A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Engadiuse unha caixa modelo de ONG
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Mesa (homónimos)|Mesa}}{{ONG|nome=A Mesa pola Normalización Lingüística|imaxe=Globo da Mesa pola Normalización Lingüística. Correlingua. Silleda 2013-2b.jpg|tipo=Cultural|data fundación=[[1986]]|páxina web=http://www.amesa.gal|secretario=[[Marcos Maceira Eiras]]|localización=[[Santiago de Compostela]]}}
{{Outros homónimos|Mesa (homónimos)|Mesa}}
'''A Mesa pola Normalización Lingüística''' é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a [[Normalización lingüística|normalización]] da [[lingua galega]], procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
[[Ficheiro:Globo da Mesa pola Normalización Lingüística. Correlingua. Silleda 2013-2b.jpg|miniatura|225px|Globo da Mesa pola Normalización Lingüística]]

'''A Mesa pola Normalización Lingüística''' (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a [[Normalización lingüística|normalización]] da [[lingua galega]], procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2021 ás 15:59

Modelo:ONG

A Mesa pola Normalización Lingüística é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Traxectoria

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].

En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].

Actividade

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Cartel da mesa pola normalización lingüística do xuízo a Carlos Callón na Audiencia Provincial da Coruña.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.

Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].

No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.[7]

Presidencia

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas