Supergrass: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:


O grupo naceu como un trío pero no ano 2002 uníuse oficialmente Rob Coombes, irmáns de Gaz. A banda fichou por [[Parlophone Records]] en 1994 e lanzou ''[[I Should Coco]]'' (1995), o álbun de estrea máis vendido do selo dende o ''[[Please Please Me]]'' dos [[The Beatles|Beattles]]. O cuarto sinxelo do disco, "Alright", foi un gran éxito internacional que estableceu a reputación de Supergrass. Dende entón o grupo lanzou cinco álbums máis: ''[[In It for the Money]]'' (1997), ''[[Supergrass (álbum)|Supergrass]]'' (1999), ''[[Life on Other Planets]]'' (2002), ''[[Road to Rouen]]'' (2005) e ''[[Diamond Hoo Ha]]'' (2008), ademais do recompilatorio ''[[Supergrass Is 10]]'' (2004).
O grupo naceu como un trío pero no ano 2002 uníuse oficialmente Rob Coombes, irmáns de Gaz. A banda fichou por [[Parlophone Records]] en 1994 e lanzou ''[[I Should Coco]]'' (1995), o álbun de estrea máis vendido do selo dende o ''[[Please Please Me]]'' dos [[The Beatles|Beattles]]. O cuarto sinxelo do disco, "Alright", foi un gran éxito internacional que estableceu a reputación de Supergrass. Dende entón o grupo lanzou cinco álbums máis: ''[[In It for the Money]]'' (1997), ''[[Supergrass (álbum)|Supergrass]]'' (1999), ''[[Life on Other Planets]]'' (2002), ''[[Road to Rouen]]'' (2005) e ''[[Diamond Hoo Ha]]'' (2008), ademais do recompilatorio ''[[Supergrass Is 10]]'' (2004).

En agosto de 2009 Sepergrass fichou por Cooking Vinyl e comezou a gravar o seu sétimo álbum de estudio, ''Release the Drones''. O disco non chegaría a ser rematado xa que o 12 de abril de 2010 a banda anunciou a súa disolución debido a diferencias musicais e creativas. O grupo separouse tras catro concertos de despedida, sendo o derradeiro en La Cigale de París o 11 de xuño dese mesmo ano.

Supergrass reformouse en 2019, inicialmente para actuar no Pilton Party e para realizar poteriormente un concerto "segredo" en Londres.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2021 ás 19:07

Supergrass
OrixeLondres, Inglaterra
Período1993 - 2010
Xénero(s)rock alternativo, britpop
Selo(s) discográfico(s)Parlophone
MembrosGaz Coombes
Rob Coombes
Danny Goffey
Mick Quinn
Na rede
http://www.supergrass.com/
IMDB: nm1967734 Facebook: supergrass Twitter: supergrasshq Instagram: supergrasshq MySpace: supergrass Youtube: UCvEVRo07OAojKg8ekpk1Lyw Spotify: 0sHeX8oQ6o7xic3wMf4NBU iTunes: 391069 Last fm: Supergrass Musicbrainz: 6386ddff-0d13-4685-9f0a-a82bf022fb1c Songkick: 474192 Discogs: 58694 Allmusic: mn0000031556 Deezer: 1320 Editar o valor em Wikidata

Supergrass foi unha banda de rock alternativo inglesa formada en Oxford no ano 1993. Está formada por Gaz Coombes (guitarra e voz), Rob Coombes (teclado), Danny Goffey (batería) e Mick Quinn (baixo).

O grupo naceu como un trío pero no ano 2002 uníuse oficialmente Rob Coombes, irmáns de Gaz. A banda fichou por Parlophone Records en 1994 e lanzou I Should Coco (1995), o álbun de estrea máis vendido do selo dende o Please Please Me dos Beattles. O cuarto sinxelo do disco, "Alright", foi un gran éxito internacional que estableceu a reputación de Supergrass. Dende entón o grupo lanzou cinco álbums máis: In It for the Money (1997), Supergrass (1999), Life on Other Planets (2002), Road to Rouen (2005) e Diamond Hoo Ha (2008), ademais do recompilatorio Supergrass Is 10 (2004).

En agosto de 2009 Sepergrass fichou por Cooking Vinyl e comezou a gravar o seu sétimo álbum de estudio, Release the Drones. O disco non chegaría a ser rematado xa que o 12 de abril de 2010 a banda anunciou a súa disolución debido a diferencias musicais e creativas. O grupo separouse tras catro concertos de despedida, sendo o derradeiro en La Cigale de París o 11 de xuño dese mesmo ano.

Supergrass reformouse en 2019, inicialmente para actuar no Pilton Party e para realizar poteriormente un concerto "segredo" en Londres.

Traxectoria

Supergrass foi formada en 1993 por Gaz Coombes na voces e na guitarra, Mick Quinn no baixo e Danny Goffey na batería. Antes diso, Goofey e Coombes xa tocaran xuntos na banda Jennifers. O son era practicamente igual ao da banda Ride, e os Jennifers chegaron a lanzar un sinxelo pola discográfica Nude Records. A historia de Jennifers non dura moito tempo, e Coombes, Goffey e Quinn acaban tomando outro rumbo, formando unha nova banda. As influencias máis evidentes do novo proxecto eran as bandas inglesas dos anos 60, engadíndolle a forza, entusiasmo e enerxía punk de bandas tan díspares como Pixies e Buzzcocks.

A nova banda evoluiu rápido e en pouco tempo xa se presentaba en directo en actuacións de media hora. O primeiro lanzamento de Supergrass foi o sinxelo "Caught By The Fuzz", hoxe en día clásico do britpop. O sinxelo foi lanzado pola discográfica independente Backbeat, no verán de 1994.

Eran só 250 copias, pero o sinxelo tivo repercusión. A Parlophone, do xigante grupo EMI contratounos e relanzou "Caught By The Fuzz" en outubro. Desta vez, o sinxelo case entra no top 40 britânico (chegou ao 42) e rendeu eloxios dos medios ingleses, á parte de comentarios positivos do persoal de Blur e Elastica. A partir de aí as cousas comezaron a andar rápido: concertos como abreconcertos de Blur, canción inédita no entón lendario Singles Club da Sub Pop e disco de estrea listo para ser lanzado no ano seguinte.

O debut, I Should Coco, chegou ás tendas en maio de 1995 e non tardou en alcanzar a cima das listas inglesas. A responsable da fazaña foi a canción "Alright", o hit do verán daquel ano. O seu videoclip axudou á banda a ser coñecida no resto do mundo. Dous sinxelos máis seguiron a este lanzamento, "Time" e "Lenny", que sitúan a Supergrass entre as grandes bandas de Inglaterra.

Despois da xira mundial de I Should Coco a banda só retornaría con disco novo en 1997. In It for the Money, repetíuse o éxito do seu predecesor ao chegar ao segundo lugar en Inglaterra, con vendas dun millón de copias só nese país. No seu segundo álbum, Supergrass mantén o entusiasmo de sempre, pero é un disco menos fresco que I Should Coco, á parte de amosar un evidente refinamento en arranxos máis detallados. Mentres tanto, fóra de Inglaterra a banda non mantivo o mesmo éxito, reducíndose o seu público. "Richard III" e "Sun Hits the Sky" foron os hits de In It for the Money.

A banda retornaría en 1999 cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como X-Ray Album (pola imaxe da súa portada). A pesar de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron Supergrass máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en Inglaterra e foi pouco notado noutros países.

A banda lanzou o seu cuarto traballo Life At Other Planets, en 2002. O disco foi ben recibido pola crítica, restablecendo a credibilidade e o respecto ao traballo da banda. Mentres tanto, mesmo co éxito do sinxelo "Grace", foi o que peor se comportou nas listas, chegando só ao noveno lugar en Inglaterra. É neste álbum no que Rob Coombes, teclista e irmán de Gaz, é recoñecido como membro oficial do grupo.

En 2004 editaron un recompilatorio, Supergrass is 10, e en 2005 lánzoase o seu quinto traballo, Road To Rouen.

Discografía

Álbum Ano Selo
I Should Coco 1995 Parlophone
In It for the Money 1999 Parlophone
Supergrass 2002 Parlophone
Life on Other Planets 2002 Parlophone
Road to Rouen 2005 Parlophone
Diamond Hoo Ha 2008 Parlophone