Ducado de Neopatria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34: Liña 34:
== Historia ==
== Historia ==


Cando o rei grego de [[Tesalia]], [[Xoán II Ducas]], morreu en [[1318]] sen herdeiro, os seus dominios caeron na anarquía. Os [[almogávares]] da [[Gran Compañía catalá]], comandados polo infante [[Afonso Federico de Aragón]] (tamén coñecido como Afonso Federico de Sicilia, que conquistaran recentemente, na [[batalla de Halmyros]], a maior parte do sur de [[Tesalia]], no que fundaron o [[Ducado de Atenas]], aproveitaron a situación para proseguir cara ao norte.{{sfn|Nicol|2010|pp = 80-101}} {{sfn|Fine|1994|p = 243}} {{sfn| Koder|Hild|1976|p = 74}}
Cando o rei grego de [[Tesalia]], [[Xoán II Ducas]], morreu en [[1318]] sen herdeiro, os seus dominios caeron na anarquía. Os [[almogávares]] da [[Gran Compañía catalá]], comandados polo infante [[Afonso Frederico de Aragón]] (tamén coñecido como Afonso Frederico de Sicilia, que conquistaran recentemente, na [[batalla de Halmyros]], a maior parte do sur de [[Tesalia]], no que fundaron o [[Ducado de Atenas]], aproveitaron a situación para proseguir cara ao norte.{{sfn|Nicol|2010|pp = 80-101}} {{sfn|Fine|1994|p = 243}} {{sfn| Koder|Hild|1976|p = 74}}


Os cataláns tomaron a cidade de [[Neopatria]] en [[1319]], e en [[1325]] tamén conquistaron [[Zetounion]], [[Loidoriki]], [[Siderokastron]] e [[Vitrinitsa]], así como, ao parecer, e brevemente, [[Domokos]], [[Gardiki, Phthiotis|Gardiki]] e [[Pharsalus]].{{sfn|Nicol|2010|pp = 80-101}} {{sfn|Fine|1994|p = 243}} {{sfn| Koder|Hild|1976|p = 74}}
Os cataláns tomaron a cidade de [[Neopatria]] en [[1319]], e en [[1325]] tamén conquistaron [[Zetounion]], [[Loidoriki]], [[Siderokastron]] e [[Vitrinitsa]], así como, ao parecer, e brevemente, [[Domokos]], [[Gardiki, Phthiotis|Gardiki]] e [[Pharsalus]].{{sfn|Nicol|2010|pp = 80-101}} {{sfn|Fine|1994|p = 243}} {{sfn| Koder|Hild|1976|p = 74}}
Liña 62: Liña 62:


== Lista de duques de Neopatria ==
== Lista de duques de Neopatria ==
* [[Afonso Fadrique]], fillo bastardo de [[Federico II de Sicilia]], ([[1319]]-[[1338]]).
* [[Afonso Fadrique]], fillo bastardo de [[Frederico II de Sicilia]], ([[1319]]-[[1338]]).
* [[Xoán de Sicilia]], fillo de Federico II de Sicilia, ([[1338]]-[[1348]]).
* [[Xoán de Sicilia]], fillo de Frederico II de Sicilia, ([[1338]]-[[1348]]).
* [[Federico I de Atenas]], fillo de Xoán II de Sicilia, ([[1348]]-[[1355]]).
* [[Frederico I de Atenas]], fillo de Xoán II de Sicilia, ([[1348]]-[[1355]]).
* [[Federico III de Sicilia]], [[rei de Sicilia]], casado con [[Constanza de Aragón e Navarra|Constanza de Aragón]] (filla de [[Pedro IV de Aragón]]), e primo de Federico I de Atenas, ([[1355]]-[[1377]]).
* [[Frederico III de Sicilia]], [[rei de Sicilia]], casado con [[Constanza de Aragón e Navarra|Constanza de Aragón]] (filla de [[Pedro IV de Aragón]]), e primo de Frederico I de Atenas, ([[1355]]-[[1377]]).
* [[María de Sicilia]], [[Reino de Sicilia|raíña de Sicilia]], filla de Federico III de Sicilia, ([[1377]]-[[1381]]).
* [[María de Sicilia]], [[Reino de Sicilia|raíña de Sicilia]], filla de Frederico III de Sicilia, ([[1377]]-[[1381]]).
* [[Pedro IV de Aragón]], [[rei de Aragón]], ([[1381]]-[[1390]]).
* [[Pedro IV de Aragón]], [[rei de Aragón]], ([[1381]]-[[1390]]).
: ''Os ducados de Atenas e Neopatria tiveron diferentes Vigarios'':
: ''Os ducados de Atenas e Neopatria tiveron diferentes Vigarios'':
Liña 72: Liña 72:
:: [[Roger de Lauria]] (ou de Lloria, fillo de [[Joan de Lloria i d'Amichi]] e sobriño do almirante [[Roger de Lloria i d'Amichi|Roger de Llúria]], (1367-1370).<ref>Enciclopèdia Catalana: [http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?NDCHEC=0038056&BATE=Lloria Llinatge de Llòria]</ref> {{sfn|Rubió i Lluch|1912}} O almirante siciliano Roger de Llúria é coñecido na bibliografía de varios países (España, Francia, Portugal, Italia) como Roger (ou Rogério, ou Ruggiero) '''de Lauria'''.{{sfn|Infiesta Pérez|2003}}
:: [[Roger de Lauria]] (ou de Lloria, fillo de [[Joan de Lloria i d'Amichi]] e sobriño do almirante [[Roger de Lloria i d'Amichi|Roger de Llúria]], (1367-1370).<ref>Enciclopèdia Catalana: [http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?NDCHEC=0038056&BATE=Lloria Llinatge de Llòria]</ref> {{sfn|Rubió i Lluch|1912}} O almirante siciliano Roger de Llúria é coñecido na bibliografía de varios países (España, Francia, Portugal, Italia) como Roger (ou Rogério, ou Ruggiero) '''de Lauria'''.{{sfn|Infiesta Pérez|2003}}
:: [[Mateu de Peralta]]
:: [[Mateu de Peralta]]
:: [[Luís Federico de Aragón]], conde de Salona e vigairo de Federico III de Sicilia (1375-1380). En [[1379]] ofreceu o Ducado ao rei Pedro IV de Aragón, o cal confirmouno como vigairo seu.
:: [[Luís Frederico de Aragón]], conde de Salona e vigairo de Frederico III de Sicilia (1375-1380). En [[1379]] ofreceu o Ducado ao rei Pedro IV de Aragón, o cal confirmouno como vigairo seu.
:: [[Dalmau VI de Rocabertí]] ou Dalmau IV, visconde de Rocabertí.
:: [[Dalmau VI de Rocabertí]] ou Dalmau IV, visconde de Rocabertí.
:: [[Bernat de Cordella]].
:: [[Bernat de Cordella]].

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2021 ás 08:55

Coordenadas: 38°39′6″N 22°18′21″L / 38.65167, -22.30583 Modelo:País desaparecido

O Ducado de Neopatria foi un estado feudal medieval situado en Grecia, na rexión de Tesalia, centrado na cidade de Neopatria, en grego Νέαι Πάτραι (Néai Pátrai), (actual Ypati).

Tratábase dun Estado cruzados creado tras o saqueo e a conquista do Imperio bizantino durante a Cuarta Cruzada.

Historia

Cando o rei grego de Tesalia, Xoán II Ducas, morreu en 1318 sen herdeiro, os seus dominios caeron na anarquía. Os almogávares da Gran Compañía catalá, comandados polo infante Afonso Frederico de Aragón (tamén coñecido como Afonso Frederico de Sicilia, que conquistaran recentemente, na batalla de Halmyros, a maior parte do sur de Tesalia, no que fundaron o Ducado de Atenas, aproveitaron a situación para proseguir cara ao norte.[1] [2] [3]

Os cataláns tomaron a cidade de Neopatria en 1319, e en 1325 tamén conquistaron Zetounion, Loidoriki, Siderokastron e Vitrinitsa, así como, ao parecer, e brevemente, Domokos, Gardiki e Pharsalus.[1] [2] [3]

As partes central e setentrional de Tesalia quedaron en mans gregas baixo unha serie de magnates locais, algúnos dos cales recoñeceron a soberanía bizantina, como Stephen Gabrielopoulos de Trikala; outros, porén, como a familia de Maliasenos ao redor de Volos, dirixíronse aos cataláns para pedirlles o seu apoio.[1] [4]

Este territorio conquistado polos cataláns, que foi elevado a Ducado, pasou a formar parte dun Estado catalán, xunto co Ducado de Atenas. Administrativamente estaba dividido nas capitanías de Siderocastron, Neopatria e Salonia. [5] [2] [3]

A pesar de que a zona foi repoboada por aragoneses e, sobre todo, cataláns, parte do territorio foi conquistado polos serbios de Stefan Uroš IV Dušan Nemanjić en 1337,[6] e os progresivos embates do Imperio bizantino foron diminuíndo pouco a pouco as posesións do ducado.

O título de "duque de Neopatria" foi asumido en 1377 polo rei Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso.[7]

Finalmente, en 1390, o Dcado caeu completamente en mans da República de Florencia. Rainiero ou Nerio Acciajuoli, que intentaba a conquista dos Ducados desde 1385, tomou a cidade e Atenas en 1388, e o Ducado de Neopatria en 1390. A partir deste momento os Ducados perteneceron á familia florentina dos Acciajuoli, até a súa conquista polo Imperio otomán. A partir de 1415 ambos os territorios pasaron a seren tributarios dos otománs]] que, finalmente, os anexionaron.[7] [8]

Organización político-militar-administrativa

A organización do novo Estado catalán en Grecia ilustra perfectamente a teoría do pacto entre o gobernante e o seu pobo, designado como un contrato, capítula et conventiones nas primeiras palabras do documento de 1312 para o Ducado de Atenas.

O rei Pedro IV de Aragón asumiu o título de duque de Neopatria en 1377.

A Compañía seguía sendo a dona legal das terras que conquistara, sobre as que agora retiña por dereito de conquista; pero buscando, quizais, unha base máis constitucional para a súa autoridade e unha ulterior protección en tempos de necesidade, entregara ao duque catalán de Sicilia, e volvera a recibir del, os sus feudos dos Ducados.

Porén, o gran enfeudamento de 1312, en virtude do cal o Duque viuse obrigado a confirmar a distribución das terras que a Compañía efectuara xa entre os seus membros, era, en gran parte, teórico, porque foi a Compañía a que lle concedeu o dominio ducal a el, e non el quen concedeu os feudos. Desde a época do seu primeiro establecemento en Grecia, a Compañía posuía tamén Capitula ou Estatutos escritos, redactados en catalán, e baseados en gran parte nas Constitucións de Cataluña e nos costumes de Barcelona. O chanceler poñía o selo da Compañía nos documentos máis importantes.

O duque de Atenas nomeaba ao vigairo xeneral (rexente) como xefe executivo do Ducado, que xuraba fidelidade ao duque en Sicilia, e á súa chegada a Atenas ou a Tebas (capitais do Ducado) o vigairo prestaba xuramento ante os representantes da Compañía de que cumpriría cos deberes do seu cargo, segundo os Capítulos da Compañía. Porén, o duque adquiriu rapidamente o dereito de nomear ao principal cargo militar no Estado catalán, o de Mariscal do Ducado (Marescalcus ducatus) ou, despois de que en 1319, Afonso Fadrique engadise o ducado de Neopatria ao de Atenas, o de Mariscal dos Ducados (Marescalcus exercitus ducatuum). Os cargos máis importantes, incluído o de Mariscal, estaban reservados aos cataláns.

Tebas e Atenas eran as capitais do ducado de Atenas. Os cataláns en Atenas organizaron unha corporación municipal, cos seus propios oficiais civís e militares (capitá, veguer, castellá) e cos seus propios síndicos, homes de prol e consello municipal. A cidade de Neopatria, a capital do Ducado setentrional, era gbernada por un capitán, e un castelán tiña o mando da gornición do castelo; as condicións de Neopatria, debido ao seu semi-illamento no norte, eran en certa maneira especiais, polo que a autoridade residía case directamente no duque soberano de Sicilia e, despois de 1381, nos monarcas da Coroa de Aragón.[9]

Lista de duques de Neopatria

Os ducados de Atenas e Neopatria tiveron diferentes Vigarios:
Mateu de Montcada i Sclafani [10]
Roger de Lauria (ou de Lloria, fillo de Joan de Lloria i d'Amichi e sobriño do almirante Roger de Llúria, (1367-1370).[11] [10] O almirante siciliano Roger de Llúria é coñecido na bibliografía de varios países (España, Francia, Portugal, Italia) como Roger (ou Rogério, ou Ruggiero) de Lauria.[12]
Mateu de Peralta
Luís Frederico de Aragón, conde de Salona e vigairo de Frederico III de Sicilia (1375-1380). En 1379 ofreceu o Ducado ao rei Pedro IV de Aragón, o cal confirmouno como vigairo seu.
Dalmau VI de Rocabertí ou Dalmau IV, visconde de Rocabertí.
Bernat de Cordella.

O título na actualidade

O título de duque de Neopatria, a pesar de que o seu territorio fora anexionado a comezos de Idade Moderna polo Imperio bizantino, foi conservado dentro das prerrogativas reais dos monarcas españois da Casa de Austria até o reinado de Carlos II. E ao longo do tempo foi conservado entre os títulos oficiais de todosos monarcas españois, polo que corresponde na actualidade ao rei de España, polo que hoxe recae na figura de Filipe VI de España.[13]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Nicol 2010, pp. 80-101.
  2. 2,0 2,1 2,2 Fine 1994, p. 243.
  3. 3,0 3,1 3,2 Koder & Hild 1976, p. 74.
  4. Fine 1994, p. 246.
  5. Nicol 2010, pp. 80, 101.
  6. Fine 1994, p. 398.
  7. 7,0 7,1 Koder & Hild 1976, p. 76.
  8. Fine 1994, pp. 401–402.
  9. Los Almogávares y el Ducado Catalán de Atenas (1311-1385), no blog Reyes y Dinastías (en castelán).
  10. 10,0 10,1 Rubió i Lluch 1912.
  11. Enciclopèdia Catalana: Llinatge de Llòria
  12. Infiesta Pérez 2003.
  13. Títulos del rey de España en monarquiaespanola.es

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas