Illa Malden: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: pl:Malden Island |
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:) |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
{{coor title dm|4|1|S|154|56|O|}} |
{{coor title dm|4|1|S|154|56|O|}} |
||
[[ |
[[Categoría:Illas deshabitadas]] |
||
[[ |
[[Categoría:Illas da Liña]] |
||
[[ |
[[Categoría:Illas e arquipélagos]] |
||
[[de:Malden (Insel)]] |
[[de:Malden (Insel)]] |
Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 14:49
A Illa Malden, historicamente chamada tamén Illa Independence, é unha illa pequena e inhabitada do Océano Pacífico central. Forma parte das Illas da Liña, pertencentes á República de Kiribati. É famosa polas súas misteriosas construcións megalíticas: pirámides, plataformas, templos e estradas. Tamén é o lugar da primeira proba nuclear inglesa en 1957.
Foi descuberta o 30 de xullo de 1825 polo capitán inglés George Anson (Lord) Byron, curmán do poeta, mentres estaba repatriando os restos do Rei e a Raíña de Hawai, que morreran de xarampón durante a súa visita a Londres. Byron nomeou a illa en honra do lugarteninente Charles Malden, que a explorou.
A illa estaba inhabitada, pero se atoparon unhas construcións megalíticas notables e estrañas. Especulouse moito sobre a súa orixe e as súas funcións, pero ata agora as conclusións arqueolóxicas apuntan a unha orixe polinesia.
Durante a primeira metade do século XIX a illa foi visitada en numerosas ocasións por baleeiros norteamericanos. Foi reclamada polos Estados Unidos co propósito de recoller guano (segundo o Acta de Illas Guaneras), pero se adiantaron os británicos, quen a explotaron durante sesenta anos.
En 1957 Malden foi utilizada polos británicos para facer tres probas termonucleares atmosféricas. Os Estados Unidos continuaron disputando a soberanía aos británicos ata a independencia de Kiribati en 1979.