Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiqueta: Revertida
Piquito (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5891251 de Iria.cestmoi (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 29: Liña 29:
|dataarquivo = 11 de xaneiro de 2012
|dataarquivo = 11 de xaneiro de 2012
|urlmorta = yes
|urlmorta = yes
}}</ref>, concretamente das dúas primeiras estrofas, con música de [[Pascual Veiga]]. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981]].
}}</ref>, concretamente das dúas primeiras partes, con música de [[Pascual Veiga]]. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981]].


== Antecedentes ==
== Os autores ==
=== Eduardo Pondal, a letra ===
Nos círculos nacionalistas de Galiza sentíase e debatíase a necesidade de posuír un himno nacional dende mediados do século XIX, como parte do proceso de recuperación e formación da conciencia nacional galega.{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=11}} Dende [[1808]] existía un himno galego, o ''Himno da Guerra de Independencia'' ou ''Himno do Batallón de Literarios'', composto na [[guerra da Independencia española]].<ref name="111anos"/>
[[Ficheiro:Eduardopondal.jpg|miniatura|Eduardo Pondal, autor da letra.]]
{{AP|Eduardo Pondal}}

=== Pascual Veiga, a música ===
[[Ficheiro:Pascual Veiga Iglesias.jpg|miniatura|[[Pascual Veiga]], autor da música.]]
{{AP|Pascual Veiga}}
Pascual Veiga Iglesias naceu en [[Mondoñedo]] o [[9 de abril]] de [[1842]]. Foi na súa vila natal onde tivo os primeiros contactos coa música. Foi admitido como Neno de Coro da [[Catedral de Mondoñedo]] en [[1852]], daquela dirixido por José Pacheco Basanta. Posteriormente recibiu formación como [[Órgano (instrumento musical)|organista]] con Tomas Burón e Rafael Tefall. De feito, ao trasladarse á [[A Coruña|Coruña]] en [[1864]] conseguiu un posto como organista na [[Colexiata de Santa María do Campo]]. En [[1896]] foi nomeado profesor do [[Real Conservatorio Superior de Música de Madrid|Conservatorio Nacional de Música]], polo que se trasladou a [[Madrid]]. Alí faleceu o [[12 de xullo]] de [[1906]], seis meses antes da estrea do ''Himno galego'' na [[A Habana|Habana]].<ref name="cidade">{{Cita web |url=http://www.laciudadgallegadelosmusicos.com/gl/compositores.php?var1=Barrio%20do%20romanticismo&var2=Obelisco%20de%20Cant%F3n%20Grande%20na%20Coru%F1a&nar1=49&nar2=72 |título=Veiga Iglesias |obra=La Ciudad Gallega de los Músicos |editorial=[[Fundación Barrié]] |dataacceso=23 de xullo de 2020 |lingua=gl}}</ref>

Entre as súas obras máis coñecidas salientan a ''Alborada Gallega'' e o propio himno. Amais do seu labor como compositor, Pascual Veiga desempeñou un papel destacado na creación e dirección de conxuntos corais, polos que recibiu numerosos galardóns. En [[1882]] fundou na Coruña "El Nuevo Orfeón", que pouco despois mudaría o seu nome polo de [[Coral Polifónica El Eco]], a coral polifónica máis antiga de [[España]].<ref name="cidade"/><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2011/12/16/eco-130-anos-historia/0003_201112H16C8994.htm |título=El eco de 130 años de historia |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=16 de decembro de 2011 |dataacceso=23 de xullo de 2020 |lingua=es}}</ref>

== Historia ==
=== Antecedentes ===
Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase a necesidade de posuír un himno nacional dende mediados do século XIX, como parte do proceso de recuperación e formación da conciencia nacional galega.{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=11}} Dende [[1808]] existía un himno galego, o ''Himno da Guerra de Independencia'' ou ''Himno do Batallón de Literarios'', composto na [[guerra da Independencia española]].<ref name="111anos"/>


Dende [[1880]] viñéronse rexistrando numerosas propostas. Ese ano xurdiu a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país". Resultou gañador do premio un texto de [[Andrés Muruais]] musicado por [[Felipe Paz Carvajal]] e que comezaba:{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}<ref name="111anos"/>
Dende [[1880]] viñéronse rexistrando numerosas propostas. Ese ano xurdiu a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país". Resultou gañador do premio un texto de [[Andrés Muruais]] musicado por [[Felipe Paz Carvajal]] e que comezaba:{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}<ref name="111anos"/>
Liña 65: Liña 78:


=== Nacemento do himno de Pondal e Veiga ===
=== Nacemento do himno de Pondal e Veiga ===
[[Ficheiro:Eduardopondal.jpg|miniatura|Eduardo Pondal, autor da letra.]]
{{AP|Eduardo Pondal}}

[[Ficheiro:Pascual Veiga Iglesias.jpg|miniatura|[[Pascual Veiga]], autor da música.]]
{{AP|Pascual Veiga}}

''Os Pinos'' xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas anteriores, a partir dun certame celebrado na [[Coruña]] en [[agosto]] de [[1890]]. Foi convocado polo [[Orfeón Coruñés]] Nº 4, dirixido daquela por [[Pascual Veiga]], no que se premiaría a mellor “marcha regional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Veiga pedíralle ao poeta de [[Ponteceso]], considerado a figura lírica galega máis sobranceira trala morte de [[Rosalía de Castro]] en [[1885]], un texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=13}} Logo de varias redaccións, envioulle un primeiro texto que titulou ''[[Breogán]]''. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
''Os Pinos'' xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas anteriores, a partir dun certame celebrado na [[Coruña]] en [[agosto]] de [[1890]]. Foi convocado polo [[Orfeón Coruñés]] Nº 4, dirixido daquela por [[Pascual Veiga]], no que se premiaría a mellor “marcha regional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Veiga pedíralle ao poeta de [[Ponteceso]], considerado a figura lírica galega máis sobranceira trala morte de [[Rosalía de Castro]] en [[1885]], un texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=13}} Logo de varias redaccións, envioulle un primeiro texto que titulou ''[[Breogán]]''. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.



Revisión como estaba o 14 de outubro de 2021 ás 21:28

Os Pinos
Os Pinos
Primeiros compases da introdución do himno galego.
Himno deGalicia Galicia
LetraEduardo Pondal
1907
MúsicaPascual Veiga
1907
Adoptado1981
A bandeira de Galiza.

Os Pinos é o himno de Galiza. Trátase dun texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído dende 1935 nas edicións do poemario Queixumes dos pinos (1886)[1], concretamente das dúas primeiras partes, con música de Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Os autores

Eduardo Pondal, a letra

Eduardo Pondal, autor da letra.
Artigo principal: Eduardo Pondal.

Pascual Veiga, a música

Pascual Veiga, autor da música.
Artigo principal: Pascual Veiga.

Pascual Veiga Iglesias naceu en Mondoñedo o 9 de abril de 1842. Foi na súa vila natal onde tivo os primeiros contactos coa música. Foi admitido como Neno de Coro da Catedral de Mondoñedo en 1852, daquela dirixido por José Pacheco Basanta. Posteriormente recibiu formación como organista con Tomas Burón e Rafael Tefall. De feito, ao trasladarse á Coruña en 1864 conseguiu un posto como organista na Colexiata de Santa María do Campo. En 1896 foi nomeado profesor do Conservatorio Nacional de Música, polo que se trasladou a Madrid. Alí faleceu o 12 de xullo de 1906, seis meses antes da estrea do Himno galego na Habana.[2]

Entre as súas obras máis coñecidas salientan a Alborada Gallega e o propio himno. Amais do seu labor como compositor, Pascual Veiga desempeñou un papel destacado na creación e dirección de conxuntos corais, polos que recibiu numerosos galardóns. En 1882 fundou na Coruña "El Nuevo Orfeón", que pouco despois mudaría o seu nome polo de Coral Polifónica El Eco, a coral polifónica máis antiga de España.[2][3]

Historia

Antecedentes

Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase a necesidade de posuír un himno nacional dende mediados do século XIX, como parte do proceso de recuperación e formación da conciencia nacional galega.[4] Dende 1808 existía un himno galego, o Himno da Guerra de Independencia ou Himno do Batallón de Literarios, composto na guerra da Independencia española.[5]

Dende 1880 viñéronse rexistrando numerosas propostas. Ese ano xurdiu a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país". Resultou gañador do premio un texto de Andrés Muruais musicado por Felipe Paz Carvajal e que comezaba:[6][5]

Hirmans, con entusiasmo
Cantemos a Galicia
Pra nós outra delicia
Com’ ela xa non hay

Dese mesmo ano data a letra do Himno a Galicia do padronés Manuel Barros:[5]

Erte é escoita, Galicia adorada
d'os teus fillos o doce cantar
Erte é escoita, que bril' a alborada
d'o gran dia que n' ha de pasar
Longos siglos chorando te viron
sentadiña n'a veira d'o mar
E as ondiñas mil veces ch' oiron
libertá, libertá sospirar".

Nesta época destaca o compositor coruñés Marcial del Adalid, quen compuxera varios himnos orquestrais, entre eles a Marcha triunfal Galicia, de 1881.[5]

Nacemento do himno de Pondal e Veiga

Os Pinos xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas anteriores, a partir dun certame celebrado na Coruña en agosto de 1890. Foi convocado polo Orfeón Coruñés Nº 4, dirixido daquela por Pascual Veiga, no que se premiaría a mellor “marcha regional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.[6] Veiga pedíralle ao poeta de Ponteceso, considerado a figura lírica galega máis sobranceira trala morte de Rosalía de Castro en 1885, un texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.[6][7] Logo de varias redaccións, envioulle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.

O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890, nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº 4 da Coruña para elixir "a mellor Marcha Rexional Galega". O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Aínda que houbo ensaios, o himno non se chegou a interpretar. A maioría das versións derivan do texto que apareceu no número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto.

O himno, finalmente, estreouse na Habana o 20 de decembro de 1907. Dende ese ano até 1923, foi cantado polo rexionalismo galego e o agrarismo nos seus actos. Acabou por ser aceptado e recoñecido por diante doutras propostas como o Himno da Acción Gallega. Cando se prohibiu durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a Segunda República Española acadou certo grao de recoñecemento, malia non chegar a ter carácter oficial.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a guerra civil española e a vitoria franquista, foi eliminado do espazo público en España. Porén, mantívose na diáspora galega e no exilio. Segundo notas na prensa da época, houbo interpretacións deste en Buenos Aires, Montevideo, A Habana ou Cidade de México.[5] Sufriu un rexeitamento frontal durante o franquismo, e durante a etapa de aperturismo só se cantaba, como moito, en actos culturais como unha simple canción, unha de tantas do vasto folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que só se cantaba a primeira parte, para disimular os seus aspectos ideolóxicos.

En 1975, durante uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na praza da Quintana, mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. A maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da campaña electoral de 1977.

A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo o 19 de novembro de 1918.

En 2002, María Pilar Veiga González, neta de Pascual Veiga, entregoulle á Real Academia Galega a partitura orixinal do himno, xunto con outros documentos relacionados co compositor que a familia conservaba en Arxentina.[8]

Aniversarios

O 19 de decembro de 2006, con motivo do 25º aniversario do Estatuto de autonomía de Galicia, durante a sesión do Parlamento de Galicia o guitarrista vigués Cuchús Pimentel e o cantaor limego Delio Domínguez realizaron unha versión "flamenca" do himno. A interpretación provocou un enfrontamento dialéctico entre o PSdeG-PSOE e o BNG, daquela socios de goberno. O Bloque esixiu que en futuras ocasións se respectase a versión clásica do himno. O seu voceiro, Carlos Aymerich, chegou a afirmar que "[co PPdeG] había que poñerlle saias aos gaiteiros para disfrazalos de escoceses, e agora co PSOE parece que hai que arrincar por bulerías ou tocar con ritmos aflamencados". O entón presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño asegurou que o himno "non está reñido con ningunha música" e que os actos contaban co acordo da Mesa do Parlamento, algo que Aymerich desmentiría con posterioridade. Pola súa banda, Delio Domínguez asegurou que "en absoluto foi unha versión flamenca".[9][10][11]

En 2017 celebrouse o 110º aniversario da estrea do himno galego en Cuba, nun acto celebrado no Instituto José Cornide da Coruña.[12] O 31 de maio dese ano presentouse en Compostela o documental O Himno por Andrea Pousa, que revisa e analiza o himno a través de entrevistas con fundacións e personalidades da cultura e a lingua galega.[13]

Motivos do texto

O motivo central é que Galiza debe acordar do seu "sono" (apatía política) e emprender o camiño cara á liberación. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, é dicir, a voz do pobo galego como nación histórica. O nome do país non figura en ningures, como é habitual en Pondal, senón que se fan referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón de Breogán".

Amais do celtismo e do helenismo pondalianos, a capacidade do himno para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais contribuiu ao seu éxito.

Letra

Placa na Praza Maior de Lugo.
Interpretación do himno galego pola Coral de Ruada na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018.

En 1890, cando foi escrito o poema orixinal, non existía unha norma ortográfica estabelecida da lingua galega. A letra do himno oficializada en 1981 seguiu a normativa ortográfica vixente naquela altura (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego), polo que existen certas diferenzas gráficas entre a versión orixinal do poema de Eduardo Pondal, a letra oficial do himno, e a versión actual.

Poema orixinal de Pondal (1890)[14]

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?
Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.

Letra oficial do himno (1981)[15]

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Notas

  1. Eduardo Pondal. Fondos da Real Academia Galega, ed. "Queixumes dos pinos" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2009. 
  2. 2,0 2,1 "Veiga Iglesias". La Ciudad Gallega de los Músicos. Fundación Barrié. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  3. "El eco de 130 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2011. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  4. Ferreiro 2007, p. 11.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Pérez Pena, Marcos (20 de decembro de 2018). "Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas". Praza.gal. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Ferreiro Fernández 2008, p. 51.
  7. Ferreiro 2007, p. 13.
  8. García, R. (26 de outubro de 2001). "Una nieta de Pascual Veiga dona a Galicia la partitura original del Himno Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  9. López, Pablo (20 de decembro de 2006). "Himno gallego con aire flamenco". El País (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  10. Sampedro, Domingos (21 de decembro de 206). "La versión flamenca del himno gallego enfrenta a PSOE y BNG". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  11. "Fragmento da "versión flamenca" do himno galego.". 
  12. "A Academia celebra o 110º aniversario da estrea do Himno na Habana". Praza.gal. 20 de decembro de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  13. "El himno gallego pasa una revisión por su ciento décimo aniversario". galiciapress.es (en castelán). 31 de maio de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  14. "Himno galego, 1890 - Wikisource". gl.wikisource.org. Consultado o 2020-09-26. 
  15. Galicia, Xunta de (2009-01-10). "O himno". Xunta de Galicia. Consultado o 2020-09-26. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas