Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5891251 de Iria.cestmoi (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Piquito (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5891247 de Iria.cestmoi (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 19: Liña 19:
}}
}}
[[Ficheiro:Flag of Galicia.svg|miniatura|dereita|250px|[[Bandeira de Galicia|A bandeira de Galiza]].]]
[[Ficheiro:Flag of Galicia.svg|miniatura|dereita|250px|[[Bandeira de Galicia|A bandeira de Galiza]].]]
'''''Os Pinos''''' é o [[himno]] de [[Galicia|Galiza]]. Trátase dun texto poético de [[Eduardo Pondal]] de 1890, incluído dende 1935 nas edicións do poemario ''[[Queixumes dos pinos]]'' (1886)<ref>{{Cita web
'''''Os Pinos''''' é o [[himno]] galego, un texto poético de [[Eduardo Pondal]] de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas ''[[Queixumes dos pinos]]'' (1886)<ref>{{Cita web
|url = http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=Qudopi%20%201
|url = http://www.realacademiagalega.org/RAGBibVir/GetWorkById.do?id=Qudopi%20%201
|título = Queixumes dos pinos
|título = Queixumes dos pinos
Liña 29: Liña 29:
|dataarquivo = 11 de xaneiro de 2012
|dataarquivo = 11 de xaneiro de 2012
|urlmorta = yes
|urlmorta = yes
}}</ref>, concretamente das dúas primeiras partes, con música de [[Pascual Veiga]]. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981]].
}}</ref>, concretamente das dúas primeiras partes, musicado por [[Pascual Veiga]]. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981]].


== Os autores ==
== Os autores ==
Liña 39: Liña 39:
[[Ficheiro:Pascual Veiga Iglesias.jpg|miniatura|[[Pascual Veiga]], autor da música.]]
[[Ficheiro:Pascual Veiga Iglesias.jpg|miniatura|[[Pascual Veiga]], autor da música.]]
{{AP|Pascual Veiga}}
{{AP|Pascual Veiga}}
Pascual Veiga Iglesias naceu en [[Mondoñedo]] o [[9 de abril]] de [[1842]]. Foi na súa vila natal onde tivo os primeiros contactos coa música. Foi admitido como Neno de Coro da [[Catedral de Mondoñedo]] en [[1852]], daquela dirixido por José Pacheco Basanta. Posteriormente recibiu formación como [[Órgano (instrumento musical)|organista]] con Tomas Burón e Rafael Tefall. De feito, ao trasladarse á [[A Coruña|Coruña]] en [[1864]] conseguiu un posto como organista na [[Colexiata de Santa María do Campo]]. En [[1896]] foi nomeado profesor do [[Real Conservatorio Superior de Música de Madrid|Conservatorio Nacional de Música]], polo que se trasladou a [[Madrid]]. Alí faleceu o [[12 de xullo]] de [[1906]], seis meses antes da estrea do ''Himno galego'' na [[A Habana|Habana]].<ref name="cidade">{{Cita web |url=http://www.laciudadgallegadelosmusicos.com/gl/compositores.php?var1=Barrio%20do%20romanticismo&var2=Obelisco%20de%20Cant%F3n%20Grande%20na%20Coru%F1a&nar1=49&nar2=72 |título=Veiga Iglesias |obra=La Ciudad Gallega de los Músicos |editorial=[[Fundación Barrié]] |dataacceso=23 de xullo de 2020 |lingua=gl}}</ref>
Pascual Veiga Iglesias naceu en [[Mondoñedo]] o [[9 de abril]] de [[1842]]. Foi precisamente na súa cidade natal onde tivo os seus primeiros contactos coa música, sendo admitido como Neno de Coro da [[Catedral de Mondoñedo|catedral]] en [[1852]], daquela dirixido por José Pacheco Basanta. Posteriormente recibiu formación como [[Órgano (instrumento musical)|organista]] con Tomas Burón e Rafael Tefall. Precisamente, ao trasladarse á [[Coruña]] en [[1864]] conseguiu un posto como organista na [[Colexiata de Santa María do Campo|Colexiata de Santa María]]. En [[1896]] foi nomeado profesor do [[Real Conservatorio Superior de Música de Madrid|Conservatorio Nacional de Música]], polo que se trasladou a [[Madrid]], cidade na que faleceu o [[12 de xullo]] de [[1906]], seis meses antes da estrea do ''Himno galego'' na [[A Habana|Habana]].<ref name="cidade">{{Cita web |url=http://www.laciudadgallegadelosmusicos.com/gl/compositores.php?var1=Barrio%20do%20romanticismo&var2=Obelisco%20de%20Cant%F3n%20Grande%20na%20Coru%F1a&nar1=49&nar2=72 |título=Veiga Iglesias |obra=La Ciudad Gallega de los Músicos |editorial=[[Fundación Barrié]] |dataacceso=23 de xullo de 2020 |lingua=gl}}</ref>


Entre as súas obras máis coñecidas salientan a ''Alborada Gallega'' e o propio himno. Amais do seu labor como compositor, Pascual Veiga desempeñou un papel destacado na creación e dirección de conxuntos corais, polos que recibiu numerosos galardóns. En [[1882]] fundou na Coruña "El Nuevo Orfeón", que pouco despois mudaría o seu nome polo de [[Coral Polifónica El Eco]], a coral polifónica máis antiga de [[España]].<ref name="cidade"/><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2011/12/16/eco-130-anos-historia/0003_201112H16C8994.htm |título=El eco de 130 años de historia |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=16 de decembro de 2011 |dataacceso=23 de xullo de 2020 |lingua=es}}</ref>
Entre as súas obras máis coñecidas salientan a ''Alborada Gallega'' e o propio himno. Ademais do seu labor como compositor, Pascual Veiga desempeñou un labor destacado na creación e dirección de conxuntos corais, recibindo numerosos galardóns. En [[1882]] fundou na cidade da Coruña "El Nuevo Orfeón", que pouco despois mudaría o seu nome polo de [[Coral Polifónica El Eco]], sendo a coral polifónica máis antiga de [[España]].<ref name="cidade"/><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2011/12/16/eco-130-anos-historia/0003_201112H16C8994.htm |título=El eco de 130 años de historia |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=16 de decembro de 2011 |dataacceso=23 de xullo de 2020 |lingua=es}}</ref>


== Historia ==
== Historia ==
=== Antecedentes ===
=== Antecedentes ===
Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase a necesidade de posuír un himno nacional dende mediados do século XIX, como parte do proceso de recuperación e formación da conciencia nacional galega.{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=11}} Dende [[1808]] existía un himno galego, o ''Himno da Guerra de Independencia'' ou ''Himno do Batallón de Literarios'', composto na [[guerra da Independencia española]].<ref name="111anos"/>
As orixes da procura dun himno para Galicia remóntanse ao [[século XIX]], cando a maior parte dos países de [[Europa]] crearon, difundiron e oficializaron os seus respectivos himnos.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase esta necesidade de posuír un himno nacional dende mediados dese século como parte do proceso de recuperación e formación da consciencia nacional galega.{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=11}} Dende [[1808]] existía un himno galego, o ''Himno da Guerra de Independencia'' ou ''Himno do Batallón de Literarios'', composto na [[Guerra da Independencia española|guerra de independencia]].<ref name="111anos"/>


Dende [[1880]] viñéronse rexistrando numerosas propostas. Ese ano xurdiu a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país". Resultou gañador do premio un texto de [[Andrés Muruais]] musicado por [[Felipe Paz Carvajal]] e que comezaba:{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}<ref name="111anos"/>
Xa dende [[1880]] rexístranse numerosas propostas de creación dun himno galego, ano no que xorde a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país" que acabaría gañando un texto de [[Andrés Muruais]] ao que puxo música [[Felipe Paz Carvajal]] e que comezaba:{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}<ref name="111anos"/>


<div style="font-size:95%;">
<div style="font-size:95%;">
Liña 59: Liña 59:
</div>
</div>


Dese mesmo ano data a letra do ''Himno a Galicia'' do [[Padrón|padronés]] [[Manuel Vázquez Castro|Manuel Barros]]:<ref name="111anos"/>
Dese mesmo ano data a letra do ''Himno a Galicia'' do migrante [[Padrón|padronés]] [[Manuel Vázquez Castro|Manuel Barros]]:<ref name="111anos"/>


<div style="font-size:95%;">
<div style="font-size:95%;">
Liña 75: Liña 75:
</div>
</div>


Nesta época destaca o compositor coruñés [[Marcial del Adalid]], quen compuxera varios himnos orquestrais, entre eles a ''Marcha triunfal Galicia'', de 1881.<ref name="111anos"/>
Nestes primeiros exemplos tamén salienta a figura do destacado compositor coruñés [[Marcial del Adalid]], que compuxera varios himnos orquestrais, entre eles a súa ''Marcha triunfal Galicia'', datada en 1881, un ano despois da Exposición Rexional.<ref name="111anos"/>


=== Nacemento do himno de Pondal e Veiga ===
=== Nacemento do himno de Pondal e Veiga ===
''Os Pinos'' xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas anteriores, a partir dun certame celebrado na [[Coruña]] en [[agosto]] de [[1890]]. Foi convocado polo [[Orfeón Coruñés]] Nº 4, dirixido daquela por [[Pascual Veiga]], no que se premiaría a mellor “marcha regional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Veiga pedíralle ao poeta de [[Ponteceso]], considerado a figura lírica galega máis sobranceira trala morte de [[Rosalía de Castro]] en [[1885]], un texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=13}} Logo de varias redaccións, envioulle un primeiro texto que titulou ''[[Breogán]]''. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
''Os Pinos'' xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas que xurdiran anos atrás, a partir dun certame celebrado na [[Coruña]] en [[agosto]] de [[1890]] convocado polo [[Orfeón Coruñés]] Nº 4, dirixido daquela por [[Pascual Veiga]], o [[22 de maio]] dese mesmo ano, e no que se premiaría á mellor “marcha regional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Veiga pedira ao poeta [[Ponteceso|pontecesán]], considerado a figura máis sobranceira da poesía galega da época logo da morte de [[Rosalía de Castro|Rosalía]] en [[1885]], a creación dun texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=13}}


Estreouse na cidade da [[Habana]] o [[20 de decembro]] de [[1907]] e, ao igual que a [[bandeira de Galicia]], é froito da emigración. Desde [[1907]] até [[1923]], o himno galego foi cantado por [[Rexionalismo galego|rexionalistas]] e [[Agrarismo|agraristas]] nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o ''Himno da Acción Gallega''. Cando se prohibiu o uso durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera]], as [[sociedades galegas]] de [[América]] intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.
O texto definitivo publicouse xa como ''Os Pinos'' por primeira vez o [[22 de maio]] de 1890, nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir "a mellor Marcha Rexional Galega". O texto apareceu tamén n'''[[A Monteira (periódico)|A Monteira]]'' e en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' da [[Habana]]. Aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións derivan do texto que apareceu no número 18 da revista ''[[Galicia (A Habana)|Galicia]]'' da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola [[RAG]], de ''Queixumes dos pinos'', base das versións modernas do texto.


Logo do [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] que conduciu á [[guerra civil española]], e a vitoria franquista, o himno galego foio eliminado do espazo público en [[España]], mais mantívose precisamente onde nacera, na [[diáspora galega]], así como no [[Exilio galego de 1936|exilio]] que se produciu logo da contenda, existindo notas na prensa de interpretacións en [[Buenos Aires]], [[Montevideo]], [[A Habana]] ou [[Cidade de México]].<ref name="111anos">{{Cita novas |url=https://praza.gal/cultura/asi-naceu-o-himno-galego-111-anos-de-popularizacion-exilio-e-mais-ou-menos-estrofas |título=Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas |xornal=[[Praza.gal]] |data=20 de decembro de 2018 |nome=Marcos |apelidos=Pérez Pena |dataacceso=10 de xuño de 2020 |lingua=gl}}</ref> Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do [[franquismo]] en [[España]], e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto [[folclore galego]]. Dende [[1960]] comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos [[Ideoloxía|ideolóxicos]]. En concreto, cantábase só a primeira parte.
O himno, finalmente, estreouse na [[A Habana|Habana]] o [[20 de decembro]] de [[1907]]. Dende ese ano até [[1923]], foi cantado polo [[rexionalismo galego]] e o [[agrarismo]] nos seus actos. Acabou por ser aceptado e recoñecido por diante doutras propostas como o ''Himno da Acción Gallega''. Cando se prohibiu durante a [[ditadura de Primo de Rivera]], as [[sociedades galegas]] de [[América]] intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a [[Segunda República Española]] acadou certo grao de recoñecemento, malia non chegar a ter carácter oficial.


En [[1975]], mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este [[costume]] de xeito definitivo na [[praza da Quintana]], sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. Ao cabo, a maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da [[Eleccións Xerais 1977 en España|campaña electoral de 1977]].
Tralo [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]], a [[guerra civil española]] e a vitoria franquista, foi eliminado do espazo público en [[España]]. Porén, mantívose na [[diáspora galega]] e no [[Exilio galego de 1936|exilio]]. Segundo notas na prensa da época, houbo interpretacións deste en [[Buenos Aires]], [[Montevideo]], [[A Habana]] ou [[Cidade de México]].<ref name="111anos">{{Cita novas |url=https://praza.gal/cultura/asi-naceu-o-himno-galego-111-anos-de-popularizacion-exilio-e-mais-ou-menos-estrofas |título=Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas |xornal=[[Praza.gal]] |data=20 de decembro de 2018 |nome=Marcos |apelidos=Pérez Pena |dataacceso=10 de xuño de 2020 |lingua=gl}}</ref> Sufriu un rexeitamento frontal durante o [[franquismo]], e durante a etapa de aperturismo só se cantaba, como moito, en actos culturais como unha simple canción, unha de tantas do vasto [[folclore galego]]. Dende [[1960]] comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que só se cantaba a primeira parte, para disimular os seus aspectos [[Ideoloxía|ideolóxicos]].

En [[1975]], durante uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este [[costume]] de xeito definitivo na [[praza da Quintana]], mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. A maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da [[Eleccións Xerais 1977 en España|campaña electoral de 1977]].


A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o ''Coro Cantigas e Aturuxos'' de [[Lugo]] o [[19 de novembro]] de [[1918]].
A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o ''Coro Cantigas e Aturuxos'' de [[Lugo]] o [[19 de novembro]] de [[1918]].


En [[2002]], María Pilar Veiga González, neta de Pascual Veiga, entregoulle á [[Real Academia Galega]] a partitura orixinal do himno, xunto con outros documentos relacionados co compositor que a familia conservaba en [[Arxentina]].<ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2001/10/26/nieta-pascual-veiga-dona-galicia-partitura-original-himno-gallego/0003_804356.htm |título=Una nieta de Pascual Veiga dona a Galicia la partitura original del Himno Gallego |nome=R. |apelidos=García |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=26 de outubro de 2001 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref>
En [[2002]] María Pilar Veiga González, neta de Pascual Veiga, entregou á [[Real Academia Galega]] a partitura orixinal do himno xunto con uotros documentos relacionados co compositor mindoniense, que a familia conservaba en [[Arxentina]].<ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2001/10/26/nieta-pascual-veiga-dona-galicia-partitura-original-himno-gallego/0003_804356.htm |título=Una nieta de Pascual Veiga dona a Galicia la partitura original del Himno Gallego |nome=R. |apelidos=García |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=26 de outubro de 2001 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref>


=== Aniversarios ===
=== Aniversarios ===
O [[19 de decembro]] de [[2006]], con motivo do 25º aniversario do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]], durante a sesión do [[Parlamento de Galicia]] o [[Guitarra|guitarrista]] [[Vigo|vigués]] [[Cuchús Pimentel]] e o cantaor [[Xinzo de Limia|limego]] [[Delio Domínguez]] realizaron unha versión "flamenca" do himno. A interpretación provocou un enfrontamento dialéctico entre o [[Partido dos Socialistas de Galicia|PSdeG-PSOE]] e o [[Bloque Nacionalista Galego|BNG]], daquela socios de goberno. O [[Bloque Nacionalista Galego|Bloque]] esixiu que en futuras ocasións se respectase a versión clásica do himno. O seu voceiro, [[Carlos Aymerich]], chegou a afirmar que "[co [[Partido Popular de Galicia|PPdeG]]] había que poñerlle saias aos gaiteiros para disfrazalos de escoceses, e agora co PSOE parece que hai que arrincar por bulerías ou tocar con ritmos aflamencados". O entón [[presidente da Xunta]] [[Emilio Pérez Touriño]] asegurou que o himno "non está reñido con ningunha música" e que os actos contaban co acordo da Mesa do Parlamento, algo que Aymerich desmentiría con posterioridade. Pola súa banda, Delio Domínguez asegurou que "en absoluto foi unha versión flamenca".<ref>{{Cita novas |url=https://elpais.com/diario/2006/12/20/galicia/1166613491_850215.html |título=Himno gallego con aire flamenco |nome=Pablo |apelidos=López |xornal=[[El País]] |data=20 de decembro de 2006 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2006/12/21/version-flamenca-himno-gallego-enfrenta-psoe-bng/0003_5394399.htm |título=La versión flamenca del himno gallego enfrenta a PSOE y BNG |nome=Domingos |apelidos=Sampedro |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=21 de decembro de 206 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.youtube.com/watch?v=lzEztEIiqFU |título=Fragmento da "versión flamenca" do himno galego.}}</ref>
O [[19 de decembro]] de [[2006]], con motivo do 25º aniversario do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]], durante a sesión do [[Parlamento de Galicia]] o [[Guitarra|guitarrista]] [[Vigo|vigués]] [[Cuchús Pimentel]] e o cantaor de [[Xinzo de Limia]] [[Delio Domínguez]] realizaron unha "versión flamenca" do himno. A versión sorprendeu aos deputados, e provocou un enfrontamento dialéctico entre o [[Partido dos Socialistas de Galicia|PSdeG-PSOE]] e o [[Bloque Nacionalista Galego|BNG]], daquela socios de goberno. Os nacionalistas, desconformes coa versión interpretada, esixiron que en futuras ocasións respectárase a versión clásica do himno, e o seu portavoz [[Carlos Aymerich]] chegou a afirmar que "[co [[Partido Popular de Galicia|PPdeG]]] había que poñerlle saias aos gaiteiros para disfrazalos de escoceses, e agora co PSOE parece que hai que arrincar por bulerías ou tocar con ritmos aflamencados". O daquela [[presidente da Xunta]] [[Emilio Pérez Touriño]] asegurou que o himno "non está reñido con ningunha música" e que os actos conmemorativos polo aniversario contaban co acordo da Mesa do Parlamento, algo que Aimerich desmentiría con posterioridade. Pola súa banda, Delio Domínguez asegurou que "en absoluto foi unha versión flamenca".<ref>{{Cita novas |url=https://elpais.com/diario/2006/12/20/galicia/1166613491_850215.html |título=Himno gallego con aire flamenco |nome=Pablo |apelidos=López |xornal=[[El País]] |data=20 de decembro de 2006 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2006/12/21/version-flamenca-himno-gallego-enfrenta-psoe-bng/0003_5394399.htm |título=La versión flamenca del himno gallego enfrenta a PSOE y BNG |nome=Domingos |apelidos=Sampedro |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=21 de decembro de 206 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.youtube.com/watch?v=lzEztEIiqFU |título=Fragmento da "versión flamenca" do himno galego.}}</ref>

En [[2017]] conmemorouse o centenario da estrea do himno galego en Cuba nun acto celebrado no [[Instituto José Cornide]] da [[Coruña]].<ref>{{Cita novas |url=https://praza.gal/cultura/a-academia-celebra-o-110o-aniversario-da-estrea-do-himno-na-habana |título=A Academia celebra o 110º aniversario da estrea do Himno na Habana |xornal=[[Praza.gal]] |data=20 de decembro de 2018 |dataacceso=10 de xuño de 2020 |lingua=gl}}</ref> O [[31 de maio]] dese mesmo ano presentouse en [[Santiago de Compostela]] o documental ''O Himno por Andrea Pousa'', no que se revisa e analiza o himno galego a través de entrevistas con fundacións e personalidades da cultura e a lingua galega.<ref>{{Cita novas |url=https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/746199/crece-numero-companias-teatro-danza-abren-salas-conciertos |título=El himno gallego pasa una revisión por su ciento décimo aniversario |xornal=galiciapress.es |data=31 de maio de 2017 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref>

== Xénese e motivos do texto ==
O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron [[Eduardo Pondal]] e [[Pascual Veiga]] en [[1890]], no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso de que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envioulle un primeiro texto que titulou ''[[Breogán]]''. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.


O texto definitivo publicouse xa como ''Os Pinos'' por primeira vez o [[22 de maio]] de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'''[[A Monteira (periódico)|A Monteira]]'' e en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'' da [[Habana]]. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista ''[[Galicia (A Habana)|Galicia]]'' da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola [[RAG]], de ''Queixumes dos pinos'', base das versións modernas do texto.
En [[2017]] celebrouse o 110º aniversario da estrea do himno galego en [[Cuba]], nun acto celebrado no [[Instituto José Cornide]] da [[Coruña]].<ref>{{Cita novas |url=https://praza.gal/cultura/a-academia-celebra-o-110o-aniversario-da-estrea-do-himno-na-habana |título=A Academia celebra o 110º aniversario da estrea do Himno na Habana |xornal=[[Praza.gal]] |data=20 de decembro de 2018 |dataacceso=10 de xuño de 2020 |lingua=gl}}</ref> O [[31 de maio]] dese ano presentouse en [[Santiago de Compostela|Compostela]] o documental ''O Himno por Andrea Pousa'', que revisa e analiza o himno a través de entrevistas con fundacións e personalidades da cultura e a lingua galega.<ref>{{Cita novas |url=https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/746199/crece-numero-companias-teatro-danza-abren-salas-conciertos |título=El himno gallego pasa una revisión por su ciento décimo aniversario |xornal=galiciapress.es |data=31 de maio de 2017 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref>


O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara á liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o [[pobo galego]] como [[nación|entidade nacional]] histórica.
== Motivos do texto ==


O motivo central é que Galiza debe acordar do seu "sono" (apatía política) e emprender o camiño cara á liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, é dicir, a voz do [[pobo galego]] como [[nación]] histórica. O nome do país non figura en ningures, como é habitual en Pondal, senón que se fan referencias metafóricas ao "[[Nazón de Breogán|Fogar]]" e á "[[Nazón de Breogán]]".
O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "[[Nazón de Breogán|Fogar]]" e á "[[Nazón de Breogán]]".


Amais do [[celta (cultura)|celtismo]] e do [[helenismo]] pondalianos, a capacidade do himno para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais contribuiu ao seu éxito.
Ademais do [[celta (cultura)|celtismo]] e do [[helenismo]] sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.


== Letra ==
== Letra ==
[[Ficheiro:Lugo 05-21c.JPG|miniatura|300px|Placa na Praza Maior de Lugo.]]
[[Ficheiro:Lugo 05-21c.JPG|miniatura|300px|Placa na praza maior de Lugo.]]
[[Ficheiro:Os Pinos coral de Ruada en Trasalba.ogg|dereita|miniatura|Interpretación do himno galego pola [[Coral de Ruada]] na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018.]]
[[Ficheiro:Os Pinos coral de Ruada en Trasalba.ogg|dereita|miniatura|Interpretación do himno galego pola [[Coral de Ruada]] na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018.]]
En [[1890]], cando foi escrito o poema orixinal, non existía unha norma ortográfica estabelecida da [[lingua galega]]. A letra do himno oficializada en [[1981]] seguiu a normativa ortográfica vixente naquela altura ([[Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego]]), polo que existen certas diferenzas gráficas entre a versión orixinal do poema de [[Eduardo Pondal]], a letra oficial do himno, e a versión actual.
En [[1890]], cando foi escrito o poema orixinal, aínda non existía unha norma ortográfica establecida do idioma galego. A letra do himno oficializada en [[1984]] seguiu a normativa ortográfica vixente naquela altura ([[Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego]]), polo que existen certas diferenzas gráficas entre a versión orixinal do poema de [[Eduardo Pondal]], a letra oficial do himno e a escrita consonte a ortografía actual.
<div style="font-size:95%;">
<div style="font-size:95%;">
{|
{|
Liña 148: Liña 151:


| valign="top" width="50%" |
| valign="top" width="50%" |
'''Letra oficial do himno (1981)'''<ref>{{Cita web|título=O himno|url=https://www.xunta.gal/o-himno-de-galicia?langId=gl_ES|páxina-web=Xunta de Galicia|data=2009-01-10|data-acceso=2020-09-26|lingua=gl|nome=Xunta de|apelidos=Galicia}}</ref>
'''Letra oficial do himno (1984)'''<ref>{{Cita web|título=O himno|url=https://www.xunta.gal/o-himno-de-galicia?langId=gl_ES|páxina-web=Xunta de Galicia|data=2009-01-10|data-acceso=2020-09-26|lingua=gl|nome=Xunta de|apelidos=Galicia}}</ref>
:Que din os rumorosos
:Que din os rumorosos
:na costa verdecente,
:na costa verdecente,
Liña 186: Liña 189:
|}
|}
</div>
</div>

A letra orixinal de 1890 foi o primeiro texto que se publicou d'''Os Pinos'', que apareceu o [[22 de maio]] de [[1890]] no folleto coas obras presentadas ao certame musical convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga. A letra do himno actual presenta varios axustes ortográficos e unha diverxencia semántica respecto do poema orixinal: a substitución de ''clan'' por ''chan'' no cuarto verso da segunda estrofa.

Así mesmo, a letra oficial afástase da ortografía e morfoloxía vixentes nunha serie de termos: ''prácido'' por ''plácido'', ''valeroso'' por ''valoroso'', ''des'' por ''deas'', ''desperta'' por ''esperta'', ''ronco'' por ''rouco'', ''máis'' por ''mais'', ''sóo'' por ''só'', ''iñorantes'' por ''ignorantes'', ''edades'' por ''idades'', ''vaguedades'' por ''vaguidades'', ''donde'' por ''onde'', ''redenzón'' por ''redención'' e ''nazón'' por ''nación''. No plano léxico, o [[dicionario da Real Academia Galega]] non recolle os termos ''verdecente'' e ''férido'', que si aparecen noutros [[Dicionario|dicionarios]], mentres que ''encono'' é un [[Castelanismos léxicos|castelanismo]] que non existe no galego.


== Notas ==
== Notas ==
Liña 194: Liña 201:
{{Wikisource|Himno galego, 1890|Himno galego, 1890}}
{{Wikisource|Himno galego, 1890|Himno galego, 1890}}
{{Wikisource|Lei de símbolos de Galicia|Lei de símbolos de Galicia}}
{{Wikisource|Lei de símbolos de Galicia|Lei de símbolos de Galicia}}

=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |nome=Baldomero |apelidos=Cores Trasmonte |ligazónautor=Baldomero Cores Trasmonte |título=Los Símbolos Gallegos |lugar=[[Santiago de Compostela]] |data=1986 |editorial=Velograf |isbn=84-398-4657-6 |lingua=es}}
* {{Cita libro |nome=Baldomero |apelidos=Cores Trasmonte |ligazónautor=Baldomero Cores Trasmonte |título=Los Símbolos Gallegos |lugar=[[Santiago de Compostela]] |data=1986 |editorial=Velograf |isbn=84-398-4657-6 |lingua=es}}

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2021 ás 21:28

Os Pinos
Os Pinos
Primeiros compases da introdución do himno galego.
Himno deGalicia Galicia
LetraEduardo Pondal
1907
MúsicaPascual Veiga
1907
Adoptado1981
A bandeira de Galiza.

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886)[1], concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Os autores

Eduardo Pondal, a letra

Eduardo Pondal, autor da letra.
Artigo principal: Eduardo Pondal.

Pascual Veiga, a música

Pascual Veiga, autor da música.
Artigo principal: Pascual Veiga.

Pascual Veiga Iglesias naceu en Mondoñedo o 9 de abril de 1842. Foi precisamente na súa cidade natal onde tivo os seus primeiros contactos coa música, sendo admitido como Neno de Coro da catedral en 1852, daquela dirixido por José Pacheco Basanta. Posteriormente recibiu formación como organista con Tomas Burón e Rafael Tefall. Precisamente, ao trasladarse á Coruña en 1864 conseguiu un posto como organista na Colexiata de Santa María. En 1896 foi nomeado profesor do Conservatorio Nacional de Música, polo que se trasladou a Madrid, cidade na que faleceu o 12 de xullo de 1906, seis meses antes da estrea do Himno galego na Habana.[2]

Entre as súas obras máis coñecidas salientan a Alborada Gallega e o propio himno. Ademais do seu labor como compositor, Pascual Veiga desempeñou un labor destacado na creación e dirección de conxuntos corais, recibindo numerosos galardóns. En 1882 fundou na cidade da Coruña "El Nuevo Orfeón", que pouco despois mudaría o seu nome polo de Coral Polifónica El Eco, sendo a coral polifónica máis antiga de España.[2][3]

Historia

Antecedentes

As orixes da procura dun himno para Galicia remóntanse ao século XIX, cando a maior parte dos países de Europa crearon, difundiron e oficializaron os seus respectivos himnos.[4] Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase esta necesidade de posuír un himno nacional dende mediados dese século como parte do proceso de recuperación e formación da consciencia nacional galega.[5] Dende 1808 existía un himno galego, o Himno da Guerra de Independencia ou Himno do Batallón de Literarios, composto na guerra de independencia.[6]

Xa dende 1880 rexístranse numerosas propostas de creación dun himno galego, ano no que xorde a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país" que acabaría gañando un texto de Andrés Muruais ao que puxo música Felipe Paz Carvajal e que comezaba:[4][6]

Hirmans, con entusiasmo
Cantemos a Galicia
Pra nós outra delicia
Com’ ela xa non hay

Dese mesmo ano data a letra do Himno a Galicia do migrante padronés Manuel Barros:[6]

Erte é escoita, Galicia adorada
d'os teus fillos o doce cantar
Erte é escoita, que bril' a alborada
d'o gran dia que n' ha de pasar
Longos siglos chorando te viron
sentadiña n'a veira d'o mar
E as ondiñas mil veces ch' oiron
libertá, libertá sospirar".

Nestes primeiros exemplos tamén salienta a figura do destacado compositor coruñés Marcial del Adalid, que compuxera varios himnos orquestrais, entre eles a súa Marcha triunfal Galicia, datada en 1881, un ano despois da Exposición Rexional.[6]

Nacemento do himno de Pondal e Veiga

Os Pinos xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas que xurdiran anos atrás, a partir dun certame celebrado na Coruña en agosto de 1890 convocado polo Orfeón Coruñés Nº 4, dirixido daquela por Pascual Veiga, o 22 de maio dese mesmo ano, e no que se premiaría á mellor “marcha regional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.[4] Veiga pedira ao poeta pontecesán, considerado a figura máis sobranceira da poesía galega da época logo da morte de Rosalía en 1885, a creación dun texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.[4][7]

Estreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual que a bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o Himno da Acción Gallega. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a Segunda República acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que conduciu á guerra civil española, e a vitoria franquista, o himno galego foio eliminado do espazo público en España, mais mantívose precisamente onde nacera, na diáspora galega, así como no exilio que se produciu logo da contenda, existindo notas na prensa de interpretacións en Buenos Aires, Montevideo, A Habana ou Cidade de México.[6] Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do franquismo en España, e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.

En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na praza da Quintana, sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. Ao cabo, a maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da campaña electoral de 1977.

A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo o 19 de novembro de 1918.

En 2002 María Pilar Veiga González, neta de Pascual Veiga, entregou á Real Academia Galega a partitura orixinal do himno xunto con uotros documentos relacionados co compositor mindoniense, que a familia conservaba en Arxentina.[8]

Aniversarios

O 19 de decembro de 2006, con motivo do 25º aniversario do Estatuto de autonomía de Galicia, durante a sesión do Parlamento de Galicia o guitarrista vigués Cuchús Pimentel e o cantaor de Xinzo de Limia Delio Domínguez realizaron unha "versión flamenca" do himno. A versión sorprendeu aos deputados, e provocou un enfrontamento dialéctico entre o PSdeG-PSOE e o BNG, daquela socios de goberno. Os nacionalistas, desconformes coa versión interpretada, esixiron que en futuras ocasións respectárase a versión clásica do himno, e o seu portavoz Carlos Aymerich chegou a afirmar que "[co PPdeG] había que poñerlle saias aos gaiteiros para disfrazalos de escoceses, e agora co PSOE parece que hai que arrincar por bulerías ou tocar con ritmos aflamencados". O daquela presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño asegurou que o himno "non está reñido con ningunha música" e que os actos conmemorativos polo aniversario contaban co acordo da Mesa do Parlamento, algo que Aimerich desmentiría con posterioridade. Pola súa banda, Delio Domínguez asegurou que "en absoluto foi unha versión flamenca".[9][10][11]

En 2017 conmemorouse o centenario da estrea do himno galego en Cuba nun acto celebrado no Instituto José Cornide da Coruña.[12] O 31 de maio dese mesmo ano presentouse en Santiago de Compostela o documental O Himno por Andrea Pousa, no que se revisa e analiza o himno galego a través de entrevistas con fundacións e personalidades da cultura e a lingua galega.[13]

Xénese e motivos do texto

O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso de que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envioulle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.

O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto.

O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara á liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacional histórica.

O nome do país non figura en ningures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón de Breogán".

Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

Letra

Placa na praza maior de Lugo.
Interpretación do himno galego pola Coral de Ruada na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018.

En 1890, cando foi escrito o poema orixinal, aínda non existía unha norma ortográfica establecida do idioma galego. A letra do himno oficializada en 1984 seguiu a normativa ortográfica vixente naquela altura (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego), polo que existen certas diferenzas gráficas entre a versión orixinal do poema de Eduardo Pondal, a letra oficial do himno e a escrita consonte a ortografía actual.

Poema orixinal de Pondal (1890)[14]

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?
Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.

Letra oficial do himno (1984)[15]

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

A letra orixinal de 1890 foi o primeiro texto que se publicou d'Os Pinos, que apareceu o 22 de maio de 1890 no folleto coas obras presentadas ao certame musical convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga. A letra do himno actual presenta varios axustes ortográficos e unha diverxencia semántica respecto do poema orixinal: a substitución de clan por chan no cuarto verso da segunda estrofa.

Así mesmo, a letra oficial afástase da ortografía e morfoloxía vixentes nunha serie de termos: prácido por plácido, valeroso por valoroso, des por deas, desperta por esperta, ronco por rouco, máis por mais, sóo por , iñorantes por ignorantes, edades por idades, vaguedades por vaguidades, donde por onde, redenzón por redención e nazón por nación. No plano léxico, o dicionario da Real Academia Galega non recolle os termos verdecente e férido, que si aparecen noutros dicionarios, mentres que encono é un castelanismo que non existe no galego.

Notas

  1. Eduardo Pondal. Fondos da Real Academia Galega, ed. "Queixumes dos pinos" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2009. 
  2. 2,0 2,1 "Veiga Iglesias". La Ciudad Gallega de los Músicos. Fundación Barrié. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  3. "El eco de 130 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2011. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Ferreiro Fernández 2008, p. 51.
  5. Ferreiro 2007, p. 11.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Pérez Pena, Marcos (20 de decembro de 2018). "Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas". Praza.gal. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  7. Ferreiro 2007, p. 13.
  8. García, R. (26 de outubro de 2001). "Una nieta de Pascual Veiga dona a Galicia la partitura original del Himno Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  9. López, Pablo (20 de decembro de 2006). "Himno gallego con aire flamenco". El País (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  10. Sampedro, Domingos (21 de decembro de 206). "La versión flamenca del himno gallego enfrenta a PSOE y BNG". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  11. "Fragmento da "versión flamenca" do himno galego.". 
  12. "A Academia celebra o 110º aniversario da estrea do Himno na Habana". Praza.gal. 20 de decembro de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  13. "El himno gallego pasa una revisión por su ciento décimo aniversario". galiciapress.es (en castelán). 31 de maio de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  14. "Himno galego, 1890 - Wikisource". gl.wikisource.org. Consultado o 2020-09-26. 
  15. Galicia, Xunta de (2009-01-10). "O himno". Xunta de Galicia. Consultado o 2020-09-26. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas