Fronte Nacional de Resistencia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «de Estados Unidos»
Liña 7: Liña 7:
=== Orixe ===
=== Orixe ===
[[Ficheiro:Ahmad Massoud.jpg|miniatura|[[Ahmad Massoud]], un dos líderes da Fronte Nacional de Resistencia]]
[[Ficheiro:Ahmad Massoud.jpg|miniatura|[[Ahmad Massoud]], un dos líderes da Fronte Nacional de Resistencia]]
En 2019, [[Ahmad Massoud]], fillo de [[Ahmad Shah Massoud]] e considerado como o seu sucesor polos seus partidarios,<ref>{{Cita novas|título=Heir to Lion of Panjshir returns to reunite his father’s followers|url=https://www.thetimes.co.uk/article/heir-to-lion-of-panjshir-returns-to-reunite-his-fathers-followers-tfw3nx8qm|data-acceso=2021-08-26|issn=0140-0460|lingua=en}}</ref> creou un movemento político que defendía a descentralización administrativa de [[Afganistán]] como o mellor xeito de rexer o país e que se amosou crítico coas negoacións de paz dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] cos talibáns temendo a situación que se produciría en Afganistán no futuro.<ref>{{Cita web|título=Ahmad Massoud: 'decentralisation is the solution', son of Afghan national hero says|url=https://www.thenationalnews.com/world/asia/ahmad-massoud-decentralisation-is-the-solution-son-of-afghan-national-hero-says-1.1043346|páxina-web=The National|data-acceso=2021-08-26}}</ref><ref>{{Cita novas|título=Son of Afghan resistance hero criticizes 'secretive' U.S. Taliban deal|url=https://www.reuters.com/article/us-afghanistan-massoud-idUSKCN1VR1FV|xornal=Reuters|data=2019-09-06|data-acceso=2021-08-26|lingua=en|nome=James|apelidos=Mackenzie}}</ref> Ante a ofensiva talibá do verán de 2021, Ahmad Massoud formou unha milicia no [[val do Panjshir]] para resistir o avance dos fundamentalistas e ante a retirada das tropas de Estados Unidos, fixada para setembro.<ref>{{Cita novas|título=Attacked and Vulnerable, Some Afghans Are Forming Their Own Armies|url=https://www.nytimes.com/2021/06/22/world/asia/vulnerable-afghans-forming-militias.html|xornal=The New York Times|data=2021-06-22|data-acceso=2021-08-26|issn=0362-4331|lingua=en-US|nome=David|apelidos=Zucchino|nome2=Fatima|apelidos2=Faizi}}</ref> Inspirábase na coalición dirixida polo seu pai que logo de loitar contra os soviéticos e deu na [[Alianza do Norte]] que resistiu fronte os [[Talibán|talibáns]] na década de 1990, polo que foi denominada Segunda Resistencia.<ref>{{Cita web|título=Ecos da Guerra Fría na resistencia anti-talibán|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/ecos-da-guerra-fria-resistencia-anti-taliban/20210819202714127380.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2021-08-26|lingua=gl|nome=Nós|apelidos=Diario}}</ref>
En 2019, [[Ahmad Massoud]], fillo de [[Ahmad Shah Massoud]] e considerado como o seu sucesor polos seus partidarios,<ref>{{Cita novas|título=Heir to Lion of Panjshir returns to reunite his father’s followers|url=https://www.thetimes.co.uk/article/heir-to-lion-of-panjshir-returns-to-reunite-his-fathers-followers-tfw3nx8qm|data-acceso=2021-08-26|issn=0140-0460|lingua=en}}</ref> creou un movemento político que defendía a descentralización administrativa de [[Afganistán]] como o mellor xeito de rexer o país e que se amosou crítico coas negoacións de paz dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] cos talibáns temendo a situación que se produciría en Afganistán no futuro.<ref>{{Cita web|título=Ahmad Massoud: 'decentralisation is the solution', son of Afghan national hero says|url=https://www.thenationalnews.com/world/asia/ahmad-massoud-decentralisation-is-the-solution-son-of-afghan-national-hero-says-1.1043346|páxina-web=The National|data-acceso=2021-08-26}}</ref><ref>{{Cita novas|título=Son of Afghan resistance hero criticizes 'secretive' U.S. Taliban deal|url=https://www.reuters.com/article/us-afghanistan-massoud-idUSKCN1VR1FV|xornal=Reuters|data=2019-09-06|data-acceso=2021-08-26|lingua=en|nome=James|apelidos=Mackenzie}}</ref> Ante a ofensiva talibá do verán de 2021, Ahmad Massoud formou unha milicia no [[val do Panjshir]] para resistir o avance dos fundamentalistas e ante a retirada das tropas dos Estados Unidos, fixada para setembro.<ref>{{Cita novas|título=Attacked and Vulnerable, Some Afghans Are Forming Their Own Armies|url=https://www.nytimes.com/2021/06/22/world/asia/vulnerable-afghans-forming-militias.html|xornal=The New York Times|data=2021-06-22|data-acceso=2021-08-26|issn=0362-4331|lingua=en-US|nome=David|apelidos=Zucchino|nome2=Fatima|apelidos2=Faizi}}</ref> Inspirábase na coalición dirixida polo seu pai que logo de loitar contra os soviéticos e deu na [[Alianza do Norte]] que resistiu fronte os [[Talibán|talibáns]] na década de 1990, polo que foi denominada Segunda Resistencia.<ref>{{Cita web|título=Ecos da Guerra Fría na resistencia anti-talibán|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/ecos-da-guerra-fria-resistencia-anti-taliban/20210819202714127380.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2021-08-26|lingua=gl|nome=Nós|apelidos=Diario}}</ref>

=== Operacións ===
=== Operacións ===
[[Ficheiro:TalibaninPanjshir.png|miniatura|Tropas talibás pasando o carón dun vehículo destruído en setembro de 2021 no Panjshir]]
[[Ficheiro:TalibaninPanjshir.png|miniatura|Tropas talibás pasando o carón dun vehículo destruído en setembro de 2021 no Panjshir]]

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2021 ás 21:21


A Fronte Nacional de Resistencia de Afganistán, ou Segunda Resistencia, é a denominación das milicias que se opoñen ao control dos talibáns logo do colapso do Estado en agosto de 2021. Estes grupos armados están asentados no val do Panjshir polo que tamén tamén é coñecido como Resistencia do Panjshir.

Traxectoria

Orixe

Ahmad Massoud, un dos líderes da Fronte Nacional de Resistencia

En 2019, Ahmad Massoud, fillo de Ahmad Shah Massoud e considerado como o seu sucesor polos seus partidarios,[1] creou un movemento político que defendía a descentralización administrativa de Afganistán como o mellor xeito de rexer o país e que se amosou crítico coas negoacións de paz dos Estados Unidos cos talibáns temendo a situación que se produciría en Afganistán no futuro.[2][3] Ante a ofensiva talibá do verán de 2021, Ahmad Massoud formou unha milicia no val do Panjshir para resistir o avance dos fundamentalistas e ante a retirada das tropas dos Estados Unidos, fixada para setembro.[4] Inspirábase na coalición dirixida polo seu pai que logo de loitar contra os soviéticos e deu na Alianza do Norte que resistiu fronte os talibáns na década de 1990, polo que foi denominada Segunda Resistencia.[5]

Operacións

Tropas talibás pasando o carón dun vehículo destruído en setembro de 2021 no Panjshir

Durante a ofensiva, a Segunda Resistencia colaborou coa policía e as forzas armadas do goberno afgán.[6] Cando o 15 de agosto de 2021 os talibáns entraron en Cabul, o val do Panjshir era o único territorio non controlado polos talibáns. Aínda que o val está a uns 150 quilómetros de Cabul, a súa defensa vese favorecida pola orografía pois forma parte do Hindu Kush.[7][8] Ante estes feitos, Ahmad Massoud fixo un chamamento á resistencia e pediulles aos gobernos occidentais colaboración loxística e militar.[9] O 19 de agosto, Sergei Lavrov, ministro de Exteriores de Rusia, confirmou a existencia deste grupo opositor ao que o vicepresidente de Afganistán, Amrullah Saled, se unira.[10] Amrullah Saled, quen se considera presidente de facto pola fuxida de Ashraf Ghani, xa fora membro dos grupos de muxahidíns comandados por Ahmad Shah Massoud.[11][12] Segundo fontes xornalísticas, á Fronte Nacional de Resistencia tamén se lle adheriron unidades do antigo exército afgán e outros políticos como o antigo ministro de defensa Bismillah Mohammadi.[13][14] En agosto de 2021 calculábase que as forzas da Fronte Nacional de Resistencia estarían integradas por unhas 6000 persoas, conforme a axencia Reuters.[15]

Entre as primeiras accións da Segunda Resistencia estivo a toma de control de tres distritos da provincia de Baghlan.[16] Os talibáns déronlles un ultimato de tres horas para entregar as armas o 22 de agosto, algo que non sucedeu.[17] Tras isto, un dos voceiros habituais dos talibáns, Zabidulah Mujahid, chiou que centos dos seus soldados se dirixían cara o val do Panjshir para loitar contra os resistentes.[18][19] Os talibáns tamén anunciaron que retomaran o control dos distritos ocupados pola resistencia na provincia de Baghlan.[20] Nos días seguintes, a resistencia reportou de que se fixera un contraataque nesta provincia.[21] Pola súa banda, segundo a televisión afgá, Tolo News, os talibáns cortaron os servizos de telecomunicacións do Panjshir.[22]

O 31 de agosto, día no que Estados Unidos finalizou a súa retirada, a axencia Reuters informou de que as forzas da Fronte Nacional de Resistencia abatiran a sete talibáns nun enfrontamento derivado polo ataque dos talibáns a entrada oeste do val. Segundo a Fronte Nacional de Resistencia ademais das baixas, feriran a varios talibáns, aínda que estes non comentaron estas informacións.[23] O día 1 de setembro certificouse o fracaso das negociacións entre os talibáns e a Fronte Nacional de Resistencia.[24][25] A principios de setembro de 2021, segundo as informacións xornalísticas, intensificouse o conflito.[22][26] O 5 de setembro de 2021, Ahmad Massoud dixo estar disposto a negociar cos talibáns,[27] se ben un día máis tarde, estes anunciaron que venceran a resistencia e que controlaban o Val do Panjshir.[28][29] Pouco antes de que os talibáns controlasen o val, os líderes da resistencia Ahmad Massoud e Amrullah Saled, marcharan a Taxiquistán.[30]

Reaccións

Algúns analistas internacionais consideraron que a Fronte Nacional de Resistencia era máis intento por influír nas negociacións cos talibáns ca unha tentativa real de oposición armada.[31] Pola súa banda, o embaixador ruso en Cabul afirmou que a Segunda Resistencia estaba "condenada".[32] O 25 de agosto de 2021, unha vintena de deputados franceses do grupo Les Republicaines remitiu unha carta a Emmanuel Macron pedindo que se armase á Fronte Nacional de Resistencia.[33] En diversas conversas coa prensa internacional, Massoud insistiu na necesidade de diálogo: o 22 de agosto de 2021, Massoud advertiu os talibáns de que a negociación era o "único camiño",[34] aínda que tamén reafirmou a súa vontade de loita, ata as derradeiras consecuencias,[35] se os talibáns non aceptaban un goberno plural.[36]

Segundo informacións de Radio Free Europe/Radio Liberty, a finais de agosto de 2021, centos de voluntarios de Taxisquistán ofrecéronse para unirse a loita da Fronte Nacional de Resistencia, formada predominantemente por afgáns de etnia taxica, aínda que tal acción é considerada ilegal polas autoridades.[37] Considérase que Taxiquistán é o acubillo da Fronte Nacional de Resistencia logo da conquista do val do Panjshir por parte dos talibáns.[38][39] Dende aló, a Fronte Nacional de Resistencia estaría procurando organizarse politicamente.[40]

Notas

  1. "Heir to Lion of Panjshir returns to reunite his father’s followers" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2021-08-26. 
  2. "Ahmad Massoud: 'decentralisation is the solution', son of Afghan national hero says". The National. Consultado o 2021-08-26. 
  3. Mackenzie, James (2019-09-06). "Son of Afghan resistance hero criticizes 'secretive' U.S. Taliban deal". Reuters (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  4. Zucchino, David; Faizi, Fatima (2021-06-22). "Attacked and Vulnerable, Some Afghans Are Forming Their Own Armies". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-26. 
  5. Diario, Nós. "Ecos da Guerra Fría na resistencia anti-talibán". Nós Diario. Consultado o 2021-08-26. 
  6. "Afghanistan’s Anti-Taliban Stronghold Gears Up For New Fight Against Militants". RFE/RL (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  7. "Anti-Taliban fighters dig in to defend Panjshir Valley". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  8. "Explainer: Panjshir – Afghanistan’s valley of resistance". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  9. ""Nous, Afghans, n'avons même pas vraiment perdu de bataille, puisque Kaboul ne s'est pas battue"". LExpress.fr (en francés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-26. 
  10. "Russia supports dialogue in Afghanistan amid resistance in Panjshir — Lavrov". TASS. Consultado o 2021-08-26. 
  11. "From spy to political leader: Amrullah Saleh, the braveheart of Panjshir". India Today (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  12. "Saleh and Massoud: The Afghan leaders challenging the Taliban". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  13. "‘Panjshir stands strong’: Afghanistan’s last holdout against the Taliban". the Guardian (en inglés). 2021-08-18. Consultado o 2021-08-26. 
  14. "Afghan Defence Minister General Bismillah Mohammadi backs Panjshir resistance". Free Press Journal (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  15. "Anti-Taliban forces say they've taken three districts in Afghanistan's north". Reuters (en inglés). 2021-08-21. Consultado o 2021-08-26. 
  16. "Anti-Taliban Forces Retake Three Northern Afghan Districts". Voice of America (en inglés). Consultado o 2021-08-26. 
  17. "Ultimátum de los talibanes a los milicianos de Panshir para que depongan las armas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-26. 
  18. "tweet 23-8-2021 8.37 a.m". twitter.com. 
  19. "'Hundreds' of fighters are heading for holdout Panjshir Valley, says Taliban". The Economic Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-26. 
  20. "Taliban say they retook three districts in northern Afghanistan". Al Arabiya English (en inglés). 2021-08-23. Consultado o 2021-08-26. 
  21. "Heavy losses to Taliban in Kapisa as Afghan resistance counterattacks". Hindustan Times (en inglés). 2021-08-28. Consultado o 2021-09-01. 
  22. 22,0 22,1 Diario, Nós. "Os primeiros combates no val de Panjshir deixan sete soldados talibán mortos". Nós Diario. Consultado o 2021-09-01. 
  23. "At least seven Taliban reported killed in Panjshir fighting". Reuters (en inglés). 2021-08-31. Consultado o 2021-09-01. 
  24. "Fighting Breaks Out Between Taliban, Panjshiri Resistance After Failed Talks". VoA news. 
  25. "'Those who want to fight...': Taliban's message to Panjshir leaders after talks fail". Hindustan Times (en inglés). 2021-09-01. Consultado o 2021-09-04. 
  26. Latifi, Ali M. "Residents flee as Taliban intensifies battle to take Panjshir". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-09-04. 
  27. "Afghan opposition leader Massoud says he is ready for talks with Taliban". Reuters (en inglés). 2021-09-05. Consultado o 2021-09-06. 
  28. "Taliban say they took Panjshir, last holdout Afghan province". AP NEWS (en inglés). 2021-09-06. Consultado o 2021-09-06. 
  29. "Le Panchir tombé, les talibans passent à la suite, même si Massoud appelle à se soulever". euronews (en francés). 2021-09-07. Consultado o 2021-10-16. 
  30. Cole, Matthew; Klippenstein, Ken (2021-09-21). "Afghan Resistance Leaders, Long Backed by CIA, Have Fled Following Taliban Takeover". The Intercept (en inglés). Consultado o 2021-10-16. 
  31. "Afghan holdout will struggle against Taliban assault, say analysts". France 24 (en inglés). 2021-08-20. Consultado o 2021-08-26. 
  32. "Resistance to Taliban is doomed, says Russian envoy to Afghanistan". Reuters (en inglés). 2021-08-20. Consultado o 2021-08-26. 
  33. "« La France a le devoir d’agir » : des députés demandent à Macron de soutenir la résistance afghane". L'Obs (en francés). Consultado o 2021-08-26. 
  34. "Afghan holdout will struggle against Taliban assault, say analysts". France 24 (en inglés). 2021-08-20. Consultado o 2021-08-26. 
  35. Match, Paris. "Exclusif - Ahmad Massoud: "Reddition est un mot qui ne figure pas dans mon dictionnaire"". parismatch.com (en francés). Consultado o 2021-08-26. 
  36. "Taliban will face resistance if they try to seize Panjshir valley: Ahmad Massoud". Al Arabiya English (en inglés). 2021-08-22. Consultado o 2021-08-26. 
  37. "Tajik Group Offers To Fight Alongside Anti-Taliban Militias In Afghanistan" (en inglés). Consultado o 2021-09-01. 
  38. Astrasheuskaya, Nastassia (2021-09-28). "How Tajikistan became hub for Afghanistan’s resistance". Financial Times. Consultado o 2021-10-16. 
  39. "Afghan resistance has sanctuary in Tajikistan, but fighting Taliban a ‘non-viable prospect’". France 24 (en inglés). 2021-10-04. Consultado o 2021-10-16. 
  40. "After Renegade Province’s Fall, Panjshir Resistance Leaders Surface in Tajikistan". 23-9-2021. Consultado o 16-10-2021.