Mar Vermello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Notas.
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 56: Liña 56:
| campo4 =
| campo4 =
}}
}}
O '''mar Vermello''' é un [[baía|golfo]] do [[océano Índico]] entre [[África]] e [[Asia]]. Ó [[sur]], comunica co [[océano Índico]] polo [[estreito]] de [[Bab el-Mandeb]] e o [[golfo de Adén]]. Ó [[norte]] atópase a [[península do Sinaí]], o [[golfo de Aqaba]] e o [[canal de Suez]] (que permite a comunicación co [[mar Mediterráneo]]).<ref>{{Cita web|título=Red Sea|url=https://www.britannica.com/place/Red-Sea|páxina-web=Encyclopedia Britannica|data-acceso=2019-02-18|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web|título=La Mer Rouge: qu'est-ce que c'est?|url=https://www.aquaportail.com/definition-6263-mer-rouge.html|páxina-web=AquaPortail|data-acceso=2019-02-18|lingua=fr}}</ref>
O '''mar Vermello''' é unha [[baía]] do [[océano Índico]] entre [[África]] e [[Asia]]. Ao [[sur]] comunícase co [[océano Índico]] polo [[estreito]] de [[Bab el-Mandeb]] e o [[golfo de Adén]]. Ao [[norte]] atópase a [[península do Sinaí]], o [[golfo de Aqaba]] e o [[canal de Suez]], que permite a comunicación co [[mar Mediterráneo]].<ref>{{Cita web|título=Red Sea|url=https://www.britannica.com/place/Red-Sea|páxina-web=Encyclopedia Britannica|data-acceso=2019-02-18|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web|título=La Mer Rouge: qu'est-ce que c'est?|url=https://www.aquaportail.com/definition-6263-mer-rouge.html|páxina-web=AquaPortail|data-acceso=2019-02-18|lingua=fr}}</ref>


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 1 de outubro de 2021 ás 16:37

Mar Vermello
البحر الأحمر - Baḥr al-Aḥmar - ים סוף - Yam Suf
Localización administrativa
EstadoExipto Exipto
Sudán Sudán
Eritrea Eritrea
Djibuti Djibuti
Somalia Somalia
Israel
Xordania
Arabia Saudita
Iemen
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteÁfrica-Asia
Xeografía
Mares contiguosGolfo de Adén
Cidades ribeiregasAssab, Massawa, Hala'ib, Porto Sudán, Safaga, Hurghada, El Suweis, Sharm el-Sheij, Eilat, Aqaba, Dahab, Jedda e Al Hudaydah
Accidentes
Golfos e baíasGolfo de Aqaba e golfo de Suez (canal de Suez)
PenínsulasPenínsulas do Sinaí e arábiga
EstreitosBab el-Mandeb (golfo de Adén)
Características
Superficie450.000 km²
Lonxitude máxima2.200 km
Anchura máxima335 km
Profundiade máxima2.130 m
Profundidade media500 m
Mapa

Localización do mar Vermello.

Mapa da rexión do mar Vermello

O mar Vermello é unha baía do océano Índico entre África e Asia. Ao sur comunícase co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ao norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez, que permite a comunicación co mar Mediterráneo.[1][2]

Características

O mar Vermello ten pouco máis de 1900 km de longo, por un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².

Hai unha chea de formacións coralinas de gran sona pola exuberancia de vida submarina que o habitan, con gran variedade de peixes ou de magníficos corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de polo menos 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.

As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa ata os 200 m de profundidade pero pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.

A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e segue hoxe en día, o que explica a existencia dunha actividade volcánica nas partes máis profundas deste mar. Asegúrase que o Mar Vermello se converterá nun océano, como se propón no modelo de Tuzo Wilson e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.

Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e Iemen na beira Asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda, Al-Hudaidah.

Notas

  1. "Red Sea". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2019-02-18. 
  2. "La Mer Rouge: qu'est-ce que c'est?". AquaPortail (en francés). Consultado o 2019-02-18.