Gilbert N. Lewis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Actividade profesional: cita e ligazóns
Liña 4: Liña 4:
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
=== Primeiros anos ===
Lewis foi educado no fogar ata os dez anos de idade e asistiu á escola pública ata que cumpriu catorce anos, momento en que ingresou na [[Universidade de Nebraska]] para, tres anos máis tarde, comezar a estudar na [[Universidade Harvard]] onde mostrou interese pola [[economía]], aínda que finalmente se concentrou na [[química]]. Obtivo a súa licenciatura en 1896 e o seu [[doutoramento]] en 1898. Desenvolveu un intenso traballo en cuestións relativas principalmente á química, publicando numerosos artigos cos resultados das súas investigacións.
Lewis foi educado no fogar ata os dez anos de idade e asistiu á escola pública ata que cumpriu catorce anos, momento en que ingresou na [[Universidade de Nebraska]] para, tres anos máis tarde, comezar a estudar na [[Universidade Harvard]] onde mostrou interese pola [[economía]], aínda que finalmente se concentrou na [[química]]. Obtivo a súa licenciatura en [[1896]] e o seu [[doutoramento]] en 1898. Desenvolveu un intenso traballo en cuestións relativas principalmente á química, publicando numerosos artigos cos resultados das súas investigacións.


=== Actividade profesional ===
=== Actividade profesional ===
Tras de obter o seu doutoramento (Ph.D.) permaneceu como profesor durante un ano antes de viaxar cunha [[Bolsa de estudos|bolsa]], coa que puido estudar co fisicoquímico [[Wilhelm Ostwald]] en [[Leipzig]] e con [[Walter Nernst]] en [[Universidade de Gotinga|Gotinga]]. Volveu a Harvard onde permaneceu tres anos máis, e en 1904 abandonou a universidade para ocupar o cargo de superintendente de pesos e medidas na Oficina de Ciencia das [[Filipinas|Illas Filipinas]], en [[Manila]].
Tras de obter o seu doutoramento (Ph.D.) permaneceu como profesor durante un ano antes de viaxar cunha [[Bolsa de estudos|bolsa]], coa que puido estudar co fisicoquímico [[Wilhelm Ostwald]] en [[Leipzig]] e con [[Walter Nernst]] en [[Universidade de Gotinga|Gotinga]]. Volveu a Harvard onde permaneceu tres anos máis, e en [[1904]] abandonou a universidade para ocupar o cargo de superintendente de pesos e medidas na Oficina de Ciencia das [[Filipinas|Illas Filipinas]], en [[Manila]].


Ao ano seguinte marchou a [[Cambridge, Massachusetts|Cambridge]], cando o [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts]] (MIT) lle propuxo unirse a un grupo dedicado á [[fisicoquímica]] dirixido por [[Arthur Amos Noyes]]. En 1907 pasou a desempeñar o cargo de profesor axudante, en 1908 como profesor adxunto e en 1911 como profesor titular. En 1912 deixou o MIT para traballar como profesor de fisicoquímica e Decano do Colexio de Química na [[Universidade de California]].
Ao ano seguinte marchou a [[Cambridge, Massachusetts|Cambridge]], cando o [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts]] (MIT) lle propuxo unirse a un grupo dedicado á [[fisicoquímica]] dirixido por [[Arthur Amos Noyes]]. En [[1907]] pasou a desempeñar o cargo de profesor axudante, en [[1908]] como profesor adxunto e en [[1911]] como profesor titular. En [[1912]] deixou o MIT para traballar como profesor de fisicoquímica e Decano do Colexio de Química na [[Universidade de California]].


En 1908 publicou o primeiro de varios artigos sobre a [[Relatividade especial|teoría da relatividade]], en que deduciu a [[Equivalencia masa-enerxía|relación masa-enerxía]] por un camiño distinto do que fixo [[Albert Einstein]].
En 1908 publicou o primeiro de varios artigos sobre a [[Relatividade especial|teoría da relatividade]], en que deduciu a [[Equivalencia masa-enerxía|relación masa-enerxía]] por un camiño distinto do que fixo [[Albert Einstein]].


En 1916 formulou o [[modelo do átomo cúbico]], e a idea de que un [[enlace covalente]] consiste nun par de electróns compartidos; así mesmo creou a expresión molécula impar cando un electrón non é compartido. As súas ideas foron desenvolvidas por [[Irving Langmuir]] e serviron de inspiración para os estudos de [[Linus Pauling]].
En [[1916]] formulou o [[modelo do átomo cúbico]], e a idea de que un [[enlace covalente]] consiste nun par de electróns compartidos; así mesmo creou a expresión molécula impar cando un electrón non é compartido. As súas ideas foron desenvolvidas por [[Irving Langmuir]] e serviron de inspiración para os estudos de [[Linus Pauling]].


Ese mesmo ano desenvolveu, xunto con [[Max Trautz]], a [[teoría das colisións]], coa que dan explicación á enerxía que se require para que teña lugar unha [[reacción química]].
Ese mesmo ano desenvolveu, xunto con [[Max Trautz]], a [[teoría das colisións]], coa que dan explicación á enerxía que se require para que teña lugar unha [[reacción química]].
Liña 19: Liña 19:
Ademais, nese ano enunciou a [[regra do octeto]].
Ademais, nese ano enunciou a [[regra do octeto]].


En 1919, estudando as propiedades [[Magnetismo|magnéticas]] de solucións de [[osíxeno]] en [[nitróxeno]] líquido, atopou que se formara unha molécula de O4. Esta foi a primeira evidencia do osíxeno tetraatómico.
En [[1919]], estudando as propiedades [[Magnetismo|magnéticas]] de solucións de [[osíxeno]] en [[nitróxeno]] líquido, atopou que se formara unha molécula de O4. Esta foi a primeira evidencia do osíxeno tetraatómico.


En 1923, formulou a teoría do par electrónico para as reaccións [[ácido]]-[[Base (química)|base]], que permitiu distinguir os [[ácidos e bases de Lewis]].
En [[1923]], formulou a teoría do par electrónico para as reaccións [[ácido]]-[[Base (química)|base]], que permitiu distinguir os [[ácidos e bases de Lewis]].


Grazas ao traballo de [[Josiah Willard Gibbs]] sabíase que as reaccións químicas tenden a un equilibrio determinado pola [[Enerxía libre de Gibbs|enerxía libre]] das substancias que interveñen. Lewis dedicou vinte e cinco anos a determinar a enerxía libre de varias substancias e en 1923 publicou con [[Merle Randall]] os resultados do estudo, formalizando a química [[termodinámica]].
Grazas ao traballo de [[Josiah Willard Gibbs]] sabíase que as reaccións químicas tenden a un equilibrio determinado pola [[Enerxía libre de Gibbs|enerxía libre]] das substancias que interveñen. Lewis dedicou vinte e cinco anos a determinar a enerxía libre de varias substancias e en 1923 publicou con [[Merle Randall]] os resultados do estudo, formalizando a química [[termodinámica]].


En 1926 cuñou o termo [[fotón]] para a menor unidade de enerxía radiante.
En [[1926]] cuñou o termo [[fotón]] para a menor unidade de enerxía radiante.<ref>{{Cita web|título=December 18, 1926: Gilbert Lewis coins “photon” in letter to Nature|url=http://www.aps.org/publications/apsnews/201212/physicshistory.cfm|páxina-web=www.aps.org|data-acceso=2021-07-02|lingua=en}}</ref>


Lewis foi o primeiro, en 1933, que produciu unha mostra pura de óxido de [[deuterio]] ([[auga pesada]]). Acelerando deuteróns no [[ciclotrón]] de [[Ernest Lawrence]] logrou estudar moitas das propiedades dos [[nucleón]]s.
Lewis foi o primeiro, en [[1933]], que produciu unha mostra pura de óxido de [[deuterio]] ([[auga pesada]]). Acelerando deuteróns no [[ciclotrón]] de [[Ernest Lawrence]] logrou estudar moitas das propiedades dos [[nucleón]]s.


Nos últimos anos da súa vida probou que a [[fosforescencia]] das moléculas orgánicas obedece ao estado dun [[Triplete (química)|triplete]] excitado e mediu as súas propiedades [[Magnetismo|magnéticas]].
Nos últimos anos da súa vida probou que a [[fosforescencia]] das moléculas orgánicas obedece ao estado dun [[Triplete (química)|triplete]] excitado e mediu as súas propiedades [[Magnetismo|magnéticas]].
Liña 33: Liña 33:
Publicou numerosos artigos sobre temas moi variados, dende os [[quanto]]s de luz ata a [[economía]] da estabilización de prezos.
Publicou numerosos artigos sobre temas moi variados, dende os [[quanto]]s de luz ata a [[economía]] da estabilización de prezos.


Aínda que foi candidato en 42 ocasións, Lewis nunca gañou o [[premio Nobel de Química]].<ref name="NobelPrize">{{Cita web|título=Nomination Database Gilbert N. Lewis|url=https://www.nobelprize.org/nomination/archive/show_people.php?id=5441|data-acceso=10 de maio de 2016}}</ref> O 23 de marzo de 1946, foi atopado morto no seu laboratorio de Berkeley onde estivera traballando con [[Cianuro de hidróxeno|ácido cianhídrico]], estendéndose o rumor de que a causa da súa morte puidera ser un suicidio.<ref name=":5">{{Cita web|url=https://www.sfgate.com/bayarea/article/WHAT-KILLED-FAMED-CAL-CHEMIST-20th-century-2491757.php|title=WHAT KILLED FAMED CAL CHEMIST? / 20th century pioneer who failed to win a Nobel Prize may have succumbed to a broken heart, one admirer theorizes|last=DelVecchio|first=Rick|last2=Writer|first2=Chronicle Staff|date=5 de agosto de 2006|website=SFGate|access-date=9 de marzo de 2019}}</ref> Logo da morte de Lewis, os seus fillos seguiron a carreira do seu pai na química.<ref name=":4">{{Cita web|url=https://access.berkeley.edu/lewis-hall|title=Lewis Hall {{!}} Campus Access Services|website=access.berkeley.edu|access-date=9 de marzo de 2019}}</ref>
Aínda que foi candidato en 42 ocasións, Lewis nunca gañou o [[premio Nobel de Química]].<ref name="NobelPrize">{{Cita web|título=Nomination Database Gilbert N. Lewis|url=https://www.nobelprize.org/nomination/archive/show_people.php?id=5441|data-acceso=10 de maio de 2016}}</ref> O 23 de marzo de [[1946]], foi atopado morto no seu laboratorio de Berkeley onde estivera traballando con [[Cianuro de hidróxeno|ácido cianhídrico]], estendéndose o rumor de que a causa da súa morte puidera ser un suicidio.<ref name=":5">{{Cita web|url=https://www.sfgate.com/bayarea/article/WHAT-KILLED-FAMED-CAL-CHEMIST-20th-century-2491757.php|title=WHAT KILLED FAMED CAL CHEMIST? / 20th century pioneer who failed to win a Nobel Prize may have succumbed to a broken heart, one admirer theorizes|last=DelVecchio|first=Rick|last2=Writer|first2=Chronicle Staff|date=5 de agosto de 2006|website=SFGate|access-date=9 de marzo de 2019}}</ref> Logo da morte de Lewis, os seus fillos seguiron a carreira do seu pai na química.<ref name=":4">{{Cita web|url=https://access.berkeley.edu/lewis-hall|title=Lewis Hall {{!}} Campus Access Services|website=access.berkeley.edu|access-date=9 de marzo de 2019}}</ref>


== Eponimia ==
== Eponimia ==
* O [[Lewis (cráter)|cráter lunar Lewis]] leva este nome na súa memoria.<ref>[https://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3369 «Lewis»]. Gazetteer of Planetary Nomenclature {{en}}. Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program. OCLC 44396779.</ref>
* O [[Lewis (cráter)|cráter lunar Lewis]] leva este nome na súa memoria.<ref>[https://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3369 «Lewis»]. Gazetteer of Planetary Nomenclature {{en}}. Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program. OCLC 44396779.</ref>
* O Lewis Hall de Berkeley, construído en 1948, foi nomeado na súa honra.<ref name=":4"/>
* O Lewis Hall de Berkeley, construído en [[1948]], foi nomeado na súa honra.<ref name=":4"/>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2021 ás 14:28

Infotaula de personaGilbert N. Lewis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gilbert Newton Lewis Editar o valor em Wikidata
23 de outubro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Weymouth, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Universidade de California en Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Director de teseTheodore William Richards Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , profesor universitario , físico , escritor de non ficción Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
DoutorandoHarold Clayton Urey, Joseph Edward Mayer (pt) Traducir, John Chipman (en) Traducir, Simon Freed (en) Traducir e William N. Lacey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Lewis-13949

Gilbert Newton Lewis, nado en Weymouth (Massachusetts) o 23 de outubro de 1875 e finado en Berkeley o 23 de marzo de 1946,[1] foi un fisicoquímico estadounidense, famoso polo seu traballo sobre a denominada estrutura de Lewis ou diagramas de punto. Tamén é lembrado por idear o concepto de enlace covalente e por cuñar o vocábulo fotón.[2]

Traxectoria

Primeiros anos

Lewis foi educado no fogar ata os dez anos de idade e asistiu á escola pública ata que cumpriu catorce anos, momento en que ingresou na Universidade de Nebraska para, tres anos máis tarde, comezar a estudar na Universidade Harvard onde mostrou interese pola economía, aínda que finalmente se concentrou na química. Obtivo a súa licenciatura en 1896 e o seu doutoramento en 1898. Desenvolveu un intenso traballo en cuestións relativas principalmente á química, publicando numerosos artigos cos resultados das súas investigacións.

Actividade profesional

Tras de obter o seu doutoramento (Ph.D.) permaneceu como profesor durante un ano antes de viaxar cunha bolsa, coa que puido estudar co fisicoquímico Wilhelm Ostwald en Leipzig e con Walter Nernst en Gotinga. Volveu a Harvard onde permaneceu tres anos máis, e en 1904 abandonou a universidade para ocupar o cargo de superintendente de pesos e medidas na Oficina de Ciencia das Illas Filipinas, en Manila.

Ao ano seguinte marchou a Cambridge, cando o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) lle propuxo unirse a un grupo dedicado á fisicoquímica dirixido por Arthur Amos Noyes. En 1907 pasou a desempeñar o cargo de profesor axudante, en 1908 como profesor adxunto e en 1911 como profesor titular. En 1912 deixou o MIT para traballar como profesor de fisicoquímica e Decano do Colexio de Química na Universidade de California.

En 1908 publicou o primeiro de varios artigos sobre a teoría da relatividade, en que deduciu a relación masa-enerxía por un camiño distinto do que fixo Albert Einstein.

En 1916 formulou o modelo do átomo cúbico, e a idea de que un enlace covalente consiste nun par de electróns compartidos; así mesmo creou a expresión molécula impar cando un electrón non é compartido. As súas ideas foron desenvolvidas por Irving Langmuir e serviron de inspiración para os estudos de Linus Pauling.

Ese mesmo ano desenvolveu, xunto con Max Trautz, a teoría das colisións, coa que dan explicación á enerxía que se require para que teña lugar unha reacción química.

Ademais, nese ano enunciou a regra do octeto.

En 1919, estudando as propiedades magnéticas de solucións de osíxeno en nitróxeno líquido, atopou que se formara unha molécula de O4. Esta foi a primeira evidencia do osíxeno tetraatómico.

En 1923, formulou a teoría do par electrónico para as reaccións ácido-base, que permitiu distinguir os ácidos e bases de Lewis.

Grazas ao traballo de Josiah Willard Gibbs sabíase que as reaccións químicas tenden a un equilibrio determinado pola enerxía libre das substancias que interveñen. Lewis dedicou vinte e cinco anos a determinar a enerxía libre de varias substancias e en 1923 publicou con Merle Randall os resultados do estudo, formalizando a química termodinámica.

En 1926 cuñou o termo fotón para a menor unidade de enerxía radiante.[3]

Lewis foi o primeiro, en 1933, que produciu unha mostra pura de óxido de deuterio (auga pesada). Acelerando deuteróns no ciclotrón de Ernest Lawrence logrou estudar moitas das propiedades dos nucleóns.

Nos últimos anos da súa vida probou que a fosforescencia das moléculas orgánicas obedece ao estado dun triplete excitado e mediu as súas propiedades magnéticas.

Publicou numerosos artigos sobre temas moi variados, dende os quantos de luz ata a economía da estabilización de prezos.

Aínda que foi candidato en 42 ocasións, Lewis nunca gañou o premio Nobel de Química.[4] O 23 de marzo de 1946, foi atopado morto no seu laboratorio de Berkeley onde estivera traballando con ácido cianhídrico, estendéndose o rumor de que a causa da súa morte puidera ser un suicidio.[5] Logo da morte de Lewis, os seus fillos seguiron a carreira do seu pai na química.[6]

Eponimia

Notas

  1. "Gilbert Newton Lewis: American chemist (1875-1946), Woodrow Wilson Leadership Program in Chemistry". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "December 18, 1926: Gilbert Lewis coins “photon” in letter to Nature". www.aps.org (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  3. "December 18, 1926: Gilbert Lewis coins “photon” in letter to Nature". www.aps.org (en inglés). Consultado o 2021-07-02. 
  4. "Nomination Database Gilbert N. Lewis". Consultado o 10 de maio de 2016. 
  5. DelVecchio, Rick; Writer, Chronicle Staff (5 de agosto de 2006). "WHAT KILLED FAMED CAL CHEMIST? / 20th century pioneer who failed to win a Nobel Prize may have succumbed to a broken heart, one admirer theorizes". SFGate. Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Lewis Hall | Campus Access Services". access.berkeley.edu. Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  7. «Lewis». Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Flagstaff: USGS Astrogeology Research Program. OCLC 44396779.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Coffey, Patrick (2008) Cathedrals of Science: The Personalities and Rivalries That Made Modern Chemistry. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-532134-0

Ligazóns externas