Wikipedia:Páxina de conversa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiquetas: Reversión manual Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
m Desfixéronse as edicións de 2001:8F8:183D:907F:4412:34F7:A8D3:3F02 (conversa); cambiado á última versión feita por कन्हाई प्रसाद चौरसिया Etiqueta: Reversión |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{outroshomónimos|para=unha pequena introdución ao máis básico das páxinas de conversa|Axuda:Introdución ás páxinas de conversa}} |
|||
{{Páxina informativa|WP:CONVERSA}} |
|||
Unha '''páxina de conversa''', ás veces tamén chamada '''páxina de discusión''', é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia. |
|||
A páxina de conversa asociada a un artigo leva por nome "Conversa:Exemplo", onde "Exemplo" é o nome do artigo. Por exemplo, a páxina de conversa do artigo [[Australia]] será [[Conversa:Australia]]. Pola súa banda, as páxinas de conversa asociadas a páxinas noutros [[Wikipedia:Espazo de nomes|espazos de nomes]] engaden "Conversa" antes do espazo de nomes; por exemplo, a páxina de conversa de [[Wikipedia:Acerca de]] será [[Conversa Wikipedia:Acerca de]]. |
|||
As [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxinas de usuario]] tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, [[Conversa usuario:Agremon]]). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe [[Especial:A miña conversa|na túa páxina de conversa]]. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un [[#Ten mensaxes novas|aviso informativo de cor laranxa]] decontado. |
|||
== Acceso ás páxinas de conversa == |
== Acceso ás páxinas de conversa == |
||
[[Ficheiro:Wiki discussion tab-gl.PNG|miniatura|dereita|A lapela da conversa.]] |
[[Ficheiro:Wiki discussion tab-gl.PNG|miniatura|dereita|A lapela da conversa.]] |
Revisión actual feita o 24 de agosto de 2021 ás 02:41
Esta é unha páxina informativa da Galipedia.
Describe prácticas editoriais establecidas da comunidade nalgún aspecto concreto, ou detalla aspectos das normas e usos habituais dentro da Galipedia. |
Unha páxina de conversa, ás veces tamén chamada páxina de discusión, é unha páxina que os editores poden empregar para debater sobre as melloras que se poden facer nun artigo ou en calquera outra páxina da Wikipedia.
A páxina de conversa asociada a un artigo leva por nome "Conversa:Exemplo", onde "Exemplo" é o nome do artigo. Por exemplo, a páxina de conversa do artigo Australia será Conversa:Australia. Pola súa banda, as páxinas de conversa asociadas a páxinas noutros espazos de nomes engaden "Conversa" antes do espazo de nomes; por exemplo, a páxina de conversa de Wikipedia:Acerca de será Conversa Wikipedia:Acerca de.
As páxinas de usuario tamén teñen as súas páxinas de conversa asociadas (por exemplo, Conversa usuario:Agremon). Cando os outros editores queren poñerse en contacto contigo, o normal é que o fagan deixando unha mensaxe na túa páxina de conversa. Se alguén che deixou unha mensaxe verás un aviso informativo de cor laranxa decontado.
Acceso ás páxinas de conversa[editar a fonte]
As ligazóns que levan ata as páxinas de conversa están sinalizadas mediante unha lapela co texto "Conversa", localizada na parte superior das páxinas. Ao premeres sobre esta lapela cambias á páxina de conversa; funciona do mesmo xeito ca a meirande parte das páxinas presentes na Wikipedia: podes ollar o seu historial e editala se queres engadir un comentario ou expoñer unha dúbida.
Se a ligazón "Conversa" aparece en vermello significa que ninguén comezou aínda ningún fío de conversa. O sistema de lapelas serve tamén para regresar desde a páxina de conversa ata o artigo, ata a páxina de usuario ou ata calquera á que a conversa estea asociada.
Uso das páxinas de conversa[editar a fonte]
Seccións[editar a fonte]
Para comezar unha conversa sobre un tema novo, cree unha sección nova escribindo nunha liña isto: == Cabeceira ==, substituíndo "Cabeceira" por un título axeitado para o tema que se vai tratar. Cómpre lembrar que as novas discusións van ao final da páxina. Tamén podes empregar a lapela co texto "Engadir un novo comentario", na parte superior, que fai todo iso automaticamente.
Para seguir o fío dunha conversa en progreso, engade o teu comentario debaixo da última entrada na conversa. Se o que queres é responder á intervención doutro usuario, sitúa a túa resposta directamente debaixo desa. Ao levar a cabo estas prácticas, ten en conta os consellos sobre o uso de sangría, expostos máis abaixo.
Asina as mensaxes[editar a fonte]
Deberías asinar as túas intervencións en todas as páxinas de conversa. O xeito máis cómodo de facelo é escribindo catro tiles (~~~~) ao final do comentario ou premer no botón coa sinatura () presente na caixa de edición. Isto converterá automaticamente o código nunha sinatura co teu nome de usuario e a data e mais a hora. (O estilo da túa sinatura pódelo cambiar nas preferencias.)
Sangría[editar a fonte]
A sangría emprégase para facer a lectura máis doada e mellorar así o seguimento das conversas. Os comentarios levan sangría para sinalar que son respostas a outros comentarios.
O modo de provocar a sangría é engadindo dous puntos (:) ao comezo da liña. Cantas máis veces repitas os signos de puntuación, máis sangría terá o teu texto.
O primeiro comentario dunha sección non vai con sangría. A partir de aí, o máis recomendable é darlle á túa resposta un nivel máis de sangrado ca o que ten o comentario feito pola persoa á que contestas.
A continuación hai un exemplo de debate nunha páxina de conversa onde se ve o uso da sangría. Á esquerda aparece o texto que se escribiría na caixa de edición, mentres que á dereita está o resultado.
Que tal a sopa? --[[Usuario:Afonso]] :Está moi boa!! --[[Usuario:Ana]] ::Fíxena eu! --[[Usuario:Afonso]] Movamos a discusión a [[Conversa:Sopa]]. --[[Usuario:Ana]] :Non estou de acordo. --[[Usuario:Xoán]] |
Que tal a sopa? --Usuario:Afonso
Movamos a discusión a Conversa:Sopa. --Usuario:Ana
|
Cando un debate longo ten demasiada sangría, é probable que o exceso de sangría acabe por dificultar a lectura máis ca facilitala. O normal é que o editor que se decate disto "comece de novo" respondendo sen sangría ningunha. Nestes casos, pódese empregar o modelo {{Sen sangría}}, que axuda á sinalización.
Ten mensaxes novas[editar a fonte]
Despois de que alguén edite a súa páxina de conversa de usuario, verás automaticamente unha alerta como a que aparece a continuación.
Este aviso aparecerá en todas as páxinas que visites ata que leas a mensaxe que che deixaron.
- Se premes sobre "páxina de conversa" irás directamente á túa páxina de conversa.
- Se premes sobre "Mostrar os cambios" verás as diferenzas que provocou a última edición.
Subpáxinas e arquivos[editar a fonte]
Ás veces, algúns debates en particular poden xerar unha cantidade desproporcionada de mensaxes nunha páxina de conversa. Nestes casos, a mellor opción pode ser trasladar a discusión a unha subpáxina da mesma páxina de conversa. Para facelo, o procedemento é crear unha páxina titulada "Conversa:Xxx/Yyy", onde "Conversa:Xxx" é o nome da páxina de conversa principal e "Yyy" indica o tema da subpáxina. Así e todo, cómpre deixar unha nota informativa na páxina de conversa orixinal cunha ligazón á subpáxina.
Por outra banda, aquelas páxinas de conversa que xeran importantes cantidades de mensaxes, as discusións vellas deben trasladarse ata un arquivo para que o tamaño da páxina de conversa non a faga pouco manexable. Débese utilizar o modelo {{Arquivos}} ao comezo da páxina de conversa para incluír unha caixa con ligazóns cara aos diferentes arquivos; porén, é importante seguir a sintaxe adecuada.
Citar contidos dun artigo[editar a fonte]
Ás veces é necesario mostrar unha oración ou parágrafo sacado do artigo para que os outros editores poidan entender facilmente daquilo que se fala.
Unha maneira doada de facer isto é mediante o modelo {{Cita}}. Escribe {{Cita|Oración ou parágrafo citado do artigo.}} para producir o seguinte:
Oración ou parágrafo citado do artigo.
Volver á páxina de axuda. |