Socialismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «personal»
Liña 27: Liña 27:
A teoría marxista constrúese conxuntamente co anarquismo. O anarquismo pódese inscribir dentro dos conceptos temperáns do socialismo, que como ideal busca que as persoas decidan sobre as súas vidas libre e independentemente, a abolición do Estado e de toda autoridade, exaltando o [[individuo]].
A teoría marxista constrúese conxuntamente co anarquismo. O anarquismo pódese inscribir dentro dos conceptos temperáns do socialismo, que como ideal busca que as persoas decidan sobre as súas vidas libre e independentemente, a abolición do Estado e de toda autoridade, exaltando o [[individuo]].


A meta do socialismo é construír unha sociedade baseada na [[Desigualdade social|igualdade]], a [[equidade]] económica, a iniciativa personal, a [[cooperación]] moral dun individuo, eliminando as compensacións estratificadas por esforzo, promovendo estruturas políticas e económicas de distribución como por exemplo o [[seguro social]].
A meta do socialismo é construír unha sociedade baseada na [[Desigualdade social|igualdade]], a [[equidade]] económica, a iniciativa persoal, a [[cooperación]] moral dun individuo, eliminando as compensacións estratificadas por esforzo, promovendo estruturas políticas e económicas de distribución como por exemplo o [[seguro social]].


=== O socialismo no século XX ===
=== O socialismo no século XX ===

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2021 ás 13:58

Henri de Saint-Simon, considerado pai da idea de socialismo como proxecto social e fundador do socialismo utópico
Ferdinand Lassalle, fundador da centroesquerda política e da corrente socialista denominada socialdemocracia.
Karl Marx, fundador do socialismo científico

O socialismo é unha denominación xenérica dun conxunto de teorías socioeconómicas, ideoloxías e prácticas políticas que postulan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica. Está caracterizado polo control por parte da sociedade, organizada con todos os seus integrantes, tanto dos medios de produción como das diferentes forzas de traballo aplicadas nos mesmos.[1][2] O socialismo implica unha planificación e unha organización colectiva consciente da vida social e económica.[3]

Subsisten non obstante criterios opostos respecto da necesidade da centralización da administración económica mediante o Estado como única instancia colectiva no marco dunha sociedade complexa,[4][5] fronte á posibilidade de formas diferentes de xestión descentralizada da colectividade socialista, tanto por vías autoxestionarias como de mercado, así como mediante o emprego de pequenas unidades económicas socialistas illadas e autosuficientes.[6][7]

Existen tamén discrepancias sobre a forma de organización política baixo o socialismo para lograr ou asegurar o acceso democrático á sociedade socialista a clases sociais ou poboacións,[8] fronte á posibilidade dunha situación autocrática por parte das burocracias administrativas.[9] As formas históricas da organización social de tipo socialista poden dividirse entre determinadas evolucións espontáneas de certas civilizacións de carácter relixioso e as construcións políticas establecidas por proxectos ideolóxicos deliberados. Destas destacan, respectivamente, o imperio inca[10] e a Unión Soviética.

Orixe

O socialismo naceu como reacción ao capitalismo na primeira metade do século XIX xurdido do liberalismo económico e político, baseado na propiedade privada dos medios de produción, na explotación do proletariado e que determinaba que o Estado non debía intervir en cuestións sociais e económicas, o que se traducía na práctica no dominio do débil polo forte. A medida que aumentaba o seu número e a súa miseria aumentou a súa conciencia de clase e comezou a pensarse en facer o mesmo que fixera a burguesía para conseguir o poder, unha revolución que lle dese o poder para conseguir a igualdade social. Foi en Gran Bretaña, o país máis industrializado de Europa, onde máis forza tivo o pensamento socialista ao principio. Robert Owen foi un dos primeiros teóricos do socialismo. En Francia Louis Blanc foi outros dos teóricos socialistas da primeira época. Pero o máis importante dos pensadores socialistas do XIX apareceu en Alemaña, foi Karl Marx, as súas obras constituíron a base do soporte teórico da ideoloxía socialista e a el débeselle a teorización de que a riqueza debe quedar nas mans do obreiro que a produce e que unha revolución obreira levaría a unha sociedade xusta e libre, na cal cada cidadán daría en función das posibilidades e recibiría en función das súas necesidades.

Historia

A influencia da Ilustración e o socialismo utópico

Inglaterra foi un dos berces do socialismo utópico. Existiron dúas causas importantes que dan ao socialismo utópico inglés o seu carácter peculiar: a revolución industrial, coas súas miserias para o desenvolvemento do proletariado británico, e o desenvolvemento dunha nova póla da ciencia, a economía política, concepto asociado á procura de dominio titular das ciencias políticas.

En Francia tivo un carácter máis filosófico que en Inglaterra. O seu primeiro representante foi o conde Henri de Saint-Simon, considerado por Engels o creador da idea en estado embrionario que foi empregada por todos os socialistas posteriores.[11] Propuxo a Federación de Estados Europeos como instrumento político para controlar o comezo e o desenvolvemento de guerras. Ao mesmo tempo Charles Fourier, concibiu os falansterios (comunidades humanas rexidas por normas de libre albedrío e ideoloxías económicas socializadas).

Os debates entre os socialistas clásicos

Mikhail Bakunin, ideólogo político, defensor da independencia individual e colectiva.
Friedrich Engels, filósofo socialista alemán.

Pouco despois apareceu a teoría comunista marxista que dende unha teoría crítica do comunismo, desenvolveu unha proposta política, o socialismo científico. Karl Marx postula nunha das súas obras a diferenciación entre «valor de mercado» e «valor de cambio» dunha mercadoría e a definición de plusvalía, sendo estas as súas maiores contribucións á economía política; non obstante, os economistas modernos non empregan estes conceptos do mesmo modo que o fan os seguidores da escola marxista do pensamento económico, argumentando que a teoría exposta por Marx non contempla a interacción total da ciencia económica e que se ve parcializada polo comunismo. Entre os socialistas houbo axiña unha divisón entre marxistas e anarquistas, que eran a esencia máis próxima á ideoloxía marxista. O marxismo como teoría recibiu moitas críticas, e algunhas delas constituíron durante moitas décadas a base ideolóxica da maioría de partidos socialistas. Máis tarde, a raíz da Revolución rusa e da interpretación que lle deu Lenin, o leninismo converteuse en foco de admiración dos partidos comunistas, agrupados baixo á IIIª Internacional.

A teoría marxista constrúese conxuntamente co anarquismo. O anarquismo pódese inscribir dentro dos conceptos temperáns do socialismo, que como ideal busca que as persoas decidan sobre as súas vidas libre e independentemente, a abolición do Estado e de toda autoridade, exaltando o individuo.

A meta do socialismo é construír unha sociedade baseada na igualdade, a equidade económica, a iniciativa persoal, a cooperación moral dun individuo, eliminando as compensacións estratificadas por esforzo, promovendo estruturas políticas e económicas de distribución como por exemplo o seguro social.

O socialismo no século XX

O socialismo acadou o seu apoxeo político a finais do século XX no bloque comunista de Europa, a Unión Soviética e os estados comunistas de Asia e do Caribe.

Trala segunda guerra mundial, a tensión militar-ideolóxica entre o bloque comunista, encabezado pola Unión Soviética, e o capitalista, encabezado polos Estados Unidos, desembocou nun enfrontamento político que se coñeceu como Guerra Fría. Culminou coa disolución política da URSS, tras unha crise agravada pola súa situación económica e política e fortes presións externas, acompañada dunha pronunciada crise nos demais Estados socialistas, principalmente os europeos.

O socialismo do século XXI

O socialismo do século XXI é un concepto que aparece na escena mundial en 1996, a través de Heinz Dieterich Steffan.[12] A expresión adquiriu difusión mundial despois de que fose mencionada polo presidente de Venezuela, Hugo Chávez, o 30 de xaneiro de 2005, dende o V Foro Social Mundial.

No marco da Revolución Bolivariana, Chávez sinalou que para chegar a este socialismo haberá unha etapa de transición que denomina Democracia Revolucionaria. Hugo Chávez afirmou nun discurso a mediados de 2006:

Asumimos o compromiso de dirixir a Revolución Bolivariana cara ao socialismo e contribuír á senda do socialismo, un socialismo do século XXI que se basea na solidariedade, na fraternidade, no amor, na liberdade e na igualdade[13]

Ademais, este socialismo non está predefinido, senón que dixo Chávez:

Debemos transformar o modo do capital e avanzar cara a un novo socialismo que se debe construír cada día.[14][15]

Socialismo e socialdemocracia

O socialismo é, ás veces, confundido coa socialdemocracia xa que, hoxe en día, a maioría dos partidos políticos europeos que eran na súa orixe socialistas defínense agora coma socialdemócratas. Sucede así, por exemplo, en España, co Partido Socialista Obrero Español, ou en Francia co Partido Socialista.

Existen diversos tipos de socialismo, entre os que podemos destacar os seguintes:

Notas

  1. Friedrich Engels, "Del socialismo utópico al socialismo científico", cap. III, La Revue socialiste, Nº 5 (5 de maio de 1880)
  2. August Bebel, "El estado socialista", Socialización de la sociedad, cap. 1 y passim
  3. Oskar Lange, "Planificación de la economía social: realización de la racionalidad político-económica" en "Racionalidad económica en el capitalismo y el socialismo", La economía en las sociedades modernas, Editorial Grijalbo, 1966 (1964), parte 1: 'Socialismo', cap. 4, § 3, pp. 78-80
  4. Ernesto Guevara, "En la Conferencia Afroasiática en Argelia" (24 de febreiro de 1965), Una antología mínima
  5. Duan Zhong Qiao, "Crítica a la teoría de la superioridad y la neutralidad del mercado", Conferencia Internacional sobre el Manifiesto Comunista, Atenas, 1998
  6. Amir Helman, "The Israeli Kibbutz as a Socialist Model", Journal of Institutional and Theoretical Economics (JITE), Vol. 148, No. 1
  7. Nathan Smith, "The Economics of Monasticism", The ASREC/ARDA Working Paper Series, 2009
  8. Jorge Schafik Handal (entrevista por Marta Harnecker), "El socialismo: ¿una alternativa para América Latina?", Biblioteca Popular, 1991
  9. Isaac Deutscher, "Las raíces de la burocracia", ciclo de conferencias abreviadas e editadas por Tamara Deutscher, London School of Economics, 1960
  10. Louis Baudin, El imperio socialista de los incas, Zig-Zag, 1945, passim. Ver también: José Carlos Mariátegui, 7 ensayos de interpretación de la realidad peruana, Biblioteca Amauta, 1928
  11. Friedrich Engels, "The Development of Utopian Socialism"
  12. Entrevista a Heinz Dieterich
  13. No orixinal: Hemos asumido el compromiso de dirigir la Revolución Bolivariana hacia el socialismo y contribuir a la senda del socialismo, un socialismo del siglo XXI que se basa en la solidaridad, en la fraternidad, en el amor, en la libertad y en la igualdad.
  14. “Socialismo Siglo XXI” Latino News
  15. Los errores del estalinismo burocrático frente al Socialismo del Siglo XXI Aporrea.org

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.