Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig ext
Xas (conversa | contribucións)
m lig int e cat
Liña 7: Liña 7:
Era fillo de [[Lino Velo Castiñeiras]], que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]], das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O [[24 de abril]] casou con Jovita Pérez González.
Era fillo de [[Lino Velo Castiñeiras]], que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]], das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O [[24 de abril]] casou con Jovita Pérez González.


Trala [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]]. Volveu ao remate da [[Guerra civil española]], e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En [[1943]] trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia asociado ao seu curmán [[Castor Velo Cobelas]], e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saeu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.
Tralo [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]], a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]]. Volveu ao remate da [[Guerra civil española]], e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En [[1943]] trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia asociado ao seu curmán [[Castor Velo Cobelas]], e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saeu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.


== Exilio ==
== Exilio ==
Liña 34: Liña 34:
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]
[[Categoría:Exilio Galego]]

[[Categoría:Nados en Celanova]]
[[Categoría:Nados en Celanova]]
[[Categoría:Nados en 1916]]
[[Categoría:Nados en 1916]]

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2021 ás 21:38

Xosé Velo
Nacemento21 de abril de 1916
Lugar de nacementoCelanova
Falecemento31 de xaneiro de 1972
Lugar de falecementoSão Paulo
Causacancro de pulmón
SoterradoCemitério Gethsêmani
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e escritor
PaiLino Velo Castiñeiras
FillosVictor José Velo Perez
editar datos en Wikidata ]

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un escritor e político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Xosé Velo, membro do comité de homenaxe a Manuel Lezón, Celanova 1932.

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O 24 de abril casou con Jovita Pérez González.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á Guinea Española. Volveu ao remate da Guerra civil española, e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia asociado ao seu curmán Castor Velo Cobelas, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saeu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Suramérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão, e con outros galegos como José Fernando Fernández Vázquez (Comandante Sotomayor), o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961, en ruta entre Curaçao e San Xoán de Porto Rico, na coñecida como Operación Dulcinea, co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica. Fracasada a operación por diversos motivos, o 4 de febreiro de 1961 acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de São Paulo.

En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas