Alba Flores: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 99: Liña 99:
[[Categoría:Nados en 1986]]
[[Categoría:Nados en 1986]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]
[[Categoría:Españois de ascendencia xitana]]

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2021 ás 14:20

Alba Flores
Nome completoAlba González Villa
Nacemento27 de outubro de 1986
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz e directora de cine
Na rede
IMDB: nm1699346 Allocine: 519464 Rottentomatoes: celebrity/alba_flores Metacritic: person/alba-flores
Twitter: AlbaGlezVilla Instagram: albafloresoficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alba González Villa, nada en Madrid o 27 de outubro de 1986, é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Alba Flores. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en Vis a vis e Nairobi en La casa de papel.

Traxectoria

Alba Flores é a única filla do músico e compositor Antonio Flores, quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes Lolita Flores e Rosario Flores e curmá da actriz Elena Furiase.

Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son Luna de miel en Hiroshima (2005) e a versión xitana de Sueño de una noche de verano (2007).

Debutou no cine coa película El Calentito (2005), de Chus Gutiérrez, con Verónica Sánchez, Ruth Díaz, Macarena Gómez, Estíbaliz Gabilondo e Lluvia Rojo entre outros intérpretes.

En televisión participou nun episodio da serie El comisario, no ano 2006. En 2008, conseguiu un papel na serie de Antena 3 TV El síndrome de Ulises. A finais dese mesmo ano comenzou o musical Enamorados anónimos.

En 2009 gravou o tema do seu pai No puedo enamorarme de ti, para a banda sonora da película de Roberto Santiago Al final del camino, protagonizada por Malena Alterio e Fernando Tejero.

En 2013 estrenou na cadea Antena 3 a serie El tiempo entre costuras, na que dá vida á personaxe de Jámila. En 2014 participou nun capítulo da serie de TVE Cuéntame cómo pasó coma Chelo, unha importante testigo dunha trama de policías corruptos. En 2015 pasou a formar parte da nova serie de Antena 3 Vis a vis, onde interpreta a Saray Vargas, unha xove de etnia xitana que se enfronta a unha pena de 4 anos de cárcere por asalto con violencia.

O 25 de abril de 2017 apareceu xunto a Úrsula Corberó no programa de televisión El hormiguero para promocionar o seu último proxecto, La casa de papel, que se estreou o 2 de maio de 2017.

Cine

Ano Película Director
2005 El calentito Chus Gutiérrez
2015 La memoria del agua Matías Bize

Teatro

Ano Obra Autor Director
2016 La rosa tatuada Tennessee Williams Carme Portaceli
2016 Drac Pack Najwa Nimri, Emilio Tomé e Carlos Dorrego Fernando Soto
2017 Troyanas Eurípides, versión de Alberto Conejero Carme Portaceli

Series de televisión

Ano Serie Personaxe Episodios
2006 El comisario Sohara 1 episodio
2008 El síndrome de Ulises Arabia Salazar 1 episodio
2013 El tiempo entre costuras Jámila 5 episodios
2014 Cuéntame cómo pasó Chelo 1 episodio
2015-2016, 2018-¿? Vis a vis Saray Vargas 32 (+8 confirmados)
2017, 2019 La casa de papel Ágata Jiménez "Nairobi" 15 (+¿? confirmados)

Premios

Premios Ondas
Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor intérprete feminino en ficción (ex aequo elenco feminino) Vis a vis Gañadora
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor actriz secundaria de televisión Vis a vis Nomeada
Premios Feroz
Ano Categoría Película Resultado
2016 Mellor actriz secundaria nunha serie Vis a vis Nomeada
2017 Mellor actriz secundaria nunha serie La casa de papel Gañadora

Véxase tamén

Ligazóns externas