Cingulados: Diferenzas entre revisións
m arranxos con replacer (via JWB) |
m Reemplazos con Replacer: «New York» |
||
Liña 67: | Liña 67: | ||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* Kowalski, Kazimierz (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología''. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340. |
* Kowalski, Kazimierz (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología''. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340. |
||
* McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): ''Classification of Mammals Above the Species Level''. |
* McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): ''Classification of Mammals Above the Species Level''. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. |
||
* Nowak, Ronald M. (1999): ''Walker's Mammals of the World''. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. |
* Nowak, Ronald M. (1999): ''Walker's Mammals of the World''. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. |
||
* VV. AA. (1968): ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados''. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. |
* VV. AA. (1968): ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados''. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. |
Revisión como estaba o 9 de xullo de 2021 ás 16:31
Cingulados Cingulata Rango fósil: paleoceno – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Glyptodon e armadillo de nove bandas (Dasypus novemcinctus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias, Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
- Artigo principal: Armadillos.
A dos cingulados (Cingulata) é unha orde de mamíferos placentarios propios do continente americano, coñecidos popularmente como armadillos,[1] caracterizados por posuíren unha coiraza dorsal formada por placas xustapostas.
A orde compende unha única familia, a dos dasipódidos.[2]
Características
Os cingulados separáronse pouco do plano ancestral placentario, e son un grupo moi antigo, xa diferenciado no paleoceno.[3]
As especies actuais son nocturnas e escavadoras, e están protexidas por placas óseas na pel, cubertas por escudos córneos; os membos dalgúns xéneros poden enrolarse en forma de bóla.
Os dentes son numerosos (até 25 en cada mandíbula), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son insectívoros e omnívoros necrófagos.
Taxonomía
Descrición
A orde dos cingulados foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[4]
Etimoloxía
O nome científico, Cingulata, é o nominativo plural do adxectivo do latín científico cingulatus, -a, -um, derivado do nome do latín clásico cingula, -ae, "cincha", "cinto", aludindo aos cintos de duras escamas que presentan estes animais no dorso e nos flancos.
Clasificación
Na actualidade, esta orde só conta cunha familia, a dos dasipódidos,[4] coas subfamilias e xéneros seguintes:[4]
Orde Cingulata
- Familia Dasypodidae
- Subfamilia Dasypodinae
- Xénero Dasypus
- Subfamilia Euphractinae
- Xénero Calyptophractus
- Xénero Chaetophractus
- Xénero Chlamyphorus
- Xénero Euphractus
- Xénero Zaedyus
- Subfamilia Tolypeutinae
- Xénero Cabassous
- Xénero Priodontes
- Subfamilia Dasypodinae
Armadillos xigantes
Durante o plistoceno e períodos anteriores, ademais dos modernos armadillos existiron tamén armadillos xigantes, como os gliptodontes, que se diferenciaron no eoceno superior e que tiñan un cranio e unha casca formada por moitas pezas pequenas fusionadas e, en ocasións, unha cola en forma de maza. Mostran unha notábel converxencia coas tarturugas e algúns dinosauros (anquilosauros).[3]
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cingulados |
Bibliografía
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340.
- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Cingulata Illiger, 1811 en Fossilworks.
- Cingulata na ADW.
- Cingulata na EOL.