Monumenta Germaniae Historica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
cursivizo
Etiqueta: edición de código 2017
m Reemplazos con Replacer: «politíco»
Liña 4: Liña 4:


== O instituto MHG ==
== O instituto MHG ==
O [[Instituto (investigación)|instituto]] (''Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters'') que xestiona a serie fundouno o politíco e reformista [[prusia]]no [[Heinrich Friedrich Karl vom Stein]] en [[1819]] en [[Berlín]], e o primeiro volume apareceu no [[1826]]. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar [[manuscrito]]s e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, ''Sanctus amor patriae dat animum'' ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do [[nacionalismo]] [[romanticismo|romántico]] coa erudición.
O [[Instituto (investigación)|instituto]] (''Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters'') que xestiona a serie fundouno o político e reformista [[prusia]]no [[Heinrich Friedrich Karl vom Stein]] en [[1819]] en [[Berlín]], e o primeiro volume apareceu no [[1826]]. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar [[manuscrito]]s e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, ''Sanctus amor patriae dat animum'' ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do [[nacionalismo]] [[romanticismo|romántico]] coa erudición.


O instituto tamén publica a revista de historia ''Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters'' (DA).
O instituto tamén publica a revista de historia ''Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters'' (DA).

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2021 ás 21:24

Os Monumenta Germaniae Historica (frecuentemente abreviado MGH nas bibliografías e nos elencos de fontes) é unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do Imperio Romano ata o século XVI, atentamente preparadas e publicadas para o estudo da historia de Alemaña.

O instituto MHG

O instituto (Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters) que xestiona a serie fundouno o político e reformista prusiano Heinrich Friedrich Karl vom Stein en 1819 en Berlín, e o primeiro volume apareceu no 1826. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar manuscritos e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, Sanctus amor patriae dat animum ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do nacionalismo romántico coa erudición.

O instituto tamén publica a revista de historia Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters (DA).

O instituto trasladouse à Múnic no ano 1949.

A serie dos presidentes é a seguinte:

A serie MGH

A colección articúlase en cinco grandes áreas: Antiquitates, Diplomata, Epistolae, Leges e Scriptores. Tamén existe unha sección Necrologia. Abríronse tamén moitas áreas subsidiarias, mesmo unha serie de volumes máis compactos para uso escolar (Scriptores in usum scholarum) e unha serie de estudos especiais (MGH Schriften).

O proxecto, un dos meirandes esforzos colectivos de estudos históricos, continúa no século XXI. No 2004 os MGH, co apoio da Deutsche Forschungsgemeinschaft, deron un paso adiante significativo: todas as súas publicacións que se editaran había máis de cinco anos poden lerse en liña nunha reprodución fotodixital, no sitio web dos MGH.

Véxase tamén

Ligazóns externas