Senado de Italia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Marzo»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Setembro»
Liña 14: Liña 14:
!Partido
!Partido
!XVII Lexislatura
!XVII Lexislatura
Setembro 2013<ref>{{Cita web|url=http://www.senato.it/leg/17/BGT/Schede/GruppiStorici/Grp.html|páxina-web=www.senato.it|título=senato.it - Composizione dei gruppi parlamentari nella XVII Legislatura|data-acceso=2018-12-12}}</ref>
setembro de 2013<ref>{{Cita web|url=http://www.senato.it/leg/17/BGT/Schede/GruppiStorici/Grp.html|páxina-web=www.senato.it|título=senato.it - Composizione dei gruppi parlamentari nella XVII Legislatura|data-acceso=2018-12-12}}</ref>
!XVIII Lexislatura
!XVIII Lexislatura
marzo de 2018<ref>{{Cita web|url=http://www.senato.it/leg/18/BGT/Schede/Gruppi/Grp.html|páxina-web=www.senato.it|título=senato.it - Composizione dei Gruppi parlamentari nella XVIII legislatura|data-acceso=2018-12-12}}</ref>
marzo de 2018<ref>{{Cita web|url=http://www.senato.it/leg/18/BGT/Schede/Gruppi/Grp.html|páxina-web=www.senato.it|título=senato.it - Composizione dei Gruppi parlamentari nella XVIII legislatura|data-acceso=2018-12-12}}</ref>

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2021 ás 21:34

O Senado da República (abreviado coma Senado), é unha Asemblea lexislativa que –xuntamente coa Cámara de deputados– constitúe o Parlamento italiano. Atópase no Palazzo Madama, unha das antigas residencias dos Médici en Roma.

Foi establecido o 1 de xaneiro de 1948, en substitución do Senado do Reino (Senato del Regno) activo durante o Reino de Italia, e instalouse por primeira vez o 8 de maio do mesmo ano coas primeiras eleccións lexislativas[1]. A Constitución italiana, logo da modificación constitucional de 1963, reduciu a duración do mandato a 5 anos, e establece que o Senado está constituído por 315 senadores electos, 309 escollidos en base territorial e 6 de entre os italianos residentes no exterior. O mandato electoral dos senadores coincide coa lexislatura, e dura cinco anos, agás disolución anticipada das Cámaras, por parte do Presidente da República. Ademais dos 315 senadores escollidos, tamén son parte do Senado, como senadores vitalícios os ex presidentes da República, por dereito e agás renuncia, e até cinco senadores nomeados polo Presidente da República por grandísimos méritos. Dende o 19 de xaneiro de 2018, os senadores vitalicios son seis, un por dereito e cinco por nomeamento presidencial.

O Senado e a Cámara posúen o mesmo peso na votación das leis, o que fai que o Parlamento italiano sexa un exemplo de "bicameralismo perfeto", debido ao equilibrio entre as funcións de ambas as dúas institucións. O Senado pode ser disolto polo Presidente da República, despois de consultar ao Presidente do Senado. Ese poder é normalmente exercido cando no Senado non se forma unha maioría política.

Composición

O Senado está composto por 315 membros escollidos, alén dos senadores vitalicios. Os senadores deben ter máis de 40 anos de idade e son eletos por todos os cidadáns italianos maiores de 25 anos. Actualmente, após as eleccións de 2018, a composición conta cunha maioría do M5S e a Liga Norte.

XVII e XVIII Lexislaturas

Partido XVII Lexislatura

setembro de 2013[2]

XVIII Lexislatura

marzo de 2018[3]

Partido Democrático 108 51
O Pobo da Liberdade - Forza Italia 91 61
Movemento 5 Estrelas 50 109
Escolla Cívica para Italia 20 0
Liga Norte 16 58
Grandes Autonomias e Liberdades 10 0
Para as Autonomías 10 8
Irmáns de Italia 0 18
Grupo mixto 16 10
Total 321 315

Notas

  1. "senato.it - Composizione dei gruppi parlamentari nella I Legislatura". www.senato.it. Consultado o 2018-12-12. 
  2. "senato.it - Composizione dei gruppi parlamentari nella XVII Legislatura". www.senato.it. Consultado o 2018-12-12. 
  3. "senato.it - Composizione dei Gruppi parlamentari nella XVIII legislatura". www.senato.it. Consultado o 2018-12-12.