Diferenzas entre revisións de «Índice de refracción»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eliminados algúns lusismos.
Sem resumo de edição
(Eliminados algúns lusismos.)
 
En medios non absorbentes, toma valores reais superiores ou iguais a 1 (caso do baleiro, e de xeito aproximado tamén de medios coma o [[aire]]). Cando se trata de [[medio absorbente|medios absorbentes]], toma valores complexos, presentando unha parte imaxinaria (chamada [[coeficiente de extinción]]) que dá lugar á atenuación exponencial que sofre a luz ao se propagar por este tipo de medios.
 
O índice de refracción dun medio é distinto para [[radiación]] de diferentes [[frecuencia]]s de oscilación. Isto é a causa da denominada [[dispersión cromática]], que provoca a deformación do perfil temporal dun [[pacotepaquete de ondas]] no transcurso do tempo.
Así, cando se considera radiación non [[monocromática]], defínense o índice de fase (''n<sub>f</sub>'') e máis o índice de grupo (''n<sub>g</sub>''), pero tomando como velocidade no medio a [[velocidade de fase]] (''v<sub>f</sub>'') e a [[velocidade de grupo]] (''v<sub>g</sub>'') respectivamente. O índice e a velocidade de fase son diferentes para cada frecuencia, están asociados a cada onda electromagnética que fai parte dun pacotepaquete, mentres que o índice e a velocidade de grupo se definen para forneceren unha medida da ralentización e a velocidade do pacotepaquete completo.
 
== Índice de refracción e propiedades materiais ==
O comportamento do índice de refracción vai dar lugar a distintos fenómenos, que servirán ao tempo para realizar unha clasificación dos medios materiais en termos das súas propiedades ópticas e electromagnéticas.
 
Cando o índice de refracción permanece invariante ante un desprazamento dun pontopunto a outro calquera do medio, dise que é ''[[homoxeneidade|homoxéneo]]''.
 
Ao considerarmos a dirección de propagación dunha onda EM, se o índice é invariante ante a mesma nun pontopunto calquera do medio, dise que o medio é ''[[isotropía|isótropo]]'', e en caso contrario presentará ''[[anisotropía]]''.
 
No caso de que o índice sexa independente da amplitude da onda, estaremos a falar dun medio lineal, en caso contrario dirase que o medio é non lineal. Esta característica é actualmente un dos asuntos que maior volume de traballo ocupan na actividade investigadora internacional -e tamén en Galicia, con varios grupos de investigación das tres universidades galegas dedicados ao seu estudo-, dando lugar á denominada [[óptica non lineal]], e a boa parte da [[fisíca non lineal]].
 
Hai outras propiedades ópticas e electromagnéticas, algunhas xa comentadas (a ''[[absorción]]'', a ''[[dispersión cromática]]'') ou como a ''[[reflectividade]]'' e outras, que se poden analisaranalizar tamén a través do comportamento do índice de refracción. De entre elas, ímonos deter para rematar, pola súa importancia histórica tanto científica como tecnolóxica, na ''[[refracción]]''.
 
A [[refracción]] consiste na mudanza da traxectoria dun raio (na óptica xeométrica) ou en xeral dun frente de ondas, ao atravesar a fronteira entre dous medios distintos, por un ángulo que ven determinado pola relación entre os índices de refracción dos dous medios. Este ángulo, o ángulo de refracción, obtense mediante a [[lei de Snell]], que relaciona os ángulos de incidencia e refracción a traves dos seus seos e máis dos índices dos medios.

Menú de navegación