Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 30: Liña 30:
}}
}}
}}
}}
O '''uridín trifosfato''', tamén chamado '''trifosfato de uridina''' ou, abreviadamente, '''UTP''', é un [[nucleósido]] trifosfato de [[pirimidina]] formado polo [[nucleósido]] [[uridina]] esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre [[ribosa]], unido á [[base nitroxenada]] [[uracilo]] por [[enlace glicosídico|enlace N-glicosídico]] entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por [[enlace anhidro]].
O '''uridín trifosfato''', tamén chamado '''trifosfato de uridina''' ou, abreviadamente, '''UTP''', é un [[nucleósido trifosfato]] de [[pirimidina]] formado polo [[nucleósido]] [[uridina]] esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre [[ribosa]], unido á [[base nitroxenada]] [[uracilo]] por [[enlace glicosídico|enlace N-glicosídico]] entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por [[enlace anhidro]].


Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a [[transcrición (ARN)|transcrición]] de [[ARN]], é dicir, perde dous fosfatos en forma de [[pirofosfato]] durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP<ref name="Lehninger"/>.
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a [[transcrición (ARN)|transcrición]] de [[ARN]], é dicir, perde dous fosfatos en forma de [[pirofosfato]] durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP<ref name="Lehninger"/>.

Revisión actual feita o 27 de setembro de 2021 ás 18:09

Uridín trifosfato
Identificadores
Número CAS 63-39-8
PubChem 1181
MeSH Uridine+triphosphate
ChEMBL CHEMBL605653
Propiedades
Fórmula molecular C9H15N2O15P3
Masa molecular 484,141

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O uridín trifosfato, tamén chamado trifosfato de uridina ou, abreviadamente, UTP, é un nucleósido trifosfato de pirimidina formado polo nucleósido uridina esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre ribosa, unido á base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por enlace anhidro.

Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a transcrición de ARN, é dicir, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato durante a síntese, e enlázase á cadea de ARN en formación como UMP[1].

O UTP tamén pode ser utilizado pola célula como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de carbohidratos. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun fosfato inorgánico. Así, fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato[1].

O UTP fórmase a partir do UMP, adquirindo o seu último fosfato do ATP nunha reacción, catalizada por unha quinase, como esta:

2 ATP + UMP 2 ADP + UTP.

Tamén se pode producir esta reacción co GTP:

GTP + UDP GDP + UTP.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]