Lingua algonquina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Falantes: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1
Liña 31: Liña 31:


==Falantes==
==Falantes==
Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación<ref>http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top Estatísticas do Canadá</ref>. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.<br/>
Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación<ref>http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top {{Webarchive|url=https://archive.is/20130628052808/http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top |date=28 de xuño de 2013 }} Estatísticas do Canadá</ref>. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.<br/>
En [[Quebec]] hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):
En [[Quebec]] hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):
*Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras
*Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2021 ás 20:05

Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa Linguas algonquinas.
Algonquino
Anicinâbemowin
Falado en: Canadá
Rexións: Quebec e partes de Ontario
Total de falantes: 3.330 (censo de 2016)[1]
Familia: Linguas álxicas
 Linguas algonquinas
  Linguas algonquinas centrais
   Lingua anishinaabe
    Algonquino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún lado
Regulado por: Non está regulada
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: alg
ISO 639-3: alq
Mapa
Status

O algonquino[2] é unha lingua do grupo algonquino falada polo pobo algonquino que habita no Canadá. Próxima ao ojibwa, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.[3] O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade «animada/inanimada». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador «directo-inverso» que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.

Distribución xeográfica

En verde territorio histórico de lingua algonquina

Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.

Territorio actual onde se fala algonquino.

Falantes

Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación[4]. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):

  • Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras
  • Reserva de Pikogan: 290 algonquino, 65 francés e 65 francés-inglés
  • Reserva de Kitigan: 370 algonquino, 375 inglés, 280 inglés-francés e 15 francés
  • Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 34 francés
  • Reserva de Winneway: 35 algonquino, 110 inglés e 9 inglés-francés
  • Reserva de Timiskaming: 30 algonquino, 245 inglés e 215 inglés- francés
  • Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 207 inglés e 15 francés
  • Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
  • Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes

En Ontario hai 65 falantes:

  • Reserva de Pikwakanagan: 45 algonquino, 340 inglés e 20 inglés-francés

Ensino

O algonquino estúdase como materia en preescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.

Fonoloxía

Consoantes

  Bilabial Alveolar Postalveolar Velar Glotal
Oclusiva sonora   b  [b]   d  [d]     g  [g]  
xorda   p  [p]   t  [t]     k  [k]  
aspirada   p  [pʰ]   t  [tʰ]     k  [kʰ]  
Africada sonora       dj  [ʤ]    
xorda       tc  [ʧ]    
Fricativa sonora     z  [z]   j  [ʒ]    
xorda     s  [s]   c  [ʃ]     h  [h]
Nasal     m  [m]   n  [n]      
Aproximante     w  [w]   y  [j]      

Vogais

: curtas
  • a [ʌ]
  • e [e] ou [ɛ]
  • i [ɪ]
  • o ou u [ʊ]
: longas
  • à (tamén á ou aa) [aː]
  • è (tamén é ou ee) [eː]
  • ì (tamén í ou ii) [iː]
  • ò (tamén ó ou oo) [oː]

Ditongos

  • aw [aw]
  • ay [aj]
  • ew [ew]
  • ey [ej]
  • iw [iw]
  • ow [ow]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas