Jesús 'Fillo' Carballo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
 
Liña 4: Liña 4:
'''Jesús Carballo García''', chamado '''Fillo''', nado en [[Vilela, Tirán, Moaña|Vilela]] ([[Moaña]]) o [[2 de marzo]] de [[1945|1944]], é un antigo [[ximnasia|ximnasta]] e adestrador de [[ximnasia artística]] [[Galicia|galego]].

== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Como deportista, foi un dos máis importantes ximnastas españois de finais da década de [[1960]]. Foi campión de España individual en [[1965]], [[1966]], [[1967]] e [[1968]] na especialidade de [[barra fixa]], e campión da Copa do Xeneralísimo por equipos co seu club, o [[Real Madrid]] de ximnasia. Internacionalmente competiu nos [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1966]] en [[Dortmund]], nos [[Xogos Mediterráneos]] 1967 en [[Tunes]], e nos [[Xogos Olímpicos de 1968|Xogos Olímpicos de México]] en [[1968]], onde sufriu unha importante lesión. Tras estar apartado temporalmente dos ximnasios, regresou para os [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1970]] en [[Ljubljana]], onde unha nova lesión rematou coa súa carreira deportiva.
Como deportista, foi un dos máis importantes ximnastas españois de finais da década de [[1960]]. Foi campión de España individual en [[1965]], [[1966]], [[1967]] e [[1968]] na especialidade de [[barra fixa]], e campión da Copa do Xeneralísimo por equipos co seu club, o [[Real Madrid]] de ximnasia. Internacionalmente competiu nos [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1966]] en [[Dortmund]], nos [[Xogos Mediterráneos]] 1967 en [[Tunes]]. Tras estar apartado temporalmente dos ximnasios por unha grave lesión, regresou para os [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1970]] en [[Ljubljana]], onde unha nova lesión rematou coa súa carreira deportiva.

Como adestrador, comezou a ser parte do equipo técnico da [[Federación Española de Ximnasia]] logo da súa retirada. En [[1974]] foi designado seleccionador español de ximnasia deportiva, co que participou nos [[Xogos Olímpicos de 1976]] en [[Montreal]], ademais de nos mundiais de ximnasia de [[Estrasburgo]] en [[1978]]. Despois deses mundiais pasou a ser o seleccionador do equipo de ximnasia feminina, ao que dirixiu en seis [[Xogos Olímpicos]] consecutivos: [[Xogos Olímpicos de 1980|Moscova 1980]], [[Xogos Olímpicos de 1984|Os Ánxeles 1984]], [[Xogos Olímpicos de 1988|Seúl 1988]], [[Xogos Olímpicos de 1992|Barcelona 1992]], [[Xogos Olímpicos de 1996|Atlanta 1996]] e [[Xogos Olímpicos de 2000|Sidney 2000]]. Durante estes anos a ximnasia deportiva española feminina conseguiu diversos éxitos: obtivo o [[diploma olímpico]] en todas as edicións (ao remataren entre os oito primeiros equipos; e individualmente [[Eva Rueda]] conseguiu un título mundial e [[Laura Muñoz]] a primeira cualificación perfecta (10) dunha ximnasta [[España|española]]. Atribúeselle a Carballo a creación de varios movementos técnicos: o ''montálvez'' e o ''pacheco'' para [[barras paralelas]] e o ''rueda'' na [[barra de equilibrios]]. Ao mesmo tempo que seleccionador, era adestrador no Centro de Alto Rendemento deportivo da Federación Española de Ximnasia.

Liña 25: Liña 25:
{{ORDENAR:Carballo García, Jesús}}
{{ORDENAR:Carballo García, Jesús}}

[[Categoría:Adestradores de ximnasia]]
[[Categoría:Ximnastas de Galicia]]
[[Categoría:Olímpicos de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Moaña]]
[[Categoría:Nados en Moaña]]
[[Categoría:Nados en 1944]]
[[Categoría:Nados en 1944]]
[[Categoría:Ximnastas de Galicia]]
[[Categoría:Adestradores de ximnasia]]
[[Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo]]
[[Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo]]

Revisión actual feita o 11 de agosto de 2021 ás 13:24

Infotaula de personaJesús 'Fillo' Carballo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Vilela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta artístico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJesús Carballo Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: FilloCarballo Twitter: FilloCarballo Editar o valor em Wikidata

Jesús Carballo García, chamado Fillo, nado en Vilela (Moaña) o 2 de marzo de 1944, é un antigo ximnasta e adestrador de ximnasia artística galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como deportista, foi un dos máis importantes ximnastas españois de finais da década de 1960. Foi campión de España individual en 1965, 1966, 1967 e 1968 na especialidade de barra fixa, e campión da Copa do Xeneralísimo por equipos co seu club, o Real Madrid de ximnasia. Internacionalmente competiu nos Campionatos do Mundo de Ximnasia de 1966 en Dortmund, nos Xogos Mediterráneos 1967 en Tunes. Tras estar apartado temporalmente dos ximnasios por unha grave lesión, regresou para os Campionatos do Mundo de Ximnasia de 1970 en Ljubljana, onde unha nova lesión rematou coa súa carreira deportiva.

Como adestrador, comezou a ser parte do equipo técnico da Federación Española de Ximnasia logo da súa retirada. En 1974 foi designado seleccionador español de ximnasia deportiva, co que participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, ademais de nos mundiais de ximnasia de Estrasburgo en 1978. Despois deses mundiais pasou a ser o seleccionador do equipo de ximnasia feminina, ao que dirixiu en seis Xogos Olímpicos consecutivos: Moscova 1980, Os Ánxeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000. Durante estes anos a ximnasia deportiva española feminina conseguiu diversos éxitos: obtivo o diploma olímpico en todas as edicións (ao remataren entre os oito primeiros equipos; e individualmente Eva Rueda conseguiu un título mundial e Laura Muñoz a primeira cualificación perfecta (10) dunha ximnasta española. Atribúeselle a Carballo a creación de varios movementos técnicos: o montálvez e o pacheco para barras paralelas e o rueda na barra de equilibrios. Ao mesmo tempo que seleccionador, era adestrador no Centro de Alto Rendemento deportivo da Federación Española de Ximnasia.

En 2013 o Consello Superior de Deportes destituíuno como seleccionador e como adestrador logo dunha denuncia por abusos sexuais.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 2013 foi denunciado por un grupo de antigas ximnastas adestradas por el, que o acusaron de abusos sexuais[1][2]. A denuncia foi sobresida por un xulgado de Madrid, dado que os delitos prescribiran, mais a sentenza foi recorrida.

É pai do tamén ximnasta e técnico deportivo Jesús Carballo Martínez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]