Harry Houdini: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «london»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «October»
Liña 79: Liña 79:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* Goldston, Will (1929). ''Sensational Tales of Mystery Men'', pages 110 to 151. Londres: Will Goldston, Inc.
* Goldston, Will (1929). ''Sensational Tales of Mystery Men'', pages 110 to 151. Londres: Will Goldston, Inc.
* Kalush, William; Sloman, Larry (October 2006). ''The Secret Life of Houdini: The Making of America's First Superhero.'' Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-7207-0.
* Kalush, William; Sloman, Larry (outubro de 2006). ''The Secret Life of Houdini: The Making of America's First Superhero.'' Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-7207-0.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2021 ás 21:44

Infotaula de personaHarry Houdini

(1915) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Erik Weisz Editar o valor em Wikidata
24 de marzo de 1874 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1926 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Apendicite e peritonite Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMachpelah Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaJewish Harlem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMago e Escapologia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , especialista de cinema , mago , director de cinema , escape artist (en) Traducir , ilusionista , historiador , filósofo , produtor de cinema , intérprete , aviador , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1896 Editar o valor em Wikidata - 1926 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeBess Houdini (pt) Traducir (1894–1926) Editar o valor em Wikidata
PaisRabbi Samuel Mayer Weisz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Cecilia Steiner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0396378 Allocine: 38142 Allmovie: p33381 IBDB: 87652
Dialnet: 3082156 Musicbrainz: 1ddc1a1a-9626-44cd-9b91-72b727cde978 WikiTree: Weisz-93 Find a Grave: 509 Editar o valor em Wikidata
Houdini en 1918.

Harry Houdini, nado en Budapest o 24 de marzo de 1874 e finado o 31 de outubro de 1926 foi un ilusionista e acróbata húngaro-estadounidense, coñecido especialmente polas súas fantásticas fuxidas.

Traxectoria

Harri Houdini naceu co nome de Erik Weisz, que máis tarde mudou a Ehrich Weiss ou Harry Weiss. Ao comezo gañou fama baixo o alcume de Harry "esposado" Houdini tras unha viaxe a Europa na que retou ás forzas da lei a intentar mantelo recluso. Non tardou en aumenta-lo seu repertorio de trucos, ao que lle engadiu cadeas, cordas penduradas de rañaceos e camisas de forza baixo a auga; incluso chegou a pecharse nun cántaro cheo de auga no que debía garda-lo alento.

En 1904, desafiado polo xornal Daily Mirror de Londres, centos de persoas foron testemuñas de como fuxiu dunhas esposas especiais despois dunha hora na que mantivo á audiencia en suspense. Outra das súas acrobacias consistiu en ser soterrado vivo, coa única posibilidade de chegar á superficie coas súas mans. Cando o fixo, o artista parecía a piques de colapsar. Malia que moita xente considera que as súas fuxidas eran falsas, Houdini presentábase como o azoute de falsos magos e espiritistas. Como presidente da Sociedade Estadounidense de Magos,[1] era o primeiro en cumprir cos estándares profesionais do gremio e en denunciar aos artistas fraudulentos. Tampouco dubidaba en denunciar aos que copiaban os seus trucos de fuxida.

Houdini realizou varias películas, pero abandonou a carreira de actor cando viu que non lle aportaba ingresos. Tamén era un apaixonado da aviación e desexaba converterse no primeiro home en pilotar un avión en Australia.

Fuxidas destacadas

Houdini en 1899.

O desafío do Daily Mirror

En 1904, o xornal londiniense Daily Mirror retou a Houdini a fuxir dunhas esposas especiais que, segundo dicían, o cerralleiro Nathaniel Hart tardara cinco anos en facer. Houdini aceptou o desafío e propúxose superalo o serán do 17 de marzo no teatro Hippodrome[2] de Londres. Unhas 4000 persoas e máis de 100 xornalistas reuníronse no lugar para presenzar o grande evento. O intento de fuxida demorouse unha hora e dez minutos, durante os que Houdini emerxeu en varias ocasións da súa “casa fantasma”, unha pantalla que usaba para agacha-lo método de fuxida. Nunha delas preguntou se lle poderían quita-las esposas un momento para saca-lo abrigo, rogo que foi denegado polo representante do Mirror, Frank Parker, quen argüíu que o escapista podería entón ver como se abrían as esposas. Ante esta resposta, Houdini aferrou entre os dentes unha navalla e utilizouna para racha-lo abrigo e podelo quitar. A muller de Houdini presentouse no escenario 56 minutos despois e lle deu un bico ao seu home. Disque, durante o bico, Bess introduciu a chave das esposas na boca de seu home. Emporiso, algúns consideran que a dona do ilusionista nunca subiu ao escenario e, malia que así fora, o tamaño da chave era demasiado grande para que a puidera gardar na boca. Unha hora e dez minutos despois, Houdini saíu de detrás da pantalla sen as esposas. A multitude frenética elevouno no ar e o artista rompeu a chorar mentres o paseaban. Máis tarde cofesou que fora a fuxida máis difícil da súa carreira.

Trala morte de Houdini, Will Goldston recolleu no seu libro Sensational Tales of Mystery Men[3] a declaración de Martin Beck, un amigo do artista, na que recoñecía que Houdini sentíase superado e pedíralle axuda á súa muller. A partir desta declaración, Goldston suxestiona que Bess lle pregara pola chave ao representante do Daily Mirror e despois a deixara nun vaso de auga. Na obra The Secret Life of Houdini[4] desbótase esta afirmación ao argüír que o tamaño da chave, 15 cm, era demasiado grande para introducila nun vaso de auga. Goldston non puido encontrar probas para soste-los seus argumentos. Porén, moitos biógrafos modernos atoparon probas que suxestionan que o reto do Mirror estaba amañado polo propio Houdini e que a dificultade que amosou para escapar foi puro teatro para entreter o público. O deseño das esposas é unha das probas principais que sosteñen esta afirmación. Por se isto fose pouco, as fontes aseguran que Houdini vira unha réplica de prata de lei das esposas do Mirror un ano antes de levar a cabo a súa fuxida.

Este descubrimento foi tratado en profundidade nun episodio de Mysteries at the Museum da canle Travel Channel, no que se entrevista á maga e escapista Dorothy Dietrich, quen actúa regularmente no Houdini Museum[5]. Neste museo, situado en Scranton, Pensilvania, atópase unha réplica a tamaño real das esposas, así como da chave de tipo Bramah. Esta exposición é a única do mundo que amosa estas esposas ao público.

Fuxida do cántaro de leite

En 1901, Houdini presentou unha nova actuación: a fuxida do cántaro de leite, ideada polo propio artista. Nesta actuación, Houdini foi esposado e fechado nun cántaro de leite de grandes dimensións cheo de auga, do que o artista, agochado pola súa cortina, conseguiu escapar. O escapista invitou á audiencia a garda-lo alento canda el mentres se atopaba dentro do cántaro, como parte do efecto. Os carteis do espectáculo o anunciaban con dramatismo: “o fracaso supón morrer afogado”. A fuxida foi todo un éxito. Houdini non tardou en modifica-la actuación, de xeito que o cántaro quedara pechado nun cofre de madeira cuberto por cadeas e cadeados, ou incluso dentro doutro cántaro. Esta actuación foi un habitual no repertorio do artista soamente durante 4 anos, pero é unha das más recoñecidas cando se fala del. O irmán de Houdini, Theodore Hardeen, continuou a realiza-lo truco na variante co cofre de madeira ata 1940.

O cántaro usado por Houdini e a caixa atópanse no American Museum of Magic.

A tortura do tanque de auga

En 1912, debido ao gran número de imitadores do escapista, Houdini apresurouse a substitui-lo número do cántaro polo do tanque de auga. Nesta actuación, Houdini sumerxíase nun tanque cheo de auga cos pés encadeados. O tanque de caoba e metal contaba cun cristal na parte dianteira, de forma que o público podía ver claramente o artista. As cadeas estaban conectadas co teito do tanque e unha curtina impedía ve-la fuxida do artista. O tanque orixinal foi construído en Inglaterra, onde a actuación tivo lugar por primeira vez ante unha única persoa, como parte da xira apelada polo artista "Houdini Upside Down", na que realizaba un único truco de vada vez. Deste xeito, Houdini posuía os dereitos das súas fuxidas e podía demandar aos seus imitadores, cousa que fixo. Malia que o acto se fixera coñecido co nome de “a tortura china con auga” ou “a tortura do tanque de auga”, a Houdini gustáballe chamalo “á inversa”, ou “USD” polas súas siglas en inglés (the Upside Down). A primeira actuación do USD para o público tivo lugar no Circo Busch en Berlín, o 21 de setembro de 1912. Houdini realizou este espectáculo ata a súa morte en 1926.

A camisa de forza no ar

Un dos trucos máis aclamados do artista era aquel no que quedaba pendurado dun edificio ou dun guindastre polos nocellos, embutido nunha camisa de forza. Daquela a súa fuxida estaba á vista de todo o mundo. Ás veces o escapista captaba a atención de tanta xente que se paraba o tráfico debido á multitude. Houdini tamén sabía como asegura-la atención da prensa: para iso colgouse en varias ocasión do edificio que acollía as oficinas dalgún xornal local. En Nova York pendurouse do guindastre utilizado para construi-lo metro da cidade. Primeiro sacudía o corpo para saca-la camisa de forza e, unha vez que estaba fóra por completo, soamente lle levaba 2 minutos e 37 segundos baixar do guindastre e po-los pés no chan. Na biblioteca do Congreso dos Estados Unidos[6] hai unhas secuencias que amosan a Houdini efectuando a fuxida. Nunha delas, Houdini recibiu varias sacudidas e bateu contra un edificio debido o forte vento, polo que, dende entón, realizou o acto cun cabo de seguridade atado aos nocellos que estaba ben á vista, de modo que, se fose necesario, alguén o puidese axudar a baixar. Houdini sacou a idea para o truco dun mozo chamado Randolph Osborne Douglas (31 de marzo, 1895 – 5 de decembro, 1956) ao que coneceu nunha das súas actuación no teatro Sheffield's Empire Theatre.

A fuxida da caixa de madeira

Outro dos trucos máis populares do artista consistía en escapar dunha caixa pechada con cordas e parafusos e mergullada na auga. A primeira vez que realizou esta fazaña foi no East River de Nova York o 7 de xullo de 1912. A policía prohibiulle actuar no peirao, polo que o escapista arrendou un remolcador e invitou á prensa a unirse. Houdini, apresado con esposas en pés e mans, introduciuse na caixa que logo foi pechada con parafusos e arrodeada por cordas. Tamén lle engadiron uns 90 quilogramos de chumbo antes de somerxi-la caixa baixo a auga. Tomoulle 57 segundos para fuxir. Cando sacaron a caixa á superficie, estaba intacta e as esposas seguían dentro. Houdini repetiu esta actuación en moitas ocasións, incluso chegou a facelo en escena, primeiro no Hamerstein's Roof Garden, nun tanque especialmente construído para a ocasión e cunha capacidade de 20.820 litros de auga e, máis tarde, no Hippodrome de Nova York.

Soterrado vivo

Houdini realizou polo menos tres variantes desta fuxida ó longo da súa carreira. A primera vez que a levou a cabo foi preto de Santa Ana en California, en 1915, e case lle custa a vida ao artista. Houdini foi soterrado sen cadaleito a case dous metros de profundidade. Mentres intentaba saír escarvando sentiuse exhausto e entrou en pánico, polo que acabou pedindo auxilio. Unha vez deu chedado á superficie, caeu inconsciente e os seus axudantes tiveron que sacalo da tumba. No seu diario, Houdini escribiu que fora "moi perigoso" e que "o peso da terra era criminal".

A segunda variante do truco consistiu nunha proba de resistencia ideada para desenmascarar ao artista exipcio místico Rahman Bey, quen dicía ter usado poderes sobrenaturais para permanecer nun cadaleito pechado durante unha hora. Houdini superou o artista o 5 de agosto de 1926 no hotel Shelton de Nova York, ao ficar pechado nun cadaleito somerxido na piscina do hotel durante unha hora e media. Houdini afirmou que non utilizara ningún truco ou poder sobrenatural, logrouno soamente controlando a respiración. O 28 de setembro de 1926 repetiu a actuación no YMCA de Worcester, Massachusetts, onde resitiu pechado unha hora e once minutos.

A última actuación na que foi soterrado vivo consistía nunha posta en escena elaborada que realizou nun show nocturno. Despois de pór unha camisa de forza, ser encerrado nun cadaleito e soterrado nun tanque grande cheo de area, Houdini conseguía escapar. Os carteis anunciaban a fuxida como "O faquir exipcio está acabado", referíndose a Bey, pero non está claro que Houdini realizara este truco no escenario. A actuación estaba programada para 1927, pero Houdini faleceu antes dese ano, o 31 de outubro de 1926. O cadaleito de bronce que Houdini fixera construír para a actuación foi utilizado no seu lugar para transporta-lo corpo do escapista de Detroit a Nova York o día de Halloween.

Carreira cinematográfica

En 1906, Houdini comezou a ensinar gravacións das súas fuxidas como parte da actuación. En Boston presentou unha curtametraxe chamada Houdini Defeats Hackenschmidt (Houdini vence a Hackenschmidt), Hackenschmidt era un famso loitador da época. Desconécense os motivos que levaron a facer esta película, agora perdida. En 1909 actuou en Merveilleux Exploits du Célébre Houdini à Paris (Fanstásticos trucos do afamado Houdini en París), na que se narraban moitas das famosas fuxidas do escapista con fin de promocionalas.

En 1918 Houdini asinou un contrato co produtor B. A. Rolfe para protagonizar unha serie chamada Master Mystery que se emitiría de forma simultánea á novela, costume típico da época. Debido a problemas financeiros, a produción non se chegou a emitir, pero abriulle as portas ao artista para traballar en Grim Game (1919) e Terror Island (1920). Durante a rodaxe de Grim Game produciuse unha colisión de dous biplanos na que o dobre de Houdini quedou pendurado dun dos avións por unha corda. Este momento quedou gravado no filme e recibiu moita publicidade, crendo que era o propio Houdini o que quedara pendurado.

Houdini iniciou a súa propia compañía cinematográfica, "Houdini Picture Corporation". Produciu e protagonizou dous filmes: The Man From Beyond (1921) e Haldane of the Secret Service (1923). Tamén fundou a Film Development Corporation (FDC), da que seu irmán era director.

Porén, nin a carreira como actor nin a FDC lle proporcionaron ao artista moito éxito, polo que abandonou o negocio cinematográfico en 1923. Con todo, Houdini recibiu unha estrela no paseo da fama de Hollywood.

Aviación

A partir de 1909 Houdini converteuse nun apaixonado da aviación. Mercou un Vosin, un biplano francés, por valor de 5 000$ e contratou un mécanico a tempo completo. O primeiro voo que realizou con éxito tivo lugar o 26 de novembro en Hamburgo, Alemaña. Ao ano seguinte viaxou a Australia coa intención de se converter na primeira persoa que realizase un voo en Australia.

En marzo de 1910, Houdini voou en tres ocasións preto de Melbourne e foi considerado a primeira persoa en realizar un voo en Australia.

Porén, un escrito de 1938 afirma que o primeiro aeroplano que percorreu o país foi un construído por Wilbur Wright e pilotado polo londiniense Colin Defries o 9 de decembro de 1909 en Sydney.

A axencia de correos de Australia creou selos co rostro de Colin Defries para conmemora-la súa fazaña. O papel de Houdini tamén foi recoñecido en todo o país, considerando que o escapista “sempre formaría parte da historia de Australia”, pero non se lle atribuíu maior mérito.

Tras finaliza-la súa viaxe por Australia, o ilusionista gardou o avión en Inglaterra e anunciou que o usaría para voar de cidade en cidade no seu próximo tour, incluso prometeu saltar del coas mans esposadas, pero Houdini nunca máis volveu voar.

Morte

Houdini faleceu o 31 de outubro por mor dunha a unha peritonite causada pola rotura do apéndice. As súas últimas palabras foron: “estou canso de loitar”.

As testemuñas consideran que a causa da súa enfermidade foi durante unha actuación de Houdini en Montreal, na que o escapista fora golpeado por un universitario no abdome varias veces. Por todos era sabido que Houdini podía aturar golpes no abdome e permanecer inmutable, polo que o estudante, Whitehead, preguntoulle se o podía comprobar, ao que o artista accedeu. Aquela noite durante a actuación, Houdini sentía unha intensa dor. Ademais dos golpes recibidos, romperá un nocello uns días antes. Días despois, vendo que non melloraba, acudiu a un médico e foi diagnosticado de apendicite aguda que requería cirurxía, pero Houdini non quixo operarse.

Despois dunha actuación, a derradeira da súa carreira, na que se desmaiou, o artista foi hospitalizado en Detroit o 24 de outubro. Uns días despois faleceu.

Notas

  1. "History of the S.A.M.". web.archive.org. 2014-10-13. Consultado o 2019-02-15. 
  2. "The London Hippodrome, Hippodrome Corner, Cranbourn Street, City of Westminster". www.arthurlloyd.co.uk. Consultado o 2019-02-15. 
  3. "Houdini: Sensational Tales of Mystery Men". web.archive.org. 2016-03-06. Consultado o 2019-02-15. 
  4. "Exposing 'The Secret Life of Houdini'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-02-15. 
  5. "Keys to Houdini's Secrets". Consultado o 2019-02-15. 
  6. "Harry Houdini". www.americaslibrary.gov. Consultado o 2019-02-15. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Goldston, Will (1929). Sensational Tales of Mystery Men, pages 110 to 151. Londres: Will Goldston, Inc.
  • Kalush, William; Sloman, Larry (outubro de 2006). The Secret Life of Houdini: The Making of America's First Superhero. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-7207-0.