Bufo nival: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada |
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
== Morfoloxía == |
== Morfoloxía == |
||
Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de |
Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longo e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón. |
||
== Reprodución == |
== Reprodución == |
Revisión como estaba o 21 de xuño de 2021 ás 20:53
Bufo nival | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Bubo scandiacus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Strix scandiaca Linnaeus, 1758 |
O bufo nival (Bubo scandiacus) é unha especie da familia das estríxidas. Nos Estados Unidos é tamén coñecida coma bufo do ártico ou gran bufo branco.
Morfoloxía
Bufo de gran tamaño, cabeza redonda e orellas case invisíbeis. A plumaxe é branca con pintas negras na cabeza, dorso e cola. En ocasións hai individuos totalmente brancos. O peteiro negro e o iris amarelo contrastan fortemente coa plumaxe. Actividade crepuscular e tamén diúrna. Adoita medir entre 53 a 65 cm de longo e uns 120 a 150 cm de envergadura. A femia posúe unhas raias de cor marrón.
Reprodución
Pon entre 4 e 10 ovos en maio, nun niño colocado nalgún lugar seco e con boa visibilidade. É unha especie monógama. Os xuvenís son de cor acastañada e con bandas de cor branca.
Nutrición
A súa base alimentaria son os lemmings. Mais tamén captura lebres e aves. En épocas de escaseza, aliméntase das reservas que vai acumulando ó longo de todo o ano. Isto permítelle sobrevivir en ambientes moi inhóspitos.
Distribución
Presente no norte e interior de Escandinavia. Tamén en Islandia e as costas árticas de América e Siberia. Soen facer migración cara zonas máis meridionais coa chegada do outono. Excepcionalmente poden chegar ata Holanda ou Alemaña Central.
Cultura popular
Hedwig, a curuxa de Harry Potter é un bufo nival. Aínda que os libros a identifican coma femia, para gravar os filmes empregaron machos, por ser dunha cor branca máis brillante.
Bibliografía
- Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157. (en castelán)
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bufo nival |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bufo nival |
- ↑ BirdLife International (2012). "Bubo scandiaca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.