Gregorio Ferro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
mSen resumo de edición
Etiquetas: Revertida Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 9: Liña 9:
Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a [[Madrid]] con quince anos, e entrou na [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] da man de [[Anton Raphael Mengs]].
Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a [[Madrid]] con quince anos, e entrou na [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] da man de [[Anton Raphael Mengs]].


Despois marchou a [[Roma]] a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en [[1781]] Académico de San Fernando grazas a un cadro do ''Martirio de San Sebastián''.
Despois marchou a [[Roma]] a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en [[1781]] Académico de San Fernando grazas a un cadro do ''[[Gregorio Ferro#/media/Ficheiro:San Sebastián, Gregorio Ferro.jpg|Martirio de San Sebastián]]''.


En [[1788]] foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de [[Francisco Bayeu]], para pasar a ser o seu Director de Pintura en [[1791]] logo da renuncia de [[Francisco de Goya]]. En outubro de [[1804]] a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] o [[4 de novembro]]. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
En [[1788]] foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de [[Francisco Bayeu]], para pasar a ser o seu Director de Pintura en [[1791]] logo da renuncia de [[Francisco de Goya]]. En outubro de [[1804]] a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] o [[4 de novembro]]. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2021 ás 18:43

Infotaula de personaGregorio Ferro
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1742 Editar o valor em Wikidata
Lamas, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1812 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAnton Raphael Mengs (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJosé de Madrazo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Gregorio Ferro Requeixo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.

Traxectoria

Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.

Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servinte, ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.

Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs.

Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián.

En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.

Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas