Club Baloncesto La Casera Lugo: Diferenzas entre revisións
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android |
|||
Liña 85: | Liña 85: | ||
{{FIBA roster footer |
{{FIBA roster footer |
||
| head_coach = |
| head_coach = |
||
* {{player||{{GALb}}|[[ |
* {{player||{{GALb}}|[[Manolo Jato]]}} |
||
| roster_url = https://issuu.com/minuto/docs/xxxv_aniversario_baloncesto_lucense |
| roster_url = https://issuu.com/minuto/docs/xxxv_aniversario_baloncesto_lucense |
||
| transaction_url = |
| transaction_url = |
Revisión como estaba o 16 de setembro de 2021 ás 15:22
La Casera Lugo | |
Ficheiro:Pavillón dos Deportes de Lugo 4.jpg | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1972 |
Desaparición | 1975 |
Cores | Negro, verde, branco |
Patrocinador | La Casera |
Localización | |
Cidade | Lugo, Galiza |
Pavillón | Palacio Municipal |
Capacidade | 3 500 |
Inauguración | 1964 |
O Club Baloncesto La Casera Lugo,[1] foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Lugo. Fundado en 1972, chegou a ser subcampión da Segunda División, tan só por detrás do Club Baloncesto Breogán, o outro equipo da cidade. Tras o ascenso deste último á Primeira División, o La Casera disolveuse.[2]
Historia
O Club Baloncesto La Casera foi fundado en 1972 co apoio da compañía de gasosa homónima. Antes da existencia do club en Lugo existiron equipos como o C.B. Celeste, aínda que o máis destacado era o Club Baloncesto Breogán, que naquela altura competía na máxima categoría do baloncesto español, a Primeira División. O La Casera comezou a súa historia competindo na temporada 1972−73 Terceira División, onde na súa primeira temporada consegue acabar en primeiro lugar do Grupo A con 21 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, quedando por riba de equipos como o Obradoiro CAB, o Club Bosco e o OAR Ferrol.[2] Na fase de ascenso á Segunda división o La Casera volveu ficar primeiro con 4 vitorias e 1 empate, nun grupo formado polo CB Bidasoa, o Empresa MT, o CA Baloncesto, o H. Trabajo e o Juventud OJE. Así o club lucense lograría o ascenso á segunda categoría estatal, a Segunda Dvisión.
Na temporda 1973−74 da Segunda División o equipo de La Casera, dirixido por Juan Quiñoá, estaba formado por Justo, Prieto, Postius, Bob Fullarton, Bermejo, Seral, Pancho Figueroa, Alfredo Domínguez, Miguel BVourio, Pepe Conde e Pirulo. Con este equipo o club finaliza a temporada en terceiro lugar, tan só por detrás do Club Águilas de Bilbao, que conseguiría o ascenso, e o Castilla Gamo de Valladolid. Na seguinte temporada, co descenso do Breogán á Segunda Dvisión, ía haber un derby local lucense co obxectivo de ascender á máxima categoría.
Na temporada 1974−75 o club La Casera, adestrado por Manuel Jato, contaba no seu elenco con Prieto, J.M. Pérez, Bob Fullarton, Elies, Cifré, Seral, Trigo, Pons, Conde, Suso Fernández e Tito Díaz. Os enfrontamentos entre ambos clubs saldáronse todos con vitoria do Breogán, que conseguiría regresar tan só un ano despois á máxima categoría. Os enfrontamentos entre ambos equipos foron os seguintes, sendo os dous primeiros de liga regular e o terceiro da fase de ascenso:[3]
12 de xaneiro de 1975 | Breogán 102 – La Casera 52 | Palacio Municipal | |||
Pts: Alfredo Pérez (28) | Pts: Bob Fullarton (23) |
20 de abril de 1975 | La Casera 58 – Breogán 79 | Palacio Municipal | |||
Pts: Bob Fullarton (18) | Pts: Alfredo Pérez (25) |
29 de abril de 1975 | Breogán 100 – La Casera 76 | Sevilla | |||
Pts: Alfredo Pérez (34) | Pts: Bob Fullarton (26) |
Finalmente o La Casera quedaría clasficiado en segundo lugar con 21 vitorias e 7 derrotas, tan só por detrás do Breogán e por diante de equipos como o CB Valladolid ou o Obradoiro CAB. Após a finalización da temporada o La Casera disolveuse a algúns dos seus xogadores pasaron formar parte do proxecto de retorno do Breogán á elite.
Xogadores
Elenco de 1975
La Casera Lugo 1974−1975 (Subcampións da Segunda División) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
Palmarés
- Subcampión (1): 1975
- Terceiro lugar (1): 1974
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V−D |
---|---|---|---|---|
1972–73 | 3 | 3ª División | 1º | 21–1−2 |
1973–64 | 2 | 2ª División | 3º | 18–2−6 |
1974–75 | 2 | 2ª División | 2º | 28–7 |
Notas
- ↑ "Un frío día de invierno". Somos Breogán. 11 de decembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "XXXV Aniversario del baloncesto lucense". 1975.
- ↑ Fernández, Cipriano (2016). El cincuentenario de Breogán [O cincuntenario do Breogán]. pp. 54, 55.