Wellington Koo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
minúsculas; facía iso de secretario con dominio da lingua inglesa; non era un cargo.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
entendido como ministro plenipotenciario
Liña 6: Liña 6:
Nacido en [[Shangai]] en [[1887]], foi ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1904]] e estudou a cultura occidental para axudar a China co problema do [[imperialismo]]. Falaba un inglés fluído, e interesouse pola posición da China na sociedade internacional.
Nacido en [[Shangai]] en [[1887]], foi ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1904]] e estudou a cultura occidental para axudar a China co problema do [[imperialismo]]. Falaba un inglés fluído, e interesouse pola posición da China na sociedade internacional.


Koo asistiu á [[Universidade Saint John de Shangai]] e á [[Universidade de Columbia]], onde foi membro da [[Philolexian Society]], un club literario e de debate. En 1912, Koo recibiu o seu título en leis internacionais e diplomacia pola [[Universidade de Columbia]]. Inmediatamente, volveu a China para servir á nova [[República da China]] como o secretario de lingua inglesa do Presidente Yuan Shikai. En 1915, Koo foi feito Ministro da China para os Estados Unidos.
Koo asistiu á [[Universidade Saint John de Shangai]] e á [[Universidade de Columbia]], onde foi membro da [[Philolexian Society]], un club literario e de debate. En 1912, Koo recibiu o seu título en leis internacionais e diplomacia pola [[Universidade de Columbia]]. Inmediatamente, volveu a China para servir á nova [[República da China]] como o secretario de lingua inglesa do Presidente Yuan Shikai. En 1915, Koo converteuse en ministro da China nos Estados Unidos.


En [[1919]], foi un dos delegados chineses na [[Conferencia de Paz de París de 1919|Conferencia de Paz de París]], polo que e maiormente coñecido. Antes de que o fixeran os poderes occidentais, xa pedía que Xapón devolvese [[Shangdong]] a China. Tamén lles pediu ós países occidentais que remataran con tódalas institucións imperialistas como a extraterritorialidade, o control de tarifas, protección de legados e paro de préstamos. Os poderes occidentais rexeitaron as súas peticións e, en consecuencia, a delegación da China foi a única que non asinou o [[Tratado de Versalles]] na cerimonia de asinamento.
En [[1919]], foi un dos delegados chineses na [[Conferencia de Paz de París de 1919|Conferencia de Paz de París]], polo que e maiormente coñecido. Antes de que o fixeran os poderes occidentais, xa pedía que Xapón devolvese [[Shangdong]] a China. Tamén lles pediu ós países occidentais que remataran con tódalas institucións imperialistas como a extraterritorialidade, o control de tarifas, protección de legados e paro de préstamos. Os poderes occidentais rexeitaron as súas peticións e, en consecuencia, a delegación da China foi a única que non asinou o [[Tratado de Versalles]] na cerimonia de asinamento.

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2021 ás 15:01

Infotaula de personaWellington Koo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 顧維鈞 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Jiading, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFerncliff Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vice President of the International Court of Justice (en) Traducir
1964 – 1967
← Ricardo Joaquín Alfaro Jované (en) TraducirVolodymyr Koretskyi (en) Traducir →
Judge of the International Court of Justice (en) Traducir
1957 – 1967
Premier of the Republic of China (en) Traducir
1 de outubro de 1926 – 16 de xuño de 1927
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTaiwán (1949–1985)
República da China (1912–1949)
Dinastía Qing (1888–1912) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
St. John's University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C.
París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxuíz , xurista , diplomático , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Partido políticoKuomintang Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuliana Koo (pt) Traducir (1959–1985), morte
Oei Hui-lan (en) Traducir (1920–1959), divorcio
May Pao-yu Tong (en) Traducir (1914–1918), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosWellington Koo Jr. (en) Traducir
 () Oei Hui-lan (en) Traducir
Fu-chang Freeman Koo (en) Traducir
 () Oei Hui-lan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Koo-2

Vi Kyuin Wellington Koo (Chinés: 顾维钧;Pinyin: Gù Wéijūn; Wade-Giles: Ku Wei-chün) (29 de xaneiro de 188714 de novembro de 1985) foi un diplomático chinés, e representante do seu país na Conferencia de Paz de París de 1919.

Traxectoria

Nacido en Shangai en 1887, foi ós Estados Unidos en 1904 e estudou a cultura occidental para axudar a China co problema do imperialismo. Falaba un inglés fluído, e interesouse pola posición da China na sociedade internacional.

Koo asistiu á Universidade Saint John de Shangai e á Universidade de Columbia, onde foi membro da Philolexian Society, un club literario e de debate. En 1912, Koo recibiu o seu título en leis internacionais e diplomacia pola Universidade de Columbia. Inmediatamente, volveu a China para servir á nova República da China como o secretario de lingua inglesa do Presidente Yuan Shikai. En 1915, Koo converteuse en ministro da China nos Estados Unidos.

En 1919, foi un dos delegados chineses na Conferencia de Paz de París, polo que e maiormente coñecido. Antes de que o fixeran os poderes occidentais, xa pedía que Xapón devolvese Shangdong a China. Tamén lles pediu ós países occidentais que remataran con tódalas institucións imperialistas como a extraterritorialidade, o control de tarifas, protección de legados e paro de préstamos. Os poderes occidentais rexeitaron as súas peticións e, en consecuencia, a delegación da China foi a única que non asinou o Tratado de Versalles na cerimonia de asinamento.

Koo tamén estivo involucrado na formación da Sociedade de Nacións, como primeiro representante chinés. Durante un período de caos en Beijing en 1926-1927 actou como Presidente da China. Máis tarde serviu como Ministro de Exteriores baixo o gabinete de Chang Tso-lin, e representou a China perante a Sociedade de Nacións para protestar pola invasión xaponesa de Manchuria. Tamén foi embaixador da China en Francia dende 1936 a 1940, cando Francia foi ocupada por Alemaña. Despois sería embaixado no Reino Unido até 1946. En 1945, Koo foi un dos membros fundadores das Nacións Unidas. Máis tarde, foi embaixador nos Estados Unidos tentando manter a alianza entre a República da China e os Estados Unidos mentres o Kuomingtang comezaba a perder fronte os comunistas chineses e tiñanse que retirar a Taiwan.

Koo retirouse do servizo diplomático chinés en 1956 após 44 anos e dúas guerras mundiais. Foi o diplomático máis experimentado e respectado da China. En 1956 Koo converteuse en xuíz da Corte Internacional de Xustiza na Haia, e serviu como Vicepresidente da Corte durante os tres derradeiros anos do seu período. En 1967 retirouse e mudouse a Nova York onde pasou o resto da súa vida até a súa morte en 1985 á idade de 98 anos.

Vida persoal

A primeira esposa de Koo foi Pao-yu Tang, que era a filla máis nova do antigo Primeiro Ministro Chinés Tang Shaoyi e a primeira prima da pintora e actriz Mai-Mai Sze (parella da deseñadora Irene Sharaff).[1] Con ela tivo dous fillos, Wellington Koo Jr., nacido en 1921 e Freeman Koo, nacido en 1923.[2][3]

A segunda muller de Koo foi Juliana Oei[4]. Foi unha das 45 fillas do magnate do azucre chinés con base na Illa de Xava Oei Tiong -ham[5]. Con ela tivo outros dous fillos, un fillo, Teh-chang Koo e unha filla, Patricia Koo.

Koo e a súa segunda muller separáronse na década dos 50, cando el xa vivía con outra muller, a quen presentaba en sociedade como a súa esposa. Porén, el e Juliana Koo nunca se divorciaron.[5].

Notas

  1. [1][2] Arquivado 10 de outubro de 2008 en Wayback Machine.[3] Arquivado 06 de novembro de 2007 en Wayback Machine.[4] Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine."Chinese Minister to Mexico Chosen: V.K. Wellington Koo, Graduate of Columbia, Also Envoy to Peru and Cuba", The Nwe York Times, 26 de xullo de 1915
  2. "Koo's Son Made Citizen; Daughter-in-Law of Ex-Envoy of China Also Takes Oath", The New York Times, 15 de agosto de 1956
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2007. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 28 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Craft, Stephen G. V.K. Wellington Koo and the Emergence of Modern China. Lexington: University Press of Kentucky, 2003.

Ligazóns externas


Predecesor:
Du Xigui
 Presidente da República da China 
1926–1927
Sucesor:
Zhang Zuolin
(Xeneralísimo do Movemento Militar)
Predecesor:
Wei Daoming
 Embaixador da China nos Estados Unidos 
1946–1956
Sucesor:
Chai Zeming