Xardín de San Carlos: Diferenzas entre revisións
m Quitando espazos nas cabeceiras |
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:) |
||
Liña 65: | Liña 65: | ||
* [http://www.coruna.es/servlet/ContentServer?idioma=gl&itemID=1149055933418&itemTemplate=Portal-Entidad-Detalle&c=Page&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&itemType=Entidad&cid=1133458428310 O Xardín de San Carlos na web do concello da Coruña] |
* [http://www.coruna.es/servlet/ContentServer?idioma=gl&itemID=1149055933418&itemTemplate=Portal-Entidad-Detalle&c=Page&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&itemType=Entidad&cid=1133458428310 O Xardín de San Carlos na web do concello da Coruña] |
||
[[ |
[[Categoría:A Coruña]] |
||
[[ |
[[Categoría:Xardíns de Galicia]] |
||
[[es:Jardín de San Carlos (La Coruña)]] |
[[es:Jardín de San Carlos (La Coruña)]] |
Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 20:09
22' 7' ' N 8° 23' 25' ' O_E_ 0°N 0°L / 43_22_07_N_08_23_25_W, 43° 22' 7' ' N 8° 23' 25' ' O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
O Xardín de San Carlos, situado na cidade vella da Coruña, foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no século XIV e quedaría unido á cidade no XVI. Pouco a pouco foi perdendo importancia coma baluarte ou "Fortaleza vella" e, tras estalar o polvoriño que contiña, foi abandonado até que xa no século XVIII é recuperado coma xardín por Don Carlos Francisco de Croix.
O aspecto actual do Xardín de San Carlos débese ao gobernador en 1834 Francisco de Mazarredo, e presenta unhas características de xardín romántico. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico xunto coas murallas.
O seu valor radica na súa privilexiada situación dende a que se observa, grazas ao seu miradoiro, todo o porto da Coruña, na súa vexetación, e na tumba, un sepulcro proxectado coma monumento funerario, do xeneral inglés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña en 1809 loitando mentres defendía a cidade das tropas napoleónicas francesas do xeneral Soult.
Numerosas especies de árbores tanto autóctonas coma exóticas están presentes no xardín, das que destacan dous xigantescos umeiros centenarios.
Tamén hai placas en homenaxe aos 172 oficiais e homes da Armada Real Inglesa que morreron no naufraxio do buque "Serpent" preto do Cabo Vilán o 10 de novembro de 1890.
O xeneral inglés Lord Wellington dirixiu unha proclama ao exército no Cuartel Xeral de Lesaca o 4 de setembro de 1813 trala Batalla de San Marcial do 31 de agosto dese mesmo ano, recordada no Xardín de San Carlos, na que enxalzaba ao exército que el mesmo mandaba. Dicía Wellington:
Españois: adicadevos todos a imitar aos inimitables galegos.
O Concello, a proposta do entón alcalde Manuel Casas, acordou colocar o 14 de xullo de 1927 unhas lápidas que recollen un fragmento en inglés do poema "The burial of Sir John Moore" de Charles Wolfe e outro fragmento do que Rosalía de Castro adica a Sir John Moore, titulado "Na tomba do Xeneral Sir John Moore":
- ¡Cuan lonxe, canto das escuras nebras
- dos verdes pinos, das ferventes olas
- qu'o nacer viron!..; dos paternos lares
- do ceo da patria, qu'o alumou mimosa
- dos sitios ¡ay! do seu querer: que lexos
- víu á caer baix'enemigo golpe
- pra nunca mais se levantar, coitado!
- ..................................................
- Mais que fermosa e sin igual morada
- lle coup'en sorte ós teus mortales restos...
- c'o seu respeto compasiva vela
- pol-o estranxeiro á quen traidora morte
- fixo fincar lonxe dos seus, e á alleos
- víu á pedir o derradeiro asilo.
- ..................................................
- Cando do mar atraveses as ondas
- y o voso irman a visitar veñades
- poñé na tomba o cariñoso oído
- e se sentís rebuligar as cinzas
- e s'escoitás indefinibres voces
- e s'entendés o que esas voces digan
- a y-alma vosa sentirá consolo
- El vos dirá qu'arrededor do mundo
- tomba millor qu'aquí atopou n'achara
- senon dos seus antr'o amoroso abrigo.
O edificio situado a carón dos xardíns é a sede do Arquivo do Reino de Galicia, o máis importante arquivo histórico de Galiza. É un centro de titularidade estatal xestionado dende 1989 pola Xunta de Galicia.
Véxase tamén
Outros artigos
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xardín de San Carlos |
Referencias
- Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María