Emma Goldman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 30: Liña 30:
[[Ficheiro:Nikolay Chernyshevsky.jpg|esquerda|miniatura|186x186px|A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman.]]
[[Ficheiro:Nikolay Chernyshevsky.jpg|esquerda|miniatura|186x186px|A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman.]]
Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa de [[San Petersburgo]], onde o seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda de corsés.<ref>Chalberg (1991), p. 15</ref> Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro de francés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, cortar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 12</ref>
Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa de [[San Petersburgo]], onde o seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda de corsés.<ref>Chalberg (1991), p. 15</ref> Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro de francés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, cortar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 12</ref>
Con todo, Goldman procurouse unha educación independente pola súa conta e, axiña, comezou a estudar a situación política ao seu redor. Estaba, especialmente, interesada nos [[nihilistas]], responsables de asasinar a [[Alexandre II de Rusia]]. A confusión resultante intrigou a Goldman, aínda que ela non acaba de de comprender a situación política desa época. Foi coa lectura da obra Что делать (1863) -en [[Lingua galega|galego]], ''Que se debe facer''?- de [[Nikolai Chernyshevskii]] cando atopou un modelo a seguir na protagonista, Vera. A partir da lectura, Goldman, adopta a filosofía nihilista e escapa da súa represiva familia para vivir libremente e organizar unha cooperativa de costura. O libro cativou a Goldman e seguiu sendo unha fonte de inspiración durante toda a súa vida.<ref>Wexler (1984), pp. 23-26</ref>
Con todo, Goldman procurouse unha educación independente pola súa conta e, axiña, comezou a estudar a situación política ao seu redor. Estaba, especialmente, interesada nos [[nihilistas]], responsables de asasinar a [[Alexandre II de Rusia]]. A confusión resultante intrigou a Goldman, aínda que ela non acaba de comprender a situación política desa época. Foi coa lectura da obra Что делать (1863) -en [[Lingua galega|galego]], ''Que se debe facer''?- de [[Nikolai Chernyshevskii]] cando atopou un modelo a seguir na protagonista, Vera. A partir da lectura, Goldman, adopta a filosofía nihilista e escapa da súa represiva familia para vivir libremente e organizar unha cooperativa de costura. O libro cativou a Goldman e seguiu sendo unha fonte de inspiración durante toda a súa vida.<ref>Wexler (1984), pp. 23-26</ref>


Mentres tanto, o seu pai seguía insistindo nun futuro doméstico para ela e tratou de arranxar o seu casamento á idade de quince anos. Pelexaban polo problema constantemente; mentres el se queixaba de que se estaba a converter nunha muller "solteira", ela insistía en que casaría só por amor.<ref name="Chalberg 1991, p. 16">Chalberg (1991), p. 16</ref> Na tenda de corsés, viuse obrigada a se defender das proposicións non desexadas dos oficiais rusos e doutros homes. Un pretendente persistente levouna a unha habitación de hotel e cometeu o que Goldman describiu como "contacto violento";<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 22</ref> dous biógrafos chámano [[violación]].<ref name="Chalberg 1991, p. 16"/><ref>Falk (1990), p. 14</ref> Ela sorprendeuse pola experiencia, conmocionada "polo descubrimento de que o contacto entre home e muller puidera ser tan brutal e doloroso".<ref name=":2">Goldman (''Living'', 1970), p. 23</ref> Goldman considerou que ese encontro marcou para sempre as súas interaccións cos homes.<ref name=":2" />
Mentres tanto, o seu pai seguía insistindo nun futuro doméstico para ela e tratou de arranxar o seu casamento á idade de quince anos. Pelexaban polo problema constantemente; mentres el se queixaba de que se estaba a converter nunha muller "solteira", ela insistía en que casaría só por amor.<ref name="Chalberg 1991, p. 16">Chalberg (1991), p. 16</ref> Na tenda de corsés, viuse obrigada a se defender das proposicións non desexadas dos oficiais rusos e doutros homes. Un pretendente persistente levouna a unha habitación de hotel e cometeu o que Goldman describiu como "contacto violento";<ref>Goldman (''Living'', 1970), p. 22</ref> dous biógrafos chámano [[violación]].<ref name="Chalberg 1991, p. 16"/><ref>Falk (1990), p. 14</ref> Ela sorprendeuse pola experiencia, conmocionada "polo descubrimento de que o contacto entre home e muller puidera ser tan brutal e doloroso".<ref name=":2">Goldman (''Living'', 1970), p. 23</ref> Goldman considerou que ese encontro marcou para sempre as súas interaccións cos homes.<ref name=":2" />

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2021 ás 21:03

Infotaula de personaEmma Goldman

(1911) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1869 Editar o valor em Wikidata
Kaunas (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIllinois
Haymarket Martyrs' Monument (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido (1925–)
Estados Unidos de América (1887–1908)
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactivista política , activista pola paz , editora , autobiógrafa , enfermeira , escritora , conferenciante , filósofa política (pt) Traducir , activista polos dereitos das mulleres , anarquista , xornalista , filósofa Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa, lingua alemá, lingua rusa e Lingua yiddish Editar o valor em Wikidata
Participou en
1 de abril de 1939guerra civil española Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
CónxuxeJacob Kershner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaAlexander Berkman Editar o valor em Wikidata
ParentesStella Cominsky Ballantine (en) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Condenado porEspionage Act of 1917 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4521441 iTunes: 290824229 Musicbrainz: 9866c58f-50c7-429d-b9b3-75c745fb2ff6 Discogs: 1226777 WikiTree: Goldman-827 Find a Grave: 401 Editar o valor em Wikidata

Emma Goldman, nada en Kaunas (daquela, chamada Kovno), Imperio ruso, o 27 de xuño de 1869[1] e finada en Toronto (Canadá) o 14 de maio de 1940,[2] foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa. Tivo un papel fundamental no desenvolvemento da filosofía anarquista da primeira metade do século XX na América do Norte e Europa e introduciu ideas feministas no pensamento anarquista.

De orixe lituana, en 1885 emigrou a Nova York (Estados Unidos) onde coñeceu o anarquismo[3] e do que formaría parte trala revolta de Haymarket. En Nova York, Goldman convértese nunha ensaísta e escritora de sona da filosofía anarquista e anticapitalista e redacta artigos sobre a emancipación da muller, os problemas sociais e a loita sindical.[3] Ela mais o tamén escritor anarquista Alexander Berkman, o seu amante e compañeiro de toda a vida, planearon o asasinato de Henry Clay Frick como un acto de propaganda polo feito. Aínda que Frick sobreviviu ó ataque, Berkman foi condenado a vinte anos de cadea.[4] Goldman foi arrestada varias veces por "alentar motíns" e pola distribución ilegal de información sobre a anticoncepción.[5]  En 1906, Goldman fundou o xornal anarquista Mother Earth (en galego, Nai Terra).[6]

En 1917, Goldman e Berkman foron condenados a dous anos de prisión por conspirar para "inducir as persoas a fuxir" do servizo militar obrigatorio, que se establecera había pouco tempo nos Estados Unidos. Tras ser liberados da prisión, foron detidos de novo xunto con centos doutros progresistas e, a seguir, Emma foi deportada a Rusia durante a Revolución rusa. Inicialmente, simpatizou coa revolución bolxevique, mais decontado expresou a súa oposición ó uso da violencia por parte dos soviets e a represión das voces independentes. En 1919, expulsada de novo dos Estados Unidos pola súa intensa actividade política retornou a Rusia, mais volveu abandonar o país por disentir do rumbo autoritario tomado polo goberno bolxevique. En 1923, escribiu sobre as súas experiencias entre os bolxeviques, que forman o libro My Disillusionment in Russia (en galego, A miña desilusión con Rusia). Pasou uns anos en Inglaterra, Canadá e o sur de Francia , onde escribiu a súa autobiografía Living My Life (en galego, Vivindo a miña vida).[7] Ao comezo da Guerra Civil española, en 1936, con máis de 60 anos, viaxou a España para apoiar a revolución anarquista.[8]

Ao longo da súa vida, Goldman foi celebrada polos seus admiradores como libre pensadora e "muller rebelde", e ridiculizada polos seus opoñentes como defensora do asasinato de políticos e de revolucións violentas[9]. Os seus escritos e conferencias abranguen unha gran variedade de temas, incluíndo o sistema penal,[10] o ateísmo,[11] a liberdade de expresión,[12] o militarismo, o capitalismo,[13] o matrimonio e a emancipación da muller. Ademais, desenvolveu novas maneiras de incorporar políticas de xénero no anarquismo.[14]

Tras décadas de escuridade, na década de 1970, a vida e obra de Emma Goldman volveron facerse coñecidas na medida que as académicas feministas e anarquistas se foron interesando pola súa figura. Este interese deu lugar a unha nova onda de divulgación do seu legado, con publicacións dos seus artigos e reedicións dos seus libros, e con citas e imaxes súas estampadas en camisetas e carteis. Atribúenselle varias frases rechamantes do anarquismo, entre elas a famosa frase capaz de definir de maneira simple a idea anarquista da liberdade:[15]

Se non podo bailar, non é a miña revolución.

Traxectoria

Orixes

A familia de Emma Goldman formaba parte dunha comunidade de xudeus ortodoxos que vivía na cidade lituana de Kaunas -entón Kovno-, e formaba parte do Imperio ruso.[16] A nai de Goldman, Taube Bienowitch, casara, primeiramente, cun home con quen tivera dúas fillas: Helena en 1860 e Lena en 1862. Cando o seu primeiro marido morreu de tuberculose, Taube afundiuse. Goldman escribiu máis tarde: "Todo o amor que ela tiña morrera co mozo con quen casou aos 15 anos".[17]

O segundo matrimonio de Taube foi arranxado pola súa familia e, tal como o Emma definiu, foi "bastante diferente do primeiro".[17] O segundo marido da súa nai, Abraham Goldman, investiu a herdanza de Taube nun negocio que pronto fracasou. As dificultades, combinadas coa distancia emocional entre marido e muller, crearon un ambiente de tensión no fogar. Cando Taube quedou embarazada, Abraham desexou desesperadamente que o bebé fose un neno. Segundo el, unha filla só serviría como outro sinal de fracaso.[18] Máis tarde, tivo tres fillos, pero o primeiro fillo que tiveron en común foi en realidade unha nena, Emma.[Nota 1]

Emma Goldman naceu o 27 de xuño de 1869. O seu pai empregaba a violencia para castigar os fillos, golpeándoos cando desobedecían. Utilizaba un látego soamente con Emma, a máis rebelde.[19] Moi ocasionalmente, a súa nai intervira para pedir a Abraham que moderase as malleiras.[20] Goldman, máis tarde, especulou sobre se o temperamento rabioso do seu pai non sería, polo menos en parte, resultado dunha frustración sexual.[17]

As relacións coas súas irmás tamén foron obxecto de estudo polo seu contraste. Con Helena, a maior, atopou o consolo que non atopaba na súa nai. Foi ela quen deu a Emma "todas as alegrías que por sorte tiven"[21] mentres, Lena, a mediana, era distante e desapiadada.[22] Ás tres irmás, sumáronse os irmáns Louis (que morreu con seis anos), Herman (nado en 1872) e Moshe (nado en 1879).[23]

Adolescencia

A familia de Emma Goldman, en San Petersburgo, Rusia 1882. De esquerda a dereita: Emma, ​​de pé; Helena, sentada, con Morris no colo; Taube, Herman e Abraham.

Cando Emma era nena, a familia Goldman mudouse ao pobo de Papilė (tamén en Lituania), onde o seu pai dirixía unha pousada. Mentres as súas irmás traballaban, fíxose amiga dun criado chamado Petrushka, quen espertou os seus "primeiros sentimentos eróticos".[24] Máis tarde, aínda en Papilė, viu a un campesiño sendo azoutado cun látego na rúa. Este evento traumatizouna e contribuíu ao seu desagrado para sempre pola autoridade violenta.[25]

Á idade de sete anos, Goldman mudouse coa súa familia á cidade prusiana de Königsberg (entón parte do Imperio alemán), e inscribiuse nunha escola estatal de secundaria. A escola foi un lugar onde abondaban os abusos. Así, un mestre castigaba os estudantes desobedientes, especialmente a Goldman, golpeándolles as mans cunha regra; igualmente, outro mestre trataba de abusar das súas alumnas mais foi despedido cando Goldman se defendeu. Por outra banda, tamén atopou un mentor comprensivo no seu mestre de lingua alemá, quen lle prestou os seus libros e a levou a unha ópera. Goldman, que era unha estudante apaixonada, aprobou o exame de admisión no instituto, mais o seu profesor de relixión negouse a proporcionarlle un certificado de boa conduta impedindo así que fose admitida.[26]

A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman.

Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa de San Petersburgo, onde o seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda de corsés.[27] Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro de francés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, cortar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".[28] Con todo, Goldman procurouse unha educación independente pola súa conta e, axiña, comezou a estudar a situación política ao seu redor. Estaba, especialmente, interesada nos nihilistas, responsables de asasinar a Alexandre II de Rusia. A confusión resultante intrigou a Goldman, aínda que ela non acaba de comprender a situación política desa época. Foi coa lectura da obra Что делать (1863) -en galego, Que se debe facer?- de Nikolai Chernyshevskii cando atopou un modelo a seguir na protagonista, Vera. A partir da lectura, Goldman, adopta a filosofía nihilista e escapa da súa represiva familia para vivir libremente e organizar unha cooperativa de costura. O libro cativou a Goldman e seguiu sendo unha fonte de inspiración durante toda a súa vida.[29]

Mentres tanto, o seu pai seguía insistindo nun futuro doméstico para ela e tratou de arranxar o seu casamento á idade de quince anos. Pelexaban polo problema constantemente; mentres el se queixaba de que se estaba a converter nunha muller "solteira", ela insistía en que casaría só por amor.[30] Na tenda de corsés, viuse obrigada a se defender das proposicións non desexadas dos oficiais rusos e doutros homes. Un pretendente persistente levouna a unha habitación de hotel e cometeu o que Goldman describiu como "contacto violento";[31] dous biógrafos chámano violación.[30][32] Ela sorprendeuse pola experiencia, conmocionada "polo descubrimento de que o contacto entre home e muller puidera ser tan brutal e doloroso".[33] Goldman considerou que ese encontro marcou para sempre as súas interaccións cos homes.[33]

Emma Goldman en 1886

Estados Unidos

En 1885, a súa irmá Helena fixo plans para mudarse a Nova York nos Estados Unidos para se unir á súa irmá Lena e ao seu esposo. Goldman quería marchar canda súa irmá, mais o seu pai negouse a permitilo non atendendo á oferta de Helena de pagarlle a viaxe. Emma, desesperada, ameazou con se botar ao río Nevá se non podía ir polo que o seu pai rematou por ceder. O 29 de decembro de 1885, Helena e Emma chegaron ao Castle Garden da cidade de Nova York, a entrada para inmigrantes.[34] Establecéronse no norte do estado, vivindo na casa de Rochester que Lena fixera co seu esposo Samuel. Un ano despois, fuxindo do crecente antisemitismo de San Petersburgo, os seus pais e irmáns uníronse a eles.

Goldman comezou a traballar como costureira, cosendo abrigos durante máis de dez horas ao día, gañando dous dólares e medio á semana. Cando foi pedir un aumento e lle foi denegado abandonou o traballo e marchou traballar a unha tenda pequena próxima.[35] No seu novo traballo, Goldman coñeceu a un compañeiro de traballo chamado Jacob Kershner, quen compartiu o seu amor polos libros, o baile e as viaxes, así como a súa frustración coa monotonía do traballo na fábrica. Despois de catro meses, casaron en febreiro de 1887.[36] Ao se mudar a vivir coa familia de Goldman, a súa relación cambaleouse pois, na noite de vodas, Emma descobre que el era impotente, polo que se volveron emocional e fisicamente distantes. Mentres tanto, ela estaba cada vez máis comprometida coa axitación política que a rodeaba, particularmente as secuelas das execucións relacionadas co caso da revolta de Haymarket de 1886 en Chicago e a filosofía política antiautoritaria do anarquismo. Menos dun ano despois da voda, a parella divorciouse; Kershner suplicoulle a Goldman que regresase e ameazou con envelenarse se non o facía. Volveron xuntarse pero, despois de tres meses, ela foise unha vez máis. A pesar da separación, Goldman e Kersner permaneceron legalmente casados, o que garantiu que Goldman mantivese a cidadanía estadounidense.[37] Porén, os seus pais consideraron o seu comportamento como "inmoral" e negáronse a permitir que Goldman entrase na súa casa.[38] Emma abandonou Rochester para se dirixir a Nova York coa súa máquina de coser e unha bolsa con cinco dólares.[39]

Emma Goldman e Alexander Berkman (foto polo 1917-1919)

Most e Berkman

No seu primeiro día na cidade, Goldman coñeceu a dous homes que cambiaron enormemente a súa vida. En Sachs's Café, un lugar de reunión para radicais, presentáronlle a Alexander Berkman, un anarquista que a convidou a un discurso público esa noite. Foron escoitar a Johann Most, editor dunha publicación radical chamada Die Freiheit que era defensor da "propaganda polo feito", o uso da violencia para instigar o cambio.[40] A Emma impresionouna a súa oratoria dura e apaixonada. A partir dese día, Most tomouna baixo a súa protección e formouna nos métodos do discurso político e animouna dicíndolle que ela "tomaría o meu lugar cando me teña que marchar".[41] Unha das súas primeiras conversacións públicas en apoio da "Causa" foi en Rochester. Despois de convencer a Helena de que non lles dixese nada aos seus pais o seu discurso, unha vez no escenario, Goldman quedou en branco. Máis tarde escribiu, de súpeto:

De súpeto, algo raro sucedeu. Nun instante vino claro: cada incidente dos meus tres anos en Rochester: a fábrica de Garson, o seu traballo pesado e a humillación, o fracaso do meu matrimonio, o crime de Chicago ... Comecei a falar. As palabras que nunca antes me escoitou pronunciar saíron, cada vez máis rápido. Chegaron con intensidade apaixonada ... A audiencia desaparecera, o salón en si desaparecera; só era consciente das miñas propias palabras, do meu canto extático.[42]
Tenda de xeados de Worcester, Massachusetts (fotografada en 2017)

Emocionada pola experiencia, Goldman refinou a súa personalidade pública durante os compromisos posteriores. Con todo, rapidamente se atopou discutindo con Most pola súa independencia. Despois dun discurso transcendental en Cleveland, sentiu que se convertera "nunha cotorra repetindo os puntos de vista de Most"[43] e resolveu expresarse por si mesma no escenario. Cando regresou a Nova York, Most enfureceuse e díxolle: "Quen non está comigo está na miña contra!".[44] A seguir, abandonou Die Freiheit e uniuse a outra publicación, Die Autonomie.[45]

Xa daquela, Goldman comezara unha amizade con Berkman, a quen ela cariñosamente chamaba Sasha. En pouco tempo fixéronse amantes e mudáronse a un apartamento comunal en Woodstock (Illinois) co seu curmán Modest "Fedya" Stein e a amiga de Goldman, Helen Minkin, na rúa 42.[46] Aínda que a súa relación tivo numerosas dificultades, Goldman e Berkman compartiron un vínculo estreito durante décadas, unidos polos seus principios anarquistas e o seu compromiso coa igualdade persoal.[47]

En 1892, Goldman uniuse a Berkman e a Stein para abrir unha xeadaría en Worcester, Massachusetts. Con todo, despois duns meses de traballar na tenda, Goldman e Berkman separáronse ao participar na folga de Homestead no oeste de Pennsylvania, preto de Pittsburgh.[48]

O incidente de Homestead

Goldman e Berkman creron que o asasinato do director de Carnegie Steel Company, Henry Clay Fricken (na foto) a xeito de represalia polo peche da fábrica "provocaría o terror na alma da súa clase" e "fomentaría as ideas do anarquismo entre o mundo"[49]

Un dos primeiros momentos que produciu un achegamento político entre Berkman e Goldman foi a folga de Homestead. En xuño de 1892, unha planta de aceiro en Homestead, Pensilvania, propiedade de Andrew Carnegie, converteuse no foco de atención nacional cando se interromperon as conversas entre a Carnegie Steel Company e a Amalgamated Association of Iron and Steel Workers (AA). O xerente da fábrica era Henry Clay Frick, un feroz opositor do sindicato. Cando, a finais de xuño, unha rolda final de conversacións fracasou, a xerencia pechou a planta despedindo os traballadores, quen inmediatamente se declararon en folga. A empresa introduciu crebafolgas e contratou gardas de Pinkerton para protexelos. O 6 de xullo, produciuse unha pelexa entre 300 gardas de Pinkerton e unha multitude de traballadores sindicais armados. Durante o tiroteo de doce horas, sete gardas e nove folguistas foron asasinados.[50]

Cando a maioría dos xornais da nación expresaron o seu apoio aos folguistas, Goldman e Berkman decidiron asasinar a Frick, como unha represalia que había "sementa-lo terror na alma da súa clase" e para "leva-las ensinanzas do anarquismo ante o mundo";[50] esperaban que fose unha acción que inspiraría os traballadores a rebelarse contra o sistema capitalista. Berkman decidiu levar a cabo o asasinato e ordenou a Goldman quedar para explicar os seus motivos despois de ir ao cárcere. El estaría a cargo do "feito"; ela da "palabra".[51] Berkman tentou facer unha bomba mais ó non conseguilo, dirixiuse a Pittsburgh para mercar unha pistola e un traxe de roupa "decente".

Mentres tanto, Goldman decidiu axudar a financiar o plan a través da prostitución. Lembrando o personaxe de Sonya na novela Crime e castigo de Fiódor Dostoievski (1866), reflexionou: "Converteuse nunha prostituta para manter os seus irmáns e irmás ... A sensible Sonya podía vender o seu corpo; por que non eu?".[52] Unha vez na rúa, Goldman chamou a atención dun home que a levou a un salón, comproulle unha cervexa, deulle dez dólares e díxolle que non tiña "a habilidade" e que deixase o negocio. Ela estaba "demasiado asombrada para falar".[52] Finalmente, decidiu escribirlle á súa irmá Helena, alegando unha enfermidade, e pediulle quince dólares.[53]

O 23 de xullo, Berkman obtivo acceso á oficina de Frick mentres levaba unha pistola oculta; disparou tres veces sobre Frick e apuñalouno na perna. Un grupo de traballadores, lonxe de unirse ao seu intento, golpeou a Berkman até deixalo inconsciente, e levárono á policía.[54][55][56] Berkman foi condenado por intento de asasinato e sentenciado a 22 anos de prisión.[4][57] A súa longa ausencia fixo moi difícil a vida de Goldman[56] pois a policía estaba certa da participación dela no complot e rexistrou o apartamento. Aínda que non atoparon probas, forzaron o propietario para que a desaloxase.

Por outra banda, o atentado non conseguira esperta-las masas: os traballadores e os anarquistas condenaron por igual a acción de Berkman. Johann Most, o seu antigo mentor, arremeteu contra Berkman e o intento de asasinato. Furiosa por estes ataques, Goldman levou un látego de xoguete a unha conferencia pública e esixiu, no escenario, que Most explicase a súa traizón. El botouna fóra, polo que ela golpeouno co látego, rompeullo no xeonllo e guindoulle-los pedazos.[58][59] Máis tarde, arrepentiuse do seu asalto e confesoulle a un amigo: "Con vinte e tres anos, un non razoa".[60]

Incitación á revolta

Emma Goldman (Union Square, Nova York en 1916) incitando os traballadores desempregados a adoptar medidas directas en vez de depender da caridade ou das axudas gobernamentais.

O ano seguinte, Estados Unidos sofreu unha das súas peores crises económicas que se coñece como "o pánico de 1893". A finais de ano, a taxa de desemprego era superior ao 20%[61] e as "manifestacións de fame" provocaron, ás veces, disturbios. Goldman comezou a dirixi-los seus discursos ás multitudes de homes e mulleres frustrados na cidade de Nova York. O 21 de agosto, nun mitin perante case 3.000 persoas en Union Square, alentou os traballadores desempregados a tomar medidas inmediatas. Hai diferentes versión sobre as súas palabras exactas: mentres, axentes encubertos insistiron en que alentou os presentes a "tomar todo ... pola forza"[62] Pero Goldman máis tarde contou esta mensaxe: "Xa que logo, manifestádevos fronte aos palacios dos ricos e demandade traballo. Se non vos dan traballo, esixide pan. Se vos negan todo, collede o pan".[63]

Unha semana máis tarde, Goldman foi arrestada en Filadelfia e devolta a Nova York para ser xulgada, acusada de "incitar a disturbios". Durante a viaxe en tren o detective sarxento ofreceulle retira-los cargos na súa contra se ela informaba sobre outros radicais da súa zona, ao que respondeu ´guindándolle un cubiño de xeo na cara. Mentres esperaba polo xuízo, recibiu a visita de Nellie Bly, unha reporteira do New York World, quen pasou falando dúas horas con Goldman e escribiu un artigo na súa defensa, alcumándoa como unha "moderna Xoana de Arco".[64]

A pesar desta publicidade positiva, o xurado foi persuadido polo testemuño de Jacobs, polas preguntas do fiscal de distrito asistente a Goldaman sobre o seu anarquismo e o ateísmo, e o xuíz cualificouna de "muller perigosa"[65] e foi sentenciada a un ano na Penitenciaría de Blackwell's Island. Unha vez dentro, ao sofrer un ataque de reumatismo foi enviada á enfermaría onde coñeceu e fíxose amiga dun médico visitante e comezou a estudar medicina. Tamén leu ducias de libros, incluíndo obras de escritores activistas estadounidenses como Ralph Waldo Emerson e Henry David Thoreau, do novelista Nathaniel Hawthorne, do poeta Walt Whitman e do filósofo John Stuart Mill[66]. Cando Goldman foi liberada, despois de dez meses, unha ruidosa multitude de case 3.000 persoas recibiuna no Teatro Thalia na cidade de Nova York. Pronto se viu abrumada polas solicitudes de entrevistas e conferencias.[67]

Penitenciaría da illa de Blackwell, onde estivo encarcerada Goldman.

Para gañar cartos, Goldman decidiu continuar traballando no que estudara en prisión. Con todo, os seus campos de especialización médica preferidos, a obstetricia e masaxes, non estaban dispoñibles para estudantes de enfermaría nos Estados Unidos. Marchou a Europa, dando conferencias en Londres, Glasgow e Edimburgo. Reuniuse con anarquistas de renome como Errico Malatesta, Louise Michel e Piotr Kropotkin. En Viena, recibiu dous diplomas para partería e comezou a empregalos, imediatamente, nos Estados Unidos.

Alternando entre conferencias e partería, Goldman realizou a primeira xira a través do país espallando o anarquismo. En novembro de 1899 regresou a Europa para falar, onde coñeceu ao anarquista checo Hippolyte Havel en Londres. Fóronse xuntos a Francia e axudaron a organizar o Congreso Anarquista Internacional de 1900 nos arredores de París.[68] Despois, Havel emigrou aos Estados Unidos, viaxando con ela a Chicago onde compartiron a residencia alí con amigos de Goldman.

O asasinato de McKinley

Aínda que Leon Czolgosz (na foto) insistira en que Goldman non participara no seu plan de asasinar o presidente dos Estados Unidos, William McKinley, foi detida durante dúas semanas.
Cartel publicado no Chicago Daily Tribune, o 8 de setembro de 1901, acusando a Emma Goldman de incitar a Leon Czolgosz de asasinar ao presidente McKinley.

O 6 de setembro de 1901, Leon Czolgosz, un obreiro parado, rexistrado como republicano, e cun historial de enfermidade mental, disparoulle dous tiros ao presidente estadounidense William McKinley durante unha conferencia pública en Buffalo (Nova York). McKinley foi ferido no esterno e o estómago; morreu oito días despois.[69] Czolgosz foi detido e interrogado durante 24 horas. Durante o interrogatorio, dixo que era un anarquista e que se inspirou para facer o que fixera despois de asistir a unha conferencia de Goldman. As autoridades utilizaron este pretexto para acusala de planear a acción. Seguírona até a residencia en Chicago que compartía con Havel e a parella de anarquistas Mary e Abe Isaak.[70][71] Goldman foi detida, xunto con Abe Isaak, Havel, e outros dez anarquistas.[72] Anteriormente, Czolgosz tentara sen éxito facer amizade con Goldman e os seus compañeiros. Durante unha charla en Cleveland (Ohio), Czolgosz achegouse a Goldman e pediulle consello sobre que libros debía ler. En xullo de 1901, aparecera na casa de Isaak, e fixera unha serie de preguntas infrecuentes. Supuxeron que era un infiltrado, como outros axentes que a policía enviara para espiar os grupos radicais. Eles mantivéronse distantes con el, e Abe Isaak enviou un aviso de advertencia aos seus amigos sobre "outro espía".[73] Aínda que Czolgosz negara repetidamente que Goldman estivese involucrada, a policía mantívoa baixo custodia, someténdoa ao que ela chamou o "terceiro grao".[74] Explicou a súa desconfianza cara a el, e quedou claro que non mantivera ningún contacto significativo con Czolgosz. Despois de dúas semanas de detención, e non podéndose atopar ningunha proba que unise Goldman co ataque, foi finalmente liberada. Antes da morte do presidente McKinley, Goldman ofreceuse a proporcionarlle coidados de enfermaría, referíndose a el como "simplemente un ser humano".[75] Czolgosz, pese ás considerables evidencias de enfermidade mental, foi declarado culpable de asasinato e executado.[73]

Mentres era retida e trala súa liberación, Goldman rexeitou rotundamente condenar a acción de Czolgosz, e quedou virtualmente soa nesta postura. Amigos e partidarios -tamén Berkman - pedíronlle que abandonase esta causa. Pero Goldman defendía a Czolgosz como "un ser supersensible" e rifou con outros anarquistas por abandonalo.[76] A prensa chamouna "a sacerdotisa do anarquismo",[77] mentres moitos xornais declaraban o movemento anarquista responsable do asasinato[78] e o sucesor de McKinley, Theodore Roosevelt, anunciou a súa intención de terminar "non só cos anarquistas, senón con todos os simpatizantes do anarquismo, activos e pasivos".[79] Por mor deste suceso, o socialismo comezou a ter máis apoios có anarquismo entre os radicais estadounidenses.

Mother Earth e a liberación de Berkman

Portada de Mother Earth

Despois de que Czolgosz fose executado, Goldman retirouse do mundo. Desprezada polos seus compañeiros anarquistas, vilipendiada pola prensa e separada do seu amor, Berkman, retirouse no anonimato e na enfermaría. "Foi amarga e difícil afrontar a vida de novo", escribiu máis tarde.[80] Usando o nome E. G. Smith, abandonou a vida pública e atendeu unha serie de traballos privados de enfermaría.[81] Non obstante, cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a Lei de exclusión anarquista (1903), unha nova onda de activismo aumentou para opoñerse a ela e Goldman foi atraída polo movemento. Unha coalición de persoas e organizacións de extrema esquerda do espectro político opúxose á lei porque consideraba que violaba a liberdade de expresión e volveu a oír a nación. Despois de que un anarquista inglés chamado John Turner fose arrestado por mor da Lei de exclusión anarquista, e ameazado coa deportación, Goldman uniu as forzas á Free Speech League (en galego, Liga a prol da Liberdade de Expresión) para apoia-la súa causa.[82] A liga contou coa axuda de notables avogados como Clarence Darrow e Edgar Lee Masters, que levaron o caso de Turner ao Tribunal Supremo estadounidense. Aínda que Turner e a Liga perderon, Goldman considerouno unha vitoria da propaganda.[83] Regresara ao activismo anarquista, pero isto estaba a afectala. "Nunca me sentín tan abafada", escribiulle a Berkman. "Témome que estou condenada para sempre a seguir sendo propiedade pública e que a miña vida se desgaste polo coidado da vida dos demais".[84]

Retrato de Berkman, na segunda edición do seu libro, Prison Memoirs of an anarquist. Publicado por Mother Earth Publishing Association, Nova York, 1920 (1ª edición, 1912).

En 1906, Goldman decidiu comezar unha publicación, "un lugar de expresión para os mozos idealistas en artes e letras".[6] A revista Mother Earth estaba integrada por un cadro de activistas radicais, incluído Hippolyte Havel, Max Baginski e Leonard Abbott. Ademais de publicar obras orixinais dos seus editores e anarquistas de todo o mundo, Mother Earth reimprimiu as seleccións dunha variedade grande de escritores. Entre eles estaban o filósofo francés Pierre-Joseph Proudhon, o anarquista ruso Piotr Kropotkin, o filósofo alemán Friedrich Nietzsche e a escritora británica Mary Wollstonecraft. Goldman escribiu con frecuencia sobre o anarquismo, a política, os problemas laborais, o ateísmo, a sexualidade e o feminismo, e foi a primeira editora da revista.[85][86]

O 18 de maio do mesmo ano, Alexander Berkman foi liberado de prisión. Cun ramo de rosas, Goldman atopouse con el na plataforma do tren e atopouse "atrapada polo terror e a pena"[87] mentres contemplaba a súa forma pálida e consumida. Ningún dos dous puido falar; volveron á súa casa en silencio. Durante semanas, luchou para reaxustarse á vida no exterior. Unha xira de conferencias rematou en fracaso, e en Cleveland comprou un revólver coa intención de se suicidar.[88][89] Porén, cando regresou a Nova York, coñeceu que Goldman fora arrestada cun grupo de activistas reunidos para reflexionar sobre Czolgosz. Alentado, de novo, por esta violación da liberdade de reunión, declarou: "Chegou a miña resurrección!"[90] e dispúxose a consegui-la súa liberación.[91]

Berkman tomou o temón de Mother Earth en 1907, mentres Goldman estaba a percorre-lo país para recadar fondos para mantela operativa. A edición da revista foi unha experiencia revitalizante para Berkman. Pero a súa relación con Goldman arrefriouse e tivo unha aventura cunha anarquista de 15 anos chamada Becky Edelsohn. A Goldman doeulle o seu rexeitamento, pero considerouno unha consecuencia da experiencia na prisión.[92] Máis tarde, nese mesmo ano, participou como delegada dos Estados Unidos no Congreso Anarquista Internacional de Amsterdam. Anarquistas e sindicalistas de todo o mundo reuníranse para resolver a tensión entre as dúas ideoloxías, pero non se chegou a un acordo decisivo. Goldman regresou aos Estados Unidos e continuou a falar diante de grandes audiencias.[93]

Reitman, ensaios e control de natalidade

Retrato de Ben Reitman (1910)
Retrato de Margaret Sanger. Goldman uniuse a ela na loita polo acceso das mulleres aos medios de control de natalidade. Ámbalas dúas foron ao cárcere por mor da aplicación da Lei Comstock.

Durante os seguintes dez anos, Goldman viaxou por todo o país sen parar, dando conferencias e espallando o anarquismo. As coalicións formadas en oposición á Lei de Exclusión Anarquista agradecéronlle que se achegase e influíse noutras posicións políticas. Cando o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos enviou espías para observar, informaron de que as reunións estaban "cheas".[94] Escritores, xornalistas, artistas, xuíces e traballadores en todo o espectro falaron do seu "poder magnético", da súa "presenza convincente", da súa "forza, elocuencia e lume".[95]

Na primavera de 1908, Goldman coñeceu e namorouse de Ben Reitman, o chamado "Dr. Hobo" ("o médico vagabundo"). Crecido no distrito Tenderloin de Chicago, Reitman pasou varios anos como vagabundo antes de obter o título de médico no Colexio de Médicos e Cirurxiáns de Chicago. Como médico, tratou as persoas que padecían pobreza e enfermidades, especialmente as enfermidades venéreas. El e máis Goldman comezaron unha aventura. Compartiron un compromiso co amor libre e Reitman tivo unha ampla variedade de amantes, pero Goldman non. Intentou compatibilizar os seus sentimentos de celos coa crenza na liberdade do corazón, pero era difícil.[96] Dous anos despois, Goldman comezou a sentirse frustrada polas audiencias en conferencias. Arelaba "chegar aos poucos que realmente queren aprender, máis que aos moitos que se divirten".[97] Recompilou un feixe de discursos e artigos que escribira para Mother Earth e publicou un libro titulado Anarchism and Other Essays. Nesta obra, abranguía temas variados e intentou representar "as loitas mentais e de alma de vinte e un anos" mais tamén [92] presentar unha ollada exhaustiva do anarquismo e das súas críticas, e tamén incluíu outros ensaios sobre patriotismo, sufraxio feminino, matrimonio e prisións.

Cando Margaret Sanger, defensora do acceso á contracepción, acuñou o termo "control da natalidade" e difundiu información sobre diversos métodos no número de xuño de 1914 da súa revista The Woman Rebel, recibiu o apoio expreso de Goldman, que xa levaba varios anos activa na loita a prol do acceso ao control de natalidade. En 1915 Goldman comezou unha xira de conferencias nivel nacional, en parte para concienciar sobre as opcións de anticoncepción. Aínda que a actitude da nación cara ao tema parecía liberalizarse, por esa época, Sanger foi arrestada ao abeiro da Lei Comstock, que prohibía a difusión de "artigos obscenos, maliciosos ou lascivos",[98] que foi como as autoridades definían a inclusión de informacións relativas ao control da natalidade e o 11 de febreiro de 1916, mentres estaba a piques de dar outra conferencia pública,[99] Goldman foi arrestada e acusada de violar a Lei Comstock pois andaba a informar o público sobre como usar anticonceptivos.[100] Ao negarse a pagar unha multa de 100 dólares, Goldman estivo dúas semanas nun taller de prisións, que viu como unha "oportunidade" para conectarse cos rexeitados pola sociedade.[101] Aínda que máis tarde se separaron de Sanger, tanto Goldman como Reitman distribuíron copias do panfleto Family Limitation de Sanger (xunto cun ensaio similar de Reitman).

Primeira Guerra Mundial

Emma Goldman en 1917. Esta fotografía foi tomada, probabelmente, durante unha das moitas folgas ou manifestacións contra a guerra na que a anarquista e feminista estivo activa durante a Primeira Guerra Mundial. Dous anos despois, no auxe do Temor vermello, Goldman foi deportada á Unión Soviética. Sen dúbida, o fotógrafo viu a ironía no cartel patriótico do tío Sam sobre a cabeza da anarquista.

Aínda que o presidente Woodrow Wilson fora reelixido en 1916 baixo o argumento de manterse fóra da guerra, ao comezo do seu segundo mandato, anunciou que a continua despregadura de Alemaña nunha guerra submarina sen restricións era unha causa suficiente para que os Estados Unidos entrasen na Gran Guerra. Pouco despois, o Congreso aprobou a Selective Service Act of 1917 (en galego, Lei de servizo selectivo de 1917), que obrigaba a tódolos homes de 21 a 30 anos a se inscribiren no recrutamento ou servizo militar. Goldman viu esta decisión como un exercicio de agresión militarista, impulsado polo capitalismo e declarou en Mother Earth a súa intención de resistir á prescrición e oporse á participación dos Estados Unidos na guerra.[102][103]

Para este fin, ela e Berkman organizaron a No Conscription League (en galego, Liga contra o Recrutamento) de Nova York, que proclamou: "Nós opómonos ao recrutamento porque somos internacionalistas, antimilitaristas e opoñémonos a tódalas guerras levadas polos gobernos capitalistas".[104] O grupo converteuse na vangarda dos activistas contra o proxecto e xurdiron seccións de apoios noutras cidades. Non obstante, cando a policía comezou a se presentar nos actos públicos do grupo para atopar homes novos que non se rexistraran, Goldman e outros concentraron os seus esforzos na distribución de panfletos e outros escritos.[105] No medio do fervor patriótico da nación, moitos elementos significados da esquerda política negáronse a apoiar os esforzos da Liga; por exemplo, o Women's Peace Party (Partido das Mulleres pola Paz), que abandonou a súa oposición á guerra unha vez que os Estados Unidos entraron; ou o Partido Socialista de América, que adoptou unha posición oficial contra a participación dos Estados Unidos, pero apoiou a Wilson na maioría  das súas actividades.[106]

O 15 de xuño de 1917, Goldman e Berkman foron arrestados durante unha redada nas súas oficinas, na que as autoridades incautaron "unha carreta de expedientes e propaganda anarquistas". [101] O New York Times informou de que Goldman pediu cambiarse por unha vestimenta máis axeitada e apareceu cun vestido de "púrpura real".[107][108] A parella, xulgada baixo a recente Lei de espionaxe,[109] foi acusada de conspiración por "inducir a persoas a non rexistrarse"[110] e foron detidas cunha fianza de 25.000 dólares cada un. Durante o xuízo, Goldman, defendeuse a si mesma e mais a Berkman e invocou a Primeira Emenda da Constitución preguntándose como o goberno podería reclamar loitar pola democracia no exterior mentres suprimía a liberdade de expresión na casa:[111]

Dicimos que se América entrou na guerra para facer o mundo seguro para a democracia, ela primeiro debe facer a democracia segura en América. Aínda máis, como o mundo pode tomar en serio a América, cando a democracia na casa está a ser ofendida a diario; suprimido o discurso libre, asembleas pacíficas quebradas por gángsters brutais con uniformes; cando se reduce a prensa libre e toda a opinión independente está amordazada? En verdade, pobres como estamos en democracia, como podemos ofrecer iso ao mundo?

O xurado considerou culpables a Goldman e Berkman e o xuíz Julius Marshuetz Mayer impúxolles a pena máxima: dous anos de prisión, unha multa de 10.000 dólares cada un e a posibilidade de deportación trala súa saída da prisión. Mentres ía sendo trasladada ao penal do estado de Missouri, Goldman escribiulle a un amigo: "Dous anos de prisión por ter defendido sen reservas os propios ideais. É un prezo pequeno".[112]

Na prisión, foi asignada a traballar de costureira, baixo a vixilancia dun "golfo miserable de 21 anos, pagado para obter resultados".[113] Alí, coñeceu a socialista Kate Richards O'Hare, que tamén fora encarcerada baixo a Lei de Espionaxe. Aínda que diferían da estratexia política —O’Hare cría no voto para lograr acada-lo poder—, as dúas mulleres xuntáronse para axitar e mellorar as condicións dos presos.[114] Goldman tamén coñeceu e trabou amizade con Gabriella Segata Antolini, unha anarquista e seguidora de Luigi Galleani. Antolini fora detida transportando unha mochila chea de dinamita nun tren de Chicago e como rexeitara cooperar coas autoridades, fora enviada a prisión durante 14 meses. Traballando xuntas, reivindicando unhas mellores condicións de vida para os internos, as tres mulleres foron coñecidas como "A Trindade". Goldman, finalmente, foi liberada o 27 de setembro de 1919.[115]

Deportación

Foto da deportación de Emma Goldman, en 1919.
Foto da deportación de Berkman, en 1919.

Goldman e Berkman foron liberados do cárcere durante o "temor vermello" de 1919-1920 nos Estados Unidos, cando a ansiedade pública polas actividades pro-alemás en tempos de guerra foron trocadas nun medo ao bolxevismo e á perspectiva dunha inminente revolución radical. Foi unha época de convulsións sociais por mor das folgas organizadas por sindicatos e das accións de inmigrantes activistas. O Fiscal Xeral, Alexander Mitchell Palmer, e J. Edgar Hoover, xefe da División de Intelixencia Xeral do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos (agora FBI), tiñan intención de usar a Lei de exclusión anarquista e a súa expansión de 1918, a Lei de inmigración do mesmo ano, para deportar a tódolos non cidadáns que se puidesen identificar como defensores da anarquía ou da revolución. "Emma Goldman e Alexander Berkman", escribiu Hoover mentres estaban en prisión, "son, sen dúbida, dous dos anarquistas máis perigosos deste país e o regreso á comunidade provocará danos indebidos."[116]

Na audiencia para a súa deportación, o 27 de outubro, Goldman negouse a responder preguntas sobre as súas crenzas, porque a súa cidadanía estadounidense invalidou calquera intento de deportala baixo a Lei de exclusión anarquista, que só podería ser aplicada contra non cidadáns dos Estados Unidos. En troques da súa negativa, presentou unha declaración escrita: "Hoxe son deportados os denominados estranxeiros. Mañá, os americanos nativos serán desterrados. Xa hai algúns patriotas que suxiren que os fillos dos nativos americanos para os que a democracia é un ideal sagrado, deberían se exiliaren."[117] Louis Post, no Departamento de Traballo, que tiña a máxima autoridade sobre as decisións de deportación, determinou que a revogación da cidadanía americana do seu marido Kershner como consecuencia da condena de 1908, tamén revogaba a cidadanía de Goldman. Esta, aínda que prometera, inicialmente, unha loita xudicial,[118] finalmente, decidiu non recorre-la súa sentenza.[119]

O Departamento do Traballo incluíu a Goldman e Berkman entre os 249 estranxeiros que deportou en masa, na súa maioría persoas vagamente asociadas con grupos radicais, que foran arrestadas nas redadas gobernamentais de novembro.[120] Partiron, o 11 de decembro, dende o porto de embarque do exército en Nova York no Bufford, barco ao que a prensa alcumou de "arca soviética".[121][122] A seguridade na viaxe foi proporcionada por uns 58 homes alistados e máis 4 oficiais, que distribuíron pistolas entre a tripulación. A prensa, maioritariamente, apoiou a partida como o Cleveland Plain Dealer, que escribiu: "Espérase que o sigan outros buques, máis grandes e máis cómodos, que transporten cargas semellantes".[123] Finalmente, o barco desembarcou en Hanko (Finlandia), o sábado 17 de xaneiro de 1920.[124] Á súa chegada, as autoridades conduciron os deportados á fronteira rusa baixo unha bandeira de tregua.[125][126]

Rusia

Emma Goldman dando un discurso á multitude con ocasión do enterramento de Kropotkin (1921). Ao seu carón está o seu compañeiro de vida Alexander Berkman.

Inicialmente, Goldman viu a revolución bolxevique dun xeito positivo. Así, tiña escrito en Mother Earth que, a pesar da súa dependencia do goberno comunista, representaba "os principios máis fundamentais, máis amplos e de maior alcance da liberdade humana e do benestar económico".[127] Con todo, segundo se aproximaba a Europa, expresou temores sobre o que estaba por vir pois estaba preocupada pola guerra civil rusa en curso e a posibilidade de ser capturada polas forzas antibolxeviques. O estado, aínda que fose anticapitalista, tamén representaba unha ameaza; "Nunca puiden, na miña vida, traballar dentro dos límites do Estado, bolxevique ou non", escribiulle á súa sobriña.[128]

Portada da obra de Goldman, My Disillusionment in Russia (1923).

Axiña descubriu que os seus medos estaban xustificados. Días despois de regresar a Petrogrado (actual, San Petersburgo), sorprendeuse ao escoitar que un funcionario do partido se refería á liberdade de expresión como unha "superstición burguesa".[129] Mentres ela e Berkman viaxaban polo país, atoparon represión, mala xestión e corrupción[Nota 2] no canto da igualdade e apoderamento dos traballadores que soñaron; quen cuestionaron o goberno foron demonizados como contrarevolucionarios,[130] e os traballadores permanecían en condicións gravosas. Reuniuse con Vladimir Lenin, quen lles asegurou que a represión polo goberno das liberdades de prensa estaba xustificada. Díxolles: "Non pode haber liberdade de expresión nun período revolucionario".[131] Berkman estaba máis disposto a perdoar as accións do goberno en nome da "necesidade histórica", pero finalmente uniuse a Goldman para opoñérense á autoridade do estado soviético.[132]

O 28 de febreiro de 1921, o grande xeógrafo e teórico anarquista Piotr Kropotkin morreu en Dmitrov (Дмитров en ruso) e, vixiados polos forzas do goberno, milleiros de anarquistas de toda a Unión Soviética marcharon cara aló para lle da-lo derradeiro adeus. Esta foi a derradeira gran reunión de anarquistas por mor das persecucións e fusilamentos de milleiros de libertarios por parte do goberno revolucionario. No enterramento, participaron como oradores tanto Alexander Berkman como Emma Goldman, xunto con outros libertarios rusos e exiliados.

En marzo de 1921, as folgas estalaron en Petrogrado cando os traballadores saíron á rúa esixindo mellores racións de alimentos e máis autonomía sindical. Goldman e Berkman sentiron a responsabilidade de apoiar os folguistas, afirmando: "Quedar en silencio agora é imposible, mesmo criminal".[133] O malestar estendeuse á cidade portuaria de Kronstadt, onde o goberno ordenou unha resposta militar para reprimir os soldados e mariñeiros en folga. Na rebelión de Kronstadt, aproximadamente, 1.000 mariñeiros e soldados rebeldes foron asasinados e outros dous mil foron arrestados; moitos foron executados despois. Tras estes acontecementos, Goldman e Berkman decidiron que non había futuro no país para eles. "Cada vez máis", escribiu, "chegamos á conclusión de que aquí non podemos facer nada. E como non podemos manter unha vida de inactividade moito máis tempo, decidimos marcharnos".[134]

En decembro de 1921, abandonaron o país e dirixíronse á capital letona de Riga. O comisionado estadounidense nesa cidade cableou a funcionarios en Washington, D.C., que comezaron a solicitar información a outros gobernos sobre as actividades da parella. Despois dunha pequena viaxe a Estocolmo, mudáronse a Berlín durante varios anos; durante este tempo Goldman aceptou escribir unha serie de artigos sobre a súa estancia en Rusia para o xornal The New York World, de Joseph Pulitzer. Máis tarde foron recollidos e publicados en libro como My Disillusionment in Russia (1923) e My Further Disillusionment in Russia (1924). Os editores empregaron eses títulos rechamantes o que provocou as protestas de Goldman, mais non tiveron éxito.[135]

Inglaterra, Canadá e Francia

A Goldman resultoulle difícil a relación coa comunidade esquerdista alemá en Berlín. Os comunistas desprezaron as súas críticas pola represión soviética; os liberais facían chanzas polo seu radicalismo. Mentres Berkman permanecía en Berlín axudando aos exiliados rusos, Goldman mudouse a Londres en setembro de 1924. Á súa chegada, a novelista Rebecca West organizou unha cea de recepción para ela á que asistiron o filósofo Bertrand Russell, o novelista H. G. Wells e máis de 200 invitados. Cando falou do seu descontento co goberno soviético, a audiencia quedou impresionada. Algúns abandonaron o faladoiro; outros rexeitaron as súas críticas á experiencia comunista por prematuras.[136] Máis tarde, nunha carta, Russell negouse a apoiar os seus esforzos a prol do cambio do sistema na Unión Soviética e ridiculizou o seu idealismo anarquista.[137]

En 1925, o espectro da deportación apareceu de novo, mais un anarquista escocés chamado James Colton ofreceuse a casar con ela e proporcionarlle a cidadanía británica. Aínda que só eran coñecidos distantes, ela aceptou e casaron o 27 de xuño de 1925. O seu novo status deulle tranquilidade e permitiulle viaxar a Francia e Canadá.[138] Porén, a vida en Londres foi estresante para Goldman e escribiu a Berkman: "Estou terriblemente cansa e tan soa e angustiada. É unha sensación terrible a de regresar despois das conferencias e non atopar unha alma xemelga, alguén a quen lle importe se unha está morta ou viva".[139] Seguiu a traballar en estudos analíticos do drama, estendéndose no traballo que publicara en 1914, mais o público foi "terrible", e xamais rematou o seu segundo libro sobre este tema.[140]

Bartolomeo Vanzetti (esquerda) e Nicola Sacco (dereita) en Dedham, na Corte Suprema de Massachusetts (1923).

En 1927, Goldman viaxou a Canadá, xusto a tempo para recibir novas das inminentes execucións dos anarquistas italianos Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti en Boston. Enfadada polas moitas irregularidades do caso, viu o feito como outra parodia da xustiza nos Estados Unidos. Desexaba unirse ás manifestacións masivas en Boston mais as lembranzas do asunto de Haymarket abafárona, agravadas polo seu illamento. "Entón -escribiu- tiven a miña vida por diante para tratar a causa dos asasinados. Agora non teño nada".[141][142]
En 1928, ela comezou a escribir a súa autobiografía, co apoio dun grupo de admiradores estadounidenses entre os que estaban o xornalista H. L. Mencken, a poeta Edna St. Vincent Millay, o novelista Theodore Dreiser e a coleccionista de arte Peggy Guggenheim, que recadou 4.000 dólares para ela.[143] Conseguiu unha casa de campo na cidade costeira francesa de Saint-Tropez e pasou dous anos escribindo sobre a súa vida. Berkman ofreceu comentarios extremadamente críticos, que finalmente incorporou á custa de crear unha gran tensión na relación.[144] Goldman propuxérase que o libro, Living My Life, fose un único volume a un prezo accesible para a clase traballadora (opinaba que non máis de 5 dólares); mais o seu editor, Alfred A. Knopf, lanzouno como dous volumes vendidos xuntamente por 7,50 dólares. Goldman enfureceuse mais foi incapaz de forzar un cambio. Debido en gran parte á Gran Depresión, as vendas foron lentas a pesar do forte interese das bibliotecas de todo Estados Unidos.[145] Porén, as críticas foron entusiastas de xeito unánime e apareceu nas listaxes de varios medios -The New York Times, The New Yorker e Saturday Review of Literature- coma un dos libros de non ficción máis importantes do ano.[146]

En 1933, Goldman recibiu permiso para dar unha conferencia nos Estados Unidos coa condición de que falase, exclusivamente, da súa autobiografía, pero non dos acontecementos políticos do momento. Volveu a Nova York, o 2 de febreiro de 1934, cunha cobertura de prensa xeralmente positiva, agás as publicacións comunistas. Posteriormente, estivo rodeada de admiradores e amigos, asediada con invitacións a charlas e entrevistas. O seu visado caducou en maio e marchou a Toronto para presentar outra solicitude para visitar Estados Unidos. Non obstante, este segundo intento negóuselle, polo que permaneceu en Canadá, escribindo artigos para publicacións estadounidenses.[147]

En febreiro e marzo de 1936, Berkman sufriu dúas operacións de glándula prostática. Recuperouse en Niza ao coidado da súa compañeira, Emmy Eckstein perdéndose, en xuño, o sesenta e sete aniversario de Goldman en Saint-Tropez. Ela escribiulle con tristeza, pero el nunca leu a carta. A medianoite, Goldman, recibiu unha chamada dicíndolle que Berkman estaba cun gran desacougo, e marchou, decontado, a Niza. Ao chegar, pola mañá, descubriu que Berkman se disparara a si mesmo e estaba en coma, paralizado. Morreu esa mesma noite.[148][149]

Guerra civil española

Bandeira da CNT-FAI. Goldman editou en inglés o Bulletin -un boletín informativo das organizacións anarquistas, Confederación Nacional do Traballo (CNT) e Federación Anarquista Ibérica (FAI)- durante a Guerra civil española.

En xullo de 1936, comezou a Guerra civil española tras un intento de golpe de estado por parte do exército español contra o goberno da Segunda República española. Os anarquistas españois, ao mesmo tempo que loitaban contra as forzas golpistas, principiaron unha revolución anarquista. Goldman foi invitada a Barcelona e, ilusionada pola invitación escribiu á súa sobriña, "o peso esmagador que estaba premendo o meu corazón desde a morte de Sasha, abandonoume como por arte de maxia".[150] Foi recibida pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) e máis pola Federación Anarquista Ibérica (FAI), e, por primeira vez na súa vida, viviu nunha comunidade dirixida por e polos anarquistas, segundo verdadeiros principios anarquistas. "En toda a miña vida", escribiu despois, "non me atopei con tan cálida hospitalidade, compañeirismo e solidariedade".[151] Despois de percorrer unha serie de colectivizacións na provincia de Huesca, dixo a un grupo de traballadores: "A súa revolución destruirá para sempre (a noción) de que o anarquismo representa o caos".[152] Comezou a editar o Boletín Informativo de periodicidade semanal, da CNT-FAI, e respondía o correo en inglés.[153]

Portada de "Spain and the World", o xornal escrito dende Londres por Goldman en apoio dos anarquistas e da revolución social española durante a Guerra Civil.

Goldman comenzou a se preocupar polo futuro do anarquismo español cando a CNT-FAI se uniu a un goberno de coalición en 1937 -contrariando o principio anarquista básico de se absteren de participar nas estruturas estatais-, e o que foi máis angustioso, fixeron múltiples concesións ás forzas comunistas, a prol de se uniren contra o fascismo. En novembro de 1936, escribiu que cooperar cos comunistas en España era "unha negación dos nosos compañeiros nos campos de concentración de Stalin".[154] Rusia, mentres tanto, negouse a lle enviar armas ás forzas anarquistas e, mentres tanto, se estaban a levar a cabo campañas de desinformación contra os anarquistas tanto en Europa coma nos Estados Unidos. Porén, por mor da súa confianza inquebrantable no movemento anarquista levouna a Londres como representante oficial da CNT-FAI.[155]

Apoiou con entusiasmo o anarquismo español con múltiples conferencias e entrevistas mentres escribía, regularmente en Spain and the World, un periódico quincenal editado en Londres e centrado nas novas da guerra civil. No entanto, en maio de 1937, as forzas dirixidas polos comunistas atacaron os anarquistas e desmantelaron as colectividades agrarias. Mentres os periódicos en Inglaterra e noutros lugares aceptaron ao pé da letra a cronoloxía dos eventos ofrecidos pola Segunda República Española, o periodista británico George Orwell, presente na represión, escribiu: "A narración dos disturbios de Barcelona en maio... superou en mentiras, todo o que eu vin".[156] Cando Goldman regresou a España en setembro, a CNT-FAI semelloulle como a xente "nunha casa en chamas"; pero a situación aínda empeorou cando os anarquistas e outros radicais do resto do mundo se negaron a apoia-la súa causa.[157]

En 1939, as forzas nacionais declararon a vitoria en España pouco antes do seu regreso a Londres. Alí, frustrada pola atmosfera represiva de Inglaterra, á que se denominou "máis fascista que os fascistas",[158] decidiu regresar a Canadá. Dende alí, seguiu apoiando os anarquistas españois, mesmo con cartos.[159] Porén, o seu servizo á causa anarquista en España non foi esquecido e no seu septuaxésimo aniversario, o exsecretario xeral da CNT-FAI, Mariano Vázquez, enviáballe unha mensaxe dende París, louvándoa polas súas contribucións e denominouna "a nosa nai espiritual". Goldman afirmaría que iso fora "a homenaxe máis fermosa que recibín".[160]

Lápida de Goldman no cemiterio Forest Home de Illinois, preto dos anarquistas executados polo asunto de Haymarket. As datas na pedra son incorrectas.

Anos finais

A medida que os acontecementos anteriores á Segunda Guerra Mundial comezaron a desenvolverse en Europa, Goldman reiterou a súa oposición ás guerras levadas polos gobernos. "Tanto como aborrezo a Hitler, Mussolini, Stalin e Franco", escribiulle a un amigo, "tampouco apoiaría unha guerra contra eles e en defensa das democracias que, en última instancia, son soamente fascistas disfrazadas".[161] Pensaba, igualmente, que Gran Bretaña e Francia perderan a oportunidade de se opor ao fascismo e que a próxima guerra só daría como resultado "unha nova forma de loucura no mundo".[161]

Morte

O sábado 17 de febreiro de 1940, Goldman sofreu un ictus debilitante. Quedou paralizada no seu lado dereito e, aínda que a súa audición non estaba afectada, quedou sen fala. Como un amigo o describiu: "Só penso que aquí estaba Emma, ​​a maior oradora de Estados Unidos, incapaz de pronunciar unha palabra."[162] Durante os tres meses seguintes, mellorou lixeiramente e recibía visitas. No entanto, volveu sufrir outro ictus o 8 de maio e o 14 de maio faleceu en Toronto con 70 anos.[163][164]

O Servizo de Inmigración e Naturalización dos EUA permitiu que o seu corpo fose devolto aos Estados Unidos e foi enterrada no cemiterio alemán de Waldheim (agora chamado cemiterio Forest Home) en Forest Park, Illinois, un barrio no oeste de Chicago, preto das tumbas dos executados despois do asunto de Haymarket.[165] O baixo relevo da súa tumba foi creado polo escultor Jo Davidson.[166]

Filosofía

Goldman ten falado e escrito amplamente sobre unha gran variedade de temas. Aínda que rexeitou a ortodoxia e o pensamento fundamentalista, contribuíu, de xeito relevante, en varios campos da filosofía política moderna.

Estivo influída por diversos pensadores e escritores como Bakunin, Henry David Thoreau, Piotr Kropotkin, Ralph Waldo Emerson, Nikolai Chernyshevskii e Mary Wollstonecraft. Outro filósofo que tamén a influíu for Friedrich Nietzsche. Na súa autobiografía escribiu: "Nietzsche non era un teórico social, senón un poeta, un rebelde e un innovador. A súa aristocracia non era de nacemento nin de cartos; era o espírito. Nese sentido, Nietzsche era un anarquista e tódolos verdadeiros anarquistas eran aristócratas".[167]

Anarquismo

O anarquismo foi a ideoloxía central na visión do mundo de Goldman e, hoxe, segue a ser considerada unha das figuras sobranceiras da historia do anarquismo. Sentiuse atraída, por primeira vez, durante a persecución dos anarquistas no caso Haymarket de 1886, e dende ese momento,escribiu e falou regularmente en nome do anarquismo. No ensaio que dá título ao seu libro Anarchism and Other Essays, escribiu:

O anarquismo, pois, representa realmente a liberación da mente humana do dominio da relixión; a liberación do corpo humano do dominio da propiedade; liberación dos grillóns e a contención do goberno. O anarquismo significa unha orde social baseada na libre agrupación de individuos coa fin de producir riqueza social real; unha orde que garantirá a todo ser humano o acceso libre á terra e o goce pleno das necesidades da vida, segundo os desexos, gustos e inclinacións individuais.[168]

O anarquismo de Goldman foi intensamente persoal. Ela cría que era necesario para os pensadores anarquistas vivir as súas crenzas, demostrando as súas conviccións con tódalas accións e palabras. "Non me importa se a teoría dun home mañá é correcta", escribiu nunha ocasión, "preocúpame se o seu espírito de hoxe é correcto".[169] O anarquismo e a asociación libre foron as súas respostas lóxicas aos límites do control do goberno e do capitalismo. "Paréceme que estas son as novas formas de vida", escribiu, "e que tomarán o lugar das vellas, non predicando ou votando, senón vivíndoas".[169]

Ao mesmo tempo, cría que o movemento en nome da liberdade humana debía ser atendido por humanos liberados. Na súa autobiografía escribiu que, nunha ocasión, mentres bailaba entre compañeiros anarquistas, un deles reprendeulle o seu comportamento despreocupado:[170]

Díxenlle que se ocupase dos seus propios asuntos; estaba cansa de que me pasasen constantemente a Causa pola miña cara. Eu non cría que unha Causa que representaba un fermoso ideal, o anarquismo, a liberación e a liberdade de convencións e prexuízos, esixise a negación da vida e da alegría. Insistín en que a nosa Causa non podía esperar que me comportase como unha monxa e que o movemento non debía converterse nun claustro. Se iso significaba, non o quería. "Quero liberdade, o dereito á autoexpresión, o dereito de todos a cousas fermosas e radiantes".

Usos tácticos da violencia

Goldman, na súa mocidade política, considerou a violencia dirixida como un medio lexítimo de loita revolucionaria. Daquela, Goldman cría que o uso da violencia, se ben desagradable, poderíase xustificar en relación aos beneficios sociais que podería obter. Xustificou a acción directa -atentado- ou violencia realizada para animar as masas á revolta. Así, defendeu o intento de súa parella Alexander Berkman de matar o industrial Henry Clay Frick e, mesmo, pedíralle que a permitise participar.[171] Opinaba que as accións de Frick durante a folga de Homestead eran reprobables e que o seu asasinato produciría un resultado positivo para a clase traballadora. "Si", escribiu máis tarde na súa autobiografía, "o final neste caso xustificou os medios".[171] Aínda que nunca deu a aprobación explícita do asasinato do presidente estadounidense William McKinley por Leon Czolgosz, defendeu os seus ideais e cría que accións como a súa eran a consecuencia natural das institucións represivas. Como relatou en "The Psychology of Political Violence": "As forzas acumuladas na nosa vida social e económica, que culminan cun acto de violencia, son semellantes aos terrores da atmosfera, manifestados en tormentas e lóstregos".[172]

As súas experiencias en Rusia levárona a repensar a súa anterior crenza de que os fins revolucionarios poderían xustificar medios violentos. No epílogo de My Disappointment in Russia, escribiu: "Non hai maior falacia que a crenza de que os obxectivos e os propósitos son unha cousa, mentres que os métodos e as tácticas son outra... Os medios empregados convértense a través do hábito individual e práctica social, parte integrante do propósito último...". No entanto, no mesmo capítulo, afirmou que "A revolución é realmente un proceso violento", e engadiu que a violencia era a "tráxica inevitabilidade de trastornos revolucionarios...".[173] Algúns interpretaron mal os seus comentarios sobre o terror bolxevique como se fixera un rexeitamento de toda a forza militante, pero Goldman matizou isto no prefacio da primeira edición estadounidense de My Disillusionment in Russia:

O argumento de que a destrución e o terror forman parte da revolución non o discuto. Sei que no pasado todo gran cambio político e social precisou violencia. América aínda seguiría baixo o xugo británico de non ser polos heroicos colonos que ousaron oporse á tiranía británica mediante a forza das armas. A escravitude negra aínda podería ser unha institución legalizada nos Estados Unidos de non ser polo espírito militante dos John Browns. Nunca neguei que a violencia fose inevitable, e tampouco o fago agora. Porén, é preciso emprega-la violencia no combate como medio de defensa. Outra cousa é facer dela un principio de terrorismo, institucionalizalo, asignarlle o lugar máis vital da loita social. Este terrorismo inicia a contrarrevolución e á súa vez pasa a ser contrarrevolucionario.

Goldman viu a militarización da sociedade soviética non como resultado da resistencia armada en si, senón da visión estatalista dos bolxeviques, e chegou a afirmar no mesmo prefacio que "unha minoría insignificante turrando por crear un Estado absoluto vese, necesariamente, forzada á opresión e ao terrorismo".[174]

Capitalismo e traballo

Pirámide do sistema capitalista, realizado por Nedeljkovich, Brashich y Kuharich en 1911 para a IWW (Industrial Workers of the World). Publicado por The International Pub. Co., Cleveland, Ohio.

Goldman consideraba que o sistema económico capitalista era incompatible coa liberdade humana. "A única demanda que a propiedade recoñece", escribiu en Anarchism and Other Essays, "é o seu apetito comellón para conseguir unha maior riqueza, porque a riqueza significa poder; o poder de someter, esmagar, explotar, o poder de escravizar, de degradar".[13] Tamén sostivo que o capitalismo deshumanizou os traballadores," convertendo o produtor nunha mera partícula dunha máquina, con menos vontade e decisión que o seu mestre do aceiro e o ferro".[13]

Orixinalmente oposta a nada menos que non fose unha revolución completa, na súa autobiografía relatou un suceso acaecido durante unha charla na que un traballador ancián da primeira fila a desafiara cunha pregunta:

Dixo que entendía a miña impaciencia con demandas tan pequenas como unhas horas menos ao día, ou algúns dólares máis por semana ... Pero que debían facer os homes da súa idade? Non era probábel que vivisen para ve-lo derrocamento final do sistema capitalista. Habían renunciar, tamén, á liberación de talvez dúas horas ao día do odiado traballo? Isto era todo o que podían esperar ver realizado na súa vida.[175]

Daquela, Goldman entendeu que os esforzos máis pequenos para conseguir melloras, como salarios máis altos e horas máis curtas, podían tamén ser parte dunha revolución social.[43]

O estado: militarismo, prisión, votación, discurso

Goldman consideraba o estado, esencial e inevitablemente, coma unha ferramenta de control e dominación. Polo tanto, opinaba que votar era inútil no mellor dos casos e perigoso no peor. Tiña escrito que o sufraxio supuña unha ilusión de participación ao tempo que enmascaraba as verdadeiras estruturas da toma de decisións. En lugar diso, avogou pola resistencia dirixida en forma de folgas, protestas e "acción directa contra a autoridade invasora e molesta do noso código moral".[176] Mantivo unha posición anti-voto mesmo cando, na década de 1930 en España, moitos anarcosindicalistas votaran a prol da formación dunha república liberal. Tampouco estaba de acordo co movemento polo sufraxio feminino, que esixía o dereito das mulleres a votar. No seu ensaio "Woman Suffrage", ridiculizou a idea de que a implicación das mulleres infundiría no estado democrático cunha orientación máis xusta: "Como se as mulleres non vendesen os seus votos, como se non puidesen ser compradas as políticas mulleres"[177] Si estaba de acordo coa afirmación das sufraxistas de que as mulleres eran iguais aos homes, mais non estaba de acordo con que a súa participación por si soa faría máis xusto o estado: "Supor, polo tanto, que lograría purificar algo que non é susceptible de purificación, é atribuírlles poderes sobrenaturais."[178]

Goldman tamén foi unha apaixonada crítica do sistema penitenciario, criticando tanto o tratamento aos presos como as causas sociais do crime. Consideraba o crime como unha consecuencia natural dun sistema económico inxusto, e no seu ensaio "Prisons: A Crime Social and Failure", citou amplamente os autores do século XIX Fiódor Dostoievski e Oscar Wilde nas súas opinión sobre as prisións e escribiu:[10]

"Ano tras ano, as portas dos infernos das prisións devolven ao mundo unha tripulación emaciada, deformada, sen vontade, naufragada, coa marca de Caín nas súas frontes, as esperanzas esmagadas, todas as súas inclinacións naturais estragadas. Sen máis nada que fame e inhumanidade para saudalos, estas vítimas afúndense decontado no crime como a única posibilidade de existencia".

Goldman convertérase nunha comprometida obxectora de conciencia militar ao crer que o estado levaba a cabo as guerras en nome dos capitalistas. Estaba, especialmente, en contra do recrutamento considerándoo como unha das peores formas de coerción por parte do estado e foi unha dos fundadores da No-Conscription League (en galego, Liga contra o recrutamento), polo que foi detida, en 1917, e finalmente encarcerada e deportada en 1919.

Goldman foi rutineiramente vixiada, arrestada e encarcerada polo seu discurso e por organizar actividades en apoio de traballadores, e por varias folgas a prol do acceso ao control de natalidade e en oposición á Primeira Guerra Mundial. Como resultado, participou no movemento a prol da liberdade de expresión, a principios do século XX, pois vía este dereito á liberdade de expresión como un elemento fundamental para lograr o cambio social.[179][180] A franqueza dos seus ideais fronte aos continuos arresto, serviu de inspiración a Roger Baldwin, que se converteu nun dos fundadores da American Civil Liberties Union (en galego, Unión Americana a prol das Liberdades Civís).[181]

Feminismo e sexualidade

Rapazas anarcofeministas nunha marcha antiglobalización citando a Goldman.

Aínda que Emma Goldman estivo en contra dos obxectivos sufraxistas do feminismo da primeira onda, defendeu apaixonadamente os dereitos das mulleres, e hoxe é considerada como unha das fundadores do anarquismo feminista, que desafía o patriarcado como unha xerarquía fronte á que se debe resistir, ao mesmo nivel cás diferenzas de clase ou ao poder estatal.[182] En 1897, escribiu: "Esixo a independencia da muller, o seu dereito a sosterse a si mesma; a vivir para si mesma; a amar a quen queira ou a todos os que guste. Esixo liberdade para os dous sexos, liberdade de acción, liberdade no amor e a liberdade na maternidade".[183]

Goldman, enfermeira capacitada, foi unha defensora precoz da educación das mulleres sobre a anticoncepción. Como moitas feministas da súa época, viu o aborto como unha consecuencia tráxica das condicións sociais e o control da natalidade como unha alternativa positiva. Goldman foi tamén defensora do amor libre e un crítica desapiadada do matrimonio. Opinaba que as primeiras feministas que a precederan, estaban limitadas nos seus obxectivos polas forzas sociais do puritanismo e do capitalismo do seu tempo e afirmou: "Precisamos un crecemento sen trabas a partir das vellas tradicións e hábitos. O movemento para a emancipación das mulleres existente até agora foi o primeiro paso nesa dirección."[184][185]

Goldman foi tamén crítica contra a homofobia. A súa crenza de que a liberación social había se estender a homes homosexuais e lesbianas era case descoñecida na época, incluso entre os anarquistas.[186] En opinión do sexólogo alemán Magnus Hirschfeld: "foi a primeira e única muller, de feito a primeira e única estadounidense, que defendeu o amor homosexual ante o gran público".[187] En numerosos discursos e cartas, defendeu o dereito dos homes homosexuais e lesbianas a amar como quixeren e rexeitou o medo e o estigma asociados á homosexualidade. Como Goldman escribiu nunha carta a Hirschfeld: "É unha traxedia, creo, que persoas de distinto tipo sexual estean atrapadas nun mundo que demostra tan pouca comprensión para os homosexuais e é tan groseramente indiferente ás diversas gradacións e variacións de xénero e o seu gran significado na vida".[187]

Ateísmo

Como unha atea declarada, Goldman entendía a relixión como un instrumento de control e dominación. No seu ensaio The Philosophy of Atheism citaba extensamente a Bakunin sobre a cuestión e afirmou:[188]

Conscientemente ou inconscientemente, a maioría dos teístas ven nos deuses e diaños, o ceo e o inferno, a recompensa e o castigo, un látego para obrigar o pobo á obediencia, á mansedume e á satisfacción ... A filosofía do ateísmo expresa a expansión e o crecemento da mente humana. A filosofía do teísmo, se podemos chamala filosofía, é estática e fixa.

Como consecuencia de ensaios como The Hypocrisy of Puritanism e tamén dun discurso titulado The Failure of Christianity, Goldman conseguiu varios inimigos entre as comunidades relixiosas pois atacaba as súas actitudes moralistas e os seus esforzos para controlar o comportamento humano. Culpaba o cristianismo de "perpetuar unha sociedade escrava", argumentando que ditaba as accións dos individuos na Terra e ofrecíalles ás persoas pobres unha falsa promesa dun futuro de fartura no ceo.[189] Tamén foi crítica co sionismo, que viu como outro experimento fracasado no control do estado.[189]

Legado

Goldman foi moi coñecida durante a súa vida e descrita entre outros apelativos como "a muller máis perigosa de Estados Unidos".[190] Trala súa morte a mediados do século XX, a súa fama desapareceu. Os estudosos e historiadores do anarquismo vírona como unha grande oradora e activista, mais non a consideraron como un pensadora de tipo filosófico ou teórico ao mesmo nivel de, por exemplo, Kropotkin.[191]

Deseño para camisetas con Goldman e Bakunin.

Porén, en 1970, Dover Press reeditou a autobiografía de Goldman, Living My Life, e en 1972, a escritora feminista Alix Kates Shulman editou unha colección de escritos e discursos de Goldman titulada, Red Emma Speaks. Estas obras espallaron a vida e os escritos de Goldman entre un público máis numeroso, e foi especialmente difundida e valorada polo movemento feminista de finais do século XX. En 1973, unha amiga editora pediulle a Shulman unha cita de Goldman para colocala nunha camiseta. Ela envioulle unha selección de frases de Living My Life sobre "o dereito á auto-expresión, o dereito de todo o mundo a cousas fermosas e radiantes", e outra na que lle explicou que fora criticada porque "unha activista non podía bailar".[192] A editora creou unha serie baseada nesta idea que se converteu nunha das citas máis famosas de Goldman, aínda que probabelmente nunca dixo nin escribiu como tal: "Se non podo bailar, non quero estar na túa revolución".[193] As variacións desta frase apareceron en milleiros de camisetas, botóns, pósters, adhesivos, cuncas de café, sombreiros e outros artigos.[192] O movemento feminista da década de 1970 que "redescubriu" a Goldman estivo acompañado dun movemento anarquista rexurdido, que comezou a finais dos anos 60, que tamén dinamizou a atención académica sobre anarquistas anteriores. O crecemento do feminismo tamén deu lugar a unha reavaliación da obra filosófica de Goldman, con estudosos que sinalaron a importancia das contribucións de Goldman ao pensamento anarquista na súa época. A crenza de Goldman no valor da estética, por exemplo, pódese ver nas influencias posteriores do anarquismo e das artes. Do mesmo xeito, tamén foi acreditada a influencia de Goldman sobre o activismo en cuestións de liberdade sexual, dereitos reprodutivos e liberdade de expresión.[15]

Institucións

Anuncio da Clínica Emma Goldman de Iowa City.

Goldman foi homenaxeada por varias institucións adoptando o seu nome para perpetua-lo seu recordo. Entre outras: un centro de saúde feminino situado en Iowa City, Iowa, adoptou o seu nome na súa denominación -The Emma Goldman Clinic- "en recoñecemento do seu espírito desafiante";[194] Red Emma's Bookstore Coffeehouse, unha tenda de libros e de comercio xusto en Baltimore, Maryland adoptou o seu nome pola súa crenza "nas ideas e ideais polos que loitou durante toda a súa vida: libre expresión, igualdade sexual e racial e independencia, o dereito a organizarnos nos nosos traballos e nas nosas propias vidas, ideas e ideais polos que seguimos loitando, aínda hoxe".[195]

Cine e teatro

Ao longo dos anos, Goldman foi representada en varias obras de ficción como na película de Warren Beatty, Reds (1981), na que foi representada por Maureen Stapleton, que gañou un premio Oscar á mellor actriz de secundaria[196] pola súa interpretación. Tamén foi un personaxe en dous musicais de Broadway, Ragtime e Assassins.

Literatura

As obras literarias que se refiren á vida de Goldman tamén foron moi numerosas como: a obra de Howard Zinn, Emma;[197] Mother Earth de Martin Duberman;[198] Emma Goldman: Love, Anarchy, and Other Affairs de Jessica Litwak, na que se refire á relación de Goldman con Berkman e o seu arresto en conexión co asasinato de McKinley; Love Ben, Love Emma de Lynn Rogoff (sobre a relación de Goldman con Reitman);[199] Red Emma de Carol Bolt;[200] e Red Emma and the Mad Monk de Alexis Roblan.[201] Igualmente, a novela Red Rose (1941) de Ethel Mannin tamén está baseada na vida de Goldman.[202]

Música

No eido musical, Paul Gailiunas e a súa falecida esposa Helen Hill co-escribiron unha canción de influencia anarquista titulada"Emma Goldman", que foi interpretada e lanzada pola banda Piggy: The Calypso Orchestra of the Maritimes en 1999.[203] A canción foi posteriormente interpretada pola nova banda de Gailiunas, The Troublemakers e editada no seu álbum de 2004 Here Come The Troublemakers.[203] Martha, un grupo punk de Reino Unido, publicou o tema "Goldman's Detective Agency" no que imaxina a Goldman como unha detective privada que investiga a corrupción policial e política.[204]

A banda sueca The International Noise Conspiracy, incluíuna con outros personaxes históricos no seu videoclip Smash It Up.[205] Tamén aparece noutro videoclip da mesma banda, titulado Capitalism Stole My Virginity, no que se inclúe ao comezo a súa célebre: "Se non poido bailar, non é a miña revolución".[206]

Principais obras

Notas

  1. A orde dos nacementos non está clara. Wexler (1984, p. 7) indica que aínda que Emma Goldman se refire a si mesma como o cuarto fillo da súa nai, o seu irmán Louis (que morreu con 6 anos), probablemente, naceu despois dela.
  2. Goldman, Emma. Living my Life (1931). Nova York: Dover Publications Inc., 1970. ISBN 0-486-22543-7
  1. Chalberg (1991), p. 12
  2. "EMMA GOLDMAN, ANARCHIST, DEAD; Internationally Known Figure, Deported From the U.S., Is Stricken in Toronto DISILLUSIONED BY SOVIETS Opposed Lenin and Trotsky as Betrayers of Socialism Through Despotism". nytimes.com (en inglés). 14-5-1940. Consultado o 25-4-2020. 
  3. 3,0 3,1 "Emma Goldman Collection". University of Illinois at Chicago. (Arquivado o 11 de setembro de 2013,en Wayback Machine). Consultado o 9-11-2019. 
  4. 4,0 4,1 "Alexander Berkman, the Anarchist, to Be Deported; Case of Emma Goldman Now Up for Decision". nytimes.com (en inglés). 26-11-1019. 
  5. Wexler (1984), p. 210
  6. 6,0 6,1 Goldman (Living, 1970), p. 377
  7. Wexler (1989), pp. 56-58
  8. Wexler (1984), p. 232
  9. Streitmatter (2001), pp. 122-134
  10. 10,0 10,1 Goldman (Anarchism, 1969), p. 120
  11. Goldman, E. (abril de 1913). "The Failure of Christianity". Mother Earth
  12. Rabban (1997)
  13. 13,0 13,1 13,2 Goldman (Anarchism, 1969), p. 54
  14. Wexler (1984), p. 94
  15. 15,0 15,1 Marshall (1992), pp. 408–409
  16. Goldman (Living, 1970) , p. 24
  17. 17,0 17,1 17,2 Goldman (Living, 1970), p. 447
  18. Drinnon (1961), p. 5
  19. Chalberg (1991), p. 13
  20. Drinnon (1961), p. 12
  21. Goldman (Living, 1970), p. 11
  22. Wexler (1984), p.12
  23. Wexler (1984), pp. 13-14
  24. Goldman (Living, 1970), p. 20
  25. Goldman (Living, 1970), p. 28
  26. Drinnon (1961), pp. 6-7
  27. Chalberg (1991), p. 15
  28. Goldman (Living, 1970), p. 12
  29. Wexler (1984), pp. 23-26
  30. 30,0 30,1 Chalberg (1991), p. 16
  31. Goldman (Living, 1970), p. 22
  32. Falk (1990), p. 14
  33. 33,0 33,1 Goldman (Living, 1970), p. 23
  34. Wexler (1984), p. 27
  35. Wexler (1984), pp. 30–31
  36. Falk (1990), pp. 15-16
  37. Drinnon (1961), pp. 15–17.
  38. Drinnon (1961), pp. 15-17
  39. Chalberg (1991), p. 27
  40. Chalberg (1991), pp. 27–28
  41. Goldman (Living, 1970), p. 40
  42. Goldman (Living, 1970), p. 51
  43. 43,0 43,1 Goldman (Living, 1970), p. 52
  44. Goldman (Living, 1970), p. 54
  45. Wexler (1984), p. 53
  46. Wexler (1984), p. 57
  47. Wexler (1984), pp. 57-58
  48. "Henry Clay Frick (1849-1919)". pbs.org (en inglés). Consultado o 12-11-2019. 
  49. Citado en Wexler (1984), p. 63
  50. 50,0 50,1 Wexler (1984), pp. 61-62
  51. Wexler (1984), pp. 63–65
  52. 52,0 52,1 Goldman (Living, 1970), p. 91
  53. Drinnon (1961), p. 45
  54. Chalberg (1991), pp. 42-43
  55. Falk (1990), p. 25
  56. 56,0 56,1 Wexler (1984), p. 65
  57. Goldman (Living, 1970), p. 106
  58. Wexler (1984), pp. 65-66
  59. Goldman (Living, 1970), p. 105
  60. Wexler (1984), p. 66
  61. "Panic of 1893". Ohio History Central (en inglés). Consultado o 14-11-2019. 
  62. Chalberg (1991), p. 46
  63. Goldman (Living, 1970), p. 123
  64. Bly, Nellie (17-9-1893). Universidade de Berkeley, ed. "Interview in the New York World, September 17, 1893". The Emma Goldman Papers (en inglés). (Arquivado en Web Archive 15-4-2015). Consultado o 14-11-2019. 
  65. Drinnon (1961), p. 60
  66. Wexler (1984), p. 78
  67. Wexler (1984), pp. 78-79
  68. Wexler (1984), pp. 84-89
  69. Chalberg (1991), pp. 65–66
  70. Drinnon (1961), p. 68
  71. Chalberg (1991), p. 73
  72. Wexler (1984), p. 104
  73. 73,0 73,1 Drinnon (1961), p. 74
  74. Goldman (Living, 1970), p. 300
  75. Chalberg (1991), p. 76
  76. Chalberg (1991), pág. 78
  77. Falk (2003), p. 461
  78. Wexler (1984), pp. 106-112
  79. Chalberg (1991), p. 81
  80. Goldman (Living, 1970), p. 318
  81. Wexler (1984), p. 115
  82. Falk, Making Speech Free , pág. 557
  83. Chalberg, pp. 84-87
  84. Chalberg (1991), p. 87
  85. Chalberg (1991), pp. 88-91
  86. Wexler (1984), pp. 121–130
  87. Goldman (Living, 1970), p. 384
  88. Chalberg (1991), p. 94
  89. Drinnon, Rebel , págs. 97–98
  90. Citado en Goldman (1970), p. 391
  91. Drinnon, rebelde , p. 98
  92. Chalberg (1991), pág. 97
  93. Wexler (1984), pp. 135-137
  94. Wexler (1984), p. 166
  95. Wexler (1984), p. 168
  96. Wexler (1984), pp. 140–147
  97. Goldman (Anarchism, 1969), p. 49
  98. Citado en Wexler (1984), p. 210
  99. "Today in History - February 11". loc.gov (en inglés). Consultado o 21-2-2020. 
  100. Rossi (1988), p. 507
  101. Wexler (1984), pp. 211–215
  102. Drinnon (1961), pp. 186-187
  103. Wexler (1984), p. 230
  104. Berkman (1992), p. 155
  105. Drinnon (1961), pp. 186–187
  106. Chalberg (1991), p. 129
  107. Citado en Wexler (1984), p. 232
  108. "Emma Goldman and A. Berkman Behind the Bars". nytimes.com (en inglés). 16-6-1917. Consultado o 9-3-2020. 
  109. Shaw, Francis H. (xullo 1964). "The Trials of Emma Goldman, Anarchist". The Review of Politics. 26 (3): 26 (3): 444–445. ISSN 1748-6858. doi:10.1017/S0034670500005210. 
  110. Citado en Chalberg (1991), p. 134
  111. Trial and Speeches of Alexander Berkman and Emma Goldman in the United States District Court, in the City of New York, July 1917 (Nova York: Mother Earth Publishing Association, 1917)
  112. Wexler (1984), pp. 235–244
  113. Citado en Chalberg (1991), p. 141
  114. Chalberg (1991), pp. 141-142
  115. Wexler (1984), pp. 253–263
  116. Citado en Drinnon (1961), p. 215
  117. "DEPORTATION DEFIED BY EMMA GOLDMAN; Anarchist Leader Refuses to Answer All Questions at Hearing". nytimes.com (en inglés). 28-10-1919. Consultado o 10-3-2020. 
  118. "WILL FIGHT DEPORTATION.; Emma Goldman and Berkman Hailed as Martyrs in Chicago". nytimes.com (en inglés). 1-12-1919. Consultado o 10-3-2020. 
  119. Post (1923), pp. 13–14.
  120. McCormick (1997), pp. 158-163
  121. ""ARK" WITH 300 REDS SAILS EARLY TODAY FOR UNNAMED PORT". nytimes.com (en inglés). 21-12-1919. Consultado o 10-3-2020. 
  122. Clay, Steven E (2010). US Army Order of Battle, 1919-1941 : v.4: The Services : Quartermaster, Medical, Military Police, Signal Corps, Chemical Warfare, and Miscellaneous Organizations, 1919-41. (en inglés). Fort Leavenworth, KS: Combat Studies Institute Press. ISBN 9780984190140. 
  123. Murray (1955), pp. 208-9
  124. "SOVIET ARK LANDS ITS REDS IN FINLAND; Buford Reaches Hango and Deported Radicals Go on to Russia by Train.". nytimes.com (en inglés). 18-1-1920. Consultado o 10-3-2020. 
  125. Murray (1955), pp. 207-208
  126. Post (1923), pp. 1-11
  127. Citado en Wexler (1984), p. 243
  128. Citado en Wexler (1989), p. 17
  129. Citado en Chalberg (1991), p. 150
  130. Goldman (Living, 1970)
  131. Citado en Drinnon (1961), p. 235
  132. Drinnon (1961), pp. 236–237
  133. Citado en Drinnon (1961), p. 237
  134. Wexler (1989), pp. 47-49
  135. Wexler (1989), pp. 56–58
  136. Chalberg (1991), pp. 161-162
  137. Citado en Wexler (1989), p. 96
  138. Falk (1990), pp. 209-210
  139. Citado en Wexler (1989), p. 111
  140. Wexler (1989), p. 115
  141. Citado en Chalberg (1991), p. 164
  142. Wexler (1989), p. 122
  143. Dearborn (2004), pp. 61-62
  144. Wexler (1989), p. 135
  145. Chalberg (1991), pp. 165–166
  146. Wexler (1989), p. 154
  147. Wexler (1989), pp. 158-164
  148. Wexler (1989), pp. 193–194
  149. Drinnon (1961), pp. 298–300
  150. Drinnon (1961), pp. 301–302
  151. Citado en Wexler, p. 232
  152. Citado en Drinnon (1961), p. 303
  153. Wexler (1989), p. 205
  154. Citado en Wexler (1989), p. 209
  155. Wexler (1989), pp. 209–210
  156. Ciatado en Wexler (1989), p. 216
  157. Wexler (1989), p. 222
  158. Citado en Wexler, p. 226
  159. Graham (2009), p. 7
  160. Ambas frases citadas en Wexler (1989), p. 232
  161. 161,0 161,1 Citado en Wexler (1989), p. 236
  162. Citado en Wexler (1989), p. 240
  163. Wexler, pp. 240–241
  164. "EMMA GOLDMAN, ANARCHIST, DEAD; Internationally Known Figure, Deported From the U.S., Is Stricken in Toronto DISILLUSIONED BY SOVIETS Opposed Lenin and Trotsky as Betrayers of Socialism Through Despotism". nytimes.com (en inglés). 14-5-1940. Consultado o 21-3-2020. 
  165. Drinnon (1961), pp. 312–313
  166. Avrich (2005), p. 491
  167. Goldman (Living, 1970), p. 194
  168. Goldman (Anarchism, 1969), p. 62
  169. 169,0 169,1 Citado en Wexler (1984), p. 92
  170. Goldman (Living, 1970), p. 56
  171. 171,0 171,1 Goldman (Living, 1970), p. 88
  172. Goldman (Anarchism, 1969), p. 79
  173. Goldman (Disillusionment, 1970), pp. 260–264
  174. Goldman, Emma (1922). "Emma Goldman, My Disillusionment In Russia". Berkeley Digital Library (en inglés). Berlín. Consultado o 21-3-2020. 
  175. Goldman (Living, 1970), p. 52
  176. Wexler (1984), p. 91
  177. Wexler (1989), p. 167
  178. Goldman (Anarchism, 1969), p. 198
  179. Stone (2004), pp. 139-152 (sobre a persecución de Goldman e outros activistas contra a guerra, e a Lei de Espionaxe de 1917).
  180. Goldman (Leaving, 1970)
  181. Finan (2008), p. 18
  182. Marshall (1992), p. 409
  183. Citado en Wexler (1984), p. 94
  184. Goldman (Anarchism ,1969), p. 224
  185. Ver Haaland (1993); Goldman (1970)
  186. Katz (1992), pp. 376–380
  187. 187,0 187,1 Goldman, Emma (1923). "Offener Brief an den Herausgeber der Jahrbücher über Louise Michel" con un prefacio de Magnus Hirschfeld. Jahrbuch für sexuelle Zwischenstufen. 23: 70.
  188. Goldman, Emma (Febreiro 1916). "The Philosophy of Atheism". 
  189. 189,0 189,1 Wexler (1989), p. 41
  190. Avrich (2005), p. 45
  191. Marshall (1992), pp. 396–401
  192. 192,0 192,1 Wexler (1989), p. 1
  193. Shulman, Alix Kates (decembro 1991). "Dances with Feminists". Women's Review of Books (Filadelfia: Wellesley Centers for Women at Wellesley College / Old City Publishing) IX (3). ISSN 0738-1433. OCLC 9529447. 
  194. "The Emma Goldman Clinic". emmagoldman.com (en inglés). Consultado o 24-4-2020. 
  195. "Red Emma's Bookstore Coffeehouse". redemmas.org (en inglés). Consultado o 24-4-2020. 
  196. "Reds (1981), Awards". imdb.com (en inglés). Consultado o 25-4-2020. 
  197. Zinn, Howard (2002). Emma: A Play in Two Acts about Emma Goldman, American Anarchist (en inglés). Cmabridge, MA: South End Press. ISBN 0-89608-664-X. 
  198. Duberman, Martin (1991). Mother Earth: An Epic Drama of Emma Goldman's Life (en inglés). Nova York: St. Martin's Press. ISBN 0-312-05954-X. 
  199. "Lynn Rogoff". doollee.com (en inglés). Consultado o 24-4-2020. 
  200. Wexler (1989), p. 249
  201. Vincentelli, Elisabeth (21-8-2018). "Review: Besties With Rasputin in ‘Red Emma and the Mad Monk’". nytimes.com (en inglés). Consultado o 24-4-2020. 
  202. Mannin, Ethel (1941). Red Rose: A Novel Based on the Life of Emma Goldman ("Red Emma") (en inglés). Norwich (Reino Unido): Jarrolds. 
  203. 203,0 203,1 Clark, John (2007). "divergences.be". divergences.be (en inglés). Consultado o 24-4-2020. 
  204. Anthony, David (5-4-2016). "Martha goes undercover in the video for “Goldman’s Detective Agency”". news.avclub.com (en inglés). Consultado o 24-4-2020. 
  205. "Smash It Up. The (International) Noise Conspiracy". letras.mus.br. Consultado o 25-4-2020. 
  206. "Capitalism Stole My Virginity. The (International) Noise Conspiracy". letras.mus.br. Consultado o 25-4-2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas