Volume (libro): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 14: Liña 14:




[[Category:biblioteconomía]][[Category:Libro]]
[[Categoría:biblioteconomía]][[Categoría:Libro]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 19:18

O volume é unha banda normalmente de papiro- que se enrola natuaralmente. A lonxitude dun rolo pode ser de varios metros mentres que a anchura ou altura é de 30 a 40 centímetros. Se a escritura é vertical, o lector sostén a parte do rolo que corresponde ao inicio do texto na man esquerda, o final na man dereita. Se a escritura é horizontal, o principio está no rolo superior, o final no rolo inferior. Como o Val do Nilo era a fonte case única da cana que produce o papiro, esta fonte secouse para Europa coa invasión dos Arabes no século VIII, despois de trinta séculos de uso do volume.

En paralelo existían, desde a invención da escritura, as taboíñas de arxila ou de madeira encerada sobre as que se escribía coa axuda dun cálamo ou dun estilo.

Sobre o século III, o códice de pergameo comeza a substituír o volume que tiña como inconveniente que obrigaba a unha lectura secuencial dos distintos textos situados uns despois dos outros. O códice tiña a vantaxe de permitir o acceso doado ás páxinas do medio. Cando se fixo facilmende reproducible grazas á impresión do papel sobre madeira e sobre metal, converteuse no libro impreso que, no final do século XV, dá volta á economía do saber e da súa transmisión.

O modo de lectura do volume coñece unha reinterpretación inopinada no modo de 'páxina continua' propia para a lectura nas pantallas asociadas aos ordenadores a partir de 1960.