Pío Rodríguez Terrazo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
'''Pío Rodríguez-Terrazo Blanco''', nado en [[1800]] en [[Berán, Leiro|Berán]] ([[Leiro]])<ref>''Padrón veciñal de Santiago. Ano de 1865. Parroquia de Santa Susana'' (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 1029, p.61r). Nesta fonte se di que conta 65 anos, é natural de Berán e está viúvo. Tamén se indica que é Promotor Fiscal.</ref> e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[26 de xaneiro]] de [[1872]]<ref>''[[El Diario de Santiago]]'', 26-1-1875. Tódalas necrolóxicas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872, mais, na necrolóxica publicada en ''[[La Gacetilla de Santiago]]'' en 25 de xaneiro de 1873, se di que foi en 1871.</ref>, foi un xurista e político galego.
'''Pío Rodríguez-Terrazo Blanco''', nado en [[1800]] en [[Berán, Leiro|Berán]] ([[Leiro]])<ref>''Padrón veciñal de Santiago. Ano de 1865. Parroquia de Santa Susana'' (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 1029, p.61r). Nesta fonte dise que conta 65 anos, é natural de Berán e está viúvo. Tamén se indica que é Promotor Fiscal.</ref> e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[26 de xaneiro]] de [[1872]]<ref>''[[El Diario de Santiago]]'', 26-1-1875. Tódalas necrolóxicas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872; mais, na necrolóxica publicada en ''[[La Gacetilla de Santiago]]'', en 25 de xaneiro de 1873, dise que foi en 1871.</ref>, foi un xurista e político galego.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2021 ás 22:07

Infotaula de personaPío Rodríguez Terrazo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1800 Editar o valor em Wikidata
Berán, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1872 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pío Rodríguez-Terrazo Blanco, nado en 1800 en Berán (Leiro)[1] e finado en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1872[2], foi un xurista e político galego.

Traxectoria

Fillo de Pedro Rodríguez-Terrazo e Ángela Blanco, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela desde 1820. Tivo problemas en 1825 para matricularse polos seus antecedentes liberais, rematando a carreira en 1830.

Afincouse en Santiago de Compostela como avogado e despois como fiscal. Foi o primeiro alcalde de Santiago de Compostela (1834) e líder do progresismo en Compostela (1840-1847) formou parte de todas as xuntas revolucionarias dos pronunciamentos. Fundou o periódico La Situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares e a avogacía. Os seus derradeiros anos foi Promotor Fiscal do Xulgado de 1ª instancia de Santiago.

Vida persoal

Estivo casado dúas veces: a primeira, con Joaquina Rodríguez Feijóo, que era paisana súa, nada na mesma localidade leirensá; a segunda, desde 1869, con Ignacia Jauriguiberri Martiarena, quen empregou ocasionalmente o apelido Palacios (jauregiak en [lingua éuscara], tomando o primeiro lexema do primeiro apelido), como tamén facía o seu pai en lugar do seu apelido vasco.

Notas

  1. Padrón veciñal de Santiago. Ano de 1865. Parroquia de Santa Susana (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 1029, p.61r). Nesta fonte dise que conta 65 anos, é natural de Berán e está viúvo. Tamén se indica que é Promotor Fiscal.
  2. El Diario de Santiago, 26-1-1875. Tódalas necrolóxicas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872; mais, na necrolóxica publicada en La Gacetilla de Santiago, en 25 de xaneiro de 1873, dise que foi en 1871.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Predecesor:
Primeiro presidente
 Presidente da Xunta Superior de Goberno de Galicia 
1846
Sucesor:
Derradeiro presidente