Bufo nival: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 33: Liña 33:


== Distribución ==
== Distribución ==
Presente no norte e interior de [[Escandinavia]]. Tamén en [[Islandia]] e as costas árticas de América e Siberia. Soen facer migración cara zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña Central.
Presente no norte e interior de [[Escandinavia]]. Tamén en [[Islandia]] e as costas árticas de América e Siberia. Soen facer migración cara a zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña central.


== Cultura popular ==
== Cultura popular ==

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2021 ás 20:54

Bufo nival
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Bubo
Especie: B. scandiacus
Nome binomial
'Bubo scandiacus'
(Linnaeus, 1758)

Sinonimia

Strix scandiaca Linnaeus, 1758
Nyctea scandiaca Stephens, 1826

O bufo nival (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.

Morfoloxía

Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longo e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón.

Reprodución

Pon entre 4 e 10 ovos en maio, nun niño colocado nalgún lugar seco e con boa visibilidade. É unha especie monógama. Os xuvenís son de cor acastañada e con bandas de cor branca.

Nutrición

A súa base alimentaria son os lemmings, mais tamén captura lebres e aves. En épocas de escaseza, aliméntase das reservas que vai acumulando ó longo de todo o ano. Isto permítelle sobrevivir en ambientes moi inhóspitos.

Distribución

Presente no norte e interior de Escandinavia. Tamén en Islandia e as costas árticas de América e Siberia. Soen facer migración cara a zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña central.

Cultura popular

Hedwig, a curuxa de Harry Potter é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por ser dunha cor branca máis brillante.

Bibliografía

  • Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.  (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Bubo scandiaca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.