Vodevil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 22: Liña 22:
Naceu entón a ópera cómica, tamén coñecida como [[opereta]], con gran éxito de público. Correu moitas vicisitudes ata a época da revolución, en que desapareceron os privilexios por decreto da Asemblea Constituínte en [[1791]]. Entón fundouse en [[París]] o famoso teatro do Vaudeville, sendo a súa primeira función o [[12 de xaneiro]] de [[1792]], xa cos actores cantando e recitando.
Naceu entón a ópera cómica, tamén coñecida como [[opereta]], con gran éxito de público. Correu moitas vicisitudes ata a época da revolución, en que desapareceron os privilexios por decreto da Asemblea Constituínte en [[1791]]. Entón fundouse en [[París]] o famoso teatro do Vaudeville, sendo a súa primeira función o [[12 de xaneiro]] de [[1792]], xa cos actores cantando e recitando.


[[Category:Xéneros literarios]]
[[Categoría:Xéneros literarios]]
[[Category:Teatro]]
[[Categoría:Teatro]]


[[da:Vaudeville]]
[[da:Vaudeville]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 19:13

Poster de "O'Brien & Havel", unha obra de vodevil.

O vodevil é un subxénero dramático consistente nunha comedia frívola, lixeira e picante que dá lugar a equívocos e situacións cómicas, na que se alternan partes cantadas con números musicais. O seu nome deriva do francés vaudeville.

Orixe

Os xoglares deron orixe ó vodevil ó ir perrecorrendo as poboacións cantando e representando farsas. O nome non aparece ata mediados do século XV, cando un bataneiro de Vire chamado Olivier Basselin, se fixo célebre coas súas cancións en Normandía, cancións que recibían o nome de vaux de Vire. Basselin foi morto na batalla de Formigny en abril de 1450.

Posteriormente Juan le Houx, poeta e avogado de Vire, recolleu as cancións de Basselin e as traduciu á lingua vulgar da súa época, facéndose varias edicións.

O nome de Vaux de Vire foise desfigurando, e Chardavoine mandou imprimir as cancións como voix de ville. Por último Caillere ideou a palabra vaudeville que logrou prevalecer.

Outro significado

Deuse tamén este nome á canción satírica e política, e tamén a certas pezas dramáticas nas que non se cantaba, como as comedias de circunstancias de Dancourt.

Pero as pezas que hoxe se coñecen con este nome naceron nas feiras de Saint Germain e Saint Laurent cara ao 1700, sendo os seus primeiros autores Lesage, Fuselier e Dorneval.

Evolución posterior

Este novedoso xénero de composicións sufriu ó principio cadansúa persecución, e os farsantes da lingua acudiron ó subterfuxio de facer cantar as coplas a cantores de oficio situados fóra do escenario mentres que eles só actuaban, xa que ós actores se lles prohibira a palabra.

Por último, os empresarios víronse obrigados a facer contratos co teatro privilexiado da Ópera para obter o permiso de cantar dos seus actores.

Naceu entón a ópera cómica, tamén coñecida como opereta, con gran éxito de público. Correu moitas vicisitudes ata a época da revolución, en que desapareceron os privilexios por decreto da Asemblea Constituínte en 1791. Entón fundouse en París o famoso teatro do Vaudeville, sendo a súa primeira función o 12 de xaneiro de 1792, xa cos actores cantando e recitando.