Península de Arabia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Reemplazos con Replacer: «Islam»
Liña 22: Liña 22:
A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os [[beduíno]]s continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.
A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os [[beduíno]]s continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.


[[Medina]] e [[A Meca]], as dúas cidades sagradas do [[Islam]] atópanse en Arabia. Os [[musulmán]]s deben peregrinar a Meca canto menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de milleiros de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.
[[Medina]] e [[A Meca]], as dúas cidades sagradas do [[islam]] atópanse en Arabia. Os [[musulmán]]s deben peregrinar a Meca canto menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de milleiros de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2021 ás 16:09

Vista satélite da península arábica.

Arabia é unha vasta península localizada en Oriente Medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Historia e características

A península de Arabia limita co Mar Vermello e mailo golfo de Aqaba ao suroeste, co mar Arábigo ao sueste e co golfo de Omán e mailo golfo Pérsico ao nordés.

Está conformada polos seguintes países:

  • Arabia Saudita - 1.960.582 quilómetros cadrados - 24.300.000 habitantes
  • Iemen - 527.970 quilómetros cadrados - 20.000.000 habitantes
  • Omán - 212.460 quilómetros cadrados - 3.000.000 habitantes
  • Emiratos Árabes Unidos - 83.600 quilómetros cadrados - 3.500.000 habitantes
  • Qatar - 11.437 quilómetros cadrados - 770.000 habitantes
  • Bahrain - 665 quilómetros cadrados - 670.000 habitantes

Arabia Saudita é o país de maior superficie dentro de Arabia, por iso ás veces confúndese o nome da península completa con este país que, alén diso, exerce unha grande influencia sobre os seus veciños.

A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos nómades, debido a que a escaseza de auga e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a agricultura. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No século XX, o achado de enormes reservas de petróleo e gas natural na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atópanse entre as máis ricas do mundo.

A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de hidrocarburos fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.

A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os beduínos continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.

Medina e A Meca, as dúas cidades sagradas do islam atópanse en Arabia. Os musulmáns deben peregrinar a Meca canto menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de milleiros de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.