197.095
edicións
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2) |
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1) |
||
A elección de Bachelet como [[Presidente de Chile|presidenta de Chile]] marcou un dos maiores fitos na historia republicana do país ao ser a primeira muller electa para exercer o máximo cargo gobernamental. Pese ás altas cifras de aprobación e popularidade ao iniciar o seu mandato, ao termo da que se chamou «lúa de mel», Bachelet debeu afrontar unha serie de diversos conflitos, de entre os cales sobresaen a ''[[movilización estudiantil de 2006 en Chile|Revolución pingüina]]'' —iniciada a menos de dous meses de comezar o seu goberno— e a [[crise do Transantiago]] —ao ano seguinte—, que xeraron fortes divisións e crises na coalición de goberno como así mesmo durísimas críticas e reproches por parte da [[Alianza por Chile|oposición]]. Porén, ao empezar a segunda metade do seu mandato, o «sello social» dos dous restantes anos —que permitiu unha importante reforma ao sistema previsional— e a ben avaliada xestión da [[Crise económica de 2008-2013|crise económica mundial de 2008]], permitiu que Bachelet repuntara as súas cifras de popularidade, alcanzando cifras históricas de apoio a nivel latinoamericano;<ref>[http://www.emol.com/documentos/archivos/2009/10/20/20091020181216.pdf "Informe de Prensa, Encuesta Nacional Octubre de 2009"]</ref> no plano internacional, Bachelet foi avaliada entre as mulleres máis poderosas e influentes do mundo.<ref>[http://www.forbes.com/lists/2008/11/biz_powerwomen08_Michelle-Bachelet_Z2QJ.html "The 100 Most Powerful Women - #25 Michelle Bachelet"]</ref><ref>[http://www.forbes.com/lists/2007/11/biz-07women_Michelle-Bachelet_Z2QJ.html "The 100 Most Powerful Women - #27 Michelle Bachelet"]</ref><ref>[http://www.forbes.com/lists/2006/11/06women_Michelle-Bachelet_Z2QJ.html "The 100 Most Powerful Women - #17 Michelle Bachelet"]</ref> A poucas semanas do termo do seu goberno, en febreiro de 2010, tivo que afrontar un [[Terremoto de Chile de 2010|terremoto de magnitude 8,8]] que azotou a zona centro sur do país, que produciu, ademais, un forte tsunami que impactou as costas chilenas. Ambos eventos destrutivos deixaron un saldo de 525 persoas mortas e 25 desaparecidas.
Tras o seu mandato, Bachelet asumiu como secretaria xeral adxunta das [[Nacións Unidas]], coa fin de encargarse e desempeñar a dirección executiva da recentemente creada axencia [[ONU Mulleres]].<ref>[http://www.reuters.com/article/us-un-women-idUSTRE68D3XG20100914 "Chile's Bachelet to head new U.N. women's entity"]</ref><ref>
==Notas==
|