Xeración do 36: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m donde_onde
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 25: Liña 25:
*[[Xeración de enlace]]
*[[Xeración de enlace]]
*[[Xeración de 1950]]
*[[Xeración de 1950]]
[[Category:Literatura galega]]
[[Categoría:Literatura galega]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 20:27

A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950. Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenrolando as súas propias liñas creativas. AS súas principais liñas poéticas foron o Clasicismo, o Intimismo, o Ruralismo e o Hilozoismo. A súa maior contribución á nosa literatura foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.


Autores destacados e obras da xeración de 1936

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino I. Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, porén a súa obra principal Cómaros Verdes foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descripción. A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homeaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.


Álvaro Cunqueiro

A pesares de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando publicou Herba de aquí e acola, obra cumio da súa carreira e da poesía galega do século XX. A obra estrutúrase en dúas partes: As Historias, onde recrea personaxes históricos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.


Celso Emilio Ferreiro

Celso E. Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da Poesía socialrealista. As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: O soño asulagado, Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en Celanova; Longa noite de pedra, Obra de denuncia social contra a opresión franquista; Viaxe ó país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir,Obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en Caracas polo súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova Constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel adica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.

Vexa: