cando o goberno chinés do [[Kuomintang]], liderado por [[Chiang Kai-shek]], se refuxiou en Taiwán trala derrota na [[guerra civil chinesa]] fronte aos [[Partido Comunista da China|comunistas]] de [[Mao Tse Tung]], o estreito foi escenario dunha forte tensión política, e mesmo de bombardeos nas illas de Quemoy e Matsu, entre os réximes enfrontados da [[República Popular da China]] e a [[Taiwán|República da China]].

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2021 ás 13:37

Mapa da rexión do estreito de Taiwán

O estreito de Taiwán ou estreito de Formosa é un estreito de 180 km de largo que separa a illa de Taiwán da China continental. O estreito forma parte do mar da China Meridional e conéctao polo norte co mar da China Oriental. A parte máis estreita mide 130 km de largo.[1]

Nomes

Outros nomes do estreito de Taiwán son estreito de Formosa (polo antigo nome de Taiwán), estreito de Fokien ou estreito de Fujian pola provincia chinesa ao occidente do estreito,[2] e Gabia Negra, calco do nome do estreito en hokkien e hakka.

Xeografía

O estreito de Taiwán é o corpo de auga que separa a provincia de Fujian da illa de Taiwán.

Os acordos internacionais non definen o estreito de Taiwán, senón que inclúen as súas augas no mar da China Meridional, que ten como límite norte a liña dende o cabo Fugui (punto máis setentrional de Taiwán) e a illa Niushan ata a parte sur da illa Pingtan para rematar na costa de Fujian.[3]

Historia

O estreito separou a cultura han da China continental dos aborixes de Taiwán durante milenios, aínda que os hakka e os hoklo comerciaron e migraron por el.

Dende 1949 cando o goberno chinés do Kuomintang, liderado por Chiang Kai-shek, se refuxiou en Taiwán trala derrota na guerra civil chinesa fronte aos comunistas de Mao Tse Tung, o estreito foi escenario dunha forte tensión política, e mesmo de bombardeos nas illas de Quemoy e Matsu, entre os réximes enfrontados da República Popular da China e a República da China.

Durante moitos anos, os contactos entre ambos os lados do estreito estiveron prohibidos. A partir de 2001, o goberno da República da China autorizou algúns servizos de transbordador e en 2008 establecéronse voos directos.[4]

Notas

  1. "Geography". Government Information Office. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  2. EB (1879), p. 415.
  3. IHO (1953), §49.
  4. BBC

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas